15 de feb. de 2021

DEPORTES

MILU RODRÍGUEZ BAZ, CAMPIOA DE ESPAÑA MÁSTER-45, DE 20KM MARCHA EN ROTEIRO

A marchadora guardesa, do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, acadou ese logro deportivo en Sevilla 

Establecendo un novo récord galego desa distancia

 

María Emilia Rodríguez Baz no máis alto do podio, logo de proclamarse en Sevilla, campioa de España Máster-45, de Marcha en Roteiro 20 Km


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana, nosa atleta María Emilia Rodríguez Baz (Milu), acompañada do seu cónxuxe, desprazouse a Sevilla polos seus medios propios, para disputar o Campionato de España Máster de Marcha en roteiro 20 Km.  

 A proba disputaríase onte domingo 14 de febreiro, en xornada de mañá, cunha boa temperatura (8º aproximadamente), dando comezo ás 8:00 h, ao romper o día, nas proximidades do Estadio de La Cartuja (Sevilla), concretamente no Parque del Alamillo, nun circuíto urbano de asfalto con ida e volta, sendo o percorrido de 2 quilómetros. 

 Alí reuníronse os mellores especialistas marchadores do ámbito nacional, desde a categoría Sub16 ata a Máster, onde tiveron a oportunidade de demostrar o seu estado de forma actual, debido á situación sanitaria por mor da pandemia, participando atletas de todo o panorama nacional, cumprindo en todo momento a vixente normativa sanitaria.  

 Concretamente, a nosa marchadora disputou os 20 Km en roteiro, dando 10 voltas ao circuíto, entrando en meta en primeira posición na categoría Máster-45 feminina, sendo o seu rexistro de 2h00:06, facéndose co título nacional, e estando a punto de baixar a barreira das 2 horas, pegándolle así mesmo unha boa dentada, logrando ademáis rebaixar a súa mellor marca persoal que posuía de 2 horas 3 minutos 50 segundos, en máis de 3 minutos, cumplindo dese xeito os seus obxectivos. 

 A segunda clasificada foi Sonia Nieto Díaz, do Atletismo Alcorcón, cun crono de 2h13:29, e a terceira clasificada foi María José Escoda Lorca,  do A.C Jumilla, cun tempo de 2h14:27.

 

       Milu coa bandeira de Galicia, celebrando seu magnífico logro deportivo acadado en Sevilla

 Con este  magnifico rexistro, queda gravado o seu nome como a primeira muller galega da súa idade, de todos os tempos, que se enfronta a esta distancia, establecendo un novo récord galego na categoría Máster 45 – feminino, da distancia 20km en roteiro. Dese xeito, Milu que no cartel de saída xa partía como clara favorita ás posicións de  pódium, cumpriu o seu prognóstico. A esta gran actuación na nova categoría na que debutou onte, temos  que engadirlle as últimas actuacións máis importantes na categoría precedente Máster-40: 

 O 3º posto no Campionato de España de 20km en roteiro, en Torrevieja (Alacante), o 16/02/2020. 

 O 2º posto no Campionato de España de 10km en roteiro, en Getafe (Madrid), o  06 /12/2020. 

 O 1º posto no Campionato Galego en pista ao aire libre de 5.000 metros, en Pontevedra, setembro de 2020.

 

Jose Mª Bragado e Milu, o día antes, cando visualizaba a proba Jesús Ángel García Bragado, institución máxima da marcha española  

 

 E por último, desde aquí toda a familia do Trega que a compoñen desde atletas, nais/pais, directivos e os seus adestradores Javier Sierpes Silva e Patricia Pereira Guisantes, que lle axudan na planificación e acordar tanto competicións como adestramentos; queremos darlle as nosas felicitacións a Milu polos seus éxitos, entrega, adicación, esforzo e sacrificio, animámoslle a que siga conseguindo títulos e batendo récords en anos vindeiros, logrando levar a camiseta do noso club ao máis alto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario