A II RUTA DA TAPA atrae a moitos clientes de toda a comarca e arredores

Dende o pasado día 16 de outubro a II RUTA DA TAPA atrae a moitos clientes que, co seu pasaporte na man, percorren os 24 establecementos de hostelería participantes nesta segunda edición.
Do mesmo xeito xa se teñen recibido máis de 60 fotografías dos ruteiros no enderezo electrónico da Asociación (correo@asociacionabaco.com), e que optan ós diferentes premios do Concurso de fotografías (Kits de Cervexa Amstel, polos e camisetas).
Durante ésta primeira semana de campaña numerosos ruteiros aproveitaron para degustar as 24 tapas que concursan nesta segunda edición polo prezo simbólico de 1€ a tapa (máis consumición).
Moitos hostaleiros afirman que nesta edición, a afluencia de ruteiros está sendo moi importante, chegando a esgotar as tapas previstas antes de tempo, polo cal a Asociación estima que o número de pasaportes recibidos e o número de premiados será maior que en edicións anteriores.
Dende a Asociación ‘ábaco’ aproveitamos para convidar, a todos aqueles que aínda non comezaron a II RUTA DA TAPA, a que disfruten da gastronomía tradicional da comarca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario