JEANNE PICARD MAHAUT, DELEGADA DA ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES TAMÉN APOIA Á PROPOSTA DE NOMEAR O ESCRITOR E POETA, XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA
Infogauda / A Guarda
Ainda que naceu en París (Francia) está totalmente vencellada a Galicia. Casou con un galego, e leva vivindo máis de medio século no noso País, concretamente na provincia da Coruña. Sofreu a perda de un fillo a causa de un accidente na mal chamada Vía Rápida da Barbanza, con soio 33 años e a partires desa traxedia persoal, desde fai algo máis dunha década, decidiu fundar coa catalana Ana María Campo, a Asociación Stop Accidentes. É súa Delegada en Galicia, onde conta con preto de un cento de socios.
Chámase Jeanne Picard Mahaut e podemos decir que é unha persoa moi sensibilizada coa problemática que atinxe ás víctimas dos accidentes de tráfego, que ela non dubida en considerar que na súa meirande parte pódense evitar.
Feita esa breve presentación de Jeanne Picard, compre salientar que tamén ela non dubidou nin un instante, en apoiar á proposta de nomear o escritor, poeta e profesor Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.
A instancia - cuio contido, no fondo e na forma, é moi semellante o que teñen presentado en semanas precedentes, outras persoas e colectivos -, foi presentada no día no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, e dí o seguinte:
A abaixo asinante, Jeanne Picard Mahaut, Delegada en Galicia da Asociación Stop Accidentes, D.N.I. (omitímo-lo na información por motivos legais) , con enderezo en (omitímo-lo pola devandita razón), comparece e
D Í:
1º.- Que en relación a proposta de nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda, apoia tódalas iniciativas que culminen co devandito nomeamento.
2º.- Que ese nomeamento, é, o noso entender, unha débeda de gratitude que o Pobo de A Guarda, representado polo seu Concello e Corporación Municipal, ten contraída co profesor e poeta, Xosé Carlos Gómez Alfaro.
3º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro, supo exercer como galego, como veciño, como profesional do ensino e como escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingoa e coas libertades democráticas.
4º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi eiquí precisamente onde callou súa mestría poética. Asemade, foi no noso pobo onde xestou moitas das súas obras. Mesmo a algúns dos seus poemas puxéronlle música o compositor José Luís Lorenzo Rodríguez e o cantautor Tino Baz Baz, creacións pubricadas en varios poemarios que, por desexo do próprio autor, foron presentados na nosa vila.
5º.- Que ninguén que coñecese de preto a Xosé Carlos Gómez Alfaro, dubida do seu compromiso coa Historia do noso País e cos que deron mesmo a vida, en defensa das libertades democráticas
6º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi un poeta que amou as verbas do agro e do mar, legándonos colleitas abondosas e un ronsel de poemas nos que A Guarda e o Ribeiro, son os eixos da súa inspiración poética.
Por iso, e por moitas razóns máis, coidamos que en xusta correspondencia, tódolos guardeses de bén estarésmolle agradecidos por todo canto Xosé Carlos Gómez Alfaro fixo, por e para A Guarda.Relembrar súa figura humana e literaria é un xeito de te-lo na nosa memoria colectiva.
Promover un certame poético que leve seu nome, ben podería ser outro xeito de agradecerlle súa achega o noso acervo cultural.Nomealo Fillo Adoptivo de A Guarda é un acto de xustiza.
En base os méritos amplamente acreditados por Xosé Carlos Gómez Alfaro,
SOLICITO:
Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Dia:
- INICIO DO PROCEDIMENTO, DE ACORDO CO REGULAMENTO MUNICIPAL DE HONRAS E DISTINCIÓNS, DO EXPEDENTE DE NOMEAMENTO DE FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE A GUARDA O ESCRITOR, POETA E D. XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO.
É de facer en Xustiza que prega na Guarda, a 4 de Maio de 2010.
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE A GUARDA