11 de ago. de 2010

A GUARDA

O GRUPO IMPÁS AMOSA SÚA OBRA NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA


Mosaico de imaxes baseado en obras de compoñentes do Grupo Impás
Infogauda / A Guarda
O Grupo Impás, de A Guarda presenta até o 14 deste mes, en horarios de 10.00 a 13.00 h. e de 17.00 a 20.00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda, unha mostra de pintura na que se amosan estilos, técnicas e temáticas diferentes.
O Grupo Impás, que xurdiu no estudo da pintora guardesa Alicia Alonso está formado hoxendía por Mary Otero, Carmen Mª Rodríguez, Pilar López, Nati Alonso, Charo Trigo, Isabel Antón, Fini Mauri, Nacho Martínez, Carlos Fajar, Aurelio Campos, Carmen Baz, Sergio Santiago e Alicia Martinez.
“O colectivo – segundo dixo a este cronista a pintora Charo Trigo, que forma parte de Impás - non só se xunta para pintar, senón tamén para pasar momentos de lecer que nunca esquecerán. É xente que comparte a paixón pola pintura e que tén as mesmas inquedanzas”.
O Grupo Impás tén feito exposicións en diversas localidades galegas, como A Guarda, Tui, O Rosal, Baiona,..., entre outras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario