23 de out. de 2009

GALICIA

Feijóo remarca que o director do CGAC abrirá unha nova etapa no centro marcada pola “transparencia” e por lograr unha “Galicia aberta”


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe ao novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Miguel von Hafe.
Foto: Conchi Paz

Infogauda / Galicia


O presidente da Xunta subliña que a andaina de Miguel von Hafe como director do CGAC “nace xa baixo o signo da transparencia, a coherencia e do rigor”, xa que por primeira a elección veu avalada por un comité de expertos
Avoga por un centro de arte “capaz de propoñerse como referente internacional e de establecer relacións privilexiadas coas institucións españolas, europeas e atlánticas”
Confía en que o “espírito do Xacobeo” de relacións co exterior presidirá os proxectos do Centro Galego de Arte Contemporánea nesta nova etapa
Salienta que o novo director saberá facer súa “a xacobea aspiración de exportar e difundir coñecemento, pensamento, ideas”
Ler máis

Todos os altos cargos da Xunta, incluído o presidente, terán conxeladas as súas retribucións no ano 2010, segundo se recolle no artigo 16 do proxecto de Lei de Orzamentos xerais de Galicia para o ano 2010
Ler máis

Traballo lamenta que o Estado non contemple un II Plan Integral de Emprego para Galicia
Lembra que o anunciado hoxe pola vicepresidenta do Goberno responde á partida do exercicio 2009
Nos Orzamentos do Estado para 2010 non está incluída unha prórroga deste plan
Ler máis


O Cetmar reúne a expertos de España, Francia e Reino Unido nun novo debate sobre descartes e subprodutos pesqueiros
A xornada, enmarcada no proxecto BIOTECMAR, congregou a representantes de centros de investigación da administración e dos sectores pesqueiro e transformador
Os relatores coinciden na importancia de recuperar e valorizar estes residuos coa implicación de todos os actores da cadea do mar, co fin de favorecer a xestión sostible dos recursos mariños
Ler máis

O cambio de hora na madrugada do sábado suporá un aforro enerxético do 0,4% no consumo eléctrico en Galicia
O Instituto Enerxético de Galicia, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, fai especial fincapé na necesidade de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano
Ler máis

RECANTO DA ARTE

Boletín número 174 de Artelista.com

Premer aquí para acceder o Boletín de Artelista.com

PÓVOA DE VARZIM

Este fim-de-semana Aguçadoura comemora o seu aniversário

Este fim-de-semana Aguçadoura vai comemorar o seu 76º aniversário. No sábado, 24 de Outubro, pelas 20h00, na Junta de Freguesia, vai ter lugar uma sessão de homenagem. O ciclista Rui Costa, por ser o ciclista de maior destaque da freguesia, o Padre João Eiró, pela construção do Centro Social de Aguçadoura, e a Caixa Crédito Agrícola pelo trabalho em prol do desenvolvimento e divulgação da freguesia, vão ser os homenageados.
No domingo, 25 de Outubro, após uma missa de Acção de Graças, às 9h00, a Junta de Freguesia convida toda a população a participar num passeio de bicicleta, com partida às 10h00 e concentração junto à Igreja Paroquial. A participação é gratuita.

GALICIA

A curtametraxe 13 pozas reborda retranca contemplativa



Infogauda / Galicia

Durante a II Mostra de Cinema e Ciencia da Coruña vai ter lugar a estrea da curtametraxe experimental 13 pozas, realizada por Xurxo González. Esta proxección será no auditorio da Fundación Luis Seoane o vindeiro venres, 30 de outubro, ás 17h45. Unha sesión doble que contará tamén co pase da curtametraxe La invasión, de Gonzalo de Pedro. Ao final abrirase un diálogo co público asistente e presentarase o proxecto O sol do Chaos de Marcos Nine.

13 pozas é unha curtametraxe experimental con forte compoñente lúdico-festivo. 13 pozas pasa por ser un divertimento no que se produce unha interesante relectura do filme 13 lakes do norteamericano James Benning. Tras o paso do cineasta americano polo CGAI en febreiro de 2009 espalláronse, con grande impacto, as súas teses político-estéticas. Esta influencia xa é evidente no anterior proxecto de Xurxo González: 36/75.

Segundo o realizador: “nun principio pensei en facer un traballo sobre o proceso de salinación das pequenas charcas da costa do mar da Guarda atraído por o proceso creativo do artista Jorge Barbi, quen xa afondara no mundo do socheo coa súa serie fotográfica Argentea (2004) e no seu vídeo Charcas (2007). Mas ante a miña incapacidade de dar forma a estes fíos volvín a mirada cara o traballo de James Benning e da súa obra 13 lakes, no que lle dedicaba un plano fixo de 7 minutos a cada lago”.

13 pozas está lonxe desa amplitude. Respecta o número de planos mas os recorta a un minuto. Esta reducción practicada ven acorde coa significación do título xa que as pozas veñen as ser uns lagos en pequeno; “concavidade, focha, etc no terreo que se enche de auga cando chove, ou nas rochas da beira do mar, que quedan con auga ao baixar a marea”. Estes cadros centrados nestas pozas dan unha visión das peculiaridades biolóxicas da xeografía do socheo (distancia intermareal).

Neste punto entra en xogo aspecto etnográfico que é recuperando a talasonimia da zona, os nomes que reciben algunha das pozas situadas na costa da Guarda, entre Porto Ladrón e Ribel. Estas denominacións engrosan os títulos de crédito que asemellan en ritmo e duración aos realizados polo propio Benning. Mas aquí os nomes (Porto redondo, A bañeira, O pote, Fontequente) son fortemente evocadores de formas, de estar próximos a determinadas actividades humanas, á fauna que hai nelas, á cor das augas e, incluso, á temperatura da mesma.

O nivel referencial de 13 pozas actúa como un elemento festivo que está moi entroncado coa retranca galega. Benning efectúa nos seus filmes un proceso de depuración cinematográfica no que queda absorto pola beleza da natureza e no que reflexiona sobre a contemplación ofrecendo ao espectador asumir a súa condición dándose conta dos vaivens da luz, as pequenas oscilacións da natureza, a presenza do vento, o fora de campo… 13 pozas tamén ten este receitario sensorial mas ofrece unha proposta audiovisual moito máis concentrada e densa con aportes plenamente da cultura galega como pode ser determinados aspectos do seu patrimonio inmaterial así como un ton retranqueiro galaico. Así e todo, hai un programa de segundas intencións no que fai que as singularidades de Galicia emerxan en confrontación co país-continente (EE.UU.) que aparece nos filmes de Benning. En 13 pozas Galicia sae definida dentro da globalidade e saen a palestra todo aporte da tradición nun mundo desenfrenado polo progreso.

Na sucesión das imaxes da pozas saen a reflectir varios aspectos: apesares da escala non teñen nada que envexar aos grandes lagos americanos, o proceso estético das aguas e as pedras se produce dunha maneira semellante, e, aínda así, a natureza galega presenta maiores signos de riqueza e variedade, uns escenarios no que o home interactuou desde os comezos dos tempos e que non son capaces de arredarse dos perigos do futuro como pode ser a contaminación, cambio climático, sobreexplotación pesqueira, a proliferación do turismo ou o descontrol inmobiliario na costa.

Esta cartografía do socheo centrada na pozas ofrece a posibilidade de deterse ante o insinificante e no que nunca reparamos. E se a isto se engadimos a sombra de Bennig atopámonos cun amplificador das súas intencións: “cambiar a perspectiva do público é un acto político”. 13 pozas pasa por ser unha pequena provocación aos códigos expresivos non só do audiovisual galego senón do mundo e, a súa vez, pasa por ser unha proposta no que se atesouran elementos definitorios dunha cultura minoritaria que intenta afontar con orgullo os retos da globalización
.

GIJÓN

La DGT selecciona a Pontevedra como un ejemplo de seguridad vial en las ciudades


Pere Navarro Olivella / Director General DGT
El municipio, invitado junto con otros 18 de toda España a un congreso en Gijón
Redacción / Gijón
El municipio de Pontevedra, junto con otros 18 de toda España, ha sido seleccionado por la Dirección General de Tráfico como ejemplo de seguridad vial urbana, por lo que participará en un congreso sobre la "pacificación" de la circulación en las ciudades, que se celebra los días 22 y 23 de octubre en Gijón. Este congreso se suma a otras iniciativas parecidas (Valencia, Málaga, San Sebastián, Lisboa...) en las que Pontevedra expone las medidas aplicadas en la última década en el centro urbano.Primero se optó por la peatonalización, que se complementó después con áreas de preferencia peatonal y ensanche de aceras, medidas todas ellas en el casco antiguo y las calles más céntricas, y que ahora se concentran en la creación de pasos de peatones elevados y otras actuaciones parecidas.El congreso de Gijón está organizado por la propia DGT y la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Pontevedra expondrá su experiencia en el "diseño de la vía pública y la seguridad vial. Pacificación del tráfico", en una mesa redonda junto con los municipios de Barcelona, Grado y Avilés (Asturias) y Fuenlabrada (Madrid). Además de estos ayuntamientos, han sido invitados los de Bilbao, Madrid, Soria, Granada, Málaga, Reus, Jerez de la Frontera, Pozuelo de Alarcón, Gijón, Castellón, La laguna, Socuéllamos, Carcaixent, Almería y el segundo gallego convidado, Ourense.Desde Galicia también acudirán la Universidad de Santiago y la asociación Stop Accidentes que preside en la comunidad Jeanne Picard. La representación pontevedresa correrá a cargo del jefe de la Policía Local, Daniel Macenlle, y el concejal de Infraestructuras César Mosquera, pese a que el de Mobilidade es Luis Bará, pero sus obligaciones profesionales le impiden asistir. Mosquera destacó la ausencia de accidentes mortales en los últimos años en las "zonas tratadas", por lo que "somos un referente en la materia".La campaña de instalación de "lombos" se mantendrá Tras las primeras obras, de carácter transformador, como peatonalizaciones y reformas estructurales de calles, el proceso en el que más se actúa a día de hoy en el concello en materia de seguridad vial es en la creación de "lombos" o pasos elevados para los peatones, elementos que han llegado, o se crearán en breve, a calles como Alexandre Bóveda, General Rubín, Fernández Ladreda, Conde de Bugallal, Eduardo Pondal, Juan Carlos I, las avenidas de Buenos Aires y Uruguay, Colón y otros puntos.Esta campaña se mantendrá en los próximos meses. De hecho, el concejal de Mobilidade Luis Bará celebra reuniones periódicas con los vecinos para definir esas obras, a la espera de concretar las reformas integrales previstas en las calles como Joaquín Costa, ya adjudicada, o en Loureiro Crespo. En el primer caso, es la empresa Sercoysa (tras la renuncia de Casas Novas) la encargada de actuar en ese vial, junto con A Estrada y Pintor Laxeiro. En estos casos se podrá optar por el modelo de la avenida de Vigo o bien por los pasos elevados, en función de las necesidades de cada punto.

A GUARDA

A II RUTA DA TAPA atrae a moitos clientes de toda a comarca e arredores



Ábaco / A Guarda
Dende o pasado día 16 de outubro a II RUTA DA TAPA atrae a moitos clientes que, co seu pasaporte na man, percorren os 24 establecementos de hostelería participantes nesta segunda edición.
Do mesmo xeito xa se teñen recibido máis de 60 fotografías dos ruteiros no enderezo electrónico da Asociación (
correo@asociacionabaco.com), e que optan ós diferentes premios do Concurso de fotografías (Kits de Cervexa Amstel, polos e camisetas).
Durante ésta primeira semana de campaña numerosos ruteiros aproveitaron para degustar as 24 tapas que concursan nesta segunda edición polo prezo simbólico de 1€ a tapa (máis consumición).
Moitos hostaleiros afirman que nesta edición, a afluencia de ruteiros está sendo moi importante, chegando a esgotar as tapas previstas antes de tempo, polo cal a Asociación estima que o número de pasaportes recibidos e o número de premiados será maior que en edicións anteriores.
Dende a Asociación ‘ábaco’ aproveitamos para convidar, a todos aqueles que aínda non comezaron a II RUTA DA TAPA, a que disfruten da gastronomía tradicional da comarca.

A GUARDA

Boa aceptación do comercio guardés no proceso de inscripción na II FEIRA DE STOCKS

(Remitido)
A Xunta Directiva da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ considera que o comercio guardés está vinculándose cada día máis coa asociación e coas actividades de dinamización comercial que se veñen realizando dende os seus inicios.
A próxima Feira de Stocks, que se realizará os días 7 e 8 de Novembro nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso conta xa cun importante número de inscripcións, e ata o próximo luns, aínda se esperan moitas máis, xa que durante o día de hoxe moitos empresarios viñeron recoller as follas de inscripción ou chamaron ás oficinas de ‘ábaco’ para informarse sobre ésta actividade, que contará ademáis con actividades complementarias para nenos e maiores.
Máis información no 986.610.887 ou en
www.asociacionabaco.com

OURENSE

A DEPUTACIÓN ADXUDICA OBRAS POR IMPORTE DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A RED VIARIA DA PROVINCIA


A Deputación de Ourense ven de adxudicar obras de mellora da rede viaria provincial por importe total de 1.2929.388 euros, que permitirán mellorar as comunicacións por estrada nos concellos de Oímbra, Quintela de Leirado, Esgos, Trasmiras, Verín, Verea e Xinzo de Limia.
Infogauda / Ourense

A obra de maior contía é a da estrada OU-1013 entre Oímbra, Videferre e Souteliño da Raia que se enmarca no “Proxecto Viarraia”, integrado no programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal 2007- 2013 (POCTEP), cofinanciado nun 75% con fondos FEDER da Unión Europea. A obra foi adjudicada á empresa “MRG, Áridos y viales, S.L.”, polo importe total de 749.120,00 €, sendo o prazo de ejecución de 12 meses.Pola súa banda, dentro as obras para redes viarias recentemente aprobadas pola Deputación de Ourense, incluídas no Plan provincial de cooperación 2009, contemplan un investimento de 542.000 €. As obras veñen, que veñen de ser adxudicadas, comprenden actuacións nas seguintes estradas: no Concello de Esgos, a estrada OU-0509 Luíntra-Esgos, adxudicada á empresa “Construcciones Benigno Álvarez, SL”, por importe de 86.434,00 €; no Concello de Pontedeva, a estrada OU-0210 Quintela de Leirado-Pontedeva, adxudicada á empresa “Construcciones y Promociones Cruzval, SL”, na cantidade de 86.020 €, e no Concello de Verea, a estrada OU-0206 Verea-Furriolo, adxudicada á empresa “MRG Áridos y Viales, SL”, por importe de 107.916 €.Nas comarcas de A Limia e Verín, en concreto no Concello de Trasmiras, ven de adxudicarse a estrada OU-1104 Vila de Rei-Vilar de Barrio, á empresa “Orvicon, SL”, por importe de 65.730 €. Tamén no Concello de Verín, adxudicouse a estrada OU-1014 Verín-Balneario, á empresa ”MRG Áridos y Viales, SL, na cantidade de 65.688 €, e finalmente no Concello de Xinzo de Limia mellorarase a estrada OU-1102 Xinzo de Limia-Vilar de Barrio, obra que foi adxudicada á empresa “Construcciones y Almacenes Viso e Hijos, por importe de 131.600 €.Todas estas obras permitirán mellorar as comunicacións no rural ourensán, especialmente en zonas nas que o terreo dificulta o trazado das estradas pola súa complexidade orográfica. O obxectivo destas obras de acondicionamento é incrementar a seguridade nas estradas, dotar de mellores servizos aos veciños e reducir os índices de siniestralidade vial que se rexistra nas vías secundarias da provincia.

OURENSE

A DEPUTACIÓN DESTINA 2 MILLÓNS DE EUROS PARA CENTROS DE BIOMASA




A Deputación de Ourense anuncia a licitación do procedemento aberto para a contratación da concesión de obra pública consistente no deseño, construción e explotación de tres Centros de Transformación de Biomasa (CTB) no marco dos proxectos “Terras do Avia”, “Delorur” e “Arraiano”, financiados mediante axudas Feder para o período 2007/2013, cunha achega máxima da Deputación para a execución material das obras de 1.896.000,00 euros.

Infogauda / Ourense
O funcionamento dos centros de biomasa de Ourense consistirá na recollida e almacenaxe da materia prima forestal para a súa transformación nun produto adecuado para o seu uso en centrais de biomasa ou outros centros de consumo de biomasa. En liñas xerais, as operacións que levan a cabo son: almacenaxe de materias primas, triturado, secado natural e almacenaxe de produto preparado para uso na central de biomasa.Os tres centros terán a capacidade de procesar, no seu conxunto, 100.000 toneladas anuais de biomasa referidas á tonelaxe anual de entrada-, sendo as súas labores a captación de biomasa complementaria á xerada nos viarios da Deputación de Ourense; a pesada dos vehículos de transporte de biomasa e a súa carga e descarga; a trituración e astillado; a almacenaxe até expedición e venda da biomasa, e a comercialización da biomasa procedente dos viarios da Deputación de Ourense, así como a de calquera outra procedencia, previa a súa trasformación nos CTBs. Os ingresos do concesionario polo desenvolvemento da actividade son os que se deriven da venda no mercado da biomasa procesada no CTB e outros subproductos que resulten da actividade.As prestacións básicas a realizar polo adxudicatario en cumprimento deste contrato serán as seguintes:1.- Achegar os terreos necesarios para a instalación dun CTB no ámbito territorial de influencia de cada un dos tres proxectos citados, “Terras do Avia”, “Delorur” e “Arraiano” -tres CTB´s en total-.2.- Deseñar as instalacións, entregando o correspondente proxecto construtivo que haberá de incluír toda a documentación esixida polo artigo 107 da Lei 30/2007, de 30 de outubro.3.- Executar as obras de construción e instalación dos tres CTB´s, de acordo cos proxectos presentados, previa a supervisión e aprobación dos mesmos pola Deputación provincial.4.- Explotar as instalacións durante o prazo da concesión, ao seu risco e ventura, sen prexuízo do mantemento do equilibrio económico-financeiro do contrato nos termos considerados para a súa adxudicación.A execución das obras de construción e instalación dos tres CTBs será financiada pola Deputación provincial de Ourense, no marco das axudas FEDER concedidas, polo importe máximo de 1.896.000,00 euros, coas achegas anuais de 758.400,00 euros (exercicio 2009) e 1.137.600,00 euros (exercicio 2010). O concesionario deberá asumir o custo da construción e instalación dos CTB´s se excede da cantidade indicada anteriormente.Os interesados poden consultar toda a información no Boletín Oficial da Provincial de Ourense nº 242, e na web da Deputación de Ourense, no apartado “Perfil do contratante” (www.depourense.es), na que se publican íntegros os pregos de condicións para a contratación. As proposicións deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 30 de novembro de 2009, previo envío do anuncio de licitación ó DOUE.A importancia socio-económica da biomasaHoxe en día ninguén dubida da importancia da biomasa coma fonte de enerxía. Esta materia orgánica orixínase nun proceso biolóxico, de tal xeito que calquera substancia orgánica de orixe vexetal ou animal -incluíndo os materiais que resultan da súa transformación natural ou artificial- pode ser unha fonte enerxética tras dun axeitado proceso de transformación. Existen diversos materiais que poden usarse para a subministración de enerxía. Deles, os produtos leñosos foron a primeira fonte de enerxía renovable utilizada polo home até a revolución industrial; e mesmo hoxe en día, para uns 2.500 millóns de persoas segue sendo a principal fonte de enerxía.A Biomasa forestal primaria é a fracción biodegradable dos produtos e residuos xerados nos montes e que son procesados con fins enerxéticos. Os principais materiais vexetais que constitúen a biomasa forestal:• Produtos derivados de tratamentos selvícolas: Ramas e ramillas procedentes de traballos de poda; pés procedentes de curtas de aclareo, curtas fitosanitarias ou pés afectados por incendios forestais.• Restos de curtas: Ramas e raberones procedentes de curtas finais antes da rexeneración dos bosques e de curtas intermedias.• Leñas procedentes de trasmochos e de pés non maderables: Ramas e troncos de pés mal formados.• Cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos: Realízanse con plantacións de alta densidade e quendas moi curtas, seleccionando as especies segundo a cantidade de biomasa que producen. As novas políticas enerxéticas e ambientais, están a converter a combustible biomasa forestal nun elemento esencial das políticas enerxéticas tanto nos países desenvolvidos como en desenvolvemento. A biomasa é un recurso renovable que presenta múltiples vantaxes tanto ambientais como socio-económicas. En termos ambientais, a utilización da bioenergía xoga un dobre e positivo papel. Por unha banda, a combustión da biomasa produce a mesma cantidade de CO2 que antes consumiu, deixando ao sistema en equilibrio, salvo a enerxía utilizada na súa manexo, transporte e preparación.En termos socioeconómicos, a extracción, transformación e utilización da bioenerxía, son actividades xeradoras de emprego, particularmente en zonas rurais que en caso contrario son abandonadas, o que leva unha falta de aproveitamento dos montes, unha acumulación de combustible forestal e, consecuentemente, un aumento de risco de incendio.No aspecto económico, a biomasa forestal é un combustible cuxo prezo a penas está sometido ás fluctuacións do prezo dos carburantes. Canto máis caras están as enerxías fósiles, máis competitiva é a biomasa forestal.

A GUARDA

SI NON FORA UN TEMA SERIO, SERÍA PARA BOTARSE A CHORAR

Despois de que distintos colectivos sociais e políticos, notas de prensa e veciños a título individual, viñeran manifestando durante meses a sua preocupación polo que acontece a beira do río Miño no lugar da Armona, sin esquecer que é espacio incluído na Rede Natura, dende o Concello, mantense un silencio cómplice do que alí está sucedendo, e escondéndose no discurso fácil de que é o Ministerio de Medio Ambiente quen está levando a cabo ditas obras. Neste silencio, tamén participan os que levantan a voz cando son outros (doutro partido) quenes fan as obras. O servilismo e a subvención pesan moito. Case tanto como o carné político. Ademáis dos temores e desconfianza do vecindario e da población en xeral sobre o que alí se estaba facendo, sumouse a angustia do tráfico de camións que a alta velocidade circulaban polo lugar e polo centro do pobo, sen que ninguén tomara cartas no asunto. O mesmo tempo que ca carga que levaban ocasionaran dano nalgunha rúa. Pero aquí, imperou (e o sigue facendo a lei do máis forte, así a empresa de escombros facía o que lle petaba), e o Equipo de Goberno silencio absoluto, e nada de admitir queixas, non fose que os compañeiros de Madrí foran a molestarse.
Todo o acontecido desapareceu nestes momentos, todalas disculpas, silencios e xustificacións dada pola máxima autoridade, por fin o Alcalde, non só debeu de leer a prensa e as queixas veciñais, senón que, por fin leeu un Informe da Policía Local de data do 15 de octubro sobre que se estaban derrubando unhas naves na Armona. ¡donde van elas! Denantes desta data, nín Alcalde nin Policía sabían nada. Os escritos e as preguntas dos guardeses e de algúns colectivos non existiron.
No día 21 de octubre, o abeiro do Decreto nº 913/2009, o Alcalde, emite unha resolución da Alcaldía, na que se incoa un EXPEDIENTE DE REPOSICION DA LEGALIDADE e outro SANCIONADOR, por CARECER DE LICENCIA. Ou o que é o mesmo, chegaron aquí e fixeron o que lles déu a gana, xa que non existe autoridade local. Así que todo é noso e facemos o que nos peta.
Que nadie se ría e pense que agora van aplicala LEI como se merece neste caso de abuso. (Tamén había que sancionar aos que deixaron facer, ollando para outro lado) O que se fixo agora, non é máis que un paripé, xa que con isto, van a calar aos denunciantes e o vecindario en xeral, pois no mesmo texto, xa anuncia que as obras levadas a cabo neste asunto, xa que no mesmo texto do decreto, se dí que a infracción é leve, e a SANCION será por importe de 300 a 6.000 EUROS máis o 2% do valor da obra. Se pode abrir a táboa de apostas de que non supera os 300,oo € (iso xa pasou con algún constructor que fixo as obras sen licencia e como lle petou). Como demostración de seriedade na medida tomada, noméase instructor do caso ao 1º Tte.Alcalde.
O máis grave, é que no decreto, somentes se fala de infracción polo derrube das naves e se silencia o resto das obras.
Nós consideramos que a desfeita ecolóxica que alí se está facendo, precisa doutro decreto sobre os danos ao medio ambiente, salvo que iso sexa outra canción.
¿Alguén escoitou ao Concelleiro Delegado desa materia decir algo?
¿E ao Alcalde Pedáneo?
Por ser afectados nas súas competencias ¿Non deberían figurar na tramitación deste expediente?
Unha vez máis, queda reflexado quenes mandan e quenes calan e quenes obedecen. Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, ainda nos quedan varias preguntas:
¿Existiu empresa homologada para recoller as uralitas dos teitos das naves?
¿Houbo separación de materiais e se levou a madeira, plásticos e ferro os contenedores específicos para estes productos?
¿A dónde foron parar os materiais de obra?
Se non tiñan licencia non podían solicitar permiso para depositalos no vertedoiro municipal de entullos. Si os levaron alí, ¿Pagaron polo uso do mesmo como calquer veciño? Si non pagaron, ¿Váise sanciona-la empresa responsable de recibi-los mesmos?
Que cada un saque a súa propia conclusión, pero unha vez máis, queda reflexado o pasotismo municipal, o mirar para outro lado e abrir a boca si a presión é moita. No fondo, non deixa de ser un exemplo máis (e xa van úns poucos) da deixadez e abandono das responsabilidades municipais.
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

A GUARDA

Últimos días para inscribirse na II FEIRA DE STOCKS



Ábaco / A Guarda
O próximo luns día 26 de outubro remata o prazo de inscripción para participar na II FEIRA DE STOCKS que se realizará os días 7 e 8 de novembro de 2009 nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso de A Guarda.
Dende o pasado martes moitos empresarios/as xa confirmaron a súa participación, polo que recordamos a todos aqueles comerciantes que aínda non confirmaron a súa inscripción que teñen á súa disposición as follas correspondentes nas oficinas da Asociación Ábaco, na rúa Manuel Lomba nº 7 baixo, de A Guarda en horario de 9:00 a 13:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. Non se aceptarán inscripcións fora do prazo establecido.
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios aposta nesta ocasión por una campaña de dinamización do comercio guardés, que chega xa a súa segunda edición e na cal, a través dunha feira de liquidación de Stocks, se axuda a que os comercios vendan os excedentes que lles quedan de tempadas pasadas a prezos moi asequibles, o que fai que a afluencia de clientes a mesma sexa moi exitosa. Tendo en conta o éxito acadado na primeira edición a Xunta Directiva de Ábaco pensa que nesta segunda edición será igual ou superior, animando ós comerciantes a que participen na mesma.