A curtametraxe 13 pozas reborda retranca contemplativa

Infogauda / Galicia
Durante a II Mostra de Cinema e Ciencia da Coruña vai ter lugar a estrea da curtametraxe experimental 13 pozas, realizada por Xurxo González. Esta proxección será no auditorio da Fundación Luis Seoane o vindeiro venres, 30 de outubro, ás 17h45. Unha sesión doble que contará tamén co pase da curtametraxe La invasión, de Gonzalo de Pedro. Ao final abrirase un diálogo co público asistente e presentarase o proxecto O sol do Chaos de Marcos Nine.
13 pozas é unha curtametraxe experimental con forte compoñente lúdico-festivo. 13 pozas pasa por ser un divertimento no que se produce unha interesante relectura do filme 13 lakes do norteamericano James Benning. Tras o paso do cineasta americano polo CGAI en febreiro de 2009 espalláronse, con grande impacto, as súas teses político-estéticas. Esta influencia xa é evidente no anterior proxecto de Xurxo González: 36/75.
Segundo o realizador: “nun principio pensei en facer un traballo sobre o proceso de salinación das pequenas charcas da costa do mar da Guarda atraído por o proceso creativo do artista Jorge Barbi, quen xa afondara no mundo do socheo coa súa serie fotográfica Argentea (2004) e no seu vídeo Charcas (2007). Mas ante a miña incapacidade de dar forma a estes fíos volvín a mirada cara o traballo de James Benning e da súa obra 13 lakes, no que lle dedicaba un plano fixo de 7 minutos a cada lago”.
13 pozas está lonxe desa amplitude. Respecta o número de planos mas os recorta a un minuto. Esta reducción practicada ven acorde coa significación do título xa que as pozas veñen as ser uns lagos en pequeno; “concavidade, focha, etc no terreo que se enche de auga cando chove, ou nas rochas da beira do mar, que quedan con auga ao baixar a marea”. Estes cadros centrados nestas pozas dan unha visión das peculiaridades biolóxicas da xeografía do socheo (distancia intermareal).
Neste punto entra en xogo aspecto etnográfico que é recuperando a talasonimia da zona, os nomes que reciben algunha das pozas situadas na costa da Guarda, entre Porto Ladrón e Ribel. Estas denominacións engrosan os títulos de crédito que asemellan en ritmo e duración aos realizados polo propio Benning. Mas aquí os nomes (Porto redondo, A bañeira, O pote, Fontequente) son fortemente evocadores de formas, de estar próximos a determinadas actividades humanas, á fauna que hai nelas, á cor das augas e, incluso, á temperatura da mesma.
O nivel referencial de 13 pozas actúa como un elemento festivo que está moi entroncado coa retranca galega. Benning efectúa nos seus filmes un proceso de depuración cinematográfica no que queda absorto pola beleza da natureza e no que reflexiona sobre a contemplación ofrecendo ao espectador asumir a súa condición dándose conta dos vaivens da luz, as pequenas oscilacións da natureza, a presenza do vento, o fora de campo… 13 pozas tamén ten este receitario sensorial mas ofrece unha proposta audiovisual moito máis concentrada e densa con aportes plenamente da cultura galega como pode ser determinados aspectos do seu patrimonio inmaterial así como un ton retranqueiro galaico. Así e todo, hai un programa de segundas intencións no que fai que as singularidades de Galicia emerxan en confrontación co país-continente (EE.UU.) que aparece nos filmes de Benning. En 13 pozas Galicia sae definida dentro da globalidade e saen a palestra todo aporte da tradición nun mundo desenfrenado polo progreso.
Na sucesión das imaxes da pozas saen a reflectir varios aspectos: apesares da escala non teñen nada que envexar aos grandes lagos americanos, o proceso estético das aguas e as pedras se produce dunha maneira semellante, e, aínda así, a natureza galega presenta maiores signos de riqueza e variedade, uns escenarios no que o home interactuou desde os comezos dos tempos e que non son capaces de arredarse dos perigos do futuro como pode ser a contaminación, cambio climático, sobreexplotación pesqueira, a proliferación do turismo ou o descontrol inmobiliario na costa.
Esta cartografía do socheo centrada na pozas ofrece a posibilidade de deterse ante o insinificante e no que nunca reparamos. E se a isto se engadimos a sombra de Bennig atopámonos cun amplificador das súas intencións: “cambiar a perspectiva do público é un acto político”. 13 pozas pasa por ser unha pequena provocación aos códigos expresivos non só do audiovisual galego senón do mundo e, a súa vez, pasa por ser unha proposta no que se atesouran elementos definitorios dunha cultura minoritaria que intenta afontar con orgullo os retos da globalización.

Ningún comentario:
Publicar un comentario