«Cartografía da Raia»
• Unha exposición temporal que poderá visitarse do 15 ao 30 de outubro, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello da Guarda, organizan a exposición «Cartografía da Raia», que expoñerá os traballos de delimitación - mediante mouteiras - e de cartografía da fronteira ao longo do Miño.
A inauguración da exposición terá lugar o mércores 15 de outubro, ás 19:30 h, na planta baixa do edificio municipal, tamén coñecido como Casa dos Alonso.
Nesa mesma data, 15 de outubro, ás 20:00 horas, haberá unha conferencia titulada «Traballos de delimitación na Raia» que terá lugar na mesma localización. A conferencia será impartida polo tenente coronel do Exército de Terra, D. Jorge Abad García, destinado no Centro Xeográfico do Exército de Terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario