23 de out. de 2009

A GUARDA

Últimos días para inscribirse na II FEIRA DE STOCKS



Ábaco / A Guarda
O próximo luns día 26 de outubro remata o prazo de inscripción para participar na II FEIRA DE STOCKS que se realizará os días 7 e 8 de novembro de 2009 nas Galerías da Rúa Joaquín Alonso de A Guarda.
Dende o pasado martes moitos empresarios/as xa confirmaron a súa participación, polo que recordamos a todos aqueles comerciantes que aínda non confirmaron a súa inscripción que teñen á súa disposición as follas correspondentes nas oficinas da Asociación Ábaco, na rúa Manuel Lomba nº 7 baixo, de A Guarda en horario de 9:00 a 13:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. Non se aceptarán inscripcións fora do prazo establecido.
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios aposta nesta ocasión por una campaña de dinamización do comercio guardés, que chega xa a súa segunda edición e na cal, a través dunha feira de liquidación de Stocks, se axuda a que os comercios vendan os excedentes que lles quedan de tempadas pasadas a prezos moi asequibles, o que fai que a afluencia de clientes a mesma sexa moi exitosa. Tendo en conta o éxito acadado na primeira edición a Xunta Directiva de Ábaco pensa que nesta segunda edición será igual ou superior, animando ós comerciantes a que participen na mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario