2 de out. de 2010

A GUARDA

A PINTURA INTEMPORAL DE JOSÉ RAMÓN TRIGO

Retrato

41.2 x 28.9cm.
Carbón sobre papel
Autor: José Ramón Trigo Sobrino
Infogauda / A Guarda
Na vila e concello de A Guarda hai - afortunadamente - unha boa nómina de artistas. Uns máis coñecidos que outros, o cal non quer decir que os menos populares non posúan méritos para non pasar tan desapercibidos pola maioría da cidadanía. Tamén é certo que nalgún caso que coñecemos, ten sido o própio artista o que libremente tén optado por adicarse únicamente á creación, manténdose aillado de todo o que non lle interesa. É unha opción persoal que lóxicamente respectamos, como por outro lado, non pode ser doutro xeito.
En calquer caso, hai artistas naturais e mesmo veciños de A Guarda, que ainda desexando dispor de un espacio axeitado para expoñer súa obra, por diversas circunstancias poida que até agora, agás algunha mostra realizada por iniciativa persoal do própio creador, non haxan tido esa oportunidade.
Desde Infogauda coidamos que xa vai sendo hora que por parte de quen corresponda se lles preste a debida atención, para que todos aqueles creadores que o desexen poidan dar a coñecer súa obra no seu própio pobo. Un deses artistas cuia obra merece ser dada a coñecer axeitadamente é José Ramón Trigo Sobrino.
José Ramón Trigo Sobrino ingresou na Escola de Belas Artes San Fernando, de Madrid.
Na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid cursou estudos, que rematou coa calificación de matrícula de honor no Proxecto fin de carreira. Da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid recebeu os premios da Fundación Álvarez Bouquel e da Fundación Matrimonio Luque, concedidos o mellor alumno de Proxectos.
O Concello de Madrid otorgoulle o premio Antonio Maura, dos Vila de Madrid. Desde fai varios anos José Ramón Trigo Sobrino reside en A Guarda (Galicia) España.
José Ramón Trigo Sobrino é un artista riguroso e metódico no seu labor, con unha obra ampla e diversa, xa que cultiva os retratos, paisaxes, bodegóns, mariñas,..., seguindo un proceso técnico que parte de uns bocetos previos - que xa por sí mesmos son arte en esencia - ata acadar o resultado final que o artista desexa, tanto en dibuxos a lapis ou pinturas ao óleo.
Premer eiquí pra visualizar unha mostra de obras de José Ramón Trigo con figuras humanas.
Para saber máis, visitar a páxina web de José Ramón Trigo Sobrino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario