24 de mar. de 2012
O ROSAL
Publicado por
Infogauda
ás
13:58
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
O ROSAL
Publicado por
Infogauda
ás
13:48
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
20 de mar. de 2012
O ROSAL
VENRES, 23 DE MARZO, ÁS 19:30 H. NOS BAIXOS DO CONCELLO DE O ROSAL
Publicado por
Infogauda
ás
23:55
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
10 de mar. de 2012
PÍAS (O ROSAL)
Publicado por
Infogauda
ás
00:56
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
5 de mar. de 2012
PÍAS (O ROSAL)
Publicado por
Infogauda
ás
15:13
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
29 de feb. de 2012
26 de feb. de 2012
O ROSAL
Carlos Álvarez Antúnez e Daniel Rodríguez Martínez, "Os Dalton" , vencedores do I Torneo de Futbolín Dálle co Sacho!

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O luns 20 de febreiro celebrouse na Liga de Amigos do Rosal o I Torneo de Futbolín Dalle co Sacho! O evento, que se fixo coincidir co Entroido 2012 estivo organizado pola A.C. A Velha na Horta coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros. Carlos Álvarez Antúnez e Daniel Rodríguez Martínez, "Os Dalton" foron os vencedores deste primeiro campionato tras vencer na final a "Os Impresentables", equipo formado por Jonatan Martínez Español e Lucas De Santiago Gómez. O partido polo 3º e 4º posto, foi aprazado, xogándose ao día seguinte no Bar Troya, resultando gañadores "Modern Talking", parella formada por Jorge Díaz Rocha e Andrés Martínez Rocha. O cuarto posto foi para "Pegafuerte", equipo integrado por Ángel Martínez Diego e Ruth Martínez Barbosa.
Publicado por
Infogauda
ás
14:02
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
14 de feb. de 2012
SAN MIGUEL (O ROSAL)

Publicado por
Infogauda
ás
23:35
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
10 de feb. de 2012
O ROSAL
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar unha proposta no Rosal na que solicita a declaración do 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro

Alberte Alonso Pereira, Voceiro do Grupo Municipal do BNG
Infogauda / O Rosal
Os nacionalistas solicitan apoiar a realización de actividades de promoción da obra da escritora, que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do concello, data recollida oficialmente pola Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza no seu Calendario do Libro e da Lectura, e a realización d unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que o alumnado dos centros escolares, veciños, veciñas e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista.
Así mesmo, engaden que Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
Por todos estes motivos, incide o BNG, a difusión do coñecemento da súa obra é necesaria para as galegas e os galegos, en especial para as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, sendo a súa palabra feita poesía ou prosa reflexiva un dos procedementos máis eficaces para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
Publicado por
Infogauda
ás
00:11
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
6 de feb. de 2012
O ROSAL
SERGIO DIEGO E CARLOS ÁLVAREZ, “OS CATAS”, CAMPIÓNS DO II OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 CELEBRADO NO BAR FLORO

Juan Ramón Martínez Barbosa / Presidente da Asociación Os Cabaqueiros
O pasado venres 3 de febreiro tivo lugar o II Open de Futbolín O Rosal 2012 organizado pola Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros coa colaboración do Bar Floro.
Esta nova competición -que se intenta convocar cada mes- reuniu en tres días ao máximo de xogadores establecido dende a Asociación (32 participantes, para facer 16 equipos).
A parella gañadora, “OS CATAS”, formada por Sergio Diego Fernández “Frony” e Carlos Álvarez da Concepción, venceron na gran final ao equipo “APAÑO”, integrado por Ángel Martínez Diego e Gustavo Jurado Fernández.
O terceiro posto foi para o equipo “SERRA”, formado por Sergio Casal Fernández “Yeya” e Juan Ramón Martínez, que gañaron á parella “OS PIPAS”, integrada por Rebeca Rodríguez Rodríguez e Carlos Álvarez Antúnez “Sevi”.
Lembramos que cada xogador/a que participa nos OPEN inscríbese individualmente, saíndo o seu compañeiro/a por sorteo, efectuado intres antes de comezar as partidas, o que lle dá un “plus” extra de emoción ao evento.
A Asociación Sociocultural Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer publicamente a inestimable axuda e apoio do Bar Floro (Novás-O Rosal) para a celebración deste segundo campionato, así como a participación e comportamento exemplar de todos os xogadores e xogadoras.
Este venres 10 de febreiro ás 20:30 horas o Centro Social Polivalente do Rosal acollerá o acto de entrega dos diplomas conmemorativos, tanto do I Open celebrado en xaneiro no Bar Troya como deste II no Bar Floro.
Igualmente a Asociación Os Cabaqueiros presentará ese mesmo día a Reestruturación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño que organizará a partir deste ano 2012 en colaboración con Presas e Recreativos Jopeco.
A proposta da Asociación -se hai interese- será a de crear tres categorías (1ª, 2ª e 3ª División) así como unha liga “Mixta” (rapaz-rapaza) que remataría en maio, estando todos os equipos participantes federados e con opción de ir gratuitamente aos distintos Campionatos de España de Futbolín.
Ao final do acto e como colofón, a Asociación Os Cabaqueiros, agasallará aos asistentes cuns pinchiños e un viño galego.
Máis información no teléfono 637 311 007, no correo electrónico asociacioncabaqueiros@hotmail.com, no perfil da Asociación en facebook así como no seu blog oficial www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com
Publicado por
Infogauda
ás
23:53
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
1 de feb. de 2012
25 de xan. de 2012
O ROSAL
Presidente da Asociación Colectivo Sociocultural Carballas / O Rosal
Publicado por
Infogauda
ás
15:10
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
9 de xan. de 2012
O ROSAL
MIGUEL RODRÍGUEZ GONZÁLEZ E DIEGO ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, GAÑADORES DO I OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA
Miguel Rodríguez González (Jallas) e Diego Álvarez Fernández, gañadores do I Open de Futbolín O Rosal, xunto co titular do Bar Troya
Participantes no I Open de Futbolín O Rosal 2012 que organizou a Asociación Os Cabaqueiros coa colaboración do Bar Troya
Juan Ramón Martínez Barbosa
Presidente da Asociación Os Cabaqueiros
O venres 6 de xaneiro, día de Reis, celebrouse no Bar Troya (O Rosal) unha novidosa xuntanza-competición de futbolín organizada pola baixomiñota Asociación Os Cabaqueiros.
Superando todas as previsións, en tan só tres días de convocatoria, apuntáronse, individualmente, 38 participantes (28 xogadores e 10 xogadoras) para pasar un rato agradable co seu deporte-xogo favorito. Tal e como se anunciara, os equipos deste I OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012 saíron por sorteo, efectuado no propio local, minutos antes do comezo das partidas, creando polo tanto, unha grande expectación.
Finalmente a parella gañadora, que uniu “a sorte e o destino”, foi a formada por Miguel Rodríguez González (Jallas) e Diego Álvarez Fernández, conseguindo como premio un fantástico lote de produtos navideños.
Miguel e Diego, “JUANITOS”, proclamáronse xustos campións tras derrotar na final ao equipo “FURABOLAS”, integrado por José Ángel “Quesi” e Diego Domínguez “Trillo” por un contundente 5-1 en partidas (2-5, 5-1, 5-0, 5-3, 5-2, 5-0).
O terceiro posto foi para o equipo “CHANCHULLO” formado por Carlos Álvarez e Juan Martínez, que gañaron a “OS PITUFOS”, Yeya Casal e Andrés Martínez, cun resultado final de 4-1 en partidas (5-2, 4-5, 5-3, 5-3, 5-4).
A Asociación Os Cabaqueiros do Futbolín quere agradecer a participación e exemplar comportamento de todos os xogadores/as deste I OPEN-ABERTO, así como a inestimable colaboración de Rubén Santos Paz (Delio) e do Bar Troya para que esta iniciativa se levara a bo porto.
Lémbrase tamén dende a Asociación, que proximamente se anunciará lugar, día e hora para o acto de entrega de premios a todos os participantes deste I OPEN 2012, así como o da presentación da reestruturación da Liga Nacional de Futbolín no Baixo Miño, que de momento se xoga no Rosal, nos locais Bar Floro, Bar D’Bute, Cafetería Skape e o propio Bar Troya.
Os Cabaqueiros do Futbolín organizarán a partir deste ano 2012 a LNF e proporán tres categorías (1ª, 2ª e 3ª División) ademais de que xogadores e xogadoras poidan apuntarse a unha nova competición de “Mixto”.
Máis información en www.asociacioncabaqueiros.blogspot.com, no correo asociacioncabaqueiros@hotmail.com, no perfil de facebook e no teléfono 637 311 007.
I OPEN DE FUTBOLÍN
O ROSAL 2012
BAR TROYA
XOGADORES/AS
1.- Santi Castro González.
2.- Pablo Álvarez Álvarez.
3.- Juan Ramón Martínez.
4.- Julio Núñez Lomba.
5.- Adrián Maquieira Pereira.
6.- Noe Álvarez Baquero.
7.- Ángel Martínez Diego.
8.- Maite Martínez González.
9.- Santi González Correa.
10.- Diego Martínez Alonso.
11.- Diego Álvarez Fernández.
12.- Jorge Díaz Rocha.
13.- Rebeca Rodríguez Rodríguez.
14.- Tania Rodríguez Rodríguez.
15.- Eva Fernández Vicente.
16.- Ignacio Moure Pérez.
17.- Andrés Martínez Rocha.
18.- Mary Domínguez Rodríguez.
19.- José Ángel “Quesi”.
20.- Carlos Díaz Pereira.
21.- Sergio Casal Fernández.
22.- Jorge Silva Álvarez.
23.- Zaira Solla Rodríguez.
24.- Gerardo González Gómez.
25.- Diego Pérez Domínguez.
26.- Patricia Fernández Durán.
27.- Diego Martínez Castro.
28.- Ángeles Alonso Rodríguez.
29.- Óscar Sabarís Meño.
30.- Saúl Martínez González.
31.- Carlos Álvarez da Concepción.
32.- Miguel Rodríguez González.
33.- Sara Silva Uris.
34.- Diego Domínguez.
35.- Gustavo Jurado Fernández.
36.- Carlos Pérez Lomba.
37.- Gabriel Pérez Rodríguez.
38.- Marcos Álvarez González.
GRUPO A
1.- OS PRIMEIROS (Gustavo e Noe)
2.- LICOR CAFÉ (Tania e Carlos Díaz)
3.- AS NENAS (Mary e Ángeles)
4.- OS PENÚLTIMOS (Jorge Díaz e Óscar Sabarís)
5.- CHÁMALLE X (Sara e Gabriel)
GRUPO A
OS PRIMEIROS – LICOR CAFÉ: (5-3, 5-3)
AS NENAS – OS PENÚLTIMOS: (4-5, 1-5)
CHÁMALLE X – OS PRIMEIROS (5-2, 5-4)
LICOR CAFÉ – AS NENAS (5-2, 3-5, 5-2)
OS PENÚLTIMOS – CHÁMALLE X (5-4, 1-5, 1-5)
OS PRIMEIROS – AS NENAS (5-4, 5-4)
LICOR CAFÉ – OS PENÚLTIMOS (1-5,5-3,1-5)
AS NENAS – CHÁMALLE X (5-3, 2-5, 3-5)
OS PRIMEIROS – OS PENÚLTIMOS (3-5, 0-5)
LICOR CAFÉ – CHÁMALLE X (1-5, 2-5)
GRUPO B
6- DI MARCOS (Marcos e Diego M.A.)
7- OS PITUFOS (Andrés e Yeya)
8- JUANITOS (Miguel e Diego A.)
9- UNO CUALQUIERA (Julio e Gerard)
10- OS CUÑADOS (Diego P. e Rebeca)
GRUPO B
DI MARCOS – OS PITUFOS (0-5, 3-5)
JUANITOS – UNO CUALQUIERA (3-5, 5-0, 2-5)
DI MARCOS – OS CUÑADOS (5-1, 5-3)
OS PITUFOS – JUANITOS (5-2, 4-5, 5-4)
UNO CUALQUIERA – OS CUÑADOS (5-3,1-5,5-4)
DI MARCOS – JUANITOS (4-5, 4-5)
OS PITUFOS – UNO CUALQUIERA (5-3,5-2)
JUANITOS – OS CUÑADOS (5-1, 5-3)
DI MARCOS – UNO CUALQUIERA (5-0, 5-3)
OS PITUFOS – OS CUÑADOS (5-0, 5-3)
GRUPO C
11- SANTIYOR (Jorge S. e Santi)
12- CHANCHULLO (Carlos A. e Juan)
13- FURABOLAS (Diego D. e Quesi)
14- A POR ELES (Santi C. e Maite)
15- OS CÉLTICOS (Diego M.C. e Pablo)
GRUPO C
SANTIYOR – CHANCHULLO (1-5, 2-5)
FURABOLAS – A POR ELES (3-5, 5-4, 5-3)
SANTIYOR – OS CÉLTICOS (3-5, 4-5)
CHANCHULLO – FURABOLAS (2-5,5-2,5-3)
A POR ELES – OS CÉLTICOS (5-2, 2-5, 5-2)
SANTIYOR – FURABOLAS (3-5, 4-5)
CHANCHULLO – A POR ELES (5-4, 5-1)
FURABOLAS – OS CÉLTICOS (3-5, 5-2, 3-5)
SANTIYOR – A POR ELES (5-4, 5-3)
CHANCHULLO – OS CÉLTICOS (5-3, 5-4)
GRUPO D
16- PESQUEIRA (Ángel e Eva)
17- AL CONTRAATAQUE (Adri e Patricia)
18- FUME DE CAROZO (Saúl e Carlos P.)
19- TROYA (Ignacio e Zaira)
GRUPO D
PESQUEIRA- AL CONTRAATAQUE (5-4, 5-4)
FUME DE CAROZO- TROYA (1-5, 5-3, 3-5)
PESQUEIRA – FUME DE CAROZO (5-1, 5-2)
AL CONTRAATAQUE – TROYA (3-5, 5-2, 1-5)
PESQUEIRA – TROYA (5-0, 5-3)
AL CONTRAATAQUE – FUME DE CAROZO (5-2, 1-5, 5-2)
OITAVOS DE FINAL
CHÁMALLE X- UNO CUALQUIERA (3-5, 5-3, 5-4)
OS PENÚLTIMOS- DI MARCOS (2-5, 2-5)
CHANCHULLO- FUME DE CAROZO (5-0, 5-3)
FURABOLAS- AL CONTRAATAQUE (5-3, 5-3)
TROYA- OS CÉLTICOS (0-5, 5-3, 4-5)
PESQUEIRA- A POR ELES (4-5, 5-1, 5-4)
JUANITOS- OS PRIMEIROS (5-0, 5-1)
OS PITUFOS- LICOR CAFÉ (3-5, 5-0, 5-1)
CUARTOS DE FINAL
CHÁMALLE X – CHANCHULLO (1-5, 1-5, 1-5)
DI MARCOS – FURABOLAS (3-5, 0-5, 1-5)
OS CÉLTICOS – JUANITOS (3-5, 4-5, 2-5)
PESQUEIRA – OS PITUFOS (2-5, 4-5, 1-5)
SEMIFINAIS
CHANCHULLO – JUANITOS (5-4, 1-5, 5-0, 2-5, 1-5, 4-5, 5-4, 4-5)
FURABOLAS – OS PITUFOS ( 5-2, 2-5, 5-4, 4-5, 4-5, 5-3, 3-5, 5-4, 5-2)
3º E 4º POSTO
CHANCHULLO - OS PITUFOS (5-2,4-5,5-3,5-3,5-4)
FINAL
JUANITOS- FURABOLAS
(2-5, 5-1, 5-0, 5-3, 5-2, 5-0)
CLASIFICACIÓN FINAL
I OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012
BAR TROYA
1º.- JUANITOS (Miguel Rodríguez e Diego Álvarez)
2º.- FURABOLAS (Diego Domínguez e José Ángel “Quesi”)
3º.- CHANCHULLO (Carlos Álvarez e Juan Martínez)
4º.- OS PITUFOS (Andrés Martínez e Yeya Casal)
5º.- DI MARCOS (Diego M. Alonso e Marcos Álvarez)
6º.- CHÁMALLE X (Sara Silva e Gabriel Pérez)
7º.- PESQUEIRA (Eva Fernández e Ángel Martínez)
8º.- OS CÉLTICOS (Diego M. Castro e Pablo Álvarez)
9º.- UNO CUALQUIERA (Julio Núñez e Gerardo González)
10º.- A POR ELES (Maite Martínez e Santi Castro)
11º.- TROYA (Zaira Solla e Ignacio Moure)
12º.- LICOR CAFÉ (Tania Rodríguez e Carlos Díaz)
13º.- AL CONTRAATAQUE (Patricia Fernández e Adrián Maquieira)
14º.- OS PENÚLTIMOS (Jorge Díaz e Óscar Sabarís)
15º.- FUME DE CAROZO (Saúl Martínez e Carlos Pérez)
16º.- OS PRIMEIROS (Noelia Álvarez e Gustavo Jurado)
17º.- AS NENAS (Ángeles Alonso e Mary Domínguez)
18º.- SANTIYOR (Santi González e Jorge Silva)
19º.- OS CUÑADOS (Rebeca Rodríguez e Diego Pérez)
Publicado por
Infogauda
ás
22:44
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
3 de xan. de 2012
O ROSAL
Juan Ramón Martínez Barbosa / O RosalComo novidade neste I OPEN-ABERTO, e para que sexa máis atractivo, AS PARELLAS formaranse por SORTEO entre todos os/as PARTICIPANTES que desexen xogar...
Inscrición individual e simbólica: ¡¡Só 3 € e con futbolín gratuíto!! (Os premios dependerán do número total de inscritos*).
Modalidade: PARADO.
¡¡Pásao ben co teu deporte-xogo favorito. Confirma xa a túa asistencia deixando nome e apelidos no Bar Troya ou ben comunicándoo neste evento ou no noso perfil de facebook!!
¿Quen será o teu compañeiro/a? ¡¡APÚNTATE!!
*¡¡Por suposto, todos os/as participantes neste I ABERTO DE FUTBOLÍN 2012 levarán agasallos dos Reis Magos e recordos conmemorativos do evento!!
Máis información no teléfono 637 311 007
Publicado por
Infogauda
ás
15:15
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
17 de dec. de 2011
O ROSAL

Infogauda / O Rosal
Publicado por
Infogauda
ás
23:03
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
12 de dec. de 2011
O ROSAL
Ruth e Mary, vencedoras do II Campionato Feminino Noticias O Rosal, acadaron o 5º posto no XV Campionato Nacional de FutbolínLembramos que participaron invitadas neste novo Campionato de España, as tres primeiras parellas clasificadas no II Campionato Feminino de Futbolín Noticias O Rosal 2011: HAI CHAPA (Mary Domínguez e Ruth Martínez, 5º posto), AS DIVINAS (Conchi Barbosa Vanesa Sánchez, 13º) e BAR FLORO (Maite Martínez e Noelia Álvarez, 15º).
Previa inscrición, xogaron este torneo a nivel nacional, na modalidade "parado" os equipos ANXO-DELIO (Ángel Martínez e Rubén Santos, 12º), OS NENOS (Braulio Álvarez e Sergio Rodríguez, 16º), BAR TROYA (Sergio Casal e Juan Martínez, 18º) e PORTECELO (Carlos Álvarez e Marcos Casal, 38º na F-1, tamén en "movemento", 19º).
E o sábado, no "Mixto-F2” os equipos ÁNGEL-ANABEL (Anabel Magariños e Ángel Martínez, 6º), MARVAN (Marcos Casal e Vanesa Rodríguez, 7º), PORTECELO 2 (Marisa Pérez e Carlos Álvarez, 8º) e HAI CHAPA NENOS (Mary Domínguez e Braulio Álvarez, 9º).
O resultado máis destacado da expedición baixomiñota foi o 5º posto conseguido por Ruth e Mary, vencedoras do II Campionato Feminino Noticias O Rosal, que a pesar de xogar na modalidade de movemento (sen parar a bola na dianteira) case chegan ás semifinais, sendo eliminadas polas Campionas de España absolutas, Alba Quiroga e Paula Carreiro, que novamente repetiron triunfo.
Temos que destacar e agradecer dende a Asociación Os Cabaqueiros o compañeirismo e o bo ambiente amosado polos nosos veciños/as e polos centos de equipos participantes, así como deixar constancia do altísimo nivel de xogo existente neste XV Campionato de España de Futbolín. A nosa noraboa.
Publicado por
Infogauda
ás
22:24
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
5 de dec. de 2011
O ROSAL
OS CAMPELOS VOLTAN AS ANDADAS POLO NADAL
Infogauda / O Rosal
Publicado por
Infogauda
ás
23:24
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
15 de nov. de 2011
O ROSAL
Segundo sinalou o voceiro municipal nacionalista, Alberte Alonso Pereira, o alcalde ten coñecemento destas obras e sabe que non teñen licenza, pois “é o goberno municipal que el preside quen ten que outorgalas, máis esta facendo a vista gorda”.
Alonso Pereira indica que o alcalde está aplicando dúas varas de medir, “unha para as empresas grandes, que inician as obras sen licenza e outra para os veciños, que lle esixe as preceptivas licenzas con todos os requisitos legais antes de iniciar as obras, que é como debe ser para todo o mundo”, afirma.
Así mesmo, os nacionalistas informan que a empresa presentou no concello catro proxectos para realizar estes soterramentos. Pero a día de hoxe carecen da oportuna licenza municipal, polo que non se poderían ter iniciado e no seu caso, o alcalde debería telos paralizados.
Un ddeles está fronte o campo de fútbol da Mata, e situado nunha zona con moita pendente que na súa zona máis baixa, linda cun camiño e cunha casa. O BNG pregúntase quen asumiría a responsabilidade de posíbeis danos, se coas chuvias caídas estes días, se producise un corremento de terras: A empresa, por realizar as obras sen licenza ou o concello por permitilas?.
O BNG espera que o alcalde actúe con celeridade e restableza a legalidade vixente, outorgando, se procede, a licenza preceptiva e solicitándolle todos os requisitos legais como a calquera veciño.
Publicado por
Infogauda
ás
00:08
0
comentarios
((•)) Escucha este post
Etiquetas: O ROSAL
