A PINTORA GEMMA MARQUÉS EXPÓN SÚA OBRA NO PORTO DE A GUARDA
· A temática mariñeira é a protagonista dos seus cadros
Infogauda / A Guarda
A pintora Gemma Marqués expón súas obras máis recentes no porto de A Guarda. A exposición poderase visitar ó longo das Festas do Monte Santa Trega.
Nesa mostra, Gemma Marqués amósanos súa personalísima homenaxe ás mulleres e homes do mar de A Guarda, a traverso dunha visión etnográfica das embarcacións pesqueiras - coa gamela como referente dunha ancestral tradición da navegación a remo e a vela - e dos trebellos - nasas, redes, maromas, ... - que os pescadores guardeses empregan na súa labor cotiá.
A sensibilidade artística de Gemma Marqués tamén queda de manifesto nos cadros onde as vivendas de pescadores, os sulagos nas augas da badía, os rochedos de A Fontiña, o espigón do Balueiro, A Robaleira,..., coas súas peculiares policromías, destacan como un territorio náutico-urbán, sen parangón posible. Único.
Dese xeito Gemma Marqués agasállanos coa súa particular ollada, felizmente representada nos seus cadros de técnicas mixtas (acrílico, óleo, pan de ouro, pan de prata,...) sobre táboa e sobre lenzo.
A mostra de Gemma Marqués é unha verdadeira regalía de beleza e de coores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario