Amosando publicacións coa etiqueta TRIBUNA ABERTA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRIBUNA ABERTA. Amosar todas as publicacións

29 de mar. de 2012

TUI

UNHA PETICIÓN RAZONADA


Yoli Ví / Tui

ROGO Ó CONCELLO DE TUI QUE EN SINAL REAL DO APOIO MOSTRADO POR UNANIMIDADE NO PLENO DE ONTE OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES: CANCELE DE INMEDIATO AS SÚAS CONTAS EN ROBAAVARICIA BANCO. (Obras son amores....).

Podedes facer o mesmo nos vosos respectivos concellos.

Convídovos o martes día tres de abril a unha pitada en sinal de apoio as once diante da sucursal.

26 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO CONVOCA OS CLIENTES DE TÓDALAS ENTIDADES QUE COMERCIALIZARON PRODUCTOS FINANCIEIROS TÓXICOS

- O vindeiro venres día 30 de marzo, ás 20:00 h., no local de ANABAM - Rúa Calvario, nº 44 - baixo (A Guarda) - terá lugar unha reunión

Sabemos que hai moitos afectados doutras entidades bancarias que non son de NOVAGALICIA BANCO, por iso, dende o GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO, convocamos aos afectados aos que LA CAIXA -e outras entidades que non sexan de NOVAGALICIA BANCO- lles colou FRAUDULENTAMENTE participacións preferentes, a unha reunión que terá lugar no local de ANABAM, este VENRES, día 30, ás 8 da tarde. As persoas interesadas poden contactar con nós no correo fraudeparpre@gmail.com

A Guarda, a 26 marzo de 2012

GRUPO DE AFECTADOS DPO LAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES-BAIXO MIÑO

21 de mar. de 2012

BAIXO MIÑO





20 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO INFORMA QUE NO PLENO EXTRAORDINARIO DESTE MARTES, 20 DE MARZO, TRATARASE SOBOR DO DESFALCO BANCARIO DAS PARTICIPACIONS PREFERENTES

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO, informa a tódolos afectados que este martes, día 20 de marzo, ás 8,30 da mañá, o Concello da Guarda convoca un PLENO EXTRAORDINARIO para tratar o asunto da estafa das preferentes por parte de diversas entidades bancarias. Segundo as nosas estimacións, na Guarda os afectados das preferentes rebasan, con moito, os 200 afectados, a maioría deles en Novagalicia Banco, pero hainos tamén doutras entidades, como La Caixa.

Este pleno convócase pouco máis dunha semana despois de que este GRUPO DE AFECTADOS presentara sendas solicitudes de convocatoria de pleno extraordinario en tódolos concellos do Baixo Miño. Dado o grande número de afectados que hai neste concello, esperamos que, a pesares da hora a que está convocado o pleno, acuda o maior número de persoas posible.

(Remitido)

18 de mar. de 2012

ESPAÑA


14 de mar. de 2012

A GUARDA

HOXE MÉRCORES, ÁS 9:30 H. CONCENTRACIÓN DE AFECTADOS DIANTE DA OFICIÑA DE NOVAGALICIABANCO

Hoxe, mércores, ás 9.30 horas, está prevista unha concentración diante de Caixanova da Guarda. Volvemos a reiterar que os afectados deben unirse e protestar, deixar constancia que foron enganados pola banca. Da forza que fagan, das protestas e mobilizacións que haxa, vai depender que isto se arranxe ou siga todo como ata o de agora. Protestar é facer ruído, levar silbatos, bucinas, etc.

Para mañá xoves, día 15, concentracion diante de Caixanova de Garcia Barbón en Vigo as 17,00. Sairá un autobús da Praza do Calvario, no Rosal ás 15,30 horas.

Estamos á espera de que os concellos do Baixo Miño celebren un pleno extraordinario para apoiar e defender aos afectados. No Rosal xa se levou a cabo e de momento xa están a tomar algunhas medidas, como a dun rexistro de afectados.

(Remitido)

28 de feb. de 2012

O ROSAL

AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES CONCENTRÁRONSE DIANTE DA SUCURSAL DE NOVACAIXAGALICIA

Concentración de persoas afectadas diante da oficina de Novacaixagalicia, de O Rosal
Ás 9,30 do martes, día 28, tal e como estaba previsto, iniciouse a concentración dos afectados das Participacións Preferentes, fronte á sucursal de Caixanova no Rosal, pouco máis dunha ducia de persoas. A medida que transcorrían os minutos, o número de persoas foi aumentando e ás 10,15 horas xa eran preto de medio cento os concentrados. Asubíos, bucinas e pancartas de protesta, pedindo a devolución dos cartos e dando conta do engano feito por Caixanova, acompañaron esta concentración. Este é, coma denominou alguén, o primeiro asalto duns aforradores enganados pola banca, banca que da altos soldos e xubilacións millonarias aos seus directivos, mentres que os aforradores quedan sen os seus cartos.

Preto de medio cento de persoas de tódalas edades, concentráronse para recramar que lles devolvan os seus cartos

Non ten explicación que o Banco de España permitira o “negocio sucio”. Así que os que piden o que é seu, e que lles retén o banco, lles sexa devolto. Foi, como dixemos, o primeiro asalto, pero quedan máis. O segundo terá lugar o vindeiro sábado, en Vigo, onde haberá unha manifestación na que deberan estar todos os enganados. Dende O Rosal está previsto que saia un autobús. As persoas que desexen utilizalo, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico: afectadoscaixanovarosal@gmail.com. Animamos a todos os afectados a que se sumen á dita manifestación, porque ninguén vai resolver o fraude das participacións preferentes se non son os propios implicados.

26 de feb. de 2012

OPINIÓN

APOIO A INFOGAUDA


Fai un ano algúns asalariados con cartos públicos no Baixo Minho denunciaron a un medio de información dixital, por facer a labor de informar o que acontece na Bisbarra Minhota, dende Follaco Daorde saímos modestamente en defensa e solidaridade de INFOGAUDA, da liberdade de expresión e queremos manifestar que o Presidente do concello de A Guarda, seu equipo de goberno non defende os intereses do pobo guardés, se tenhen criticas é das xestións mal feitas.

¿Cando cumpriran ca Lei? Sistemáticamente violan a Lei, as decisións xudiciais non as cumpren, defenden ilegalidades, non pagan os custes xudiciais, as temos que pagar todos, etc....

A cidadanía di que os erros políticos tenhen que ser asumidos polos políticos de turno e que os delitos políticos non tenhen que prescribir.

Ánimo INFOGAUDA que cumpras moitos mais anos de información.

DAORDE.

EDITORIAL

HOXE FAI UN ANO: A INEFICIENCIA CONTINÚA

O día 26 de febreiro de 2011 e unha data que non se nos esquecerá na vida. Como moitos dos lectores de Infogauda se lembrarán - xa que da “fazaña” demos cumplida información nese xornal dixital -, dous cidadáns con responsabilidades públicas – para que non se diga que non somos respectuosos co próximo -, o parecer molestos con parte do contido publicado nese modesto medio de comunicación, libre, plural, aberto a tódalas opinións e sensibilidades, sen nengún tipo de condicionantes - agás as inevitables de tipo técnico, alleas a nosa vontade, ou as de forza maior, por imperativos de saúde - ; tiveron a desafortunada “valentía” de dar instruccions a un despacho de avogados, para tentar cortarlle ás as a persoa que administra o xornal dixital Infogauda. Fixéronno con premeditación, vía burofax con certificación de acuse de recibo, sen ter siquera a dignidade de dirixirse previamente o destinatario da súa misiva para tentar crarexar o que fose preciso. Se huberan tido a gallardía de haberse dirixido a nós de bo talante – caso de que o teñan, que o dubidamos -, sen recorrer a un despacho de avogados, teríanse evitado quedar en ridídulo, como quedaron os dous persoaxes, diante da opinión pública. A determiñación que adoitaron os devanditos cidadáns non somentes acadou o rexeitamento de moitas persoas de A Guarda e da súa contorna, senón de outros lugares da xeografía peninsular.

Cando transcorreu un ano desde aquel 26 de febreiro de 2011, sentímonos no deber de agradecer novamente, tódalas mostras de apoio que recibimos, tanto da cidadanía como de colegas de varios medios de comunicación. Tamén houbos silencios, e respectámolos. Fai tempo que sabemos quen está connosco e quen non. Non podemos – nin o pretendemos – agradar a todo o mundo. Infogauda é un medio plural, o cal non quer decir que se alguén – como os devanditos cidadáns que requeriron os servizos de un despacho de avogados, que foi de onde procedeu o devandito burofax – nos da nunha meixela, lle imos amosar a outra. Van moi equivocados!

Un ano despois dese “saúdo” recibido a traverso do aludido despacho de avogados que ten como cliente – entre outros – o Concello de A Guarda; estamos máis decididos que nunca a informar de todo e para todos, na medida en que nos sexa humanamente posible. Contando sempre coas impagables colabouras de varias persoas que o igoal que o administrador de Infogauda, fánno de xeito totalmente desinteresado e voluntario.

Sen nengún tipo de resentimento, e o mesmo tempo sen esquecer o que nos demostraron pretender os dous aludidos cidadáns, queremos decirlles a éstes que cando se está desempeñando un cárrego público nunha institución ou se desenvolven tarefas profisionais para a Administración, hai que saber encaixar as opinións que outros poidan ter.

Nunha sociedade democrática – estámolo vendo cada día – ninguén se escaquea da crítica, xa sexa en artigos de opinión, a traverso de viñetas, guiñois, etc.. Os dous cidadáns que deron instruccións a un despacho de avogados non deberan haber esquecido que eles non ían ser unha excepción. E decímoslles algo máis: O problema non é o que Infogauda poida publicar. O quid da cuestión está na bisoñez e na incompetencia de algúns, que en máis dunha ocasión semellan ter amnesia nas súas obrigas. Cando rematen súas respectivas responsabilidades públicas, veremos cal será a “herencia” que algúns lle deixarán o pobo de A Guarda. Iso é o que debera preocuparlles.

A cidadanía merece contar con representantes públicos e profisionais de demostrada capacidade, que desenvolvan súas labouras con acreditado celo e rigor, axustándose escrupulosamente a vixente lexislación e normativa aplicable, e dese xeito eviten no posible, a crecente xudicialización en ámetos moi concretos, cuios nefastos resultados – en parte xa consumados - non fai falla relembrar e que figuran na lembranza dos afectados e demais veciños, e por suposto nas hemerotecas.

Desde fai varios anos – como xa está demostrado – o pobo de A Guarda estáse vendo notoriamente perxudicado pola presunta ineficiencia de algúns. Iso é, en opinión de Infogauda, o verdadeiramente preocupante, ainda que para tentar desvia-la atención da opìnión pública algúns na súa incapacidade para resolver as cousas a traverso do diálogo, recorran a un despacho de avogados.

INFOGAUDA


Novas relacionadas

23 de feb. de 2012

A GUARDA

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES NO BAIXO MIÑO CONVOCA A UNHA REUNIÓN

- Será este venres, 24 de febreiro, ás 8 da tarde, no Centro Cultural de A Guarda


O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES NO BAIXO MIÑO, convoca a tódalas persoas que foron enganadas por la estafa das participacións preferentes a unha reunión que terá lugar no CENTRO CULTURAL de A Guarda, este venres día 24 de febreiro, ás 8 da tarde para ver que medidas de presión podemos tomar. Asistirá tamén ADICAE (Asociacións de usuarios de Bancos e Caixas), que nos informarán dos pasos a dar, da posibilidade de interpoñer unha demanda colectiva, etc, tratarán, ademais, de responder ás dúbidas que haxa por parte dos afectados, por iso, é importante asistir a esta xuntanza. Só os afectados poderán defender e reclamar o que é deles e para iso é necesario medidas de presión contra esta gran macroestafa da banca.

Nova relacionada

(Remitido)

21 de feb. de 2012

A GUARDA

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES NO BAIXO MIÑO CONVOCA A UNHA REUNIÓN

- Será o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 8 da tarde, no Centro Cultural de A Guarda

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES NO BAIXO MIÑO, convoca a tódalas persoas que foron enganadas por la estafa das participacións preferentes a unha reunión que terá lugar no CENTRO CULTURAL de A Guarda, o venres día 24 de febreiro, ás 8 da tarde para ver que medidas de presión podemos tomar. Asistirá tamén ADICAE (Asociacións de usuarios de Bancos e Caixas), que nos informarán dos pasos a dar, da posibilidade de interpoñer unha demanda colectiva, etc, tratarán, ademais, de responder ás dúbidas que haxa por parte dos afectados, por iso, é importante asistir a esta xuntanza. Só os afectados poderán defender e reclamar o que é deles e para iso é necesario medidas de presión contra esta gran macroestafa da banca.

Nova relacionada

(Remitido)

17 de feb. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DOS RISCOS EXISTENTES PRETO DO PIRÚN POLA FALLA DA TAPA DUNHA ARQUETA

Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda
En diversas ocasións e dende fai bastante tempo, veciños da zona do Pirún, veñen manifestando os riscos existentes naquel víal a causa da carencia dunha tapa/arqueta que dé seguridade.
Cada pouco tempo, teñen que estar arranxando a madeiras e coidando que ningún vehículo se aproxime a esa parede diante do risco de que cedan as tablas e poida quedar metido nesa Caixa, que máis parez unha trampa caza-rodas, sen esquecer o perigo que supón para os rapaces que por alí pasan.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois o que está a vista non precisa moita explicación.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar as imaxes da realidade da rúa A Cal próxima a intersección ca Estrada de Circunvalación, para que a maior brevedade posible se den ás ordes oportunas o persoal e se proceda o arranxa deste problema.

12 de feb. de 2012

BAIXO MIÑO

ESTÁSE XESTIONANDO NA COMARCA UNHA PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO FRAUDE DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

Un grupo de afectados está xestionando a creación dunha plataforma de afectados no Baixo Miño polo fraude das participacións preferentes. Como se sabe, os responsables dalgúns Bancos e Caixas desta comarca, ao igual que o fixeron noutros pobos e cidades, aproveitándose da confianza que tiñan os clientes, ofrecéronlle un produto enganoso que non era o que estas persoas querían. Os produtos son as denominadas participacións preferentes, para o cal os responsables bancarios non dubidaron en sinalar que non tiñan risco ningún; que poderían ser retirados cando o cliente o estimase oportuno; etc, etc. Resulta que as participacións son perpetuas, e polo tanto coa posibilidade de que o aforrador quede definitivamente sen eses cartos. No momento actual, os aforradores non poden retirar os cartos depositados. Resulta que a artimaña utilizada en diferentes sucursais bancarias é a mesma que se utilizou practicamente en tódolos puntos do estado, polo que, moi probablemente, todos traballaban coa mesma consigna o coas mesmas intencións: captar os cartos dos clientes a base de engano.

Aquelas persoas afectadas que desexen sumarse a este grupo de afectados, poden poñerse contactar con nós a través do correo electrónico:

fraudeparpre@gmail.com, tamén no teléfono 616 180 557 ou no facebook, neste último iremos poñendo as novidades que xurdan e diversa información, mesmo o nome das persoas que levaron a cabo o engano.

Os pasos que se seguirán posteriormente será manter unha xuntanza e estudar as accións a seguir. Tamén nos poremos en contacto con outros grupos de afectados doutras zonas.

A Guarda, a 12 de febreiro de 2012

GRUPO DE AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES - BAIXO MIÑO

(Remitido)

A GUARDA

UNHA PÁXINA WEB DESINFORMA SOBOR DAS PRAIAS DE A GUARDA

- O grupo chamado de goberno semella darlle igoal

Vista parcial da Praia de O Forte, tamén coñecida como Praia do Muiño, en Camposancos (A Guarda)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

Unha páxina web desinforma sobor das praias de A Guarda. Unha vez máis todo semella indicar que por parte dos representantes públicos con responsabilidades de goberno no Concello de A Guarda non fixeron o que corresponde neste tipo de casos. Sobor de todo cando, ainda que podamos pensar que as inexactitudes que se reflicten na páxina en cuestión, non son producto de "erros voluntarios", senón todo o contrario. Pero iso non debera ser obstáculo para que desde á Concellería de Turismo - léase adicación parcial coa correspondente retribución económica a cárrego dos contribuintes - se den os pasos para que se subsanen tódolos erros existentes na aludida páxina web, que non contribúen precisamente - alomenos así o consideramos en Infogauda - a facilitar unha información útil para os visitantes de A Guarda.
¿Cómo se pode aturar que a imaxe que figura debaixo do texto Playa Area Grande (sic) corresponda ás inmediacións de Laxe de Can e as antigas cetáreas alí existentes?
Algo semellante poderíamos decir sobor da Playa Carreiro (sic), e a devandita páxina web para "informar" os visitantes da mesma, inserta unha fotografía onde se pode apreciar unha vista aérea na que se aprecia do entorno da zoa coñecida como Muiño de Baixo.
Outra das "perlas" que figuran nesa páxina web é a denominación - Playa Codesal - (sic) que lle dan a un tramo das praias fluviais de Camposancos. Pero a desinformación chega o colmo cando para referirse a Playa Fedorento (sic) insertan unha fotografía - tomada de Google, o igoal que as demais - que non logramos atopar semellanza algunha coa realidade física da zoa.
Se continuamos ollando a referida páxina web ollamos que baixo a denominación de Playa O Muiño (sic) insertan unha fotografía da Praia Area Grande.
No referente as bandeiras azuis, a páxina web púxoas onde presuntamente lle petou o administrador desa páxina.
E non imos continuar subliñando máis detalles erróneos porque coidamos que xa chega abondo.
Para rematar unha pregunta a quen corresponda:
Ten previsto o grupo municipal maioritario, e con responsabilidades de goberno no Concello de A Guarda, adoitar algunha medida para tentar que se corrixan canto antes esas e outras informacións inexactas?

11 de feb. de 2012

OPINIÓN

MIRADA PARA O AR

José Antonio González Morais


Sobre a sentencia a Contador paréceme xusta. Sobre a mofa dos deportistas espanhois tamén me parece ben, o que me parece mal son as actuacións irresponsables e vista gorda das Federacións, Secretaria Xeral do Deporte e ministro de turno.

A propaganda en TV sobre “deporte limpo” é un paripé.

Tódolos deportistas de alto nivel toman “axuda farmacolóxica”, uns mais que outros, e lembro que milagres non existen, un burro non corre mais que un cabalo, se isto pasa é “excelente” temos un campión.

En Espanha se mellorou moito por ter os centros deportivos de alto rendemento, dotados de equipos tecnolóxicos, médicos científicos, adestradores excelentes, axudas do plan ADO, médicos científicos independentes etc..

Todos deportistas saben que dende a antiga Grecia ata hoxe os deportistas se dopaban e na actualidade xa temos axuda farmacolóxica molecular, e de momento so está para os deportistas privilexiados.

“Moitos” ciclistas que ganharon o Tour de France estaban dopados (Franceses, americanos, italianos, espanhois, suízos, etc...), e todos lembramos cando Delgado ganhou a volta a Francia e querían sancionalo, o produto que tomaba non estaba na lista prohibida, e por decisión política de Navarro...etc, todo quedou en nada.

Outro exemplo é cando unha atleta dixo que para entrar en unha final de 100 m etc..., había que estar medicada, esta afirmación a fixo, cando non pasaba das semifinais, uns anos mais tarde ganhaba medallas.

Outro exemplo recente é vergonhento é Marta Domínguez, Manual Pascua, etc..., uns foron sancionados pero a rubia do PP que repartía “bolsas de líquido...” quedou impune porque as gravacións de teléfono non valen como proba ante a xustiza.

Se un fai unha pintada nun muro, existen produtos para limpar, pero algunhas veces deixan rastros, entón temos que “chupala.com”.

Aposto polos controis sorpresa en sangre para tódolos deportistas, e teríanse que facer tódolos domingos despois dos partidos de liga de fútbol, etc..., teríamos moitas sorpresas.

A resposta dos cazados é a de sempre, foi o café portugués, a carne de cocho, o penso do can etc...

A prensa defende aos deportistas, paréceme ben, realícese un traballo de investigación. ¿Quen controla os centros de alto rendemento? ¿Quen controla as federacións? ¿Operación Puerto no caixón? ¿O material dopante de que lanoratorio sale? Lexislación desfasada etc, a xustiza en este caso está paralizada,..., etc.

A defensa de políticos corruptos, prensa subvencionada, defenden a deportistas que están baixo sospeita por axuda farmacolóxica e moi chocante.

Veremos a contrarreforma de Ignacio Wert sobre a Lei antidopaxe.

Cada mes morre un deportista de alto nivel con menos de 65 anos.

Para rematar direi que se facemos analíticas aleatorias a cidadanía un 75% estaría dopada. E se a fixéramos a políticos en campanha electoral,etc..., o resultado sería alucinante.

Os deportistas de élite din "que médico tes".

OPINIÓN

A ASOCIACIÓN CULTURAL A VELHA NA HORTA AFIRMA QUE "EMPRESARIOS E DEREITA GUARDESA FANSE COAS FESTAS DO MONTE 2012"

A Velha na Horta

10 de feb. de 2012

OPINIÓN

ISTO É DEMOCRACIA

Onte Manuel Baltar iniciou o seu mandato como presidente da Deputación de Ourense, substituíndo ao seu pai Jose Luis Baltar, trala toma de posesión do pasado luns.

Esquerda Unida rexeita a herdanza caciquil ocorrida na Deputación de Ourense, como o propio Baltar pai declaraba “son cacique, pero dos bos”.

EU lembra que en democracia os cargos públicos non se poden elixir a dedo, como acaba de acontecer na Deputación de Ourense que continua co Baltarismo.

Así o novo presidente elixido a dedo, comprometeuse a “asumir el mimo ideario” do seu pai que levaba 22 anos gobernando a Deputación ourensá cunha xestión canto menos deficiente, facendo uso indebido do orzamento, e inflando o persoal da deputación ata chegares o absurdo de contar dita deputación con dezaseis porteiros para tres portas. Pola cal xa tiña que ser afastado da política fai moito tempo.

Non se poden permitir este tipo de actuacións e de malgasto de cartos públicos, máis aínda nos últimos anos co contexto de crise actual, onde a cidadanía vexe obrigada a padecer recortes en sanidade, educación ou servizos sociais.

Esquerda Unida considera esperpéntico que o PP lexitime a sucesión da presidencia dunha institución democrática de pai a fillo, actitude que atenta cotra o estado democrático de dereito. Algo que puido observarse na toma de posesión onde a sucesión foi arroupada pola dirección autonómica do PP.

8 de feb. de 2012

ESPAÑA


UNA MAREA VIOLETA CONTRA LOS RECORTES

Y POR LOS DERECHOS DE LAS MUJERES

Una marea violeta ocupará el próximo 10 de febrero las plazas de las ciudades de nuestro país.

Una marea de mujeres que denunciamos los recortes de las políticas de igualdad que se están llevando a cabo por parte del gobierno central y por muchos gobiernos autonómicos y municipales.

Unos recortes que no son nuevos y, que además, son efectuados sobre unos presupuestos que ya son ridículos y claramente insuficientes.

Recortes y ataques directos sobre las mujeres, que no vamos a permitir, porque suponen un ataque feroz a los derechos de las mujeres y al movimiento feminista, que a través de la lucha de miles de mujeres, ha logrado conquistar espacios y hacer realidad la consecución de recursos para las políticas de igualdad de género.

Saldremos a la calle, porque nuestro cuerpo es nuestro y nosotras decidimos. No vamos a retroceder. Si ya nos parecía insuficiente la anterior legislación, nos parece inaceptable la propuesta del nuevo gobierno. Esta y otras movilizaciones inundarán las calles, y la vamos a seguir inundando hasta garantizar que no va a continuar este atropello.

Por todo ello, desde el Área de la Mujer de Izquierda Unida nos sumamos al llamamiento de esta marea violeta, con nuestras propuestas, con nuestras inquietudes, con nuestras reivindicaciones; para denunciar que las políticas neoliberales, vengan de donde vengan, son incompatibles con un modelo de sociedad justo e igualitario, en el que mujeres y hombres tengan los mismos derechos, y sobre todo, las mismas oportunidades.

Entendemos esta marea violeta, y las movilizaciones en defensa de las políticas de igualdad, como un paso fundamental para poner en el centro el modelo de sociedad por el que apostamos desde la izquierda: construido colectivamente, desde la reflexión y la participación de todas las ciudadanas y todos los ciudadanos, que permita el cambio radical del sistema, y no reformas y derechos temporales, siempre bajo la amenaza del ciclo económico concreto.

La marea violeta inundará las calles, os animamos a participar, cada una con nuestras reivindicaciones, cada una con nuestras prioridades, pero unidas en una exigencia común:

¡ni un paso atrás!




A GUARDA


¿QUE PENSA FACER O CONCELLO PARA REDUCIR OS INDICES DE PARO NO NOSO CONCELLO?

Unha das funcións que ten un o grupo de goberno e buscar o benestar de todos os seus cidadáns, pois isto houbo de esquecerse, fago este comentario con motivo dos datos que sinalou un periodista nun medio dixital local, sobre a taxa de paro na nosa Comarca no mes de xaneiro, que acadou os 5990 parados, dos que unhas 1000 persoas son do concello da Guarda.

Isto é unha situación alarmante, onde dos 5.990 persoas que están inscritas nas oficinas de desempleo na comarca, 589 teñen menos de 25 anos.



Dende o Centro Democrático Liberal da Guarda facémonos a seguinte pregunta: ¿que medidas ten tomado o concello da Guarda para intentar minimizar o que isto leva consigo? ¿ten feito algún plan para reducir o número de parados?

Pois ben, dende o CDL – A Guarda facemos algunha suxestión:

Solicitar por parte da Xunta de Galicia a creación dunha escola de oficios ou dunha escola obradoiro. Esta opción era moi ben acollida polos usuario e polos cidadán, que ollaban como se viña

1. acicalando o noso pobo e arranxando varias lavadoiros como pode ser o de Santa Catalina ou o da Ribeira, preparación de xardíns como son os da Armona ecetera.

2. Elaboración por parte do concello dun plan de explotación turística onde se lle pediría colaboración tanto os empresarios, as diversas asociacións ou incluso a Turgalicia; consideramos que debemos de explotar mellor o premios EDEN (excelencia turística). Neste eido deben fomentar o turismo náutico, deportivo. Entre outros.

3. Mediante as comunidades de montes do concello contratación de diversas brigadas para limpeza e de contra incendios desta maneira teríamos outro empuxe económico como pode ser a creación de empresas de aproveitamento forestais e da biomasa.

4. Facilitar que as empresas veñan o noso concello axudándolle coa tramitación que seria feita polos funcionarios municipais ou incluso coa bonificación dalgunha taxa.

5. Solicitar por parte do ente publico que teña a Xunta de Galicia para a posta en funcionamento o Parque Empresarial do Concello da Guarda – Rosal o máis axiña posible.

6. A elaboración de plans para fomentar o traballo dos colectivos xuvenil, feminino e de discapacidade, que é de todos sabido que son os máis prexudicados.

Con estas medidas impulsaríase crecemento demográfico, o benestar do cidadán e o incremento económico non so do concello senón da comarca.

Xermán Cordero Verde

Presidente municipal do Centro Democrático Liberal da Guarda


A Guarda a 9 de Febreiro do 2012

7 de feb. de 2012

OPINIÓN

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

NIN FUSIÓN NIN CONTRARREFORMAS DE NCG BANCO

Pola imposición do Banco de Espanha ante o real decreto de recapitalización da Comisión Europea, vendéronnos a moto de que Novacaixagalicia Banco quedaría situada nos índices de solvencia mais elevados do (fracasado) sistema financeiro europeo.

Fai pouco temos NCG Banco dixo que aportará a seu banco un patrimonio neto consolidado de 1.714 millóns de €, e que recibirá inversións externas por un importe de 2.465 millóns de €, para acadar o 10.45 % de capital principal. O capital externo é de inversores privados e do FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria)

Contou cas autorizacións do Ministerio de Economía, Banco de Espanha e da Comisión Nacional de Mercados de Valores.

Dixeron que Novacaixagalicia mantén a natureza de caixa de aforros, con personalidade xurídica e súa condición de entidade de crédito.

Que seus activos están valorados en 344 millóns de €, incluídos 97 centros e infraestruturas socioculturais en Galicia. Todo isto ca bendición do Parlamento Galego.

Dende Esquerda Unida dicimos que esta apunto de explotar a débeda do fútbol español.

Ante a nova e inminente contrarreforma da banca en Espanha co aplauso da patronal bancaria AEB, que pretende Luis De Guindos,

dende Esquerda Unida Solicitamos:

Que NCG Banco no sexa de novo intervida, fusionada e nos imponhan outra contrarreforma financeira.

Que o concello de A Guarda se dirixa a Xunta de Galicia para que Feijó tome as medidas oportunas ante Rajoy.

A Guarda a 6 de febreiro 2012.

Asdo.: José Antonio González Morais.