4 de maio de 2010

O ROSAL

A DEPUTACIÓN ASINOU HOXE O CONVENIO CO CONCELLO DO ROSAL PARA O NOVO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL NA MATA


Informa (fotografías e texto): Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal

Este martes 4 de maio tivo lugar no Rosal a sinatura de convenio da Deputación de Pontevedra e o Concello para a construción dun campo de fútbol de herba sintética en A Mata.
Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación de Pontevedra e Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal, asinaron en dependencias municipais o convenio, na presenza, entre outros, do vicepresidente provincial, José Manuel Figueroa e as concelleiras Charo Tabales Perozo e Mª Carmen Alonso, de Cultura e Servicios Sociais, respectivamente.

Despois deste acto protocolario, as autoridades, na compaña de diversos técnicos e de membros da directiva da U.D. Ribera, visitaron o campo onde se acometerán as obras. O custe desta nova instalación deportiva alcanzará os 500.000 euros, dos cales 144.000 serán aportados pola entidade municipal e o resto, 356.000 euros, pola Deputación.
Este novo campo no Rosal, que vén a sumarse aos preto de 50 xa construídos polo organismo provincial, ten a finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base e pretende mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia na procura dun mellor servizo aos cidadáns, xa que este tipo de superficie deportiva permite un maior uso e aproveitamento, así como un menor custe no mantemento.
As obras no campo de A Mata, en O Rosal, suporán a instalación dun xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirola de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. O Concello de O Rosal obrígase, neste convenio asinado, a obter os permisos necesarios e a realizar as obras complementarias de accesos, vestiarios, etc..

Ningún comentario:

Publicar un comentario