Amosando publicacións coa etiqueta ECONOMÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ECONOMÍA. Amosar todas as publicacións

28 de mar. de 2012

BAIXO MIÑO

AFECTADOS POLAS "PREFERENTES"
VENRES, 30 DE MARZO: TODOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O 30 DE MARZO, VENRES A CONCENTRACION DE SANTIAGO DE COMPOSTELA EN REFERENCIA OS AFECTADOS DAS PARTICIPACIONS DE CAIXANOVA SAE O BUS AS 08.00h DO ROSAL, anotarse en:

27 de mar. de 2012

A GUARDA

O CONCELLO VAI FACER UN REXISTRO DE AFECTADOS

O Concello da Guarda fará un rexistro de afectados. O motivo, que O Rosal está colapsado polo grande número de afectados das Preferentes, polo que técnicos da Xunta se desplazarán á Guarda para informar e xestionar as reclamacións. A partir deste mércores, os afectados poden pasar polo Concello guardés.

24 de mar. de 2012

ECONOMÍA

VENRES 30 DE MARZO, TODOS A SANTIAGO DE COMPOSTELA

9 de mar. de 2012

BAIXO MIÑO

ACTUACIÓNS DO GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO

O GRUPO DE AFECTADOS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES DO BAIXO MIÑO, enviou sendos escritos, dirixidos aos alcaldes dos diferentes Concellos do Baixo Miño solicitando:

a/ A celebración dun Pleno extraordinario para que ditos concellos e os grupos políticos que forman parte do mesmo, apoien aos afectados do maior fraude financeiro habido ata agora no estado español.

b/ Que, por parte de cada respectivo Concello se cree un rexistro de afectados e que no plazo dun mes, dende a posta en marcha de dito rexistro, se envíe o listado á Xunta de Galicia, Goberno Central, CNMV e Banco de España, no que soliciten que se obrigue aos bancos que colocaron produtos preferentes e obrigacións, a anular o contrato e á devolución íntegra do capital invertido por fraude, comercialización irregular e engano aos clientes.

c/ Que se obrigue aos bancos a que trasladen o capital invertido polos clientes que teñen este tipo de produtos de alto risco, a unha conta de prazo fixo, tal e como querían estes últimos, cun prazo de vencimento non superior aos dous anos.

Este Grupo, recorda a tódolos afectados que NON ASINEN ningún documento presentado polos bancos sen que antes non sexa revisado por algunha persoa coñecida e da súa confianza. Que non ACEPTEN OS PRÉSTAMOS que quere poñer algunha entidade bancaria, porque isto é un novo engano, xa que estes préstamos hai que devolvelos ao cabo de X anos e, aínda que digan que os intereses que xeren estes préstamos son descontados dos intereses das participacións, que teñan en conta que no caso de que estas últimas non produzan intereses, os afectados terán que pagar estes do seu propio peto, ademais de ter que avalalos con propiedades.

Finalmente adxuntamos dous posibles modelos para que os afectados podan pedir a NULIDADE DO CONTRATO así como presentar unha SOLICITUDE DE VENDA ao 100%, as dúas para presentar no Banco. Poden tamén pedir en cada concello, na oficina de Consumo, unha folla de reclamación. Lembramos, por favor, NON ASINEDES NADA, no banco, SEN QUE ALGUÉN LEA a letra pequena. Calquera documento que vos dean, levalo para casa e se non o deixan levar, DESCONFIADE.


Modelo de nulidade de contrato

ORDEN DE VENTA

A LA ATENCIÓN DE: Director de la Oficina ___________

Calle

Localidad:

Provincia: Pontevedra.

Por la presente, el abajo firmante, don ___________, con DNI _________,

con domicilio en __________________, titular de la cuenta valores

nº____________, denominación del valor _____________________.

SOLICITO:

Se proceda a la venta de los referidos valores cuyos datos son.

Nº de títulos:

Nominal por título:

Total nominal:

Cambio: 100 %

Fecha límite: 25 días

El abono de la venta de las participaciones se ingresará en la Cuenta nº:

En ______ a____ de ________ de 2012

Firmado:


Modelo de nulidade de contrato

SERVICIO DE ATENCIÓN AL CLIENTE

DE LA ENTIDAD BANCARIA____________________

Calle

Localidad:

Provincia: Pontevedra.

Por la presente, el abajo firmante, don ___________, con DNI _________, con

domicilio en __________________, titular de la cuenta valores

n€____________, denominación del valor _____________________.

SOLICITO:

La NULIDAD DEL CONTRATO y la devolución íntegra de lo invertido por

considerar que se trata de una comercialización irregular, ilegítima y fraudulenta

en base a los siguientes motivos:

PRIMERO.- Que la comercializacin del producto arriba señalado, se produjo sin que la enti

dad financiera me informara correctamente sobre la naturaleza y características del producto,

en particular su carácter perpetuo y el riesgo que conllevaba la inversión, cuando lo que

realmente se quería contratar era un producto con liquidez y sin riesgo. En ningún caso se me

informó ni de lo anterior ni de que los intereses están condicionados por los beneficios que ob

tenga la entidad.

SEGUNDO.– La persona que me ofreció este producto, afirmó que no tenía ningún riesgo y

que podría obtener el dinero ingresado en un plazo máximo de dos días. Además de señalar

que era un depósito similar al plazo fijo.

TERCERO.- En mi caso, me enteré que habí‚a que hacer un Test (Test MIFID) hace unos

días, cuando se destapó este fraude. A mi, no se me realizó tal Test y, en el caso de existir é

‡ste, las respuestas que figuren en él, no fueron dadas nunca por mi, por lo que rechazo todas

las que figuren en dicho test.

CUARTO.- La directiva europea sobre mercados de instrumentos financieros (MIFID) señala

que si el cliente desconoce que es lo que está contratando, la entidad tiene prohibido firmar el

contrato, cosa que a mi entender se conculcó.

En ___________ a _____ de ______________de 2012

Firmado:


(Remitido)

4 de mar. de 2012

VIGO

OS CIDADÁNS AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES PÓÑENLLE PROA A BANCA



Fotografías: Yoli Ví

Vídeo da mobilización en Vigo de afectados polas participacions "PREFERENTES". que recraman seus aforros.

3 de mar. de 2012

BAIXO MIÑO

AFECTADOS POLAS PARTICIPACIONS PREFERENTES

LUNS, 5 DE MARZO, ÁS 9:30 H., CONCENTRACIÓNS DIANTE DAS SUCURSAIS DE CAIXANOVA

O Grupo de Afectados das Participacións Preferentes do Baixo Miño, informa das seguintes actuacións que se van desenvolver na vindeira semana:

LUNS, 5 de marzo, a partir das 9,30 horas: Concentración diante de tódalas sucursais de Caixanova do Baixo Miño: Oia, A Guarda, O Rosal, Goián, Tomiño; Tui e Salceda. É importante que tódolos afectados acudan ás súas respectivas sucursais, xa que temos que seguir presionando. Levade asubíos, bucinas..., que se note a presenza dos que foron enganados polos bancos que non tiveron escrúpulos en levar a cabo un dos maiores FRAUDES cometidos pola banca.

Esperamos que os máis de trescentos afectados das participacións preferentes que hai no Baixo Miño, apoien coa súa presenza as concentracións previstas para o luns.

MARTES, 6 de marzo, de 10,00 ás 12,00 horas: estaremos no local de ANABAM (rúa Calvario,44 de A Guarda) para axudar a cubrir as solicitudes de NULIDADE DE CONTRATO e de ORDE DE VENDA das participacións preferentes.

Lembramos tamén, para as persoas interesadas, que ADICAE ampliou o prazo, ata o día 15 de marzo, para as persoas que desexen presentar unha demanda colectiva.

Lembra, se tes PARTICIPACIÓNS PREFERENTES, non quedes na casa, mobilízate, únete ao Grupo de afectados, infórmate a través do Facebook, contacta con nós en fraudeparpre@gmail.com.

Ninguén vai resolver o teu problema se non tratas ti de resolvelo. Na casa, ninguén.

21 de feb. de 2012

ECONOMÍA

AFECTADOS PARTICIPACIONES PREFERENTES
ADICAE agrupa a los afectados por las preferentes y otros productos tóxicos de ahorro. Información de canjes, escritos para presentar y la estrategia para reclamar totalmente actualizada.
INSCRÍBASE AQUÍ PARA RECIBIR INFORMACIÓN SIN COMPROMISO
La inscripción a la plataforma le permite entre otras cosas recibir información del caso aunque para ser representado o defendido por ADICAE deberá hacerse socio.
Última información del CasoÚLTIMA INFORMACIÓN DEL CASO
Todas las Noticias del Caso (Histórico)HISTÓRICO DE NOTICIAS DEL CASO
AsambleasASAMBLEAS (78)
ConcentracionesCONCENTRACIONES (1)
Descargas de DocumentosDESCARGAS DE DOCUMENTOS (10)
Enviar a un amigoENVIAR A UN AMIGO

1 de abr. de 2011

TUI

A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA REPARTEN 3.000€ EN PREMIOS DENTRO DA CAMPAÑA “MERCA NA RÚA” PARA FOMENTAR O CONSUMO NO COMERCIO LOCAL DE TUI






Infogauda / Tui



Mañá 02 de abril pola tarde ás 17:00h na Avda. da Corredoira, s/nº (o lado da Igrexa de San Francisco) en Tui, a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro Dominguez e o Deputado Provincial, Jesús María Fernández Portela, xunto coa Presidenta da Federación de Empresarios do Baixo Miño, Carmen Braga, o Presidente da Asociación de Comerciantes de Tui, Jorge Álvarez e un representante do Concello de Tui, repartirán un total de 3.000€ en 26 vales de compra entre os clientes do comercio local de Tui dentro da campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” organizada a través da Oficina Provincial de Comercio REDIC coa colaboración da Federación de Empresarios do Baixo Miño e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Tui. O acto desenvolverase nunha carpa habilitada para a ocasión na Avda. da Corredoira, s/n, en Tui que dende hoxe pola tarde se porán en marcha diferentes actividades e obradoiros para os máis cativos e que é o lugar ao que dende primeira hora da tarde se achegará o público para non perderse o sorteo.

“Merca na Rúa” é unha actividade que coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio; a visualización do comercio de proximidade; fomentar o asociacionismo; e animar as rúas comerciais das vilas da provincia de Pontevedra. Esta iniciativa, nacida grazas a un convenio de colaboración asinado entre a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, se está a desenvolver por segundo ano consecutivo e se puxo en marcha en 10 vilas da provincia de Pontevedra sorteando en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para gastar nos comercios locais. Estivo en Forcarei, Cambados, Poio, e Redondela durante o mes de novembro, Valga en decembro, en Tui ata o 2 de abril e desenvolvese tamén nos municipios de Porriño, Caldas, Silleda, e Cangas nos meses de febreiro, marzo e abril. Dinámica da actividade A actividade foi publicitada por dinamizadores comerciais que durante as dúas últimas semanas percorreron as rúas de Tui promovendo e incentivando as compras no comercio local, animaron a comerciantes e consumidores a tomar parte nela e ofreceron información na carpa que para a ocasión se colocou na Avda. da Corredoira, s/nº, en Tui. Os consumidores que quixeron participar presentaron nesta carpa os tickets das compras recibindo a metade dun boleto co que puideron tomar parte no sorteo dos vales de compra que finalmente terá lugar o sábado, día no que remata a actividade.

24 de mar. de 2011

A GUARDA E O ROSAL

23 de mar. de 2011

OURENSE

A DEPUTACIÓN E A XUNTA PROMOVEN UNHA FÁBRICA DE COCHES ELÉCTRICOS EN MELÓN

A Deputación provincial de Ourense e maila Xunta de Galicia promoven a instalación dunha empresa de capital inglés que se dedicará a fabricar coches eléctricos no concello de Melón. O investimento previsto é de 26 millóns de euros, creará máis de 1.000 postos de traballo cando estea a pleno rendemento e prevé fabricar 20.000 coches anuais.
O proxecto da empresa XERO consiste na fabricación dun modelo de tres prazas (X3 RO) coa última tecnoloxía, cunha autonomía de 200 quilómetros e un custe estimado para Europa de 18.000 euros máis IVE. Os primeiros prototipos – cos que se farán probas de durabilidade e outros controis- circularán polas estradas ourensás entre maio e xuño e a partires deles empezará a fabricación en serie.
A planta, a construir en Melón, ten previsto ocupar uns 100.000 metros cadrados de chan e debería estar rematada a finais do ano 2012. Mentres, proudiciríase un número reducido de unidades en instalacións temporais que alugaría a empresa.
O Presidente da Deputación, que desvelou que este é un proxecto que naceu no Inorde e que conseguíu posteriormente o apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE e da consellería de Industria, co Plan Impulsa Ourense, dixo que “a implantación desta empresa e a súa aposta pola creación de emprego marcará un antes e un despois na nosa provincia”. Baltar aludíu á importancia de que os 1.000 postos de traballo directos que se prevé crear suporán a creación ou mantemento de moitos máis postos indirectos de empresas auxiliares do automóvil, das que en Ourense hai excelentes exemplos.
Tamén valorou positivamente o presidente da Deputación os efectos do Plan Impulsa e dixo que “foi moi criticado pola oposición, pero aquí vemos os seus efectos positivos, porque esto faise gracias a ese plan”.
O conselleiro de Industria, Javier Guerra salientou a aposta do seu departamento por esta iniciativa dende o momento en que lle foi presentada –no pasado mes de setembro- e dixo que “estase producindo un momento de cambio no sector da automoción. No futuro haberá unha gran presencia da electromovilidade e Galicia ten que estar posicionada con diferentes alternativas”, salientando tamén o apoio que a Xunta realiza a Citroen para a construcción do seu vehículo eléctrico en Vigo.
Guerra lembrou que “Galica é polo da automoción en España” e sobre este caso particular indicou que “trátase dun proxecto ilusionante, con investimento estranxeiro e coa creación de moito emprego directo”.

22 de mar. de 2011

TUI

CHEGA A TUI “MERCA NA RÚA”, UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL QUE SORTEARÁ 3.000 EN VALES DE COMPRA ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO

Entre o 21 de marzo e o 2 de abril terá lugar en Tui a campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” promovida pola Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral da Xunta de Galicia a través da oficina provincial de Comercio REDIC.

Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio, a visualización do comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo e animar as rúas comerciais das vilas.

A iniciativa que por segundo ano se está a desenvolver en 10 vilas da provincia de Pontevedra, sorteará en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para gastar nos comercios locais. Estivo xa en Forcarei, Cambados, Poio, Redondela e Valga, agora en Tui e desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo e abril nos municipios de Porriño, Cangas, Silleda e Caldas.
Dinámica da actividade
A actividade será publicitada por dinamizadores comerciais que animarán a comerciantes e consumidores a tomar parte nela durante as dúas semanas nas que se desenvolva en cada vila e ao mesmo tempo instalarase unha carpa nun lugar céntrico a modo de punto de información.
Os consumidores que queiran participar deberán presentar na carpa os tickets das compras realizadas entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 17:00h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra. A outra metade será depositado na furna habilitada a tal efecto na carpa da organización.
O sábado da 2ª semana en cada una das 10 vilas, celebrarase o peche da campaña (nunha carpa que se colocará nunha zona céntrica) durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e 2 de 300€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto.

21 de mar. de 2011

TUI










CHEGA A TUI “MERCA NA RÚA”, UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL QUE SORTEARÁ 3.000 EN VALES DE COMPRA ENTRE OS CLIENTES DO COMERCIO LOCAL PARA FOMENTAR O CONSUMO.



Entre o 21 de marzo e o 2 de abril terá lugar en Tui a campaña de dinamización comercial “Merca na Rúa” promovida pola Deputación de Pontevedra e a Dirección Xeral da Xunta de Galicia a través da oficina provincial de Comercio REDIC.

Trátase dunha actividade de dinamización comercial coa que se pretende fomentar as ventas e incentivar o consumo no pequeno comercio, a visualización do comercio de proximidade, fomentar o asociacionismo e animar as rúas comerciais das vilas.

A iniciativa que por segundo ano se está a desenvolver en 10 vilas da provincia de Pontevedra, sorteará en cada unha delas 3.000 euros en vales de compra (24 vales de 100€ e 2 de 300€) para gastar nos comercios locais. Estivo xa en Forcarei, Cambados, Poio, Redondela e Valga, agora en Tui e desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo e abril nos municipios de Porriño, Cangas, Silleda e Caldas.


Dinámica da actividade

A actividade será publicitada por dinamizadores comerciais que animarán a comerciantes e consumidores a tomar parte nela durante as dúas semanas nas que se desenvolva en cada vila e ao mesmo tempo instalarase unha carpa nun lugar céntrico a modo de punto de información.
Os consumidores que queiran participar deberán presentar na carpa os tickets das compras realizadas entre as 10:00h do luns da 1ª semana e as 17:00h do sábado da 2ª semana, e recibirán nese momento a metade dun boleto para participar no sorteo dos vales de compra. A outra metade será depositado na furna habilitada a tal efecto na carpa da organización.
O sábado da 2ª semana en cada una das 10 vilas, celebrarase o peche da campaña (nunha carpa que se colocará nunha zona céntrica) durante a que se fará o sorteo público dos vales de compra por valor de 3.000€ (24 vales de 100€ e 2 de 300€) que consistirá na extracción dos boletos depositados ao longo das dúas semanas que durou a campaña nas furnas habilitadas a tal efecto.

15 de mar. de 2011

VILANOVA DE CERVEIRA

O PROXECTO RM RÍO MIÑO SERÁ PRESENTADO O VINDEIRO MÉRCORES

O vindeiro mércores, día 16 deste mes, ás 15:30 (hora portuguesa), no Aquamuseu do Río Minho, de Vila Nova de Cerveira, terá lugar á presentación da marca RM Río Miño, acto que contará coa participación de José Benito Guerreiro, promotor desa iniciativa.
¿QUÉ É RM RÍO MIÑO?

- Sistema de trazabilidade que baixo a marca RM Río Miño vai permitir un seguimento dos peixes pescados no Río Miño desde o momento en que son capturados hasta que chegan ó consumidor final.
- Este sistema salirá ó mercado baixo a marca rexistrada RM Río Miño. Este rexistro foi feito para España e Portugal nas correspondentes oficinas nacionais de patentes- marcas e propiedade industrial.
- O logotipo ,que será perforado nas aletas dos peixes mediante un proceso automatizado, está rexistrado para toda a CEE para o marcaxe de peixes
- O noso proxecto é transfronteirizo e pretende beneficiar por igual a todo-los pescadores e restauradores de ambos lados da fronteira e tomando ó Río Minho co que leva sendo desde tempos inmemoriais: UN PUNTO DE ENCONTRO.
¿CUÁNDO E CÓMO SURXE RM RÍO MIÑO?

- Durante a temporada de lamprea do 2010, a José Benito Guerreiro Álvarez, pescador do Río Miño, nunha noite de pesca, ocurríuselle a idea de perfora-las aletas das lampreas pescadas no Miño como o camiño a seguir para diferencialas doutras foráneas que son introducidas no mercado como procedentes do Miño cuando en realidade non o son.
- Comentoulle esta idea a outro pescador, Benigno Barreiro Cardoso, e entre os dous empezaron a darlle voltas a creación dun sistema de trazabilidade para a pesca do Río Miño.
- Rexistraron a marca comercial RM RÍO MIÑO e reservaron o dominio de internet
www.pescadoriominho.com.
- No mes de setembro de 2010, despois de varios meses pulindo a idea orixinal, puxéronse en contacto cun diseñador gráfico, Fernando Coello, que se encargou do diseño do logotipo do proxecto e a páxina web e con Rafa Couto, de Aplicaciones y Redes, que se encargou de desarrolla-la aplicación informática que permite faer un seguimento dos peixes desde que son pescados hasta que chega ó cliente final.
- Desde o nacemento da idea, a mediados de xaneiro, hasta a sua presentación oficial no V SIMPÓSIO IBÉRICO SOBRE A BACIA HIDROGRAFICA DO RIO MIÑO, o 20 de novembro, pasaron casi 10 meses que foi o tempo que levou darlle forma a este proxecto.


¿EN QUÉ SE DIFERENCIA O NOSO SISTEMA DOUTROS PROCEDEMENTOS DE TRAZABILIADE DE PEIXES?.

- Os sistemas tradicionais de etiquetación existentes no mercado ( exemplo: as guías de pesca que podemos ver nunha pescadería) non ofrecen información clara e , na maioría dos casos, non podemos levala para a casa.
- As tarxetas RM RÍO MIÑO irán insertadas en cada peixe (lampreas, sábalos…) ,serán tarxetas individualizadas para cada un deles e que a través dun código QR (para lectura a través dun teléfono móvil) e un código numérico (para efectuar a mesma comprobación a través da páxina web
www.pescadoriominho.com ) permitiranos comprobar cuando foi pescado ese peixe, quen o pescou, donde…
- A maiores, todo-los peixes levarán perforado na sua aleta dorsal o logotipo asociado a marca RM Río Miño.
Este logotipo é a nosa imaxen de marca e témolo rexistrado para toda Europa , o que nos capacita legalmente para ser os únicos que podemos utilizar este logotipo para o marcaxe de peixes en toda a CEE.
Añadiremos tamén que a marcaxe dunha aleta por perforación é algo do que, comercialmente falando, non temos constancia de que se realice en ningún lugar. E iso convértenos nos creadores do primeiro sistema conocido que nos permitirá identifica-la procedencia dun peixe, incluso despois de cociñado.


¿POR QUÉ SE CREA ESTE SISTEMA DE TRAZABILIDADE?

- Para diferencia-los peixes que son pescados no Miño doutros foráneos que entran no mercado procedentes doutros países e que son vendidos como se foran pescados no Miño.
- É extremadamente necesario valoriza-los productos pesqueiros do Miño, xa que a pesca do Río Miño ten mui boa imaxen no mundo da gastronomía e son muitos os restaurantes nos que dicen que sirven peixes procedentes do Río Miño.
Para os restauradores, utiliza-lo nombre do noso río é un reclamo publicitario mui bo pero…Nin sempre é verdade e, inda nos casos en que realmente o é, non contan cun sistema que lles permita ós seus clientes poder comprobalo e nos seremos os primeiros en ofrecerllo.

¿CUALES SON OS OBXETIVOS QUE PRETENDEMOS CONSEGUIR?

- Valoriza-los productos pesqueiros do Río Miño,ofrecendo un valor añadido ó cliente final.
- O cliente relaciona garantía de procedencia con calidade e nos pretendemos ofrecer algo tan simple como a posibilidade de comprobar esa procedencia.
- Dar resposta a demanda do sector hosteleiro, polo menos da parte do sector da hosteleria que traballa con seriedade, non engana ós seus clientes e quere ofrecerlles productos cunha garantía de procedencia.
- Lamentablemente muitos restauradores son enganados polos seus proveedores e ,como non existe un método para comprobar se dice a verdade…pois prodúcese un círculo vicioso donde uns enganan ós outros e nos pretendemos romper con este círculo.
- Aumenta-los beneficios dos pescadores e os restauradores practicando un modelo de negocio socialmente comprometido coa xente que máis traballa.
- Concienciar ós pescadores da necesidade de que a pesca debe ser un recurso sostible ó longo do tempo. Non se trata de pescar muito senón de valoriza-los productos que se poñen no mercado.
Para iso hai que regulariza-la cantidade de peixe que se pon no mercado, as fechas en que sale e incluso estudia-la posibilidade de establecer cupos de pesca.
- Promociona-la pesca do Río Miño como producto de excelencia.
- Intentar que a nosa marca RM Río Miño e o noso logotipo sexa a marca coa que máis pescadores e restauradores traballen e posicionarnos como o sistema de trazabilidade de referencia no Río Miño .

¿CUÁLES SON OS CONTRATEMPOS COS QUÉ NOS ATOPAMOS PARA POR EN MARCHA ESTE PROXECTO?

- Chegar cun proxecto antes de tempo debido ó vacío legal existente na comercialización da pesca no Río Miño. Si existe un reglamento para a pesca dende a segunda metade do século XIX, pero tanto este reglamento, como as sucesivas modificacións que se fixeron, non fae referencia a comercialización da pesca, que é considerada como unha axuda económica ós ribereños.
- Non existe unha lonxa de peixe do lado español do Río Miño e iso limita muito a comercialización dos peixes xa que, legalmente falando, está prohibido comercializar peixes sin a existencia dunha lonxa.
- Dificultades para conseguir financiación.

¿CUÁLES SON OS NOSOS PUNTOS FORTES?.

- A pesca do Río Miño é un referente na gastronomía e son muitos os restaurantes de Galicia, O Porto, Lisboa, Madrid… que presumen de servir lampreas, angulas, sábalos... do Río Miño, pero non contan cun sistema que poida ofrecer ós seus clientes a posibilidade de que poidan comprabar de que iso é certo.
No caso das lampreas, a posibilidade de que esa afirmación non sea certa e de que a lamprea que se está comendo non proceda do Río Miño é superior ó 50 %.
Para faer esta afirmación sólo temos que ter en conta que nunha temporada de pesca, en toda a Península Ibérica, pódense chegar a consumir unhas 400.000 lampreas que dicen que proceden do Río Miño pero…nunha temporada de pesca no Miño, sólo se capturan unha media de 200.000 lampreas, ¿de donde proceden as outras 200.000?.
- A necesidade dun sistema de certificación da pesca do Río Miño é algo demandado polos restauradores xa que os seus clientes demandan unha garantía de procedencia.
De feito, despois da nosa presentación no V SIMPÓSIO IBÉRICO SOBRE A BACIA HIDROGRÁFICA DO RIO MINHO en Vila Nova de Cerveira, foron varios os medios de comunicación que se interesaron polo noso proxecto e xa contamos con varios restauradores que queren contar co noso sistema de trazabilidade no seu establecemento.
Lamentablemente, este ano sólo vamos a por a funcionar este proxecto de forma experimental e, en principio, sólo estaremos presentes en 3 ou 4 restaurantes, pero creemos que a demanda vai ser bastante superior.
- Está previsto que a partir de enero de 2012 os pescadores do Río Miño xa contemos cunha lonxa fluvial na localidade de Goián e, o equipo de traballo que está desarrollando este sistema de trazabilidade, xa ofreceu ós pescadores que están ó frente dese proxecto a posibilidade de que lle certifiquemos ós seus peixes e están mui interesados en que así sea.
- É probable que, a partir de noviembre do 2011, se vaia a profesionaliza-la pesca no Río Miño e iso obligará a comercializa-los peixes de forma legal e nos seremos os primeiros en ofrecer un sistema de comercialización cun proceso de trazabilidade, algo que hasta o momento ainda non fixo ningún comercializador.
- O noso sistema de comercialización non ten nada que ver cos nosos potenciales competidores xa que:
1º- Xamais utilizaron un sistema de trazabilidade para os seus productos nin consideran que sea necesario.
2º- Non fiscalizan a sua facturación porque, hasta día de hoxe, as autoridades españolas, fiscalmente falando, miran para outro lado e non existe control algún e sólo en Portugal se deron os primeiros pasos a nivel fiscal e en España empeza a verse algo na comercialización da angula, pero no resto de peixes inda non se está faendo nada.
E polo tanto nos non vamos a competir con naide xa que vamos a faer as cousas dunha forma radicalmente diferente.
Iso supón un risco, pero se temos en conta que os sistemas de trazabilidade na comercialización do peixe é algo obligatorio por lei e que, cuando chegue a profesionalización ó Miño, vai ser necesario para vender e comprar os peixes e se a isto lle añadimos que nos serémolos primeiros en levar a garantía de procedencia hasta ó mismo momento de come-lo peixe; as expectativas son bastante boas.
Nun panorama de comercialización donde se traballe dunha forma legal, algo que debería producirse ó largo do ano 2011, noso proxecto podería salir adiante centrándose simplemente no desarrollo do sistema de certificación, cobrándolle a cada pescador por certificar os seus peixes.

¿ CÓMO VAMOS A REALIZA-LO PROCESO DE TRAZABILIADE?

Explicaremo-lo proceso tomando como exemplo a trazabilidade dunha lamprea.

- O equipo de traballo, previa comprobación de que as lampreas que veñen a bordo foron pescadas na marea que acaba de finalizar, recolleranas directamente ó pescador no momento de chegar a porto.
- Esta comprobación, para que ofreza a máxima garantía, realizarase contrastando o número de lampreas que hai no viveiro do barco coas anotacións no libro de pesca da embarcación e aspectos como a coloración, índice de dureza das lampreas, similitude entre todo-los exemplares e outros sistemas de control que están en fase de desarrollo.
- Finalizada esta primeira comprobación; procederase a introduci-las lampreas nun salabardo e precintarase cunha etiqueta na que se anotarán os datos do pescador, número de exemplares, fecha e hora.
- Unha vez que os salabardos coas lampreas cheguen ó viveiro; procederase a sua apertura e marcaxe individualizado de cada unha das lampreas.
- Este marcaxe realizarase de forma automática cunha máquina que perforará na aleta dorsal de cada unha das lampreas o logotipo da empresa RM Río Miño. Este logotipo foi rexistrado para toda Europa e sólo os responsables de RM Río Miño están legalmente autorizados para marcar peixes con este distintivo en toda a CEE.
- A continuación, na misma aleta, fixarase unha tarxeta que identificará a cada peixe de forma individualizada. Cada tarxeta levará un código QR e outro numérico e ira suxeita a lamprea hasta o momento de ser cociñada.
- Cuando un cliente chega a un restaurante; se na entrada do mismo observa unha placa identificativa da empresa RM Río Miño, será a indicación de que nese local sírvense peixes do Río Miño.
- No momento en que a lamprea é servida na mesa; nun pequeno plato porase a disposición dos comensais a tarxeta que iba suxeita na lamprea hasta o momento de ser cociñada.
- Ó comensal que lle toque a porción da lamprea na que está a aleta dorsal; poderá observar claramente o logotipo de RM Río Miño perforado en dita aleta, o mismo que estaba impreso na placa a entrada do restaurante e na tarxeta que está enriba da mesa.
- Se nese momento, algún dos que está na mesa dispón dun teléfono móvil que conte cun software que lea códigos QR, poderán comprobar a través da tarxeta da lamprea, datos como quen a pescou, cuando, donde…
- No caso de non dispor dun deses teléfonos, como poderán leva-la tarxeta con eles, noutro momento seralles posible faer esta comprobación entrando na páxina web
www.pescadoriominho.com e tecleando o código numérico que tamén ven impreso na tarxeta e que contén a misma información que o código QR.
- RM Río Miño, no momento en que sala ó mercado, convirtirase nun dos sistemas de trazabilidade de peixes máis avanzado e o único que hasta ó momento poderá ofrecer ó cliente final unha garantía de procedencia, incluso depois de cociñado, gracias a perforación do logotipo deste proxecto na aleta de cada peixe.



FASES PARA A POSTA EN MARCHA DESTE PROXECTO.

Este proxecto salirá ó mercado en varias etapas que se irán sucedendo nas seguintes campañas de pesca.
O feito de non faer ese lanzamento nunha sola campaña de pesca obedece simplemente a limitacións de carácter económico e as tremendas dificultades para conseguir financiación; xa que, se o promotor deste proxecto contara co capital necesario, neste momento existe a suficiente demanda como para polo a funcionar ó 100 %.
A posibilidade de que un inversor puxera capital para por en marcha esta iniciativa está totalmente descartada; xa que este proxecto está pensado para cambia-lo sistema de comercialización da pesca no Miño e , a nosa forma de traballar, vai muito máis alá dos procedementos de traballo que aplicaría unha persona que simplemente fixera unha aportación económica xa que, mui posiblemente, sólo estaría pensando no tempo en que tardaría en rentabiliza-la sua inversión.
E se buscamos unha rápida rentabilidade, o primeiro que o pagaría sería o pescador e o obxetivo deste proxecto é mellorar as condicións de vida dos pescadores, RM Río Miño non é máis do mesmo, é algo diferente. Estes son os pasos que temos previsto seguir nesta fase inicial do proxecto.

1º- Xa temos en fase de construcción a máquina perforadora e está previsto que nola entreguen entre a última semana de febreiro e a primeira de marzo.

2º - No momento en que poñamos en marcha o sistema; faeremos unha presentación oficial ós medios de comunicación e o Restaurante Os Remos de a Guarda e o Restaurante Amandio de Caminha empezarán a traballar con este sistema.

3º - O presidente da Asociación de Pescadores do Río Miño, Samuel Martínez Otero, será, despois do promotor do proxecto, que tamén é pescador, o seguinte que certifiacará as suas lampreas e as distribuirá entre os seus clientes.

4º - A finales do mes de marzo organizarase na comarca do Baixo Miño un fin de semana gastronómico ó que asistirán casi unha decena de críticos gastronómicos de España e algún máis de Portugal.
O obxetivo é presentarlles o noso sistema e que poidan ver como pescamos os peixes, o proceso de certificación, a forma de cociñalos e o resultado final.
Xa contamos cunha entidade colaboradora relacionada co mundo da restauración e que se encargaría de organizar este evento.

5º - Como fase final desta campaña; vamos a ofrecerlles ós organizadores da Feira da Lamprea de Arbo a posibilidade de que lle compren as lampreas para a sua festa a pescadores do Miño e que nos as certifiquemos.
Desta forma, eles poderían organiza-la sua feira con peixes que contan cunha garantía de procedencia do Río Miño.

6º - Terminada a campaña de pesca, valoraríamos, en función da aceptación que tuvera o noso proxecto, os pasos a seguir de cara a próximas temporadas; que básicamente se centrarían en conseguir máis fondos para comprar un vehículo e inicia-lo proceso de distribución; ou invertir máis capital sólo no proceso de certificación e incluso ser nos os que implantemos este sistema na futura lonxa de Goián.

CONCLUSIÓNS

RM RÍO MIÑO será un sistema de comercialización radicalmente diferente ó que se está faendo hasta ahora e está enfocado para mellora-la situación económica dos pescadores do Miño e os restauradores; algo que mui posiblemente redundará positivamente na economía da comarca.

19 de xan. de 2011

OURENSE

BALTAR, ESPERANZADO CON FUTURO DE NOVACAIXAGALICIA



O Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, felicitou aos responsables de Novacaixagalicia polo proceso de fusión realizado e amosou a súa ilusión e esperanza no futuro polo papel que pode xogar a nova entidade financieira. A súa intrervención produciuse no acto de entrega de premios da XI Bienal Internacional de Gravado, organizada pola caixa.
"As miñas primeiras palabras quero que sexan de felicitación para os premiados neste prestixioso certame, que puxo en marcha no seu día a entón chamada Caixa Ourense. Felicitarnos tamén porque Caixanova foi quen de continuar ese labor cultural e artístico nestes últimos anos e, agora, a NOVACAIXAGALICIA vai darlle garantías de futuro.
Ser seleccionado ou conseguir un premio neste certame é algo altamente complexo e difícil, pola extraordinaria competencia que existe. Por tal motivo, parabéns a todos.
Estamos en momentos de mudanza, de grandes cambios no eido económico e financieiro galego, que afectan directamente ás nosas caixas.
A práctica totalidade dos galegos apostamos por un proxecto común, un proxecto de país, para manter unha ferramenta financieira que puidese dar resposta ás peculiaridades que ten Galicia, ás súas características máis singulares.
Estamos nos primeiros pasos dese novo tempo, dese novo andar, e temos postas moitas ilusións, moitas esperanzas e desexos no futuro desta entidade.
Creo que os galegos sentímonos sempre galegos, por enriba de todo. Temos que sentir tamén á nosa caixa como unha caixa galega, porque así sempre será nosa e nunca nos será allea.
Certamente, os primeiros pasos son alentadores. Demostramos madurez neste proceso e hoxe atopámonos aquí xuntos os responsables da entidade financieira e os responsables das institucións autonómicas, locais e provinciais.
En definitiva, estamos todos xuntos, apoiando un proxecto común, un proxecto que non ten máis color ca o da cultura, que non ten máis color ca o da arte e a calidade.
Ogallá, no futuro poidamos estar moitas máis veces xuntos, porque será sinal de que imos polo camiño atinado e sempre será bo para todos.
A Bienal de Grabado Julio Prieto Nespereira é un compromiso de calidade dunha institución que sabe facer ben as cousas e á que lle debemos recoñecer tamén un papel fundamental dentro da nosa sociedade.
Parabéns incondicionais á novacaixagalicia polo traballo feito, por este magnífico premio, por este magnífico acto e parabéns adiantados polo moito e bo que nos vai a deparar no futuro.
Moitas gracias".

OURENSE

A DEPUTACIÓN APOIA O PROXECTO "ENTRETIENDAS" DO CENTRO COMERCIAL ABERTO

A Deputación provincial apoia o proxecto de tenda virtual "Entretiendas", posto en marcha hoxe polo Centro Comercial Aberto.
O Presidente da Deputación participou na súa presentación esta mañá. Trátase dunha tenda virtual onde os comerciantes adscritos ao Centro Comercial Aberto ofrecen os seus produtos, todos cunha rebaixa mínima dun 30 por cento.
Pode accederse na dirección www.entretiendas.com
Ao acto asistiu o Presidente do Centro Comercial Aberto, Emilio González, o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, e o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, ademais do Presidnete da Deputación, José Luis Baltar.

16 de xan. de 2011

BAIXO MIÑO

JOSÉ BENITO GUERREIRO APOSTA POLA INNOVACIÓN PARA DINAMIZAR Á ECONOMÍA DA COMARCA MIÑOTA

O polifacético rosaleiro José Benito Guerreiro amósanos unha lamprea do río Miño, un importante recurso que vai contar con un sistema de trazabilidade que garante súa orixe

O proxecto de trazabilidade das capturas do Miño segue avanzando cara á súa posta en marcha a comezos de marzo


Imaxe corporativa da RM Río Miño



Infogauda / Baixo Miño




O Proxecto de trazabilidade para a pesca do Río Miño sigue avanzando e o equipo de promotores está traballando arreo para que, como moi tarde na primeira semana de marzo, sacar ó mercado as primeiras lampreas cun sistema de marcaxe tan innovador que permitirá comprobar que esas lampreas proceden do Río Miño incluso despois de cociñadas.
Algo mui importante para valoriza-los recursos pesqueiros do Miño que neste momento encóntrase en plena campaña de pesca e, desta forma, diferenciar os peixes pescados no Miño doutros foráneos que son introducidos no mercado como procedentes do Miño, cuando en realidade non o son.
Solventadas as primeiras dificultades económicas, ahora os promotores están en pleno proceso de desarrollo da tecnoloxía necesaria para por en marcha este proxecto e pouco a pouco van encontrando solución a todo-los contratempos que van xurdindo.
As sensacións do equipo de traballo son mui boas xa que son muitos os medios de comunicación que, despois da presentación oficial que se fixo no V Simpósio Ibérico sobre a bacia hidrográfica do Río Minho o pasado 20 de novembro en Vila Nova de Cerveira, están mostrando interés polos pasos que están dando para por en marcha este sistema de comercialización da pesca.
Hasta agora, ademáis da cobertura que lle están dando os diferentes medios dixitais da comarca do Baixo Miño, xa se realizaron entrevistas en diversos medios escritos, Radio Tui e Cadea Ser e nos próximos días darase unha cobertura maior na Radio Galega, TVG e TVE.
Estes serán os medios de comunicación nos que poderemos ver e escoitar máis información sobre este innovador proxecto.
O sábado ás 13:30 no programa Coñecer Galicia da Radio Galega.
O luns 17 de xaneiro, en directo no programa A Solaina da TVG a partires das 5 da tarde.
O luns 24 de xaneiro unha unidade móbil da TVG desplazarase hasta o pantalán de San Miguel de Tabagón e faerá varias conexións en directo no programa A Revista e entrevistará a varios dos pescadores que están apoiando este proxecto.
En data ainda sen confirmar, ó longo do mes de xaneiro, unha equipa de TVE do programa Comando Actualidad desplazarase hasta a comarca do Baixo Miño para grabar un día de traballo dun pescador do Miño e tamén unha introducción ó sistema de trazabilidad eque se porá en marcha a principios de marzo.
Sen dúbida algunha, ésta e outras iniciativas que se irán pondo en marcha nun futuro, están despertando un gran interese entre os medios de comunicación e isto non fai máis que confirmar o gran potencial económico que tén o Río Miño.

24 de nov. de 2010

O ROSAL

19 de nov. de 2010

ESPAÑA

5 de nov. de 2010

CAMINHA

4 de nov. de 2010

ECONOMÍA