23 de out. de 2009

A GUARDA

SI NON FORA UN TEMA SERIO, SERÍA PARA BOTARSE A CHORAR

Despois de que distintos colectivos sociais e políticos, notas de prensa e veciños a título individual, viñeran manifestando durante meses a sua preocupación polo que acontece a beira do río Miño no lugar da Armona, sin esquecer que é espacio incluído na Rede Natura, dende o Concello, mantense un silencio cómplice do que alí está sucedendo, e escondéndose no discurso fácil de que é o Ministerio de Medio Ambiente quen está levando a cabo ditas obras. Neste silencio, tamén participan os que levantan a voz cando son outros (doutro partido) quenes fan as obras. O servilismo e a subvención pesan moito. Case tanto como o carné político. Ademáis dos temores e desconfianza do vecindario e da población en xeral sobre o que alí se estaba facendo, sumouse a angustia do tráfico de camións que a alta velocidade circulaban polo lugar e polo centro do pobo, sen que ninguén tomara cartas no asunto. O mesmo tempo que ca carga que levaban ocasionaran dano nalgunha rúa. Pero aquí, imperou (e o sigue facendo a lei do máis forte, así a empresa de escombros facía o que lle petaba), e o Equipo de Goberno silencio absoluto, e nada de admitir queixas, non fose que os compañeiros de Madrí foran a molestarse.
Todo o acontecido desapareceu nestes momentos, todalas disculpas, silencios e xustificacións dada pola máxima autoridade, por fin o Alcalde, non só debeu de leer a prensa e as queixas veciñais, senón que, por fin leeu un Informe da Policía Local de data do 15 de octubro sobre que se estaban derrubando unhas naves na Armona. ¡donde van elas! Denantes desta data, nín Alcalde nin Policía sabían nada. Os escritos e as preguntas dos guardeses e de algúns colectivos non existiron.
No día 21 de octubre, o abeiro do Decreto nº 913/2009, o Alcalde, emite unha resolución da Alcaldía, na que se incoa un EXPEDIENTE DE REPOSICION DA LEGALIDADE e outro SANCIONADOR, por CARECER DE LICENCIA. Ou o que é o mesmo, chegaron aquí e fixeron o que lles déu a gana, xa que non existe autoridade local. Así que todo é noso e facemos o que nos peta.
Que nadie se ría e pense que agora van aplicala LEI como se merece neste caso de abuso. (Tamén había que sancionar aos que deixaron facer, ollando para outro lado) O que se fixo agora, non é máis que un paripé, xa que con isto, van a calar aos denunciantes e o vecindario en xeral, pois no mesmo texto, xa anuncia que as obras levadas a cabo neste asunto, xa que no mesmo texto do decreto, se dí que a infracción é leve, e a SANCION será por importe de 300 a 6.000 EUROS máis o 2% do valor da obra. Se pode abrir a táboa de apostas de que non supera os 300,oo € (iso xa pasou con algún constructor que fixo as obras sen licencia e como lle petou). Como demostración de seriedade na medida tomada, noméase instructor do caso ao 1º Tte.Alcalde.
O máis grave, é que no decreto, somentes se fala de infracción polo derrube das naves e se silencia o resto das obras.
Nós consideramos que a desfeita ecolóxica que alí se está facendo, precisa doutro decreto sobre os danos ao medio ambiente, salvo que iso sexa outra canción.
¿Alguén escoitou ao Concelleiro Delegado desa materia decir algo?
¿E ao Alcalde Pedáneo?
Por ser afectados nas súas competencias ¿Non deberían figurar na tramitación deste expediente?
Unha vez máis, queda reflexado quenes mandan e quenes calan e quenes obedecen. Dende Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, ainda nos quedan varias preguntas:
¿Existiu empresa homologada para recoller as uralitas dos teitos das naves?
¿Houbo separación de materiais e se levou a madeira, plásticos e ferro os contenedores específicos para estes productos?
¿A dónde foron parar os materiais de obra?
Se non tiñan licencia non podían solicitar permiso para depositalos no vertedoiro municipal de entullos. Si os levaron alí, ¿Pagaron polo uso do mesmo como calquer veciño? Si non pagaron, ¿Váise sanciona-la empresa responsable de recibi-los mesmos?
Que cada un saque a súa propia conclusión, pero unha vez máis, queda reflexado o pasotismo municipal, o mirar para outro lado e abrir a boca si a presión é moita. No fondo, non deixa de ser un exemplo máis (e xa van úns poucos) da deixadez e abandono das responsabilidades municipais.
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario