4 de maio de 2010

GALICIA

Xunta e partidos comprométense a traballar nun único escenario de fusión e a non trasladar obstáculos políticos desde hoxe


· O presidente da Xunta, na rolda de prensa ofrecida tras as reunións mantidas co secretario xeral do PSdeG e co portavoz nacional do BNG
Autora: Ana Varela
Infogauda / Galicia
O presidente galego resalta o compromiso das “forzas políticas” en contemplar só o “escenario de fusión como escenario único e posible para as dúas caixas galegas”.
“Hoxe os políticos de Galicia nos comprometemos a non dar folgos ao desacordo e nos mostramos unanimemente a favor de que haxa entendemento”, enfatiza.
Sinala que, unha vez “acreditada a solvencia da fusión” esta ten, agora, “o aval político”.
Lembra a necesidade de acadar “unha fusión equilibrada”, dando lugar “a unha caixa representativa de toda Galicia, dos 315 concellos galegos, das catro provincias, de todos os galegos e galegas”.
Destaca que “o temporal non debe frustrar o definitivo; e o temporal, como en todas as obras humanas, son as persoas, e o definitivo debe ser que Galicia teña unha caixa de aforros solvente”.
A fusión é rendible para os intereses de Galicia, ten un custe razoable que se axusta ao FROB, ten unhas consecuencias laborais medibles e controlables, e ten moito de beneficio para Galicia”, explica.
Ler máis.

Alberto Núñez Feijóo na reunión que mantivo co secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez

· Feijóo con Manuel Vázquez
Autora: Ana Varela

O titular da Xunta reuniuse esta mañá co secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse hoxe co portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez


· O presidente da Xunta, durante a reunión
Autora: Ana Varela

Feijóo reclama que a nova Política Pesqueira Común “tome en consideración a fortaleza e a calidade da produción galega, que supón arredor do 15% do total da Unión Europea”
Aposta por un “troco no modelo de control cara a un modelo de esforzo pesqueiro”, reformulando os “acordos de acceso a augas de terceiros países”.
Solicita o recoñecemento das “especificidades da extracción marisqueira galega”.
Avoga por facer do mercado europeo da pesca “un mercado único e aberto á competencia para todos os países produtores”.
“Para resolver o exceso de capacidade das flotas é necesario un fondo específico para o despezamento, pero con normas de igual aplicación en todos os Estados membros”, explica.
Resalta a necesidade de traballar conxuntamente para que se dean as condicións de seguridade operativa e xurídica no Índico Oriental.

A Xunta potenciará o papel da APLU como garantía do cumprimento da disciplina urbanística e elemento disuasorio contra os delitos urbanísticos

· Agustín Hernández clausurou a xornada sobre a reforma da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, organizada pola EGAP
Autor: Xoán Crespo
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas clausurou esta tarde a xornada sobre a reforma da lei de ordenación urbanística de Galicia.
Ler máis.

A Xunta abre por primeira vez a grupos informais de mozos e mozas novas liñas de axudas para financiar os seus proxectos

· Beatriz Mato e Ovidio Rodeiro
Autor: Xoán Crespo
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe a nova normativa que sairá publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia.
Entre as novidades da orde tamén destaca a posibilidade de adiantar aos mozos e mozas o 80 por cento da subvención concedida co obxectivo de que a falta de liquidez non sexa impedimento para desenvolver os seus proxectos.
O Goberno galego incrementou este ano a contía da orde nun 68,7% con respecto a 2009, o que supón destinar aos proxectos da mocidade 675.000 euros.
As iniciativas que presenten os mozos e mozas poderán financiarse cun importe máximo de 7.000 euros sempre que non supere o 80% do custe total do proxecto.
Ler máis.

Galicia rexistrou en abril unha baixada do paro rexistrado de 2.533 persoas, o que supón o 10 por cento do descenso total do estado


· A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, fixo balance do paro registrado no mes de abril
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, explicou hoxe en rolda de prensa que se trata da primeira baixada en oito meses.
A representante do departamento autonómico resaltou que o descenso en termos relativos foi do 1,07 por cento, fronte ao 0,58 por cento do Estado.
Díaz López sinalou que os sectores onde máis diminuíu o desemprego foron os servizos e a construciónTrátase da baixada máis acusada do paro nun mes de abril desde que comezou a crise en 2008.

Ningún comentario:

Publicar un comentario