23 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN ADXUDICA OBRAS POR IMPORTE DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAR A RED VIARIA DA PROVINCIA


A Deputación de Ourense ven de adxudicar obras de mellora da rede viaria provincial por importe total de 1.2929.388 euros, que permitirán mellorar as comunicacións por estrada nos concellos de Oímbra, Quintela de Leirado, Esgos, Trasmiras, Verín, Verea e Xinzo de Limia.
Infogauda / Ourense

A obra de maior contía é a da estrada OU-1013 entre Oímbra, Videferre e Souteliño da Raia que se enmarca no “Proxecto Viarraia”, integrado no programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal 2007- 2013 (POCTEP), cofinanciado nun 75% con fondos FEDER da Unión Europea. A obra foi adjudicada á empresa “MRG, Áridos y viales, S.L.”, polo importe total de 749.120,00 €, sendo o prazo de ejecución de 12 meses.Pola súa banda, dentro as obras para redes viarias recentemente aprobadas pola Deputación de Ourense, incluídas no Plan provincial de cooperación 2009, contemplan un investimento de 542.000 €. As obras veñen, que veñen de ser adxudicadas, comprenden actuacións nas seguintes estradas: no Concello de Esgos, a estrada OU-0509 Luíntra-Esgos, adxudicada á empresa “Construcciones Benigno Álvarez, SL”, por importe de 86.434,00 €; no Concello de Pontedeva, a estrada OU-0210 Quintela de Leirado-Pontedeva, adxudicada á empresa “Construcciones y Promociones Cruzval, SL”, na cantidade de 86.020 €, e no Concello de Verea, a estrada OU-0206 Verea-Furriolo, adxudicada á empresa “MRG Áridos y Viales, SL”, por importe de 107.916 €.Nas comarcas de A Limia e Verín, en concreto no Concello de Trasmiras, ven de adxudicarse a estrada OU-1104 Vila de Rei-Vilar de Barrio, á empresa “Orvicon, SL”, por importe de 65.730 €. Tamén no Concello de Verín, adxudicouse a estrada OU-1014 Verín-Balneario, á empresa ”MRG Áridos y Viales, SL, na cantidade de 65.688 €, e finalmente no Concello de Xinzo de Limia mellorarase a estrada OU-1102 Xinzo de Limia-Vilar de Barrio, obra que foi adxudicada á empresa “Construcciones y Almacenes Viso e Hijos, por importe de 131.600 €.Todas estas obras permitirán mellorar as comunicacións no rural ourensán, especialmente en zonas nas que o terreo dificulta o trazado das estradas pola súa complexidade orográfica. O obxectivo destas obras de acondicionamento é incrementar a seguridade nas estradas, dotar de mellores servizos aos veciños e reducir os índices de siniestralidade vial que se rexistra nas vías secundarias da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario