O BNG do Rosal
considera inmoral que se lle cobre polo servizo de axuda ao fogar a familias
cun salario de 427 euros mensuais

Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal considera inmoral a
modificación da ordenanza fiscal do servizo de axuda no fogar, que foi aprobada
polo PP no último pleno.
Os nacionalistas mostraron súa
perplexidade pola modificación aprobada, na que as familias cuns ingresos
mensuais superiores aos 426 euros, terán que aportar parte do custe do servizo.
Lembran que na ordenanza vixente ata o de agora, o mínimo de ingresos para
aportar era o valor do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM),
e dicir, 532,51 euros.
O voceiro nacionalista, Alberte
Alonso Pereira, indica que a modificación aprobada polo PP, vai facer que haxa
menos persoas con opción de quedar exentas de pagar polo servizo e amplía cara
a baixo o rango de ingresos, facendo que para optar a este servizo, teñan que
pagar persoas con rendas moi baixas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario