Amosando publicacións coa etiqueta CINEMA GALEGO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CINEMA GALEGO. Amosar todas as publicacións

24 de nov. de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA

A película Vikingland estréase hoxe en Galicia


O cineasta guardés Xurxo Chirro diante do cartaz do Festival CINEUROPA


Gustavo González Rodríguez / Santiago de Compostela


O filme VIKINGLAND do guardés Xurxo Chirro será exhibido este venres, por primeira vez en Galicia. A estrea terá lugar ás 19:45 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, dentro da programación do XXVº Festival CINEUROPA.
Na presentación de hoxe en Santiago, ademais do propio director, participará Luís Lomba "o Haia", protagonista e autor das imaxes orixinais a partir das cales foi realizado este documental.
VIKINGLAND chega hoxe ao público galego, despois de ter pasado polos festivais internacionais de Marsella (Francia), Jihlava (Rep. Checa), Mar del Plata (Arxentina) e Xixón, e logo de ter logo de ter recibido valoracións moi positivas por parte de críticos e cinéfilos dos diferentes países.
Programa do Festival CINEUROPA

15 de nov. de 2011

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xurxo Chirro levará “A Guarda na memoria” ao Festival CINEUROPA



Gustavo Rodríguez González / Santiago de Compostela


Mañá mércores, ás 21h15, vai ter lugar no auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) unha sesión especial no marco do Festival Cineuropa de Santiago de Compostela dedicado á memoria histórica da vila da Guarda. Nela o protagonismo xirará arredor de tres películas que o guardés Xurxo Chirro realizou sobre este tema.

A sesión terá como eixo principal a mediometraxe 36/75, unha peza que percorre os espazos da Guarda no que ocorreron os feitos máis importantes nos primeiros meses da Guerra Civil. Este filme acompañarase coa curtametraxe titulada Brasilino, que acaba de gañar o terceiro premio no festival Socialcine da Coruña 2011, e que volve a vista atrás ao que lle aconteceu ao último alcalde republicano da Guarda. Finalmente, a sesión rematará cun material extra, Emilio, unha entrevista a un veciño da Guarda, "o Muchila", que refrescará a súa memoria para darnos conta da nova realidade que imperou a partir do verán de 1936.

Orixinalmente “A Guarda na memoria” era un proxecto máis ambicioso que Xurxo Chirro tentou promover en 2006 no concello da Guarda coa idea de xuntar a distintos creadores e estudosos locais que desen a súa visión sobre os acontecementos da Guerra Civil e a represión franquista nesta vila. Este proxecto sería un punto de encontro de disciplinas (Historia, música, cine, poesía, fotografía, artes plásticas, banda deseñada, etc.) que proxectaría distintas perspectivas sobre o episodio máis traumático no pasado da Guarda. Unha reflexión desde o mundo da arte e o coñecemento para superar medos e receos, axudando a establecer pontes que faciliten a comprensión do pasado como alicerce necesario para construír un presente máis solidario e xusto.

A pesar de que este proxecto colectivo non chegou a materializarse Xurxo Chirro comezou a facer unha serie de gravacións relacionadas co tema. Finalmente estes traballos verán a luz no marco do CGAC dentro da programación do 25º Festival Cineuropa. Unha sesión que, segundo Xurxo Chirro: “lle gustaría algún día poder facela na súa vila natal”.

6 de nov. de 2011

A GUARDA

“Vikingland” participará no festival de Mar del Plata (Arxentina)


“Vikingland” é un documental dirixido polo cineasta guardés Xurxo Chirro


Gustavo González Rodríguez / A Guarda


O XXVIº Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, que se celebrará do 5 ao 13 de novembro, inclúe dentro da súa programación o documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro. O certame arxentino, un dos máis importantes de América Latina, seleccionou o filme galego para a súa sección paralela, “Estados alterados”, que recolle as obras de máis risco creativo a nivel mundial.
A estrea mundial de “Vikingland” tivo lugar o pasado mes de xullo no prestixioso FIDMarsella, un marco excelente para que fora visto por críticos e seleccionadores de diversos países e que lle auguraba unha longa andaina polo circuíto de festivais. O filme foi seleccionado na competición oficial do festival de Jihlava (Chequia) e xa está confirmada a súa presenza noutros importantes certames internacionais, cuxa programación será anunciada nas próximas semanas.
“Vikingland” está baseado nas gravacións en vídeo que fixo Luis Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda embarcado nun transbordador entre Romo (Dinamarca) e a illa alemana de Sylt. As imaxes, que dan conta da súa vida e a dos seus compañeiros para erixirse en testemuño da emigración galega, son o punto de partida dunha proposta fílmica anovadora dentro do xénero documental.

4 de out. de 2011

GALICIA

VIKINGLAND seleccionada no festival de Jihlava (República Checa)


Na imaxe o cineasta de A Guarda, Xurxo Chirro


Gustavo González Rodríguez / Galicia


O XV Festival de Jihlava, que se celebrará do 25 ao 31 de outubro, inclúe dentro da súa competición oficial o documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro. O certame checo, un dos máis importantes de Europa no campo da non ficción, seleccionou o filme galego para a súa sección principal, “Opus Bonum”, que recolle as obras máis destacadas a nivel mundial.

A estrea mundial de “Vikingland” tivo lugar o pasado mes de xullo no prestixioso FIDMarsella, un marco excelente para que fora visto por críticos e seleccionadores de diversos países e que lle auguraba unha longa andaina polo circuíto de festivais. O filme ten xa confirmada a súa presenza noutros importantes certames internacionais, cuxa programación será anunciada nas próximas semanas.
“Vikingland” está baseado nas gravacións en vídeo que fixo Luis Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda embarcado nun transbordador entre as illas de Romo (Dinamarca) e Sylt (Alemaña). As imaxes, que dan conta da súa vida e a dos seus compañeiros para erixirse en testemuño da emigración galega, son o punto de partida dunha proposta fílmica anovadora dentro do xénero documental.

30 de set. de 2011

GALICIA

“Brasilino”, de Xurxo Chirro, recibe o 3ª premio do SOCIALCINE 2011 da Coruña

Xurxo Chirro - terceiro pola esquerda - na entrega dos premios aos gañadores por parte de Miguel Lorenzo, concelleiro de Servizos Sociais da cidade da Coruña


Imaxe (capturada do propio documental) da casa natal de Brasilino Alvarez antes de ser derrubada




Gustavo González Rodríguez / A Coruña




A curtametraxe experimental que leva por título “Brasilino” acaba de recibir o terceiro premio do certame Socialcine Coruña 2011. Organizado pola Consellaría de Asuntos Sociais da cidade herculina, este programa ten como obxectivo o fomento do uso dos medios audiovisuais como ferramenta para concienciar a cidadanía en temas de carácter social.
Esta obra, do guardés Xurxo Chirro, pretende sacar á luz o testemuño directo de Benedicta (unha muller centenaria do barrio da Cruzada) sobre a figura de Brasilino Álvarez, o último alcalde republicano da Guarda, fusilado durante o comezo da Guerra Civil. Ao mesmo tempo que se produce a narración vaise perfilando a imaxe da casa onde naceu Brasilino, derrubada recentemente.
O xurado recoñeceu a intención por parte do director de indagar na natureza dos recordos tentando ilustrar o proceso de memoria. Unha interpretación do noso pasado desde a actualidade do presente.

10 de xuño de 2011

MARSELLA




O FILME GALEGO "WIKINLAND" ESTREARASE MUNDIALMENTE





Xurxo González Rodríguez / Marsella




O documental galego “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro e producido por Fílmika Galaika, forma parte da Competición Internacional do prestixioso FIDMarsella, cuxa 22ª edición sedesenvolverá entre o 6 e o 12 de xullo.


O certame francés é un dos festivais de referencia no ámbito da non ficción, e ao longo da súa historia consolidouse como unha cita imprescindíbel para comprender as mutacións do cinema contemporáneo ea crecente hibridación entre os rexistros narrativos e documentais. A estrea mundial de "Vikingland" terá lugar en Marsella no marco do festival o venres 8 de xullo e contará coa presenza do director, Xurxo Chirro.


SINOPSE


Luís Lomba “O Haia”, un mariñeiro da Guarda que traballaba nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemá de Sylt, gravou a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros durante diversas travesías, entreo outono de 1993 e o inverno de 1994. Ese material de arquivo é a base de Vikingland, ensaio experimental sobre a emigración galega no Norte de Europa que toma como inspiración o Moby Dick de Herman Melville.


BIOFILMOGRAFÍA DO DIRECTOR


Xurxo Chirro (A Guarda, España, 1973) é licenciado en Historia da Arte pola USC e traballou para a Axencia Audiovisual Galega e o AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Investigador, documentalista e crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas e coordinador do libro Manoel de Oliveira (USC, 2004). Como guionista e director é autor dos filmes Os señores do vento (2008), 36/75 (2009), 13 pozas (2009) e Cellular Movie (2010).

2 de xuño de 2011

GALICIA

“Vikingland”, un filme galego no FIDMarsella


X. G. R. / Galicia




O documental galego titulado “Vikingland”, dirixido polo guardés Xurxo Chirro e producido por Fílmika Galaika, acaba de ser seleccionado na Competición Internacional do FIDMarsella que vai ter lugar do 6 ao 12 de xullo. A cita francesa pasa por ser o evento máis importante do mundo dedicado a este forma cinematográfica.

A orixinalidade da proposta non deixou indiferente ao comité seleccionador do FIDMarsella que sitúa ao filme galego entre a ducia de documentais máis interesantes a nivel mundial do presente ano. O documentario está no ronsel dos chamados filmes de “arquivo revelado”. O director botou man dunhas dozaseis horas dun vídeo-diario que en 1993-1994 gravou cunha videocámara un mariñeiro da Guarda, Luís Lomba “O Haia”, que traballaba nun ferri entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt.

“Vikingland” é un filme que está dedicado aos mariñeiros galegos mais a pesar de reflectir a dura vida do mar tamén contén unhas imaxes que dan conta dunha maneira directa da epopeia e os sacrificios aos que se tiveron que enfrontar a emigración galega, neste caso no Norte de Europa. Asemade, o filme pasa por ser unha reflexión sobre a deriva tecnolóxica na que se veu envolto o audiovisual, do soporte magnético, o vídeo, ao píxel.

“Vikingland: o Moby Dick galego”
As imaxes de partida posúen un alto valor testimuñal e estético. Tras un longo traballo de montaxe e tras inspirarse en Moby Dick, de Herman Melville, organizouse o material para conseguir o que seu director califica “como un filme pequeno e enrrugado mais de amplos significados que ambarca ao espectador nunha experiencia humana difícil e complicada”.

VIKINGLAND

Sinopse
Mariñeiros galegos traballan nun ferri entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un deles merca unha video cámara e comeza a grabar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros nunha chea de travesías no medio dunha inverneira. Documento sobre a emigración galega no Norte de Europa. Transposición de Moby Dick, de Herman Melville.


Biofilmografía
Xurxo Chirro (A Guarda, España, 1973) Licenciado en Historia da Arte pola USC e traballou para a Axencia Audiovisual Galega e o AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Investigador, documentalista, crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas, coordinador do libro Manoel de Oliveira (USC, 2004). Guionista e director de documentais Os señores do vento, 2008, 36/75 e 13 pozas, 2009, e Cellular Movie, 2010.

Memoria
Estas filmaxes de Luís Lomba “O Haia” tiveron lugar entre outubro de 1993 e marzo de 1994. Agora, case vinte anos despois, ve a luz este documento excepcional sobre a emigración galega no Norte de Europa e, a súa vez, constitúese coma unha experiencia fílmica onde a inocencia da grabación das imaxes se suma ás transmutacións de formatos convertendo o resultado nunha forte e intensa proposta experimental.

1 de xuño de 2011

A GUARDA

O PROFESOR XESÚS ALONSO MONTERO PARTICIPARÁ NA PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL O MEU NOME É LUIS FERREIRO - UNHA HISTORIA DO ANTIFRANQUISMO GALEGO


Infogauda / A Guarda


O venres día 3 de xuño, ás 20:00 h. no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, terá lugar á proxección do documental O meu nome é Luis Ferreiro - Unha historia do antifranquismo galego.

O evento - orgaizado por Esquerda Unida do Baixo Miño -, contará coa participación do académico e profesor Xesús Alonso Montero e de Luis Ferreiro, protagonista do documental.

26 de maio de 2011

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA DO BAIXO MIÑO, PRESENTARÁ O DÍA 3 DE XUÑO, O DOCUMENTAL "O MEU NOME É LUIS FERREIRO"


VENRES 3 DE XUÑO, ÁS 20:00 H., NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA, PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "O MEU NOME É LUIS FERREIRO"
FALARÁN: XESÚS ALONSO MONTERO E LUIS FERREIRO
ORGANIZA: ESQUERDA UNIDA DO BAIXO MIÑO

28 de abr. de 2011

GOIÁN

O CONCELLO DE TOMIÑO ESTREA EN GOIÁN O DOCUMENTAL "O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS"


Esta película é unha homenaxe e recoñecemento ás importantes mobilizacións veciñais que tiveron lugar hai vinte anos en Goián en defensa do monte comunal.



O próximo domingo, dia 1 de maio, terá lugar no Auditorio Municipal de Goián a estrea do documental "O Espírito das Trincadeiras". Serán organizados dous pases, un ás 19:00 da tarde e un segundo ás 21:30 da noite e para asistir a eles é necesario presentar a entrada que se poderá recoller gratuitamente no Centro Goianés e no bar Avenida de Goián.

A realización deste documental xurde por iniciativa do Concello de Tomiño e da súa vontade por recuperar e divulgar os acontecementos que tiveron lugar en 1990, cando a sociedade goianesa se uniu e organizou para defender o baldío comunal denominado "Trincadeiras" onde a administración do estado tiña previsto facer unha importante extracción de áridos que destruiría ese terreo de alto valor ambiental e paisaxístico situado á beira do Miño.

Esta película, levada a cabo tamén grazas ao apoio e colaboración da Comunidade de Montes de Goián reuniu materiais gráficos e audiovisuais daquela época e conta coa intervención dun grupo de persoas que participaron de maneira activa na organización e desenvolvemento das diferentes iniciativas populares que tiveron lugar en Goián, hai 20 anos, en defensa das Trincadeiras.

O documental "O Espiritu das Trincadeiras" pretende recuperar e divulgar unha das máis destacadas mobilizacións veciñais que tivo lugar na comarca do Baixo Miño nas últimas décadas, homenaxenado a todos as mulleres e homes que dalgunha ou outra maneira participaron nestes acontecementos.

24 de mar. de 2011

A GUARDA

A NOITE MÁIS CURTA: UNHA CITA CO NOSO CINEMA




Infogauda / A Guarda




“A noite máis curta”, convídanos este venres día 25 de marzo, ás 21:00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda, a proxección de catro curtametraxes que serán presentadas polos seus directores e parte do seu elenco.


Esta cita co cinema feito en Galicia, artéllase arredor do filme Dies Dei, grabado na Guarda no 2009 polo director Nani Matos Barcia. Trala súa estrea na Guarda, o 30 de maio de 2009, a curta viaxou por diferentes festivais nacionais e internacionais, conquerindo varios premios da crítica e do público. Como peche deste ciclo, o seu director desexaba voltar a proxectar o filme no lugar “no que o viu nacer”.


Ademáis da obra de Nani Matos, proxectarase unha selección de curtametraxes que nos achegarán ó bo facer cinematográfico co que contamos no Baixo Miño e súa contorna. Estes filmes serán: “Os señores do vento” (2008), do guardés Xurxo González Rodríguez; “Historias de Blog”, do goianés Pancho Salmerón, e “O máis rico (do cemiterio)” de Jorge Fernández (Vigo).

16 de xan. de 2011

CINEMA

"A meiga chuchona", de Pablo Millán, 2006

16 de set. de 2010

TOLEDO

O actor Xan Cejudo obtén un premio no Festival de Cine Social de Castela-A Mancha polo seu traballo na curtametraxe galega Dies dei
O actor Xan Cejudo na Alameda de A Guarda, no decurso da rodaxe de Dies dei, do director Nani Matos

L.M.B. / Toledo
O actor Xan Cejudo obtén o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cine Social de Castilla-La Mancha polo seu traballo na curtametraxe galega Dies dei, dirixida por Nani Matos. Este premio, que será entregado o próximo 12 de outubro na gala de clausura do Festival que se celebrará no Teatro Garcilaso de la Vega, de Toledo, vén a sumarse así, a outros moitos recoñecementos e distincións que o actor recibiu durante a súa longa traxectoria como actor e director.




nicocasal85
Escea de "Dies dei", curtametraxe escrita e dirixida por Nani Matos. Tema da banda sonora orixinal composto e interpretado por Nico Casal: "Paseo de ayer" (2009).

11 de xuño de 2010

ARXENTINA

A Curtametraxe Dies dei abrirá o II Festival Internacional de Cortos La Vaca de Muestra en Mendoza, Argentina



L.M.B. / Arxentina
Este sábado 12 de xunio a curtametraxe Dies dei de Nani Matos, xunto cos documentais argentinos El rechinar de los dientes, Argentina, la mía tierra e a curta de animación tamén argentina Juán del Monte, abrirán a segunda edición do Festival Internacional de Cortos La vaca de Muestra en Mendoza, Argentina.
Este festival foi distinguido polo Fondo Provincial da Cultura para realizar mostras por todo o territorio provincial de Mendoza-Argentina con todas as curtas seleccionadas.
De todas estas seleccións farase a gran mostra anual e varias mostras paralelas que percorrerán diversos paises do mundo e todo o interior da provincia de Mendoza.
Dies dei foi hai uns días galardonada co segundo premio no Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega na sección de Video dixital.

1 de xuño de 2010

A GUARDA

A CURTAMETRAXE DIES DEI OBTÉN O SEGUNDO PREMIO EN TORRELAVEGA


Infogauda / A Guarda
A curtametraxe Dies dei, do cineasta Nani Matos voltou a ser premiada, esta vez no XI Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega (FIC), onde acadou o segundo premio na sección de Video Dixital. O festival celebrouse a pasada fin de semana no Teatro Municipal Concha Espina, da localidade cántabra.
Dies dei, de Nani Matos, conta con un reparto formado por Xan Cejudo, Mela Casal, Camila Bossa, Susana Dans, Luis Iglesia e Keka Losada.
Nos 18 minutos da curtametraxe, o actor e director camposino aborda a historia persoal de Avelino, un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que así se chama ela, padece unha enfermidade que a tén postrada no leito a meirande parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que comeza a notar os mesmos síntomas.

24 de maio de 2010

OURENSE

UNHA CURTA GRABADA NO CENTRO CULTURAL, PREMIADO EN CANS


Infogauda / Ourense
El cortometraje Instalación , producido por alumnos del ciclo superior de Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos del instituto de A Farixa ganó el premio del público en el Festival de Cans (Porriño). Esto le permitirá acceder a la preselección de los premios Goya.
Fue el premio del público al mejor corto de ficción, rodado en el Centro Cultural de la Diputación (edificio Simeón de Ourense) con la colaboración de varios profesionales del sector audiovisual gallego.El premio consiste en 1.000 euros. Instalación compitió con otras once cintas gallegas hechas por productoras y profesionales. Sin embargo el trabajo ganador fue creado como trabajo final del módulo de Produción, Cinema e Vídeo de la primera promoción de estudiantes del citado ciclo correspondiente al curso pasado. El entrar en la preselección para los Goya implica que el corto ourensano será visto por el jurado del prestigioso galardón.
Fuente: La Voz de Galicia

7 de abr. de 2010

INTERNACIONAL

A curtametraxe Dies dei seleccionada en Cuba e en Italia.


L. M. / A Guarda
Despois dos premios recibidos en días pasados en Barcelona, a curtametraxe Dies dei de Nani Matos segue o seu percorrido por festivais. Así, a día de hoxe, esta confirmada a súa participación no Festival de Curtametraxes de Sada, en A Coruña, no Festival Internacional de Cine Pobre Humberto Solás de Gibara, Cuba, e no Valsusa Filmefest en Condove, Italia.

No referente ao Festival Internacional de Cine Pobre de Cuba, está organizado polo Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC) e o Ministerio de Cultura e os Gobernos de Holguín y Gibara. Neste Festival a curta participará na mostra paralela, mentres que nos outros farao nas seccións competitivas. No Festival de Italia, con máis de 300 obras presentadas procedentes de Italia, Francia, España, Suiza, Polonia e Arxentina, será xunto con outra curtametraxe, as únicas cintas españolas que optarán a un galardón no apartado de curtametraxes de ficción.

23 de dec. de 2009

A GUARDA

Estrea da curtametraxe “Berberecho II”

Xurxo González Rodríguez / A Guarda
O vindeiro sábado, 26 de decembro, ás 20h00, no Centro Cultural da Guarda, vai ter lugar a estrea da curtametraxe “Berberecho II”, dirixida por J. M. Bazarra “Sepi” e coa interpretación estelar de Carlos Villa. Un proxecto que puido materializarse grazas á axuda do Concello da Guarda, da AGADIC e da Morraceira-Asociación Cultural.

Despois de tres meses de árdua posprodución xa está lista a curtametraxe que se filmou o pasado verán na Guarda. Un filme puramente transfronteirizo xa que foi rodado maiormente no transbordador que une A Guarda con Caminha. Unha localización que posúe un marco xeográfico incomparable para esta comedia descarada con certo sabor agridoce.

“Berberecho II” é a segunda parte da que pasa por ser unha das curtametraxes de culto do audiovisual galego, filmada no 2001. Nove anos despois da primeira entrega chega esta secuela que segue insistindo no formato e nas teimas da orixinal mais cun mellor feitío derivado da súa filmación na nova técnica da Red One.

A sesión do vindeiro sábado estará conformada co pase das dúas curtametraxes para poñer en antecedentes ao espectador. Polo tanto, este Nadal, na Guarda, todo o mundo que o desexe poderá degustar dobre ración de berberechos!

7 de nov. de 2009

O ROSAL

“ANACOS…”, UN DOCUMENTAL SOBRE O RETO CONQUERIDO POLO ROSALEIRO JOSÉ BENITO GUERREIRO



Infogauda / O Rosal
Como xa adiantábamos na nosa edición do pasado xoves, o documental sobre o rosaleiro José Benito Guerreiro Alonso, que leva por título "Anacos..." , será presentado na Auditorio Municipal do Rosal, o vindeiro día 20 deste mes de novembro, ás 19:00 horas.
"Anacos..." é un resumo da aventura "A Volta cos Contos", un reto que o própio José Benito Gerreiro se propuxo, e que levou a bó termo coa úneca compaña da súa bicicleta.
En decraracións a este xornal dixital, José Benito Guerreiro díxo: "A súa duración é de 29 minutos e está enfocado para críos pequenos, hasta 12 anos, coa idea de logo levalo ós colexios.
É un documental mui modesto, que nos deu muito traballo, pero bueno, o importante é que lle puxemos ganas.
Ten algo de animación, dibuxos animados, algo de vídeo e fotos".
"Despois -
engade José Benito - , o 26 de novembro, tamén no auditorio do Rosal, vamos a faer unha presentación máis formal de cara a súa distribución.
Xa veremos a donde nos leva todo isto e se conseguimos faer muitas actuacións para despois, o ano que ben, co diñeiro que recaudemos, rodar un traballo máis profesional de cara a poder levalo a certames de curtas.
A aventura foi unha pasada e pouco a pouco temos que ir compartíndoa con todo aquel que queira escoitar, ver e por suposto, contar tamén. Xa sabes, unhas historias alimentan a outras".

5 de nov. de 2009

PONTEVEDRA

DIES DEI, DE NANI MATOS, PRESÉNTASE MAÑÁ EN PONTEVEDRA



‘Dies dei’, unha historia intimista protagonizada por persoas maiores, preséntase no Teatro Principal.


L.M.B. / Pontevedra

‘Dies dei’ é o primei

ro proxecto audiovisual realizado polo guardés Nani Matos como director e guionista, xa que a súa vinculación ao mundo audiovisual e as artes escénicas centrárase ata o de agora na interpretación. Na presentación da curtametraxe no Teatro Principal, o director estará acompañado por membros do equipo técnico e interpretativo.
Unha historia de maiores con coñecidos actores, ‘Dies dei’ presentouse ao público o pasado 30 de maio na localidade da Guarda, onde foi rodada, e agora preséntase en Pontevedra, localidade de residencia do director. A custametraxe conta unha historia intimista, de sentimentos afectivos entre unha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermidades...
‘Dies dei’ conta cun elenco de actores moi coñecidos para o público galego, con Mela Casal e Xan Cejudo como protagonistas dun reparto que tamén inclúe a Susana Dans, Camila Bossa ou Luis Iglesia (estes dous últimos, protagonistas da exitosa serie galega Matalobos).
A curtametraxe, rodada en formato HDV, contou cunha axuda da Consellería de Cultura e Deporte no ano 2008 e coa colaboración do Concello da Guarda e a Asociación Cultural Morraceira, estreitamente vencellada ao audiovisual.
Na súa curta ainda, ‘Dies dei’ foi xa seleccionada en distintos festivais, como o Festival de Cine Galego e Portugués Filminho, o Festival de Cine Solidario de Guadalajara FESCIGU e o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, de Santiago de Compostela.


horario:
6 de novembro de 2009
21:00
Lugar:
Teatro Principal
Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra
teléfono: 986 85 19 32
prezo:
Entrada libre ata esgotar localidades