1 de out. de 2013

PONTEVEDRA

O EDIFICIO SARMIENTO EXPÓN POR PRIMEIRA VEZ A FIGURA DE HERMATHENA ATOPADA EN AMORÍN (TOMIÑO)


·       Ana Isabel Vázquez acompañou a algúns veciños e concelleiros de Tomiño durante a visita ao edificio
·       Identifícase coa deusa da sabiduría e da prudencia que guía as almas no bo camiño


A figura de Hermathena atopada nas proximidades de Castro Amorín de Tomiño que gardaba o Museo de Pontevedra, exponse por primeira vez no Edificio Sarmiento, onde recibiu a visita de varios veciños e concelleiros de Tomiño acompañados da deputada provincial, Ana Isabel Vázquez.

O ídolo é unha escultura de granito bifacial con rostro de muller e de home, sen ningún atributo específico. A súa identificación con un Hermathena fai referencia aos mitos gregos de Hermes, a divindade que guía as almas polo bo camiño e a Athena, deusa da sabiduría e da prudencia, unha hipótese que se fundamenta nos estudos das figuras similares  atopadas en Cabeza de Francos e O Incio.

A escultura se relaciona cunha escultura de tipo castrexo, xa que apareceron diversas figuras dos deuses dos camiños que acostuman situarse nas encrucilladas nas proximidades de xacementos celtas. A pesar disto, tamén existen opinións que a identificaron con Jano, un dos grandes deuses do Panteón romano que tamén ten dúas caras, unha divindade que defende a cidade en tempo de paz porque habita no seu templo e a protexe en tempo de guerra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario