Programa de actividades de Nadal
• Na Casa de Montes de Camposancos
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
A asociación Rego de Bicosan e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos programaron as seguintes actividades culturais que se realizarán na Casa de Montes de Camposancos:
• Martes, día 16 de decembro, ás 20:00 horas, acendido da árbore e deseguido actuación de Tino Baz e seu obradoiro de canto tradicional galego, Cantares do Brueiro, que presentará "Agasallo de Nadal".
• Venres, día 19 de decembro, ás 20:00 horas, actuación do grupo folclórico Do Lusco ó Fusco.
• Sábado, día 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, actuación do Grupo Antorcha.
Xa fora do ciclo de Nadal, o sábado, día 17 de xaneiro, ás 13:30 horas, no comedor do Hotel Molino, na praia de O Forte (Camposancos), celebraremos, un ano mais, a tradicional "Paletada Laconada".
Ningún comentario:
Publicar un comentario