17 de feb. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

Relebrando seus comezos

Milu Rodríguez Baz: “A xente preguntábame se era marchadora e eu só levaba 15 días aprendendo”  

A atleta de A Guarda vén de proclamarse campioa de España de 20km marcha na categoría Máster-45 féminas, e de lograr o récord de Galicia nesa especialidade

 

Mª Emilia Rodríguez Baz, o pasado domingo día 14 en Sevilla, nun momento da carreira de 20 km marcha, na categoría Máster-45 féminas - Foto: Félix Villar


Christian Villaverde / Tomiño

 A guardesa Mª Emilia Rodríguez Baz (coñecida por todos como Milu), corredora da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño - como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo -, proclamouse a pasada fin de semana campioa de España de 20km marcha na categoría Máster-45, obtendo tamén o récord galego ao ser a primeira galega da súa categoría en enfrontar esta distancia. Un fito máis no historial da deportista, que tamén ten o récord galego en 3.000 metros en pista e en 20km na categoría Máster-40, na que competía ata fai poucos meses. Todo un brillante palmarés para quen apenas leva tres anos competindo. Pero este talento parece ser cousa de familia: As súas fillas, Elisa e Marcela Morgado Rodríguez, compiten tamén nas filas do Atletismo Trega, de Tomiño, sendo campioas galegas nas categorías de sub-14 e sub-16 respectivamente.  

De onde nace a túa paixón polo atletismo? 

 - O atletismo en si comeza a gustarme desde moi nova grazas ao deporte escolar, xa que nos anos 80 comezaban a organizarse as primeiras olimpíadas escolares. Alí aprendín a correr e pode dicirse que o meu gusto polo deporte vén daquela época, xa que eu sempre era moi boa nos deportes, fose correndo, nadando,… Debido ao traballo nunca podía dedicarlle moito tempo a isto e tamén por iso nunca competín, só saía a correr como unha actividade de lecer sen máis. Iso mudou cando deixei de traballar, penso que a frustración de non traballar me empurrou de novo a correr, foi a miña vía de escape.   

Cando comezas a competir? 

 - No deporte federado levo só tres anos, esta sería a cuarta temporada. A historia comeza porque as miñas fillas empezaron en atletismo no clube Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño. Elas comezaron a gañar nas carreiras populares e engancháronse do deporte da man do seu adestrador, Javier Sierpes. Javi ensináballes marcha alí aos nenos, e a min a modalidade pareceume moi curiosa desde pequena, era algo que adoitaba ver nas olimpíadas pola televisión. Atrevinme a probar e Javi animoume ir a unha carreira popular nos Cantóns na Coruña. A sorpresa foi cando comecei a deixar a todo o mundo atrás e todo o mundo me dicía “ti es marchadora non?” e eu só levaba 15 días aprendendo. Aí foi cando me enganchei (ri).  

 

Tarxeta do rexistro acadado en Sevilla por Mª Emilia Rodríguez Baz, que a acredita co récord de Galicia de 20 km. Marcha en roteiro Máster-45, ao ser a primeira atleta galega da súa categoría en enfrontar esa distancia

 

Cal é a clave do éxito? 

 - A min dáme un subidón nas competicións cando o habitual é que a xente estea máis presionada nesa situación. Cando escoito o pistoletazo de saída saio como unha escopeta e véñome arriba. Moita xente adestra mellor do que logo compite e a min pásame todo o contrario, se fago unha marca adestrando, cando compito baixo 5 minutos ese tempo tranquilamente. A min os nervios e a adrenalina do momento actívanme. Evidentemente o adestramento é imprescindible, senón sería imposible.  

Como che afecta a pandemia á hora de entrenar?  

- Eu vivo ás aforas da Guarda, cara a área das Loucenzas, e collo o carril-bici ata Oia, e adoito moverme nesa zona. Estes últimos 15 días que estaba preparando os 20km fíxoseme moi difícil ter que poñer a máscara. Foi moi duro, custábame moito estar todo o tempo con ela, doíame a cabeza, tiña ganas de vomitar… E menos mal que todo iso me colleu só nestes últimos 15 días antes deste campionato, senón non sería capaz de preparalo.  

Cal é o seguinte paso? 

 - A aspiración é seguir pasándoo ben, iso é o máis importante. Nós na categoría Máster, tanto homes como mulleres pasámolo moi ben. Non imos de cañas antes da competición pero si despois (ri). Temos moi boa relación. Eu levo só dous anos no campionato de España e a verdade é que te acollen como unha familia, como un clan. Por iso a miña aspiración e seguir estando nese grupo aínda que non se gañe, porque para min o importante é toda a xente que coñeces neste mundo. Por iso non me imaxino deixando este deporte nun futuro a menos que teña unha lesión. Aínda que por outra parte, se as miñas fillas deixasen [o] atletismo e se fosen a outro deporte como por exemplo o piragüismo, non descartaría en probar tampouco. Eu con tal de coñecer xente e facer deporte xa estou contenta (ri).

A GUARDA

O BNG ESÍXELLE AO  GOBERNO GUARDÉS QUE TOME EN SERIO A REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS 

Anxo Lois Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O pleno aprobou a instancias do BNG a elaboración dun proxecto de reforma integral  da Praza de Abastos, o Grupo de Goberno desvirtúa  o acordo e  limítase a  facerlle outro remendo”

 

       Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda  

 

Infogauda / A Guarda

 Despois de analizado o expediente de reforma da Praza de Abastos da Guarda, o BNG quere trasladar a opinión pública as seguintes consideracións:  

 A  Praza de Abastos da Guarda ofrece alimentos de grandísima calidade cun nível de especialización moi alto en produtos do mar. Contamos tamén cunha longuísima experiencia profesional para poder acadar o recoñecemento de mercado de excelencia  e así poder optar as axudas que para tal fin dispón a Xunta de Galiza.  

 A reforma plantexada polo Goberno guardés non pasa de ser unha apaño para saír do paso que pode comprometer un proxecto de futuro. Conténtanse con un cambio do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €.  

 O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente manifesta: “O Pleno do Concello a instancias do BNG aprobou a elaboración dun proxecto de reforma integral da praza de abastos para transformala nun mercado de excelencia, o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a a facerlle outro remendo”.  

 O nacionalista concluiu afirmando: A praza de abastos non soporta xa máis parches.  Temos a oportunidade de facer unha reforma integral si se plantexa un proxecto de calado diante da Xunta de Galiza. Esta actuación dotaríanos dunha praza de referencia na contorna que  actuaría como motor de dinamización da economía local. Desde o BNG esiximos que se abandone a improvisación, que se respecten os acordos plenarios e que se  tome en serio a reforma da Praza de Abastos para construir futuro na Guarda”.

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA EXTRAORDINARIA

O vindeiro luns día 22 de febreiro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello

                                      Casa do Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda 

 O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, vén de asinar no día de hoxe á convocatoria de sesión extraordinaria do Concello Pleno, que terá lugar o vindeiro luns día 22 de febreiro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Expediente 2902/2020. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL 1 2021 

2. Expediente 167/2021. PROPOSTA MODIFICACIÓN CONTRATO XESTIÓN PISCINA MUNICIPAL

O ROSAL

A Biblioteca Pública do Rosal reabriu as súas portas  

Recupera o servizo de préstamo de libros e reducirá o seu aforo ao 30%, como establecen as autoridades sanitarias   

                                    Biblioteca Pública do Rosal - Foto: C.O.R.


Infogauda / O Rosal

 O Equipo de Goberno Municipal vén de facer público que "a Biblioteca Pública do Rosal reabre de novo este mércores 17 de febreiro as súas portas aos usuarios e usuarias. Como establecen as autoridades sanitarias, esta instalación municipal reducirá o seu aforo ao 30% e continuarán aplicándose todos os protocolos de precaución establecidos, como o uso dunha única entrada pola porta lateral ou o emprego de máscara en todo momento. Ademais, será obrigatoria a desinfección das mans á entrada das instalacións co xel hidroalcohólico que estará a disposición dos usuarios e usuarias e respectar a distancia mínima de seguridade. 

 Tamén se retoma o servizo de préstamo de libros con todas as medidas de prevención estipuladas polas autoridades sanitarias. O horario de apertura será o habitual ata o de agora: luns de 15.30 a 20.30 horas e de martes a venres de 16.00 a 20.30 horas".

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LANZA AS ‘AXUDAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 2021’ PARA OS CONCELLOS QUE CREEN E REFORCEN OS SEUS SERVIZOS DE LINGUA MUNICIPAIS  

· A deputada de Lingua María Ortega anuncia un investimento de 200.000 euros para “apostar pola estabilidade e fuxir de actividades puntuais”   

 

Infogauda / Pontevedra

 Apostar pola estabilidade dos servizos de normalización lingüística dos concellos e da provincia e fuxir de actividades puntuais. Ese é, segundo afirma a deputada de Lingua María Ortega, o obxectivo da Deputación, que acaba de aprobar as ‘Axudas 2021 de Normalización Lingüística’ cun orzamento de 200.000 euros destinado a subvencionar os concellos para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL) municipais.   

 As bases das subvencións para este 2021 veñen de ter o visto bo da Xunta de Goberno e publicaranse de maneira inminente no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), o que facilitará que todos os concellos que teñen intención de poñer a andar un SNL poidan saber dende o inicio se contan con inxección de fondos provinciais.  

 Ortega explica que poderán ser obxecto de subvención tanto a creación do servizo de normalización lingüística, o mantemento, ou o seu reforzo, no caso de concellos que xa dispoñan de SNL e queiran melloralo con máis persoal ou incrementando a xornada laboral.  

 As contías das subvencións chegarán ata 20.000 euros para cada no caso da creación e reforzo, podendo supoñer o 100% do custe do persoal a xornada completa, e só o 80% no caso de mantemento. Como compromiso principal, as entidades solicitantes comprométense a ter en activo o SNL nas mesmas ou mellores condicións das existentes no momento de solicitar a axuda por un período mínimo de dous anos.  

 En xeral, as funcións dos servizos de normalización lingüística que se acollan a esta convocatoria, tanto internas como externas, serán asesorar a Administración municipal na procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega; velar polo cumprimento da lexislación lingüística por parte da institución e por garantir os dereitos lingüísticos á cidadanía; fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade; propoñer programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador; fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, tanto para o persoal da administración como para a poboación en xeral ou para os diferentes sectores sociais; oumellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración, entre outras. 

 Ao igual que xa aconteceu na pasada edición desta convocatoria os concellos solicitantes terán permitido optar tamén á vindeira liña de axudas da Deputación para o fomento de actividades ou programas de dinamización, algo incompatible nas anteriores edicións. 

CULTURA

PREMIO INTERNACIONAL DE LITERATURA “GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER” 2021  

     

 El Premio Internacional de Literatura “Gustavo Adolfo Bécquer” se crea en 2008 por el PEN Club Español y el Grupo Editorial Sial Pigmalión, para premiar a autores de todo el mundo que hayan destacado como poetas, narradores o ensayistas.

 Un jurado prestigioso propone cada año a autores sobresalientes en diferentes géneros literarios y otorga este galardón, convocado para reivindicar la figura del prestigioso poeta, narrador y periodista sevillano, Gustavo Adolfo Bécquer, máximo representante del posromanticismo literario en lengua española, uno de los poetas con mayor influencia en la poesía del siglo XX en el ámbito hispánico, de quien se conmemora en 2021 el 185º aniversario de su nacimiento.

 El Premio Internacional “Gustavo Adolfo Bécquer” ha sido otorgado, entre otros, a los creadores: Ridha Mami, José María Triper, Corrado Calabrò, Carlos Vásquez-Zawadzki, Sol de Diego, José María Paz Gago, Pati Blanco o Vicente Araguas.    

 El jurado del Premio Internacional de Literatura “Gustavo Adolfo Bécquer” 2021, formado por Vicente Araguas (España), premiado en 2020, Justo Bolekia Boleká (Guinea Ecuatorial), María Antonia García de León (España), José Manuel Lucía Megías (España), Ridha Mami (Túnez), premiado en 2013, Fabio Martínez (Colombia), Isabel Ordaz (España), José María Paz Gago (España), premiado en 2018, Pilar Pedraza Pérez del Castillo (Bolivia), Basilio Rodríguez Cañada (España) y José María Triper (España), premiado en 2014, concede por unanimidad este galardón al escritor y poeta extremeño José Cercas Domínguez, por su libro Lo que en verdad sucede y el conjunto de su obra. 

 La obra premiada será presentada en la próxima Feria del Libro de Trujillo, en la Feria del Libro de Bogotá (FILBO) y en la Feria del Libro de Madrid (FILM) 2021. 

Madrid, 17 de febrero de 2021

(En conmemoración del natalicio de G. A. Bécquer)  

Basilio Rodríguez Cañada  

Presidente Grupo Editorial Sial Pigmalión 

 

José Cercas Domínguez  


 Nació en Santa Ana (Cáceres), en 1959. En la actualidad trabaja como gestor cultural. Es un poeta de profundo arraigo en Extremadura, de cuya extensa obra cabe destacar: El tiempo que me habita (2006), Los versos de la ausencia y la derrota (2009), Dana o la luz detenida (2011), Oxígeno (2012), Detrás de la noche. Antología de poemas de amor (2013), Los marcados días de la lluvia (2015) y Madre (2016). Recientemente ha publicado Balada del hombre piedra y Lluvia. En junio de 2019 gana el premio Escriduende de la Feria del Libro de Madrid al mejor libro en prosa poética con su obra El delta del Paraná publicado por el Grupo editorial Sial Pigmalión. Como animador y gestor cultural, viene realizando una intensa labor en Extremadura, su tierra.     

 Como afirma Vicente Rodríguez Lázaro: su obra resume las inquietudes de un poeta que se desnuda sin pudor y con la esperanza de un futuro redimido a través de una voz poética repleta de valentía y de originalidad, modeladas por su condición de ser comprometido y noble ante sus orígenes y frente al mundo que le rodea en un paradigma de coherencia.                

Lo que en verdad sucede      

 Cuando leo los versos de Pepe Cercas, tengo la impresión de que no pasara el tiempo, de que hoy es ahora y ayer, y mañana será lo que vuelve siempre como légamo o arcilla esencial que sedimenta, que tiene memoria.  Me llena de admiración y sorpresa el uso que hace del campo semántico, las palabras que “osa” utilizar, fuera de toda moda y aplauso contemporáneo.  Habla de ternura, de los padres, de alegría, dejando escurrir una música antigua de lentitud y ausencia y, aun así, nos ofrece una memoria asombrada como la del niño que cuenta sus canicas de cristal y, faltándole algún color, se llena de añoranzas.    

 Así en el amor, en su ausencia, como no podía ser de otra forma: “ella se fue como todo lo vivido/como los huraños labios del calendario”, y es ahí, en ese hueco que deja el amor, en donde el verbo se hace carne y ungüento y medicina.  He ahí el atributo de la poesía, posarse, como se posa la gasa sobre la herida.  Herida que produce el tiempo cuando pasa, roza y nos abandona a la esclavitud de los pretéritos.    

 Y junto al lenguaje, código y cuerpo mismo del poema, la naturaleza: ¡Cuánto amor habita tan solo en una tarde!, del poema “El pájaro”, donde se describe el crepúsculo posándose… en el nido del ave que una vez fue vuelo.  Hay un acto de afirmación en todo esto: …Vengo de la tierra/y me reafirmo en su gravedad/a la altura precisa del musgo…    

 Sí, definitivamente, el mundo necesita la poesía, necesita a quienes aún contemplan, a quienes aún se asombran de que la realidad exista, de que más allá del mundo y su civilización y su historia y su jerga, de que a pesar de sus provocadoras y altivas colmenas de hojalata o amianto, exista la piel y el pelo del mundo, sus branquias vegetales y el albatros atravesando cañones de aire, suspendiéndose, para ser mirado, no a través de links o instagram o pantallazos, sino cuerpo a cuerpo, compartiendo el sudor o el temblor de un instante de recíproco latido.    

 Así estos poemas, suspendidos entre los recuerdos y el paisaje, el universal de …el arcoíris como la cara más amable de la lluvia…, o el local y localista de …los blancos cerezos del Jerte… de “La vida se abre paso”, o el delicioso eco del campo y su específico nombrarse, ese “pasturaje”, el cual indica una muy concreta demarcación, zona de pasto común, allí donde pasta y mansea el ganado, universo dehesa, resonancia de lugar y modo, el extremeño, en el cual nuestro amigo Cercas se siente tan arraigado, ejercicio mismo de su ser y estar.    

 Y como no podía ser de otra forma, una última, no final, reflexión, sobre el acto de escribir: …escribir para decir te amo … romper el maleficio … levantar la vida y la estatura … sobre la luz que busca su origen de verso, lo que es lo mismo que, trastocando el itinerario previsto, no es el verso el que busca la luz sino la luz la que busca el verso, es decir, no esperar a  saber para escribir sino, por el contrario, decir, escribir,  para ir sabiendo.     

 Y aquí estamos, intentándolo. 

 Isabel Ordaz