4 de maio de 2010

OURENSE

TONHO FERREIRO INAUGURA NO CENTRO CULTURAL A SÚA EXPOSICIÓN "SINESTESIAS"

Infogauda / Ourense

O artista ourensán Tonho Ferreiro inaugura mañá, mércores, ás 20:15 horas no Centro Cultural da Deputación a súa mostra pictórica baixo o título de “Sinestesias” e onde o artista invita a ver e tocar as súas obras.
Sinestesia, con orixe grego, refírese á un ión de sensacións. Na retórica, estilística e neuroloxía: mezcla dos sentidos diferentes.
Un sinestésico pode, por exemplo, escoitar cores, ver sons, e percibir sensacions gustativas ou tocar un obxeto cunha textura determinada. Non é que o asocie ou teña a sensación de sentilo: sínteo realmente.
Directo, colorista e matérico, o arte de Antonio Ferreiro revélase coma un universo de complicidades no que cada elemento xoga a ser outro. Concebidas en dípticos, as súas obras funcionan por separado pero ó engadirlle outra peza, non só segue a funcionar senón que se complementa e adquire un maior senso.
A forza dos cuadros radica na posibilidade de ser tocados, de sentir as temperaturas, de ollar as formas e experimentar sensacións. O lenzo, o papel, e a area deixan de selo para convertirse nun festín para os sentidos, onde os valores propios do material collen a importancia debida e se converten no que quixeron ser.
Os cadros, coma as persoaxes dunha novela, fanse a sí mesmas o través da conversa entre os materiais e sorpréndense de coñecerse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario