4 de out. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"Música e Palabras" voltou novamente co outuno

 Unha iniciativa cultural e social da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos


Momento da intervención de María José Alonso González - á esq. - e María José Baz Martínez
Malula e María José no escenario


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Un ano máis, na tardiña de onte iniciamos o curso de "Música e Palabras". Estamos moi ledos da acollida que ten esta iniciativa. Cada primeiro venres de mes chegan a Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, persoas de A Guarda, Cividáns, A Gándara, O Rosal,..., e como non, de Camposancos, que non soio veñen a escoitar a boa música de María José Baz Martínez, senón que suben ao estrado participando directamente, e recitan uns poemas, contan un chiste,... 

 E sen esquecer a poboación de Gaza. 

 Rematamos tomando uns petiscos e lembrando que xa é outono. Non faltaron as castañas cocidas acompañadas co gran viño branco do Rosal, doado por Sinforiano Martínez (Viano), e un tinto novo, regalado por Vitoriano Rodríguez González.

Ningún comentario:

Publicar un comentario