4 de maio de 2010

SALCIDOS

PINTADAS NOS PARAMENTOS EXTERIORES DA IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DE SALCIDOS




Fotografías: Mª Elena Cividanes Álvarez

Infogauda / Salcidos

Individuos cuia identidade se descoñece - alomenos polo de agora - deixaron constanza da súa presenza nos muros exteriores da igrexa parroquial de San Lourenzo de Salcidos. Ese tipo de accións - e outras semellantes, efectuadas noutros lugares do termo municipal da Guarda - non teñen ningún tipo de xustificación posible.

Desde Infogauda rexeitamos con toda rotundidade calquer actuación que deteriore o patrimonio histórico-artístico-monumental, e tamén - como non pode ser doutro xeito -, os estragos que algúns - o abeiro, presuntamente da nocturnidade - están cometendo contra bens municipais, e mesmo particulares.
Todo estas actuacións - por decilo dalgún xeito - probablemente non se producirían, en primer lugar, se algúns respectasen o que - a vista está - non respectan. E en segundo lugar, se A Guarda tivese activados os efectivos correspondentes, que a xulgar polos documentos gráficos que lles amosamos, non semella que estén nin activos, nin activados.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Minguillo dixo:
Solamente unos descerebrados e incultos pueden hacer semejante barrabasada, que se indague por quien corresponda y hagan limpiar y penalicen a estos energumenos.
Saludos a todos los lectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario