Amosando publicacións coa etiqueta RECANTO DA ARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECANTO DA ARTE. Amosar todas as publicacións

19 de dec. de 2011

A GUARDA

FEDRA ALCARAZ EXPÓN "MEMORIA DO CAMIÑO" NO CENTRO CULTURAL

- A exposición poderá visitarse ata o día 30 de decembro



A pintora Fedra Alcaraz





Pequenas algas debuxan siluetas no peirao da Guarda e na praia do Muiño, raíces desterradas fan niños para o meu acubillo. Follas que apodrecen na humidade da fraga, restos de papel marcados por tenues cicatrices, anacos de tea usada..... No meu caótico itinerario fun recollendo obxectos abandonados, arrebolados polo mar, esparexidos polo vento, esburacados pola chuvia, residuos deteriorados polo uso e polo tempo. Descubro neles unha beleza inesperada, túrbame a súa fraxilidade, as formas azarosas da súa desintegración. Con estes materiais constrúo a miña obra, son metáforas de min e do mundo.... ou de min no mundo. Atopo neles a miña voz, falan de desarraigamento, da imposibilidade de vivir sen morrer en cada intre, da sociedade que habita en min, en todos, do irreversible, do que non perdura. Pero tamén, de súpeto, a marabilla da metamorfose, do que muda e se transforma, do sempre novo e irrepetible, do refuxio redondo, uterino.
Camiño, transito por lugares que nunca son o meu lugar, os obxectos que recollo son, talvez, unha maneira de ligarme ao territorio. Rescátoos, e rescátome, do devir libéroos do tempo para salvalos do silencio, doulles unha posibilidade de supervivencia, Son a memoria do meu camiño.
Fedra






"Memoria do camiño"
No siempre los artistas ofrecen una obra dónde confluya arte y trabajo. Fedra Alcaraz elabora sus obras en el taller, rodeada de diversos materiales sencillos e insignificantes. En su camino por la vida descubre objetos que la evocan momentos vividos por ella o por otro ser humano y con suma ternura los recoge para darles vida de nuevo y como si fueran aves fénix resurgen transformados de sus manos. Dedica tiempo en limpiar, pulir, cortar, encolar, pintar, tornear, modelar.... En su taller se encuentran las herramientas más diversas que un artesano pueda utilizar. Pero Fedra a través de sus obras nos brinda mucho más: nos muestra su mundo interior. Todos tenemos un mundo interior es verdad, ese es un valor universal que todo ser humano posee, pero no todos lo percibimos y no todos los que lo percibimos tenemos la generosidad de mostrarlo a los demás, sería un acto de convivencia y de acercamiento a otros seres si así lo hiciéramos, nos ayudaría a entender mejor este mundo. Aún no hemos aprendido que comprendemos y aceptamos mejor la vida cuando sentimos cerca a otro ser. Todos esperamos que el paso lo dé primero el otro. Los que se aventuran a crear y dan el primer paso para acercarse a nosotros y transmitirnos ese soplo de calidad humana yo los llamo artistas y es posible que no coincida con la definición que otros hacen de ese término, pues he oído muchas definiciones a lo largo de mi vida, pero yo he elaborado la mía propia, quizá influenciada por la trascendencia que doy a todo lo relacionado con nuestro desarrollo humano a través de lo social.


Gabriela Ladrero



























Reportaxe fotográfica: Infogauda

18 de dec. de 2011

MADRID

Mostra antolóxica retrospectiva de Antón Abreu Bastos na Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta noite a inauguración da exposición antolóxica retrospectiva do pintor galego Antón Abreu Bastos, falecido en 2004, na que están presentes distintas etapas da súa traxectoria artística, en cuxa temática existen paisaxes, pedras, figuración, etc. No acto estiveron presentes a súa viúva, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente, e os seus fillos, Alejandra e Juan Sebastián, acompañados polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez. A exposición, que pode verse ata o próximo día 29, ocupa dúas salas da Casa.




Informa: Casa de Galicia / Madrid

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta noite a inauguración da exposición antolóxica retrospectiva do pintor galego Antón Abreu Bastos, falecido en 2004, na que están presentes distintas etapas da súa traxectoria artística, en cuxa temática existen paisaxes, pedras, figuración, etc. No acto estiveron presentes a súa viúva, a tamén pintora Elsa Pérez Vicente, e os seus fillos, Alejandra e Juan Sebastián, acompañados polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez. A exposición, que pode verse ata o próximo día 29, ocupa dúas salas da Casa.

Segundo os seus familiares directos, con esta exposición preténdese mostrar as distintas e variadas etapas da obra de Antón Abreu Bastos dende os anos 50 ata os seus últimos días, a finais de 2004, nas que achega o seu persoal visión da ideosincrasia galega, mesmo na súa etapa de emigrante en Arxentina. "O seu tratamento especial da cor e da forma definen o seu estilo", valoran. Elsa Pérez recordou a súa vocación pola pintura, que en Arxentina sentía a Galicia intensamente, con cores agresivas que ao volver se tornaron máis prácidas e que se sentía moi agradecido a Arxentina, onde se formou. "Analizou moito a forma de facer as cousas, non era un espontáneo", observou.

Abreu Bastos naceu en Matamá (San Pedro), Vigo, en 1927 e emigrou a Arxentina aos vinte anos de idade. En Bos Aires completaría a súa formación plástica e foi tamén nesa cidade profesor de Artes Plásticas e asesor artístico do Instituto Galego de Argentina. Nela coñeceu a súa muller, tamén de orixe española, e relacionouse con outros galegos ilustres, entre outros cos pintores Colmeiro, Laxeiro e Seoane e co escritor Eduardo Blanco Amor, a cuxo faladoiro asistiu. Tratou ademais con arxentinos distinguidos, e non só pintores, como Ernesto Sábato, Atahualpa Yupanqui, Mercedes Sosa, Juan Gelman, González Tuñón e Borges. E entre os pintores, a Carlos Cañás, Rossi, Spilimbergo, Castagnino e Urruchúa. Retornou a Galicia en 1973. O seu labor en España foi recoñecido coa terceira medalla no Salón de Outono de Madrid en 1977 e a segunda na Bienal Nacional de Pontevedra en 1979.

Como recordou Jiménez, na súa traxectoria artística pode falarse dunha primeira etapa, ata 1958, que podería denominarse literario-social, de paisaxismo postimpresionista, con mundos desolados en ocres e azuis e interiores humildes. E dunha segunda etapa que permitiría encadralo dentro dun expresionismo humanizado, con visións do mar, de praias desertas, de barcos e redes en que se serve para a súa representación de planos, diagonais ou franxas. Entre as súas influencias artísticas están as de Luis Seoane e Picasso. Tamén recibiu, segundo el mesmo confesou, a influencia dos muralistas mexicanos Rivera e Orozco.

Nos anos 70, Abreu Bastos aproximouse á obra de Valle-Inclán con trazos totalmente expresionistas e recolleu o seu particular mundo nos seus cadros arxentinos. En 1973, en que regresa a Vigo para establecerse en Gondomar, inicia, xa dende a óptica da madureza, a representación do mundo rural da súa infancia, porque desexaba recobrar o seu mundo infantil e de paso a realidade a través deste, como chegou a declarar. Antes disto, e durante uns cinco anos reflectira nos seus cadros un paisaxismo persoal, idealizado, que conformou quizais a súa etapa máis abstracta. Tamén se lle chamou a Antón Abreu Bastos o pintor das pedras, pois a súa pintura máis xenuína, creada en torno aos anos 80, foi a das paisaxes de pedras e grandes soles.

4 de ago. de 2011

A GUARDA

EL GRUPO IMPÁS PRESENTA UNA EXPOSICIÓN DE PINTURA: HOMENAJE AL CINE DE LOS AÑOS 40

Infogauda / A Guarda



La magia del cine y todo lo que rodea al llamado séptimo arte y a la industria que lo hace posible, están representados en la exposición que el Grupo Impás presenta en la sala de exposiciones del Centro Cultural y Social de A Guarda.


En la exposición - que puede visitarse hasta el próximo día 16 del presente mes de agosto, en horarios de 10:00 a 13:00 h. y de 18:30 a 21:30 h., y durante la Semana de las Fiestas del Monte Santa Trega, hasta las 24:00 h. -, podemos cuadros pintados al óleo y al pastel, acrílicos, tecnicas mixtas, dibujos realizados con bolígrafos,...


Los artistas que exponen son: Pilar López, Charo Trigo, Isabel Antón, Mari Otero, Loreto Guerreiro, Sergio Santiago, Carmen Pereiro, Carmen Baz, Carmen María Rodríguez, Ignacio Martínez, Adrián Iglesias, Sara Vicente, Fini Mauri y Nati Alonso.


En palabras de Alicia Alonso, fundadora y directora del Grupo Impás "son mis pintores".


Recomendamos una visita a esa exposición, en la seguridad de que los amantes del Arte encontrarán innumerables detalles que les harán sentirse a gusto en esa interesante muestra que dice mucho y bien, de los autores - con mayoría femenina - de las obras que se exponen.

4 de abr. de 2011

MONÇAO

A PINTORA GEMMA MARQUÉS INAUGUROU UNHA EXPOSIÇÂO DE PINTURAS NA CASA DO CURRO

A sala de exposições da Casa do Curro, na Praça Deu-la-Deu Martins, recebe até o 29 de Abril, a exposição “Pintura Realista”, da artista galega Gemma Marqués Redondo. Gemma Marques é uma jovem artista residente em A Guarda (Pontevedra), Galiza, que se dedica à pintura realista, expondo regularmente trabalhos da sua autoria desde 1999. A presente exposição pode ser visitada de segunda a sábado das 09h30 às 12h30 e das 14h00 às 18h00. Aos domingos e feriados das 10h00 às 12h00 e das 15h00 às 18h00.






6 de feb. de 2011

RECANTO DA ARTE

O PINTOR CAÍNO ARRIBOU A CIDADE DE TUI



Infogauda / Tui


Tiña que acontecer algún día, pois era algo que desexábamos desde o máis fondo do noso corazón. E xa se sabe, que todo aquelo polo que sospiramos, abofé que se fai realidade. Que Caíno xa hubera exposto em Madrid, en Nova Iorque, en Vigo, en Monforte de Lemos, en Ourense, en Baiona,..., e aínda non amosara súa obra en Tui, semellábasenos algo inconcebible. Máis grazas a hospitalidade de Manuel e Fermina, propietarios da Galería Trisquel e Medulio, de Tui, e a boa disposición do artista baionés; a cidade tudense acolle desde desde o día 5 de febreiro até o vindeiro 12 de marzal unha fermosa exposición de pinturas ó óleo, de Caíno.
O pintor miñorán arribou á cidade de Tui coa súa obra máis recente, configurada por facianas de nenos, fillos de mariñeiros, maternidades, músicos, mulleres espidas,...
Na súa presentación, o director da Galería Trisquel e Medulio salientou que Caíno escomenzou súa andaina artística en Inglaterra, e que nas súas pinturas hai reminiscenzas do Románico, evocacións da súa nenez, romarías, paisaxes, lembranzas da nai,...
Caíno emprega unha ricaz paleta cromática, na que os azuis cobaltos, combínanse con brancos e con ocres; os bermellos con verdes e marelos,... Todos eles, perfectamente conxugados a base de sucesivas veladuras, nas que a áxil espátula e a mestría do pintor, fan agromar tonalidades cáseque insospeitadas, únecas e emocionantes.
Logo da sabia intervenzón de Manuel, director da Galería Trisquel e Medulio, tomaría á palabra o pintor, facendo unha síntese da súa ampla traxectoria artística. Desde cando pintaba paisaxes o aire libre en Gran Bretaña, até seu retorno á Baiona, onde evolucionou de paisaxista postimpresionista, o expresionismo e a abstracción.
Como era de agardar, Caíno atopou en Tui unha formidable acollida, tanto dos propietarios e familiares da Galería Trisquel e Medulio, como do respectable público tudense, ademiradores da súa obra e amigos, procedentes de diversas poboacións galegas, nomeadamente de Baiona, co seu alcalde Jesús Vázquez Almuiña a fronte, acompañado da súa dona e filla; así como representantes da comunicación social e decenas de persoas de lei, que como o rexidor da real vila, téñenlle estima a Caíno.
Esta primeira exposición de Caíno en Tui, ainda que non é a primeira vez que súa obra chega á cidade miñota, pois a Galería Trisquel e Medulio xa dispuña, con anterioridade, de cadros deste pintor; contou coa participación, no acto inaugural, do grupo musical La Timba Mullallo!, unha xoven formación que deleitou a tódolos asistentes cos seus acordes jazzísticos, contribuindo moi positivamente o abrillantamento do acto, que foi todo un acontecemento cultural na cidade.
Desde Infogauda felicitamos á dirección da Galería Trisquel e Medulio pola súa traxectoria que xa contabiliza tres lustros, e pola súa demostrada profesionalidade e agarimo polas Belas Artes.
Parabéns Fermina e Manuel por ser como sodes, e pola vosa aposta cultural que ben merece o noso público recoñecemento.


TUI

CAÍNO EXPÓN NA GALERÍA TRISQUEL E MEDULIO

Desde onte e até o 12 de marzal de 201, a Galería de Arte Trisquel e Medulio (Rúa Antero Rubín, 45 - Tui) presenta unha mostra de pinturas ó óleo do pintor baionés Caíno.
Horarios:
De luns a venres, de 17:00 a 21:00 h.
Sábados, de 11:00 a 14:00 h.
Teléfonos: 986 604 039 - 630 012 560 - 665 057 144 - 666 076 477

5 de feb. de 2011

TUI

CAÍNO INAUGURA HOXE UNHA MOSTRA DE PINTURAS NA GALERÍA DE ARTE TRISQUEL E MEDULIO

Infogauda / Tui

Desde este sábado día 5 de febreiro ó 12 de marzal de 2011, a Galería de Arte Trisquel e Medulio (Rúa Antero Rubín, 45 - Tui), acolle unha exposición de pintura de Caíno.
A inauguración da mostra será hoxe ás 20.30 horas e ademáis de contar coa presenza do artista Caíno Vasconcellos Cabral, o grupo La Timba Mullallo! ofrecerá un concerto.
Os horarios de visita da exposición son os seguintes:
De Lúns a Venres: De 17:00 a 21:00 horas - Sábados: De 11:00 a 14:00 horas.

18 de dec. de 2010

A GUARDA

LA PINTORA GEMMA MARQUÉS ESTARÁ NUEVAMENTE EN LA BIENAL DE PINTURA DO EIXO ATLÁNTICO



La pintora burgalesa, residente en A Guarda, ante su obra "Vespa", seleccionada para la IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico 2011 - 2012

Infogauda / A Guarda
Con su obra "Contenedor naranja", la pintora Gemma Marqués Redondo (Burgos, 1981) participó en la edición precedente de la Bienal de Pintura do Eixo Atlántico y con su cuadro "Vespa", estará representada en la próxima, que será inaugurada en el primer trimestre de 2011 y que podrá visitarse hasta finales de 2012.
La Bienal de Pintura do Eixo Atlántico es un acontecimiento artístico de primera magnitud ya que, además de promocionar a los artistas de la Eurorregión, se consolida como una de las tres mejores exposiciones itinerantes de pintura de la Península Ibérica. En la última edición concurrieron cerca de 300 obras, de las que fueron elegidas una treintena - entre ellas "Contenedor Naranja", de Gemma Marqués - que formaron la VIII Bienal, que ha concluido el pasado mes de noviembre.

9 de dec. de 2010

TOMIÑO

EnForjArte expón todo o mes de decembro en Tomiño

Infogauda / Tomiño

O longo de todo este mes de decembro de 2010, a Viñoteca Xamonería Plaza do Seixo, de Tomiño, acolle novamente unha exposición de artesanía en forxa.
A creatividade é o traballo de Pily Álvarez - que posúe a Carta de Artesá, outorgada pola Xunta de Galicia -, a quentura do carbón aceso na fragua, e a nobreza do ferro, bríndannos unha fermosa mostra, onde grazas o maxín da artista-artesá, podemos ademirar - e mercar - diversas pezas para quedar ben neste Nadal ou tamén - porqué non? - para facernos un agasallo a nós mesmos.
Pily Álvarez muller, artista, traballadora,... Unha fermosa conxunción que nos convida a visitar á mostra que presenta no centro da vila de Tomiño.

2 de out. de 2010

A GUARDA

A PINTURA INTEMPORAL DE JOSÉ RAMÓN TRIGO

Retrato

41.2 x 28.9cm.
Carbón sobre papel
Autor: José Ramón Trigo Sobrino
Infogauda / A Guarda
Na vila e concello de A Guarda hai - afortunadamente - unha boa nómina de artistas. Uns máis coñecidos que outros, o cal non quer decir que os menos populares non posúan méritos para non pasar tan desapercibidos pola maioría da cidadanía. Tamén é certo que nalgún caso que coñecemos, ten sido o própio artista o que libremente tén optado por adicarse únicamente á creación, manténdose aillado de todo o que non lle interesa. É unha opción persoal que lóxicamente respectamos, como por outro lado, non pode ser doutro xeito.
En calquer caso, hai artistas naturais e mesmo veciños de A Guarda, que ainda desexando dispor de un espacio axeitado para expoñer súa obra, por diversas circunstancias poida que até agora, agás algunha mostra realizada por iniciativa persoal do própio creador, non haxan tido esa oportunidade.
Desde Infogauda coidamos que xa vai sendo hora que por parte de quen corresponda se lles preste a debida atención, para que todos aqueles creadores que o desexen poidan dar a coñecer súa obra no seu própio pobo. Un deses artistas cuia obra merece ser dada a coñecer axeitadamente é José Ramón Trigo Sobrino.
José Ramón Trigo Sobrino ingresou na Escola de Belas Artes San Fernando, de Madrid.
Na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid cursou estudos, que rematou coa calificación de matrícula de honor no Proxecto fin de carreira. Da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid recebeu os premios da Fundación Álvarez Bouquel e da Fundación Matrimonio Luque, concedidos o mellor alumno de Proxectos.
O Concello de Madrid otorgoulle o premio Antonio Maura, dos Vila de Madrid. Desde fai varios anos José Ramón Trigo Sobrino reside en A Guarda (Galicia) España.
José Ramón Trigo Sobrino é un artista riguroso e metódico no seu labor, con unha obra ampla e diversa, xa que cultiva os retratos, paisaxes, bodegóns, mariñas,..., seguindo un proceso técnico que parte de uns bocetos previos - que xa por sí mesmos son arte en esencia - ata acadar o resultado final que o artista desexa, tanto en dibuxos a lapis ou pinturas ao óleo.
Premer eiquí pra visualizar unha mostra de obras de José Ramón Trigo con figuras humanas.
Para saber máis, visitar a páxina web de José Ramón Trigo Sobrino.

27 de set. de 2010

VIGO

Convocatoria de Arte Postal - QUEREMOS SAUDARTE





José Jato Darriba / Unidade de Cultura Científica / Universidade de Vigo



Saúdanos ti tamén e mándanos a túa visión da saúde...

A Universidade de Vigo, por medio da Unidade de Cultura Científica e o Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública MP1, coafinanciación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de Arte Postal coa saúde e a arte como fío condutor:

SaudArte 2010

no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras podan ser enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade, e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel fundamental.

As bases da convocatoria e un cuestionario sobre hábitos saudables están dispoñibles na web de Saudarte 2010

Podedes remitir as vosas obras antes do 31 de outubro a:


Convocatoria de Arte Postal 'SaudArte'

A/A de Lourdes Maceiras

Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública

E.U. Fisioterapia

Campus Universitario

36005 Pontevedra


Ou por correo electrónico a: saudarte@uvigo.es

Animámosvos a participar nesta iniciativa de promoción da saúde a través da arte.


11 de ago. de 2010

A GUARDA

A PINTORA GEMMA MARQUÉS EXPÓN SÚA OBRA NO PORTO DE A GUARDA
· A temática mariñeira é a protagonista dos seus cadros



Infogauda / A Guarda
A pintora Gemma Marqués expón súas obras máis recentes no porto de A Guarda. A exposición poderase visitar ó longo das Festas do Monte Santa Trega.
Nesa mostra, Gemma Marqués amósanos súa personalísima homenaxe ás mulleres e homes do mar de A Guarda, a traverso dunha visión etnográfica das embarcacións pesqueiras - coa gamela como referente dunha ancestral tradición da navegación a remo e a vela - e dos trebellos - nasas, redes, maromas, ... - que os pescadores guardeses empregan na súa labor cotiá.
A sensibilidade artística de Gemma Marqués tamén queda de manifesto nos cadros onde as vivendas de pescadores, os sulagos nas augas da badía, os rochedos de A Fontiña, o espigón do Balueiro, A Robaleira,..., coas súas peculiares policromías, destacan como un territorio náutico-urbán, sen parangón posible. Único.
Dese xeito Gemma Marqués agasállanos coa súa particular ollada, felizmente representada nos seus cadros de técnicas mixtas (acrílico, óleo, pan de ouro, pan de prata,...) sobre táboa e sobre lenzo.
A mostra de Gemma Marqués é unha verdadeira regalía de beleza e de coores.

A GUARDA

MARIA SOBRINO: REENCONTRO COA TERRA NAI

· A pintora guardesa, residente en New York, presenta súas obras no Salón dos Espellos do Colexio PP. Somascos


Infogauda / A Guarda
Até o vindeiro día 14 de agosto, a pintora guardesa María Sobrino Pereira expón súas obras, no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, de A Guarda.
A mostra pode visitarse de luns a sábado, de 21:00 a 23:00 h., e os domingos de 12 a 14:00 h. é de 21:00 a 23:00 h..
Ainda que María Sobrino é natural de A Guarda, súa vocación artística agromou en New York, onde reside desde 1984, xunto co seu esposo e fillos. Na metrópoli novaiorquina foi cultivando súa afección que iría consolidándose co paso do tempo. No verán de 1991 voltou á Terra, traendo consigo parte da súa obra, expóndoa por vez primeira nunha mostra colectiva que orgaizou a Agrupación Cultural Guardesa.
O retornar a New York matriculouse no Queens College Of The City University Of New York, onde recibiu crases de pintura, e tamén no Queens Borough Community College para asistir a crases de debuxo i escultura.
María Sobrino tén exposto con notable éxito en máis dunha ducia de ocasións: Na Guarda, Tui, Zamora, Vigo, Suiza, Allariz, Santiago de Compostela, Goián, O Rosal,...
Parte da súa obra está en coleccións institucionais e privadas de Galicia, Suiza e América.
A pintora guardesa tén un estilo moi persoal, onde o debuxo é unha fase fundamental, previa a intervención da cor, a base dunha sutil capa matérica, o que lle permite a artista xogar coas veladuras e fundidos.
Os protagonistas principais da obra de María Sobrino son seres humáns, homes e mulleres - a veces espidos -, e a Natureza, representada por criaturas como as aves, as bolboretas, as caracolas mariñas, os cabaliños de mar, os gatos, os peixes,..., que conviven harmónicamente n´un idílico e imaxinario paradiso, onde o astro rei e a Lúa, amosan o contrapunto entre o día e a noite. Nese medio natural hai fartura de beleza física - representada por mulleres de longa cabeleira, e ollos grandes; e tamén homes mozos e maiores no traballo cotián, no agro e no mar -, e mesmo mística, onde os anxos, tamén teñen seu espacio cáseque divino. Nese microcosmos pictórico, hai tamén fartura nutricia, na que os acios de uvas, a froita fresca, o viño, ..., comparten protagonismo escénico.
Na obra de María Sobrino, que podería encadrarse no estilo inxenuista ou naïf, latexa a saudade pola Guarda, representadada en varios cadros da súa autoría, nas que seu maxín transpórtaa imaxinariamente desde seu estudo no 1538 de Pine Acres Boulevard, en Bay Shore (New York), polo colo da badía guardesa, representada polo perfil multicromático do barrio de pescadores, o contradique de Punta Xenete, ás praias,..., e mesmo polas estrelas da Vía Láctea.
A exposición de María Sobrino contribúe a que A Guarda sexa, por dereito própio, protagonista cultural do verán no Baixo Miño.

A GUARDA

O GRUPO IMPÁS AMOSA SÚA OBRA NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA


Mosaico de imaxes baseado en obras de compoñentes do Grupo Impás
Infogauda / A Guarda
O Grupo Impás, de A Guarda presenta até o 14 deste mes, en horarios de 10.00 a 13.00 h. e de 17.00 a 20.00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda, unha mostra de pintura na que se amosan estilos, técnicas e temáticas diferentes.
O Grupo Impás, que xurdiu no estudo da pintora guardesa Alicia Alonso está formado hoxendía por Mary Otero, Carmen Mª Rodríguez, Pilar López, Nati Alonso, Charo Trigo, Isabel Antón, Fini Mauri, Nacho Martínez, Carlos Fajar, Aurelio Campos, Carmen Baz, Sergio Santiago e Alicia Martinez.
“O colectivo – segundo dixo a este cronista a pintora Charo Trigo, que forma parte de Impás - non só se xunta para pintar, senón tamén para pasar momentos de lecer que nunca esquecerán. É xente que comparte a paixón pola pintura e que tén as mesmas inquedanzas”.
O Grupo Impás tén feito exposicións en diversas localidades galegas, como A Guarda, Tui, O Rosal, Baiona,..., entre outras.

10 de ago. de 2010

A GUARDA

ALICIA ALONSO: RETROSPECTIVA 1958 - 2010


Infogauda / A Guarda

A Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda), acolle até o vindeiro sábado día 14 deste mes de mes, unha mostra de dibuxos e pinturas da artista Alicia Alonso (A Guarda, 1945), que leva por título xenérico Alicia Alonso: retrospectiva 1958 - 2010.
Con esa exposición foi aberto o público un inmoble - en boa hora mercado para o patrimonio municipal - que debera ter como única finalidade ser un facho cultural onde puderan estar representadas as meirandes figuras da Cultura de A Guarda. Lamentablemente as decraracións de intencións dos actuais responsables municipais de goberno prevén outros usos que consideramos non deberan converter a Casa dos Alonso n´un inmoble para outras finalidades ben diferentes. Compre salientar que - como algúns saben dabondo - o devandito inmoble non foi mercado - polo goberno precedente - para ser Casa do Concello. A Casa Consistorial debe ter outras características constructivas e dispor dunha maior accesibilidade rodada. Como todo o mundo sabe, para chegar a Praza do Reló non hai precisamente esa operatividade viaria, o cal non é atranco para darlle o inmoble uns usos culturais nos que A Guarda carece hoxendía, da axeitada infraestructura.
En todo caso, queremos relembrar que a exposición de Alicia Alonso constitúe unha boa oportunidade para apreciar unha mostra bastante representativa da súa obra. De tódolos xeitos botamos en falla algunhas pezas da autoría da benquerida pintora, como son os retratos, xénero que Alicia Alonso tén cultivado desde fai máis 40 anos. Aínda así, na exposición podemos ollar algúns cadros que nos amosan craramente o oficio de Alicia Alonso para reflectir xa sexa n´un lenzo ou noutro soporte, a expresividade da figura humana.
Alicia Alonso é por dereito própio, unha muller que xa tén un merecido espacio, gañado a pulso por ela mesma, dentro da Historia de A Guarda. A exposición que lles comentamos é boa proba delo. Non deixen de visita-la.
OS VOSOS COMENTARIOS
Anónimo dixo:
Seguem voçes ca endogamía cultural de sempre, que se a agrupaçao cultural, que se a chuni que se a condesa de buscapisos, sempre os mesmos e sempre en agosto, (sempre en galiça, of course), e que nao conhecen novos valores nesse povo, nen novas formas de plastica, un exemplo; un fato de marinheiros deunos a todos, na catanga unha verdadeira mostra de arte cotemporaneo. Menos mal que no resto do ano fica a a paisaxe.

2 de ago. de 2010

A GUARDA

O GRUPO IMPÁS INAUGURA ESTE LUNS UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURAS
- A mostra poderá visitarse até o 14 de agosto, no Centro Cultural e Social de A Guarda


Infogauda / A Guarda
O Grupo Impás, de A Guarda inaugura este luns unha exposición colectiva de pinturas que poderá visitarse até o 14 deste mes, en horarios de 10.00 a 13.00 h. e de 17.00 a 20.00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda. A mostra é unha sinfonía heteroxénea de estilos, técnicas e temáticas diferentes, que non deixará indiferente a ninguén.
O Grupo Impás, que xurdiu no estudo da pintora guardesa Alicia Alonso está formado hoxendía por Mary Otero, Carmen Mª Rodríguez, Pilar López, Nati Alonso, Charo Trigo, Isabel Antón, Fini Mauri, Nacho Martínez, Carlos Fajar, Aurelio Campos, Carmen Baz, Sergio Santiago e Alicia Martinez.
“O colectivo – segundo dixo a Infogauda a pintora Charo Trigo, que forma parte de Impás - non só se xunta para pintar, senón tamén para pasar momentos de lecer que nunca esquecerán. É xente que comparte a paixón pola pintura e que tén as mesmas inquedanzas”.
O Grupo Impás tén feito exposicións en diversas localidades galegas, como A Guarda, Tui, O Rosal, Baiona,..., entre outras.

31 de xul. de 2010

A GUARDA

MARÍA SOBRINO INAUGURA HOXE UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURAS



- A pintora guardesa, residente en New York, presenta súas obras na Sala dos Espellos do Colexio PP. Somascos







Infogauda / A Guarda

Desde ás 21.30 h. deste sábado día 31 de xullo, en que será inaugurada á exposición, até o vindeiro día 14 de agosto, a pintora guardesa María Sobrino Pereira expón súas obras, no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, de A Guarda.

A mostra pode visitarse de luns a sábado, de 21:00 a 23:00 h., e os domingos de 12 a 14:00 h. é de de 21:00 a 23:00 h..

Ainda que María Sobrino é natural de A Guarda, súa vocación artística agromou en New York, onde reside desde 1984, xunto co seu esposo e fillos. Na metrópoli novaiorquina foi cultivando súa afección que iría consolidándose co paso do tempo. No verán de 1991 voltou á Terra, traendo consigo parte da súa obra, expondo por vez primeira nunha mostra colectiva que orgaizou a Agrupación Cultural Guardesa.

O retornar a New York matriculouse no Queens College Of The City University Of New York, onde recibiu crases de pintura, e tamén no Queens Borough Community College para asistir a crases de debuxo i escultura.

María Sobrino tén exposto con notable éxito en máis dunha decena de ocasións, na Guarda, Tui, Zamora, Vigo, Suiza, Allariz, Santiago de Compostela, Goián, O Rosal,...

Parte da súa obra está en coleccións institucionais e privadas de Galicia, Suiza e América.

A pintora guardesa tén un estilo moi persoal, onde o debuxo é unha fase fundamental, previa a intervención da cor, a base dunha sutil capa matérica, o que lle permite a artista xogar coas veladuras e fundidos.

Os protagonistas principais da obra de María Sobrino son seres humáns, homes e mulleres, a veces espidos, e a Natureza, representada por criaturas como as aves, as bolboretas, os cabaliños de mar, os gatos, os peixes,..., que conviven harmónicamente n´un idílico e imaxinario paradiso, onde o astro rei e a lúa, amosan o contrapunto entre o día e a noite. Nese medio natural, hai fartura de beleza física -representada por mulleres de longa cabeleira, e ollos grandes; e tamén homes mozos e maiores no traballo cotián no agro e no mar -, e mesmo mística, onde os anxos, tamén teñen seu espacio cáseque divino. Nese microcosmos pictórico, hai tamén fartura nutricia, na que os acios de uvas, a froita fresca, o viño, ..., comparten protagonismo escénico.

Na obra de María Sobrino, que podería encadrarse no estilo inxenuista ou naïf, latexa a saudade pola Guarda, representadada en varios cadros da súa autoría, nas que seu maxín transpórtaa imaxinariamente desde seu estudo no 1538 de Pine Acres Boulevard, en Bay Shore (New York), polo colo da badía guardesa, a silueta do barrio de pescadores, o contradique de Punta Xenete, ás praias,..., e mesmo polas estrelas da Vía Láctea.

A exposición que hoxe inaugura vai ser, sen lugar a dúbidas, un fermoso acontecemento cultural no verán de A Guarda.

21 de xul. de 2010

A GUARDA

A PINTORA GEMMA MARQUÉS EXPORÁ SÚA OBRA MÁIS RECENTE NO PORTO DE A GUARDA


A pintora Gemma Marqués diante de dous dos seus cadros

Infogauda / A Guarda

A pintora Gemma Marqués exporá súas obras máis recentes no porto de A Guarda. A exposición será inaugurada o vindeiro sábado día 24 de xullo, ás 11.00 h. e poderase visitar ó longo das Festas do Monte Santa Trega.
Nesa mostra, Gemma Marqués amosaranos súa personalísima homenaxe ás mulleres e homes do mar de A Guarda, a traverso dunha visión etnógráfica das embarcacións pesqueiras - coa gamela como referente dunha ancestral tradición da navegación a remo e a vela - e dos trebellos - nasas, redes, maromas, ... - que os pescadores guardeses empregan na súa labor cotiá.
A sensibilidade artística de Gemma Marqués tamén quedará de manifesto nos cadros onde as vivendas de pescadores, os sulagos nas augas da badía, os rochedos de A Fontiña, o espigón do Balueiro e o contradique de Punta Xenete,..., coa súas peculiares policromías, destacan como un microcosmos náutico sen parangón posible. Único.
Dese xeito Gemma Marqués agasállanos coa súa particular ollada, felizmente representada nos seus cadros de técnicas mixtas (acrílico, óleo, pan de ouro, pan de prata,...) sobre táboa e sobre lenzo.
A mostra de Gemma Marqués será unha verdadeira regalía de beleza e de coores.

7 de maio de 2010

Jorge Barbi, Espumas, 2007

Artista galego Jorge Barbi expõe no CAM a partir de 7 de Maio


Jorge Barbi é um artista com uma trajectória singular, não só pela sua prática criativa, inicialmente centrada na escultura e mais tarde alargada à fotografia, como também pela sua independência relativamente às regras do mercado e ao sistema artístico em geral.


Fundación Calouste Gulbenkian / Lisboa


A exposição 41º 52’ 59’’ latitude N / 8º 51’ 12’’ longitude, que o CAM inaugurou ontem dia 6 de Maio, permanecendo até 11 de Julho, será a sua primeira apresentação em Portugal e resulta de uma parceria com o Marco - Museu de Arte Contemporânea de Vigo. O título da mostra refere-se às coordenadas geográficas que o artista galego percorre nos seus trajectos diários e que tem constituído uma fonte inesgotável de inspiração para o seu trabalho. Desde o início dos anos 80, Jorge Barbi adopta o passeio, a viagem como método de trabalho para a observação de uma geografia que conhece bem e de onde extrai um grande reportório de detritos e acidentes, de modo a obter uma cartografia exaustiva da paisagem e dos elementos em mutação que a constituem. O exercício do passeio e a observação quotidiana de animais, pedras, algas, plantas, excrementos, troncos de madeira e também outros objectos de natureza inorgânica, converteram Jorge Barbi numa espécie de cientista que regista minuciosamente as transformações dos elementos que, mais tarde, a partir de um processo lento e meticuloso, se convertem em fragmentos poéticos e enigmáticos.Comissariada por Juan de Nieves, a mostra parte de várias séries de fotografias realizadas nos últimos anos, a que se juntam uma selecção de peças anteriores e novas produções específicas.O comissário evitou uma apresentação cronológica das obras, estabelecendo novas pistas de leitura, através de uma montagem que combina estruturas arquitectónicas, iluminação e recursos visuais, de modo a destacar as relações entre os vários núcleos. O diálogo contínuo de obras anteriores com trabalhos mais recentes resulta num interessante jogo de tensões e equilíbrios.Esta exposição tem o apoio da Sociedade Estatal para a Acção Cultural Exterior de Espanha, SEACEX e da Embaixada de Espanha em Portugal.