2 de ago. de 2010

A GUARDA

O GRUPO IMPÁS INAUGURA ESTE LUNS UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURAS
- A mostra poderá visitarse até o 14 de agosto, no Centro Cultural e Social de A Guarda


Infogauda / A Guarda
O Grupo Impás, de A Guarda inaugura este luns unha exposición colectiva de pinturas que poderá visitarse até o 14 deste mes, en horarios de 10.00 a 13.00 h. e de 17.00 a 20.00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda. A mostra é unha sinfonía heteroxénea de estilos, técnicas e temáticas diferentes, que non deixará indiferente a ninguén.
O Grupo Impás, que xurdiu no estudo da pintora guardesa Alicia Alonso está formado hoxendía por Mary Otero, Carmen Mª Rodríguez, Pilar López, Nati Alonso, Charo Trigo, Isabel Antón, Fini Mauri, Nacho Martínez, Carlos Fajar, Aurelio Campos, Carmen Baz, Sergio Santiago e Alicia Martinez.
“O colectivo – segundo dixo a Infogauda a pintora Charo Trigo, que forma parte de Impás - non só se xunta para pintar, senón tamén para pasar momentos de lecer que nunca esquecerán. É xente que comparte a paixón pola pintura e que tén as mesmas inquedanzas”.
O Grupo Impás tén feito exposicións en diversas localidades galegas, como A Guarda, Tui, O Rosal, Baiona,..., entre outras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario