MARIA SOBRINO: REENCONTRO COA TERRA NAI
· A pintora guardesa, residente en New York, presenta súas obras no Salón dos Espellos do Colexio PP. Somascos

Infogauda / A Guarda
Até o vindeiro día 14 de agosto, a pintora guardesa María Sobrino Pereira expón súas obras, no Salón dos Espellos, do Colexio PP. Somascos, de A Guarda.
A mostra pode visitarse de luns a sábado, de 21:00 a 23:00 h., e os domingos de 12 a 14:00 h. é de 21:00 a 23:00 h..
Ainda que María Sobrino é natural de A Guarda, súa vocación artística agromou en New York, onde reside desde 1984, xunto co seu esposo e fillos. Na metrópoli novaiorquina foi cultivando súa afección que iría consolidándose co paso do tempo. No verán de 1991 voltou á Terra, traendo consigo parte da súa obra, expóndoa por vez primeira nunha mostra colectiva que orgaizou a Agrupación Cultural Guardesa.
O retornar a New York matriculouse no Queens College Of The City University Of New York, onde recibiu crases de pintura, e tamén no Queens Borough Community College para asistir a crases de debuxo i escultura.
María Sobrino tén exposto con notable éxito en máis dunha ducia de ocasións: Na Guarda, Tui, Zamora, Vigo, Suiza, Allariz, Santiago de Compostela, Goián, O Rosal,...
Parte da súa obra está en coleccións institucionais e privadas de Galicia, Suiza e América.
A pintora guardesa tén un estilo moi persoal, onde o debuxo é unha fase fundamental, previa a intervención da cor, a base dunha sutil capa matérica, o que lle permite a artista xogar coas veladuras e fundidos.
Os protagonistas principais da obra de María Sobrino son seres humáns, homes e mulleres - a veces espidos -, e a Natureza, representada por criaturas como as aves, as bolboretas, as caracolas mariñas, os cabaliños de mar, os gatos, os peixes,..., que conviven harmónicamente n´un idílico e imaxinario paradiso, onde o astro rei e a Lúa, amosan o contrapunto entre o día e a noite. Nese medio natural hai fartura de beleza física - representada por mulleres de longa cabeleira, e ollos grandes; e tamén homes mozos e maiores no traballo cotián, no agro e no mar -, e mesmo mística, onde os anxos, tamén teñen seu espacio cáseque divino. Nese microcosmos pictórico, hai tamén fartura nutricia, na que os acios de uvas, a froita fresca, o viño, ..., comparten protagonismo escénico.
Na obra de María Sobrino, que podería encadrarse no estilo inxenuista ou naïf, latexa a saudade pola Guarda, representadada en varios cadros da súa autoría, nas que seu maxín transpórtaa imaxinariamente desde seu estudo no 1538 de Pine Acres Boulevard, en Bay Shore (New York), polo colo da badía guardesa, representada polo perfil multicromático do barrio de pescadores, o contradique de Punta Xenete, ás praias,..., e mesmo polas estrelas da Vía Láctea.
A exposición de María Sobrino contribúe a que A Guarda sexa, por dereito própio, protagonista cultural do verán no Baixo Miño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario