A Guarda, 1 outubro 13. O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar un acto informativo sobre a problemática dos emigrantes retornados que teñen pensións do estranxeiro. O acto terá lugar no Centro Cultural da Guarda este mércores día 2 de outubro as 20:00 h.
Dende o BNG sinálase que milleiros de emigrantes galegos, entre eles guardeses e guardesas, retornados con pensións do estranxeiro están a recibir requerimentos de Facenda con comunicación de posíbeis sancións, mentres aos auténticos defraudadores fiscais o Goberno español lles conceda amnistía.
Os afectados e afectadas por esta decisión inxusta descoñecían estas obrigas tributarias. O BNG considera inmoral a imposición de sancións a un colectivo que percebe pensións baixas despois de traballar toda unha vida. Estas sancións deben ser pagadas en apenas 10 días.
Dende o BNG solicitamos a revogación dos expedientes iniciados, a anulación dos expedientes e a modificación da lei para garantir a igualdade de trato para os emigrantes retornados.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario