A PROBLEMÁTICA QUE AFECTA A UN VECIÑO DA RÚA BAIXO MURO CHEGA O XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA
As barreiras arquitectónicas existentes no seu entorno limítanlle á mobilidade aínda máis que a problemática xerada por un problema de saúde
Infogauda / A Guarda
A realidade física do entorno urbán próximo o seu fogar, semella haber tropezado coa falla de vontade política por tentar resolver unha situación que afecta directamente a un veciño que reside na Rúa Baixo Muro, nº 14, no núcleo histórico da vila de A Guarda, e que desde fai algún tempo ten limitada súa mobilidade a causa dunha enfermedade. Máis ás consecuencias directas dese problema de saúde víronse de algún xeito incrementadas debido ás barreiras arquitectónicas existentes na zoa. E non somentes lle afectan a unha persoa, senón os seus familiares, que vénse nunha situación desesperada, cada vez que teñen que leva-lo o hospital, pois os atrancos para poder move-lo son considerables.
A devandita problemática podería resolverse se hubese o que semella non haber, onde debería. Esa falla de sensibilidade de algúns, contrasta coa decidida vontade de algunhas persoas que á familia do veciño afectado coñece perfectamente, e que polo tanto, coidamos que non é necesario menciona-las, xa que desde un primeiro intre tentaron atopar unha solución, dando pasos nesa liña.
Desde Infogauda tamén expuxemos unha razonada proposta para suprimir ás barreiras arquitectónicas existentes. Pero como a algúns dos deuses do olimpo municipal semella que o asunto non vai con eles, María Teresa González Lomba, familiar directa do veciño afectado por limitacións de saúde e polas barreiras arquitectónicas, presentou un recurso contra o concello guardés.
Recentemente, á Alcaldía de A Guarda en data 27 de setembro, resolveu nomear avogados
para este procedemento e notifica o emprazamento, para o seu personamento diante do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1, de Pontevedra, á Consellería de Traballo e Benestar - Secretaría Xeral de
Política Social, a Celso J. Rodríguez Fariñas, ao partido político Converxencia
Galega, a Cogami e á aseguradora do Concello, como interesados neste expedente.
ÁS MEDIDAS CORRECTORAS LÉVANSE AGARDANDO DESDE FAI MÁIS DE DOUS ANOS
Desde fai máis de dous anos, o veciño discapacitado e súa familia veñen demandando ao Concello, unha solución que lle permita entrar e saír da súa casa sen atrancos. Ata agora vénse obrigados a levantalo en cadeira de rodas, o que conleva un enorme esforzo, debido o moitísimo peso do pacente. Esa é a razón polo que solicitaron unha rampa para poder salvar as escaleiras que soben ata a Praza do Reló. Máis esa petición tropezou con unha nova barreira: a falla de sensibilidade de algúns que argumentaron á imposibilidade da obra proposta debido á pendente.
INFORMACIÓN RELACIONADA

Ningún comentario:
Publicar un comentario