4 de maio de 2010

GALICIA

MÁIS DE 800 PROFESORES/AS DE TÓDOS OS NIVEIS EDUCATIVOS, ASINAN O MANIFESTO EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA


Manifesto Ensino Público de Galicia / Galicia
Hoxe ás 14:30 horas entregáronse no Rexistro Xeral da Sede da Xunta de Galicia en Vigo as máis de 800 sinaturas de profesores e profesoras adheridas ao Manifesto en Defensa do Ensino Público de Galicia (http://manifestoepg.jimdo.com/) e dirixidas ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad.
Esta iniciativa independente de profesores e profesoras de diferentes eidos e etapas do sistema educativo pretende, dende unha óptica apartidaria, amosar o descontento do colectivo coas medidas que se están a adoptar co sistema de educación pública de Galicia.
O escrito presentado amosa a fonda preocupación que existe dentro do colectivo polas progresivas medidas de empobrecemento e abandono do sistema educativo público fronte a potenciación do privado, así como as potentes e fondas medidas de desprotección da lingua galega no ensino que se promoven dende a actual Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que implican unha forte desgaleguización do sistema educativo, e da sociedade galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario