6 de feb. de 2011

RECANTO DA ARTE

O PINTOR CAÍNO ARRIBOU A CIDADE DE TUI



Infogauda / Tui


Tiña que acontecer algún día, pois era algo que desexábamos desde o máis fondo do noso corazón. E xa se sabe, que todo aquelo polo que sospiramos, abofé que se fai realidade. Que Caíno xa hubera exposto em Madrid, en Nova Iorque, en Vigo, en Monforte de Lemos, en Ourense, en Baiona,..., e aínda non amosara súa obra en Tui, semellábasenos algo inconcebible. Máis grazas a hospitalidade de Manuel e Fermina, propietarios da Galería Trisquel e Medulio, de Tui, e a boa disposición do artista baionés; a cidade tudense acolle desde desde o día 5 de febreiro até o vindeiro 12 de marzal unha fermosa exposición de pinturas ó óleo, de Caíno.
O pintor miñorán arribou á cidade de Tui coa súa obra máis recente, configurada por facianas de nenos, fillos de mariñeiros, maternidades, músicos, mulleres espidas,...
Na súa presentación, o director da Galería Trisquel e Medulio salientou que Caíno escomenzou súa andaina artística en Inglaterra, e que nas súas pinturas hai reminiscenzas do Románico, evocacións da súa nenez, romarías, paisaxes, lembranzas da nai,...
Caíno emprega unha ricaz paleta cromática, na que os azuis cobaltos, combínanse con brancos e con ocres; os bermellos con verdes e marelos,... Todos eles, perfectamente conxugados a base de sucesivas veladuras, nas que a áxil espátula e a mestría do pintor, fan agromar tonalidades cáseque insospeitadas, únecas e emocionantes.
Logo da sabia intervenzón de Manuel, director da Galería Trisquel e Medulio, tomaría á palabra o pintor, facendo unha síntese da súa ampla traxectoria artística. Desde cando pintaba paisaxes o aire libre en Gran Bretaña, até seu retorno á Baiona, onde evolucionou de paisaxista postimpresionista, o expresionismo e a abstracción.
Como era de agardar, Caíno atopou en Tui unha formidable acollida, tanto dos propietarios e familiares da Galería Trisquel e Medulio, como do respectable público tudense, ademiradores da súa obra e amigos, procedentes de diversas poboacións galegas, nomeadamente de Baiona, co seu alcalde Jesús Vázquez Almuiña a fronte, acompañado da súa dona e filla; así como representantes da comunicación social e decenas de persoas de lei, que como o rexidor da real vila, téñenlle estima a Caíno.
Esta primeira exposición de Caíno en Tui, ainda que non é a primeira vez que súa obra chega á cidade miñota, pois a Galería Trisquel e Medulio xa dispuña, con anterioridade, de cadros deste pintor; contou coa participación, no acto inaugural, do grupo musical La Timba Mullallo!, unha xoven formación que deleitou a tódolos asistentes cos seus acordes jazzísticos, contribuindo moi positivamente o abrillantamento do acto, que foi todo un acontecemento cultural na cidade.
Desde Infogauda felicitamos á dirección da Galería Trisquel e Medulio pola súa traxectoria que xa contabiliza tres lustros, e pola súa demostrada profesionalidade e agarimo polas Belas Artes.
Parabéns Fermina e Manuel por ser como sodes, e pola vosa aposta cultural que ben merece o noso público recoñecemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario