O BNG “ESÍXELLE AO GOBERNO GUARDÉS QUE TOME EN SERIO A REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS”
Anxo Lois Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O pleno aprobou a instancias do BNG a elaboración dun proxecto de reforma integral da Praza de Abastos, o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a facerlle outro remendo”
Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
“Despois de analizado o expediente de reforma da Praza de Abastos da Guarda, o BNG quere trasladar a opinión pública as seguintes consideracións:
A Praza de Abastos da Guarda ofrece alimentos de grandísima calidade cun nível de especialización moi alto en produtos do mar. Contamos tamén cunha longuísima experiencia profesional para poder acadar o recoñecemento de mercado de excelencia e así poder optar as axudas que para tal fin dispón a Xunta de Galiza.
A reforma plantexada polo Goberno guardés non pasa de ser unha apaño para saír do paso que pode comprometer un proxecto de futuro. Conténtanse con un cambio do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €”.
O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente manifesta: “O Pleno do Concello a instancias do BNG aprobou a elaboración dun proxecto de reforma integral da praza de abastos para transformala nun mercado de excelencia, o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a a facerlle outro remendo”.
O nacionalista concluiu afirmando: “A praza de abastos non soporta xa máis parches. Temos a oportunidade de facer unha reforma integral si se plantexa un proxecto de calado diante da Xunta de Galiza. Esta actuación dotaríanos dunha praza de referencia na contorna que actuaría como motor de dinamización da economía local. Desde o BNG esiximos que se abandone a improvisación, que se respecten os acordos plenarios e que se tome en serio a reforma da Praza de Abastos para construir futuro na Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario