Integrantes do Grupo Antorcha levarán súas nadaliñas aos nenos ingresados do Hospital Álvaro Cunqueiro
• Este venres, 12 de decembro, ás 11:30 horas, na Aula Hospitalaria
Infogauda / A Guarda
Este venres, día 12 de decembro, ás 11:30 horas, algunhas compoñentes do grupo Antorcha, achegaranse a Aula Hospitalaria do hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, co propósito de obteren un sorriso dos nenos e nenas que están ingresados. O ano pasado conseguírono, e nesta ocasión, confían en logralo tamén.
A xeito de nadaliñas, e con toda ilusión, o grupo Antorcha levaralles aos pequenos ás gratas voces das súas compoñentes, as melodías das súas guitarras e un feixe de sorrisos.
Trátase dunha fermosa iniciativa que cada ano, por estas datas, o grupo Antorcha vén realizando con todo o agarimo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario