ALICIA ALONSO: RETROSPECTIVA 1958 - 2010
A Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda), acolle até o vindeiro sábado día 14 deste mes de mes, unha mostra de dibuxos e pinturas da artista Alicia Alonso (A Guarda, 1945), que leva por título xenérico Alicia Alonso: retrospectiva 1958 - 2010.
Con esa exposición foi aberto o público un inmoble - en boa hora mercado para o patrimonio municipal - que debera ter como única finalidade ser un facho cultural onde puderan estar representadas as meirandes figuras da Cultura de A Guarda. Lamentablemente as decraracións de intencións dos actuais responsables municipais de goberno prevén outros usos que consideramos non deberan converter a Casa dos Alonso n´un inmoble para outras finalidades ben diferentes. Compre salientar que - como algúns saben dabondo - o devandito inmoble non foi mercado - polo goberno precedente - para ser Casa do Concello. A Casa Consistorial debe ter outras características constructivas e dispor dunha maior accesibilidade rodada. Como todo o mundo sabe, para chegar a Praza do Reló non hai precisamente esa operatividade viaria, o cal non é atranco para darlle o inmoble uns usos culturais nos que A Guarda carece hoxendía, da axeitada infraestructura.
En todo caso, queremos relembrar que a exposición de Alicia Alonso constitúe unha boa oportunidade para apreciar unha mostra bastante representativa da súa obra. De tódolos xeitos botamos en falla algunhas pezas da autoría da benquerida pintora, como son os retratos, xénero que Alicia Alonso tén cultivado desde fai máis 40 anos. Aínda así, na exposición podemos ollar algúns cadros que nos amosan craramente o oficio de Alicia Alonso para reflectir xa sexa n´un lenzo ou noutro soporte, a expresividade da figura humana.
Alicia Alonso é por dereito própio, unha muller que xa tén un merecido espacio, gañado a pulso por ela mesma, dentro da Historia de A Guarda. A exposición que lles comentamos é boa proba delo. Non deixen de visita-la.
OS VOSOS COMENTARIOS
Anónimo dixo:
Seguem voçes ca endogamía cultural de sempre, que se a agrupaçao cultural, que se a chuni que se a condesa de buscapisos, sempre os mesmos e sempre en agosto, (sempre en galiça, of course), e que nao conhecen novos valores nesse povo, nen novas formas de plastica, un exemplo; un fato de marinheiros deunos a todos, na catanga unha verdadeira mostra de arte cotemporaneo. Menos mal que no resto do ano fica a a paisaxe.


Ningún comentario:
Publicar un comentario