6 de out. de 2025

SALCIDOS (A GUARDA)

A Festa Cultural e Gastronómica celebrada no Parque Forestal do monte Torroso resultou un éxito

 Foi organizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos e contou coa asistencia de persoas das tres parroquias do concello guardés


Momento da entrega de premios do Concurso de Escultura en Pedra
Fotos: Infogauda

Infogauda / Salcidos

 Organizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos, esta pasada fin de semana, celebrouse no Parque Forestal do Monte Torroso,  unha Festa Cultural  Gastronómica.

 O evento, que englobaba varias actividades,  comezou  a   primeira   hora  da mañá  do  sábado co Concurso de Escultura en Pedra, no cal participaron nove afamados escultores (José Manuel Perez, procedente de Xeve (Pontevedra); Marcos Escudero, de Mos; Fernando Fernández, de Tui; Juan Vázquez, de Tui;  Jacobo Liste, de Teo (A Coruña); Paulino Castiñeira, de Salceda de Caselas; Anxo Braña, de Gondomar; Rodrigo García, de Canido (Vigo) e Nicolás Rincón, de Reboreda (Redondela),  que fixeron as ledicias do público que en bo número, ao longo do dia foron seguindo o labor creativo dos participantes.  

   Hasta as 18:30 horas foron sacándolles as respectivas pezas de pedra - doada pola empresa Silverchan - o sobrante de cada unha delas, ata descubrir o que levaban dentro. Así,  desde  unha cabeza  de  león,  ata un barco á capa dun forte temporal; unha landra,  e  outras  figuras. Concluído o tempo de execución material das pezas, un xurado composto por Cuqui Piñeiro,  Chuny Vázquez, José Alfredo Pereira, Ricardo Rodríguez e José  Palacios,  foron observando as obras escultoricas, e despois dunha longa deliberacion, dada a calidade artística dos traballos realizados, anunciaron o veredicto dos tres primeros premios, quedando da seguinte maneira: 

 Primeiro premio, para  Juan Vázquez, por  "Velliña". 

 Segundo premio, para Marcos Escudero por "India". 

 Terceiro premio, para Jacobo Liste por "Rebeldia".


As tres obras premiadas do Concurso de Escultura en Pedra estiveron expostas ao público

 Os trofeos - realizados por persoas usuarias do centro San Xerome Emiliani - foron doados polo Concello de A Guarda, e entregados polo propio alcalde Roberto José Álvarez Carrero e o concelleiro de Obras, Isidro Lomba Lorenzo. Tamén hubo recordos para os demais participantes.  

 Amenizaron o evento o Gupo de gaitas Entre o mar e o rio; e o Grupo de pandereteiras  Airiños  de   San  Miguel. E a  noitiña,  o  Grupo de rock "Cazacus", que recibiron, todos eles, os aplausos do repectable.  

 O     publico asistente    tamén    gozou con  diversas  viandas (empanadas, chouripans, pizzas, etc.).  


Guadalupe Álvarez e Abel de Vicente en plena realización da súa obra de talla en madeira con motoserra

 

 O domingo  día 5 de outubro, Guadalupe Álvarez e Abel de Vicente, procedentes de Soria, e co patrocinio de Stihl e Talleres El Milagro, de Tomiño, fixeron unha talla con motoserra en tronco de piñeiro, e pouco a pouco durante todo o dia foron dando forma a unha muller con balde na cabeza, como levaban as nosas antergas pra ir a buscar auga a fonte, xa que non habia nas casas auga da traída como agora.  

 Unha vez mais o grupo Entre o mar e o rio foi brindando o mellor do seu repertorio, pra pór musica no acto.  


Un momento da actuación do Trío Luetto

 Pola tarde, despois do xantar, o Trío Luetto sorprendeu o numeroso público co seu escollido repertorio - con música tradicional, a cargo do gaiteiro e teclista, Eduardo Rodríguez Sobrino, do Pahiño (Buxán), e a cellista Laura Ramírez, de Tui - xunto coa marabillosa voz de Antonia Mª Santos Vaquero "Toñi", de O Rosal. 


O grupo folk "Deixandar", de O Rosal en plena actuación

 E así o respectable despois de deleitarse co saboroso Porco o espeto, (do que se despacharon mais de catrocentas racións), e tamén chouripans, empanadas etc., foi relaxándose ata o momento da seguinte actuacion do grupo folk "Deixandar", de O Rosal - formación que está a punto de cumplir 21 anos de actividade musical -, que por espazo de máis de 90 minutos interpretou diversas pezas instrumentais, compostas algunhas delas polo inesquecible José Luis Lorenzo Rodríguez, Isidro Pérez González e José Manuel González Peniza, respectivamente, ademais doutras de diferentes autores. Foi así como se puxo broche final ao programa da Festa Cultural e Gastronómica, dilixentemente organizada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos. 

 Hai que salientar que moitas persoas, procedentes das tres parroquias do concello de A Guarda, e mesmo doutras localidades da contorna (Oia, O Rosal, Tomiño,...) felicitaron aos organizadores, e emprazándoos para o vindeiro ano, a repetir, e se acaso, mellorar no posible, o evento que nesta edición xerou gratas sensacións entre as persoas que asistiron e participaron no mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario