O MOVIMENTO SINDICAL 1º DE MAIO PRONÚNCIASE SOBOR DO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL
No pouco tempo que levamos funcionando, cada vez é máis a información e queixas que recibimos de diversos colectivos, varios deles vinculados o noso Concello, donde cada día que pasa, son máis as protestas somo o nepostismo e abuso de autoridade que Concelleiros e “xefeciños” nomeados a dedo, están aplicando a eses grupos de traballadores.
Neste escrito, imos a referirnos o persoal do Grupo de Emerxencias SUPRAMUNICIPAL, coñecidos como G.E.S. de recente formación pola Xunta de Galicia, en sustitución dos GRUMIR e con ámbito de actuación nos Concellos de Tomiño, O Rosal, Oia e A Guarda, con base na nosa localidade.
Creemos que si son para facer e participar en diversos operativos nos concellos sinalados, debe ser en pé de igualdade para os mesmos, polo que consideramos que se os séus “traballos” son para colocar sinais de tráfico ou bolardos nas rúas, terán que facelo tamén nos outros tres concellos.
Si están para limpar manchas de aceite nas estradas, será igual para os demais, polo que o “distintivo de especialistas en emergencias” xa é un título extraordinario, pois seguramente con menos dese salario hai bastante xente que estaría dispoñible para as funcións que están desenvolvendo.
Os “traballos” de cortar cruces de estrada, fai anos
o facian voluntarios de Protección Civil, e gratis. ¿Dónde estará a mellora con
este novo servicio? Algún Concello, xa pode ter resolto o problema das
procesións, xa que como non ten Policia Local, debera solicitar a
“intervención” dos G.E.S. nestes actos e servicio cuberto.
Por certo, ¿si os GRUMIR desapareceron, será moi
caro pintar/pegar o séu distintivo no Patrol? ¿Cando van a unha carreira
pedestre fora da localidade donde teñen base, activarase o grupo de retén ou
iran os servicios no camión por si pasa calquer cousa noutro concello e
deixarán abandonado o servicio por unha emergencia?
Seguramente co tempo e en poucas datas irán xurdindo
novos temas e preguntas tanto por nos como polos traballadores do G.E.S. e
polos veciños. ¡¡esperamos atopar despostan por parte de quen corresponda!!
Eloi Gómez Mariño
Ningún comentario:
Publicar un comentario