Amosando publicacións coa etiqueta OURENSE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OURENSE. Amosar todas as publicacións

5 de xul. de 2011

OURENSE

REMATA UNHA LEXISLATURA E EMPEZA OUTRA






Infogauda / Ourense



O vindeiro venres, día 8 de xullo, ás 12:00 horas, a actual corporación provincial despedirase co seu derradeiro Pleno, onde aprobarán a acta das anteriores sesións.
Con este pleno de trámite péchase un mandato na Deputación provincial de Ourense, que dará paso a unha nova composición plenaria, que ten previsto a súa constitución (coa toma de posesión dos deputados e a elección de presidente) nunha sesión prevista para o día 11 de xullo, luns, ás 12:00 horas.


Ese día tomarán posesión os 2 deputados do BNG, os 8 do PS de G-PSOE e os 15 do Partido Popular.


1 de xul. de 2011

OURENSE

29 de xuño de 2011

OURENSE

27 de xuño de 2011

OURENSE

OURENSE

23 de xuño de 2011

OURENSE

21 de xuño de 2011

OURENSE

NOVA EDICIÓN DA FESTA DO PAN DE CEA



Infogauda / Ourense




O Centro Cultural da Deputacióna colleu o acto de presentación da XX edición da Festa do Pan de Cea, que este ano terá lugar o día 3 de xullo nesta coñecida vila ourensá.
A festa, declarada de interese turístico e organizada polo concello de Cea e pola asociación de panadeiros acollidos á indicación xeográfica protexida “Pan de Cea”, terá como pregoeiros a Patricia Vázquez e Tacho González, actores da serie “Padre Casares” (ás 13:00 horas).


Logo haberá actuación das Pandereteiras de Cea e de charangas, baile amenizado por unha orquestra e, pola tarde, degustación gratuita de pan de cea e chourizos ao viño con productos donados pola empresa de embutidos tradicionais “Castro Bello”.


Tamén haberá expositores das diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

9 de xuño de 2011

OURENSE

OURENSE

OURENSE



7 de xuño de 2011

OURENSE

OURENSE

OURENSE



2 de xuño de 2011

OURENSE

O OURENSÁN FRANCISCO MOVILLA, BRONCE NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BILLAR





O xogador do Club de Billar Ourense, Francisco Movilla, acaba de conquistar a medalla de bronce no Campionato de España de Snooker que se celebrou o pasado dia 28 de Mayo , en Madrid.


Déronse cita os 32 mellores xogadores do país nesta nova modalidade de billar que esta causando furor dentro e fora das nosas fronteiras.


Comenzou o torneo con victorias sobre os seus adversarios con resultados amplios, ainda que facendo un mal xogo, ata chegar a cuartos de final onde derrotou o representante de Navarra por 4-0 , para pasar a semifinales onde se viu as caras co catalán Francisco Rodriguez, que empezou cun gran xogo adiantandose no marcador por 3-0.


Neste intre, Movilla empeza a amosar o seu bo xogo e recupera un frame, 3-1 no marcador, o seguinte frame foi decisivo, xa que Movilla deixou escapar una gran oportunidade de acercarse no marcador, pero finalmente seria o catalán o que se fai con ese xogo, 4-1 en contra.A partir de ahí resurdiu o bo xogo de Movilla, recuperándose no marcador ata chegar o empate a 4, facendo o break mais alto do enfrentamento, para decidirse no ultimo punto quen pasaría a gran final.Neste último o catalán fixo un gran xogo non deixando que Movilla se achegase no marcador, e impóndose nun apretado marcador de 5-4. Asi o ourensan quedaba as portas de clasificarse para o Campionato de Europa de esta modalidade, pero facendo una gran actuación na sua primeira aparición nesta modalidade, o que presaxia grandes resultados nun futuro moi próximo.


Confírmase así o despegue do snooker galego, que con só un ano de competición nacional xa está nos postos mais altos do nivel nacional.


Mais información : www.clubdebillarourense.es

1 de xuño de 2011

OURENSE

31 de maio de 2011

OURENSE

BANDE CELEBRA UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DO PEIXE


Infogauda / Ourense




O concello de Bande celebrará esta fin de semana unha nova edición da Festa do Peixe, coa que se cumplen 40 anos desta celebración que busca ser recoñecida de interese turístico para o vindeiro anos.
A partires do venres, día 3 de xuño, un total de 12 estands ofrecerán peixe e degustaciónd e pinchos aos asistentes.


Os organizadores calculan que se consumirán uns 400 quilos de peixe (escalos e bogas) ao longo do find e semana. As actividades gastronómicas completaranse con música, teatro, maxia ou fútbol.


O Presidente da Deputación felicitou aos organizadores por acadar esta 40 edición e ofreceu a súa colaboración para manter esta festa, que axuda a que moitos visitantes coñezan esta comarca.

20 de maio de 2011

OURENSE

OURENSE

OURENSE

13 de maio de 2011

OURENSE

O SÁBADO ABREN AS PISCINAS DO PARQUE TECNOLÓXICO



Mañá, sábado, día 15 de maio, abrirán ao público as piscinas da Deputación que xestiona esta institución no Parque Tecnolóxico de Galicia. Un ano máis convértense nas primeiras piscinas públicas en abrir dentro da nosa provincia.
As piscinas manteñen os seus prezos, con 1,5 euros para adultos e maiores de oito (8) anos e gratuitas para os menores de oito anos.

As instalacións dispoñen de numerosas alternativas como pistas de tenis, canchas de fútbol, wifi gratuita, aluguer de tumbonas e toallas, servizo de prensa, cafetería-restaurante e un amplo aparcamento.

O horario de apertura ao público será de 11:30 a 21:00 horas.