23 de xan. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Guardés busca a clasificación a cuartos da EHF European Cup este sábado en Sicilia 

O equipo visita este sábado (18.00 horas) ao Handball Erice para disputar o encontro definitivo da eliminatoria Last 16 da competición europea. Será retransmitido en directo pola G2 e haberá unha pantalla grande na Sangriña para vivilo coa afección 

O Mecalia chega cunha renda de 3 goles ao seu favor do partido de ida, da que intentará valerse para reducir erros e certificar a súa clasificación a cuartos 

A convocatoria inclúe 13 xogadoras, continuando as baixas de Ari Portillo e Nerea Gil, que viaxaron toda esta noite para chegar a Sicilia ao mediodía deste venres 




Redacción Deportes / A Guarda

 O Mecalia Atlético Guardés continúa co soño europeo. O equipo baixomiñoto viaxou esta noite a Sicilia, onde mañá xogará na pista do Handball Erice o partido de volta da eliminatoria Last 16 (18.00 horas), ao que chega cunha vantaxe de tres goles conseguida o pasado sábado na Sangriña (25-22). Buscando corrixir erros e impoñerse ante un anfitrión capaz de poñer as cousas moi difíciles, o conxunto mobiliza unha convocatoria de 13 xogadoras na que seguen a notarse as baixas de Ariana Portillo e Nerea Gil. 

 O Guardés chega tratando de comezar de cero. As de Ana Seabra volveron tropezar este mércores na Liga Guerreras, asinando un partido cheo de erros non forzados na Sangriña que rematou con dous puntos para o Grafometal La Rioja (20-22). Os nervios e o cansazo inevitable que implica o seu ocupado calendario deixaron pegada nun plantel que non puido ofrecer a súa mellor versión, pero que está decidida a resarcirse e volver concentrar enerxías para recuperar o xogo atento ao que nos ten afeitos esta tempada. 

 No que se refire á competición europea, o Mecalia deixou en cambio actuacións moito máis memorables no partido de ida, disputado xusto unha semana atrás tamén na Sangriña. Un ataque agresivo e moi ben coordinado, así como unha defensa atenta tanto en pista coma baixo paus, permitiron ás guardesas despexar toda dúbida sobre a súa superioridade á volta do descanso, iniciando a segunda parte cun parcial 6-0 que lle serviu de colchón para lograr a renda final (25-22). Mañá, entón, tratarase de recuperar as boas sensacións e saír a xogar co marcador a cero en mente para non confiarse ante un anfitrión que pode facerse moi forte na casa. 

 A comitiva guardesa comezou a súa viaxe esta madrugada, saíndo despois das 3 da mañá en autobús cara ao Porto, onde iniciaría un itinerario de dous voos e máis de oito horas para chegar a Palermo a primeira hora da tarde deste venres. En Sicilia celebrarán un derradeiro adestramento antes do partido tamén hoxe no Pala Cardella, mentres mañá pola mañá descansarán cun paseo pola zona. En total, numerosas horas de desprazamentos e moita esixencia física que será vital ter en conta para certificar a clasificación. Especialmente, tendo en conta que o de mañá será un plantel curto, con 13 xogadoras, ao sufrir aínda as baixas de Nerea Gil e Ariana Portillo, as que seguen pendente de valoracións médicas. O equipo xa notou este mércores a ausencia de Cecilia Cacheda, que quedou no banco para descansar e quen mañá estará dispoñible, polo que deberá facer un grande traballo de rotacións para repartir esforzos. 

 Pola súa parte, as galegas xa coñecen a dureza do rival ao que se miden. O Erice deixou o pasado sábado unha impresión importante na Sangriña, cun ataque moi potente dividido entre as aportacións de Dagui Assana, Alexandra do Nascimento e Delphine Ahanda, e completado por unha portería forte a mans de Ivana Kapitanovic. As italianas demostraron unha grande capacidade para controlar o xogo e limitar as remontadas tan características do Guardés, polo que mañá tratarán de potenciala valéndose do factor cancha. O equipo baixomiñoto sabe que tres goles que escalar non son abondo para confiarse, e tomarase este encontro igual ca todos: coma unha final decisiva na que só importan os 60 minutos presentes.  

Ana Seabra: “Sabemos que é unha final que, malia a nosa pequena vantaxe, comezará cun marcador 0-0” 

 Para a adestradora do Guardés, Ana Seabra, o duelo deste sábado é “unha final que, malia a nosa pequena vantaxe, comezará cun marcador 0-0”. A preparación foi moi seria e esixente, pois segundo a técnica, “somos conscientes de que temos que traballar moi ben para seguir nesta competición”, aínda que a ilusión tamén pesa: “Obviamente, é un partido que nos motiva e nos emociona moito”.  

 Sobre o Erice, Seabra prevé que mañá logre converter o Pala Cardella “nunha pista difícil”, pois “xa demostrou a súa calidade” no partido de ida na Sangriña. A adestradora tamén espera que as súas sexan “máis competentes ca no último partido”, e ve este sábado coma unha oportunidade para resarcirse e recuperar o bo ritmo de xogo. En definitiva, os seus desexos están claros: “Ogallá sexa outra grande experiencia deportiva para todos e remate con final feliz”.  

AXENDA 

EHF European Cup | Last 16 - Volta 

Handball Erice SSD ARL – Mecalia Atlético Guardés 

Sábado, 24 de xaneiro | 18.00 horas | Pala Cardella, Casa Santa (Erice) 

Retransmitido en directo pola canle G2 da Televisión de Galicia 

E pola web de TV pública de Galicia: 

https://www.agalega.gal/videos/77550-tv-g2 

A GUARDA

CONVOCADO PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL 

Para o mércores, 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  Por resolución da alcaldía, a corporación municipal do Concello de A Guarda está convocada a unha sesión plenaria ordinaria que se celebrará o vindeiro mércores, día 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 01.12.2025 e da sesión extraordinaria urxente de data 10.12.2025. 

2. Expediente 189/2026. DAR CONTA DOS DECRETOS DENDE O 16.11.2025 ATA O 15.01.2026.

3. Expediente 122/2026. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN. 

4. Expediente 1469/2023. DAR CONTA DA NOVA COMPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA. 

5. Expediente 1470/2023. DAR CONTA DA ÚLTIMA MODIFICACIÓN DA COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES. 

6. Expediente 151/2026. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN DE INCREMENTOS SALARIAIS EN VIRTUDE DO REAL DECRETO LEI 14/2025 (2,5% PARA 2025 E 1,5% PARA 2026). 

7. Expediente 142/2026. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 1/2026. REC 1/2026. RT05. 

8. Expediente 86/2026. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN DO USO DOTACIONAL DA PARCELA “P4-SER” DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE “A SANGRIÑA” PARA USO DOTACIONAL DEPORTIVO. 

9. Expediente 3174/2025. PROPOSTA ALCALDÍA COMPATIBILIDADE ANTONIO HERNÁNDEZ CRESPO. 

10. Expediente 2516/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN INICIAL NOVA ORDENANZA AXUDAS EMERXENCIA SOCIAL. 

11. Expediente 10/2026. PROPOSTA ALCALDÍA DELEGACIÓN COMPETENCIAS E ADHESIÓN CONVENIO AGASP PROCESOS SELECTIVOS 2026 . 

12. Expediente 3225/2023. PROPOSTA ALCALDÍA PRÓRROGA CONVENIO RETIRADA VEHÍCULOS ABANDONADOS 2026. 

13. Expediente 179/2026. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA ESIXIR O CUMPRIMENTO DA NORMATIVA NA FACTURACIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA NO CONCELLO DA GUARDA. 

14. Expediente 180/2026. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA A DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NUN TREITO DA RÚA DONANTES DE SANGRE. 

15. Expediente 181/2026. MOCIÓN DO BNG RELATIVA ÁS CONSECUENCIAS PARA A FROTA ARTESANAL GALEGA DA ENTRADA EN VIGOR DO REGULAMENTO DE CONTROL DA PESCA DA UNIÓN EUROPEA. 

16. Expediente 196/2026. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE A NECESIDADE DE QUE O GOBERNO DE ESPAÑA FLEXIBILICE E ADAPTE AS OBRIGAS ESTABLECIDAS NO REGULAMENTO EUROPEO DE CONTROL DA PESCA Á REALIDADE OPERATIVA DA NOSA FROTA LITORAL E ARTESANAL.

17. Expediente 201/2026. MOCIÓN DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, A PROPOSTA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA E DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA, ASUMIDA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG E POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA. 

18. ROGOS E PREGUNTAS.

A GUARDA

 A obra infantil “Ninja” aposta concienciar sobre o acoso escolar a través do teatro  

A obra representarase o sábado, 31 de xaneiro ás 18:00 horas,  no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda  

 O Centro Cultural abre as portas ao primeiro espectáculo infantil do 2026. Será a obra “Ninja” da compañía de teatro Gazafelhos, que será posta en escea o sábado, 31 de xaneiro ás 18:00 horas.  Con entrada de balde e libre ata completar á cabida. 

 “Ninja” aborda o acoso escolar a través dunha historia chea de humor e reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. Á súa protagonista, encántalle a cultura oriental. O seu soño é ser unha ninja e para conseguilo adestra todos os días para pasar inadvertida.  

 Nese proceso, descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis para deixar de sufrir acoso. Coa axuda do seu veciño, o señor Edelmiro, conseguirán dar visibilidade ao que está a acontecer e empezar así a mudar as tornas.  

 Trátase dunha obra lúdica e pedadóxica que reflexiona sobre a tolerancia, o respecto e as diversidades, mostrando o máis importante para resolver un problema: visualizalo. A obra está recomendada a partir dos 5 anos. 

 A función está organizada polo Concello de A Guarda coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa cultural +Escénicas.

O ROSAL

Tres novos Cafés en Igualdade para seguir revolucionando mentes no Rosal   

 O vindeiro 29 de xaneiro comeza un novo ciclo para reflexionar sobre identidade e saúde dende unha perspectiva feminista 

 



Infogauda / O Rosal

 Os grandes cambios sociais tamén nacen das pequenas conversas cotiás. Con esa filosofía, o Concello do Rosal comeza o ano cunha nova edición dos Cafés en Igualdade, un ciclo xa consolidado que volve percorrer as parroquias para xerar espazos de encontro, reflexión e pensamento crítico arredor de cuestións de actualidade que afectan directamente á vida das persoas. 

 Trátase de encontros mensuais, abertos e de balde, que buscan achegarse ás realidades que vive a veciñanza desde diferentes perspectivas, promovendo unha reflexión compartida e accesible. A iniciativa está financiada polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero 2023-2024, e combina educación, participación cidadá e compromiso social como piares fundamentais. 

 Nesta primeira parte do ano desenvolveranse tres sesións en distintos locais do municipio. A primeira terá lugar o xoves 27 de xaneiro ás 17.30 horas no Bar O Floro, en Marzán, baixo o título “Reencontro coa túa nena interior”, unha proposta para revisar a nosa historia persoal e facer as paces con nós mesmas da man de Rosalía Campos, psicóloga de Adamia Psicología. 

 O ciclo continuará o xoves 26 de febreiro coa charla “A beleza é ser diferente. A miña particular forma de ser muller”, impartida por Ana Pérez Cardoso, sexóloga especialista en Educación, Xénero e Igualdade, que se celebrará na Cafetería Juan. O primeiro trimestre pecharase o xoves 26 de marzo cun encontro no bar San Martiño, de Martín centrado na saúde feminina baixo o título “Hormonas e saúde”, no que se abordará a endometriose, unha enfermidade aínda pouco visibilizada, coa intervención de Diana Ayude, matrona especialista en Obstetricia e Xinecoloxía. 

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou que “os Cafés en Igualdade son unha ferramenta fundamental para crear conciencia e abrir diálogos necesarios, desde o respecto e a escoita, sobre temas que forman parte da vida de moitas mulleres”. 

 Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez, subliñou que “este ciclo demostra que a igualdade tamén se constrúe en espazos próximos, cómodos e participativos, onde a veciñanza pode informarse, compartir experiencias e sentirse acompañada”. 

 Todas as charlas comezarán ás 17.30 horas, serán abertas a toda a veciñanza e pretenden seguir facendo dos Cafés en Igualdade un punto de encontro clave para continuar revolucionando mentes desde o local.

TOMIÑO

A Xunta de Galicia salienta o traballo do torneiro Aitor Martínez como referente da excelencia da artesanía galega contemporánea con raíces no territorio 

 José González puxo de manifesto o papel do sector como motor de desenvolvemento, con especial peso en Pontevedra con 250 obradoiros rexistrados, amosando o potencial dos oficios tradicionais combinados con innovación e a creatividade


O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o obradoiro do artesán Aitor Martínez
Fotos: X.G.



Infogauda / Tomiño

 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o obradoiro do artesán Aitor Martínez, especializado na tornería de madeira e recentemente galardoado co Premio Nacional de Artesanía na categoría de produto pola súa colección Mundos.  

 Durante a visita, José González puxo en valor a aposta estratéxica do Goberno galego pola artesanía, cun orzamento próximo ao millón de euros destinado á súa dinamización en 2026, e destacou o papel fundamental deste obradoiro —adherido ao selo Artesanía de Galicia e un dos arredor de 250 existentes na provincia de Pontevedra— na promoción da artesanía galega e na posta en valor dos oficios tradicionais. Neste senso, subliñou a capacidade do proxecto para fusionar técnicas tradicionais de tornería coa escultura en madeira verde.  

 O conselleiro salientou tamén que Aitor Martínez representa un novo perfil de artesán que parte do oficio tradicional —neste caso, a carpintería— e aposta por unha sólida formación especializada. Así, atopou no torneado da madeira un camiño para investigar coa materia viva e explorar novas linguaxes escultóricas. Proba diso é que en 2022 se converteu no primeiro español en acceder a unha das sete prazas da prestixiosa École Escoulen, en Aiguines (Francia), dirixida por Yan Marot, unha das principais referencias europeas neste ámbito. Así mesmo, destacou a súa aposta polos materiais autóctonos e pola trazabilidade, como exemplo dun emprendemento artesanal vencellado ao territorio. O conselleiro agradeceu tamén a implicación do artesán —finalista dos Premios Artesanía de Galicia 2024 pola peza JU— en distintas accións de promoción impulsadas pola Fundación Artesanía de Galicia, como o Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia (Agolada), as IV xornadas Artesanía no Prato ou os XXV Encontros Internacionais de Madeira Torneada de Xermade.  

 Segundo sinalou José González, visitas coma esta permiten coñecer proxectos artesáns exemplares e poñer de manifesto o papel da artesanía como motor de desenvolvemento económico no territorio, amosando o potencial dos oficios tradicionais cando se combinan con innovación e creatividade, así como que Galicia, desde o rural, é un espazo fértil para o emprendemento con identidade local e proxección internacional.  

Pulo ao sector artesán 

 A artesanía é un sector prioritario non só desde o punto de vista patrimonial e cultural, senón tamén como fonte de emprego e emprendemento, clave para fixar poboación e dinamizar o territorio. Neste contexto, é clave o labor da Fundación Artesanía de Galicia e da marca Artesanía de Galicia como selo de identidade e garantía de calidade.  

 No marco do Plan Estratéxico do Comercio 2025–2030, a Xunta dispón dunha batería de accións, entre elas as axudas para a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesanal, actualmente abertas cun orzamento de 4 millóns de euros. De cara a 2026, continuarase avanzando no proxecto Artesanía no Prato, iniciativa pioneira en España pola que a Fundación Artesanía de Galicia foi recoñecida co recente Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas, así como noutras cuestións estratéxicas neste eido, como o reforzo dos programas de formación e transmisión do saber artesanal, como Aprender da tradición. Oficios e técnicas, ou no desenvolvemento das futuras bolsas para aprendices asociadas ao programa.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Lampreia do Rio Minho: a excelência da tradição e sabor à mesa 

   



Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Todos os fins de semana, até 5 de abril, 11 restaurantes do concelho de Vila Nova de Cerveira voltam a servir um dos grandes tesouros gastronómicos da região: a lampreia do rio Minho.  

 Entre receitas clássicas, passadas de geração em geração, e interpretações contemporâneas que despertam a curiosidade ao primeiro olhar e conquistam ao primeiro sabor, a proposta é clara: celebrar a lampreia do rio Minho, rainha desta época, nas mais variadas expressões culinárias.    

 “Lampreia do Rio Minho – Um Prato de Excelência” é uma iniciativa gastronómica promovida pela ADRIMINHO, em parceria com os seis municípios do Vale do Minho, a restauração local e a Confraria da Lampreia do Rio Minho.    

 Mais do que um evento, um convite irrecusável para descobrir sabores únicos, profundamente ligados à tradição e à experiência sensorial.    

Restaurantes aderentes de Vila Nova de Cerveira:  

Adega Real - Terreiro | Tel. 251 795 366 

Boega - O Peregrino - Gondarém | Tel. 251 700 500 

Cantinho dos Amigos - Rua Queirós Ribeiro | Tel. 251 795 725 

Casa das Velhas - Quinta das Mineirinhas | Tel. 251 708 482 

Casa Lau - Loivo | Tel. 251 795 162 

Casebre - Campos | Tel. 251 795 522 

Central - Terreiro | Tel. 251 794 898 

Dom Júlio - Campos | Tel. 251 700 240 

Lavrador - Campos | Tel. 251 796 604 

Luso Galaico - Terreiro | Tel. 251 795 225 

O Dias - Covas | Tel. 251 943 108  

VALENÇA DO MINHO

II Congresso Internacional de Educação da Eurocidade: um Espaço de Reflexão e Inovação para Professores    




Vitor Salvador / Valença do Minho

 A Eurocidade Tui–Valença vai acolher, nos dias 30 e 31 de janeiro, o II Congresso Internacional de Educação da Eurocidade, um evento de referência dirigido a professores, educadores, dirigentes escolares e profissionais da educação interessados em refletir sobre os desafios atuais da escola e da sociedade.  

 A sessão de abertura contará com a presença de Maria Luísa Oliveira, Secretária de Estado da Administração Escolar de Portugal e de Abelardo de la Rosa, Secretário de Estado da Educação de Espanha, bem como dos autarcas José Manuel Carpinteira, Presidente da Câmara Municipal de Valença, e Enrique Cabaleiro González, Alcalde de Tui, entre outras entidades institucionais.  

 Sob o tema Educação e Valores, esta edição dará especial destaque ao impacto da inteligência artificial na educação e à crise do modelo de sociedade democrática, promovendo o debate crítico e a partilha de perspetivas sobre o papel da escola na formação de cidadãos conscientes, éticos e participativos.  

 O programa inclui intervenções de oradores de reconhecido prestígio internacional, abordando áreas fundamentais para a prática docente, como políticas educativas, inovação pedagógica, governação escolar e cooperação institucional. Entre os convidados destacam-se António Nóvoa, António Bolívar, Marco Bento, Florencio Luengo, María del Carmen García e Jorge Américo.  

 As sessões terão lugar, em 30 de janeiro no Auditório da Escola Superior de Ciências Empresariais, em Valença e em 31 de janeiro no Teatro Francisco Sánchez, em Tui.  

 A participação é gratuita, mediante inscrição prévia. O programa completo e o formulário de inscrição estão disponíveis em: https://ciberico.valedominho.com/  

 O congresso é promovido pelo Centro de Formação Vale do Minho, Projeto Atlântida, Câmara Municipal de Valença e Concello de Tui, contando com a colaboração do Governo de Portugal e de Espanha, da Xunta de Galicia, da Universidade de Vigo, da Deputación de Pontevedra, entre outras entidades.

VALENÇA DO MINHO

A Lampreia é Rainha à Mesa – Lampreia do Rio Minho um prato de excelência    

A iniciativa decorre até 15 de abril envolvendo 16 restaurantes de Valença  




Vitor Salvador / Valença do Minho

 Valença afirma-se como destino de referência da gastronomia de inverno, convidando apreciadores da boa mesa a descobrir um dos mais emblemáticos produtos da região: a Lampreia do Rio Minho.  

 A iniciativa “Lampreia do Rio Minho – Um Prato de Excelência” decorre até 5 de abril, aos fins-de-semana, envolvendo 16 restaurantes do concelho de Valença, que celebram este produto de excelência através de propostas gastronómicas que aliam tradição, criatividade e identidade local.  

 Ao longo desta temporada, e sempre mediante reserva prévia, a lampreia apresenta-se à mesa em múltiplas interpretações, desde as receitas mais clássicas às abordagens contemporâneas. Arroz de lampreia, lampreia assada no forno, lampreia recheada ou lampreia na brasa são algumas das sugestões disponíveis, refletindo saberes transmitidos ao longo de gerações e reinterpretados pela restauração local.  

 Em Valença, é possível saborear a Lampreia do Rio Minho nos seguintes restaurantes: Adega do João; Baluarte; Bom Jesus; Cristina; Coroa Verde; Estação da Torre; Fonte D’Ouro; Limoeiro; Mané; Merendola; Muralha; O Campónio; O Escondido; O Neves; Solar do Bacalhau; Stop.  




 A autenticidade da tradição gastronómica, a qualidade da restauração, a valorização do produto sazonal e o enquadramento paisagístico tornam Valença o destino ideal para uma escapada gastronómica de inverno, proporcionando experiências únicas à mesa e no território.  

 A iniciativa “Lampreia do Rio Minho – Um prato de excelência” é promovida pela ADRIMINHO, em parceria com a Câmara Municipal de Valença, a restauração local, a Confraria da Lampreia do Rio Minho e os restantes municípios do Vale do Minho, mediante marcação prévia.  

 Além desta iniciativa, Valença organiza, também, o Festival Gastronómico “Sabores da Lampreia”, que decorrerá em São Pedro da Torre, de 20 a 22 de março, reunindo gastronomia, cultura e tradição, num dos pontos altos da celebração desta iguaria 

BAIONA

A Xunta de Galicia licita a redacción do proxecto para construír 12 novas vivendas públicas en Baiona, que suporán un investimento de 2,5 M€ 

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación do contrato de redacción por máis de 120.000€ e fixa a presentación de ofertas ata o 6 de marzo


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou co alcalde, Jesús Almuíña, o acordo polo que o Concello cede á Xunta a parcela na que se desenvolverá este inmoble
Foto: X.G.


Infogauda / Baiona

 A Xunta licita a redacción do proxecto para construír 12 novas vivendas públicas en Baiona, que suporán un investimento autonómico de 2,5M€.  

 A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe co alcalde, Jesús Almuíña, o acordo polo que o Concello cede ao Goberno galego a parcela na que se desenvolverá este inmoble. Este acordo xa fora autorizado polo Consello da Xunta esta semana.  

 A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación deste contrato de redacción, por un importe de algo máis de 120.000€. As empresas interesadas en acometer esta intervención poderán presentar as súas correspondentes ofertas ata o vindeiro 6 de marzo.  

 O Goberno galego executará nunha parcela situada na rúa O Burgo, cedida polo Concello de Baiona, un edificio que albergará 12 novos fogares que se porán a disposición de cidadáns inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda.  

 Allegue subliñou que con este acordo de hoxe Baiona se suma a outros 13 concellos que xa cederon gratuitamente parcelas á Xunta para construír vivenda pública. Trátase dos municipios de Pontevedra, Lugo, Teo, Lalín, A Estrada, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Ames, Carballo, Narón, San Cibrao das Viñas, Arteixo e Bueu.  

 Neste sentido, a conselleira agradeceu a colaboración dos municipios e animou a seguir aumentando o número de concellos que ceden solo para continuar favorecendo o acceso da cidadanía a unha vivenda digna e a un prezo accesible.  

 Ademais María M. Allegue puxo en valor o esforzo técnico e financeiro que está a realizar a Xunta no ámbito da vivenda, pois na actualidade xa ten en marcha arredor de 3.000 novas vivendas públicas.

TUI

Catro espectáculos de música, danza e teatro chegarán en febreiro ao Teatro Municipal de Tui  

 A proposta inclúe desde concertos de rock en galego para familias até teatro de reflexión social, pasando por danza infantil e un repertorio musical inédito 


Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, na prsentación da programación cultural de febreiro, 2026
Foto: C.T.
 

Infogauda / Tui

 O Concello de Tui presenta a programación do Teatro Municipal de Tui para o mes de febreiro cunha oferta cultural variada que combina música, danza e teatro, dirixida a todos os públicos e cun especial protagonismo para os artistas locais.  

 A programación comeza o venres 6 de febreiro ás 19 h con A Banda dos Insectos, un proxecto de música rock en galego que promete ritmo e diversión para toda a familia. Esta agrupación, formada por Adri Salgado, Eduardo Cadenas, Juan Pérez e Manuel Fernández, destaca polos valores cooperativos, o respecto, a igualdade e a solidariedade que transmiten nas súas cancións. As entradas teñen un prezo de 4€ e 3€.  

 A música volverá ser protagonista o venres 13 de febreiro ás 21 h cun concerto moi especial: "El mal de l'amor. The songbook of Gustavo Durán", que contará coa participación do tenor arxentino Jonatan Alvarado e o músico tudense Samuel Diz. Ambos presentarán en Tui o seu novo disco, gravado en abril de 2025 en Dartington Hall (Inglaterra), no que interpretan tres cancioneiros recompilados polo compositor Gustavo Durán entre 1944 e 1963. Un repertorio en gran parte inédito que vai desde melodías cortesás españolas do século XVI até yaravíes peruanos modernos. As entradas están á venda por 10€ e 7,5€.  

 O venres 20 de febreiro ás 19 h, a danza toma o escenario con "O Arcón de Noa", da compañía Amarelo. Carlota Rosón Rojo, Martín Blanco e Raquel Ferradás levarán ao público infantil a un mundo de maxia e fantasía onde os xoguetes cobran vida. Un espectáculo escrito por Lilian Portela que promete fascinar aos máis pequenos e non tan pequenos. As entradas están xa á venda aos prezos de  4€ e 3€.  

 Para pechar o mes, o venres 27 de febreiro ás 21 h, Teatro de Ningures presentará "As Gardiás", unha peza teatral que reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias co calor humano da familia e a comunidade. Dirixida por Cristina Domínguez e escrita por Nasser Djemaï, esta montaxe conta coa interpretación de Casilda Alfaro, Melania Cruz, Pepa Barreiro, Rebeca Montero e Sonia Rúa. As entradas, aos prezos de 10€ e 7,5€, pódense mercar en tui.gal ao igual que para os outros espectáculos.  

 A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que esta programación reflicte o noso compromiso cunha cultura de calidade, diversa e accesible para todos os públicos”. Engade que “estamos especialmente orgullosos de contar con talento local como o de Samuel Diz, músico tudense que está a desenvolver un traballo de grande valor artístico, así como coa presenza dun integrante tudense en A Banda dos Insectos, que traerá o seu rock en galego ao noso teatro”. Sonsoles Vicente afirma que queremos que o Teatro Municipal sexa un espazo vivo, onde convivan propostas para as familias, os amantes da música, da danza e do teatro de reflexión social 

 Todas as entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio de cada espectáculo en tui.gal.

CALDAS DE REIS

CONTINÚAN OS ENCONTROS COMARCAIS ENMARCADOS NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

Continúa o Programa desenvolvido polo Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra en colaboración coa Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno na provincia de Pontevedra, dirixido a favorecer a coordinación e a creación de sinerxias entre os profesionais implicados.  

No que vai de ano celebráronse reunións as comarcas de Baixo Miño e Caldas de Reis.

  

Autoridades e profesionais participantes no encontro que tivo lugar onte en Caldas de Reis, organizado polo Colexio de Farmacéuticos e a Unidade de Violencia contra a Muller dependente da Subdelegación do Goberno 
Foto: Cedida

Infogauda / Caldas de Reis

 O Colexio de Farmacéuticos e a Unidade de Violencia contra a Muller dependente da Subdelegación do Goberno continúan levando o seu Programa de Intervención do farmacéutico en materia de violencia ás diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, a través do cal a profesión farmacéutica participa activamente en distintas accións de información, prevención e sensibilización en materia de violencia de xénero.  

 O primeiro destes encontros celebrouse na comarca do Deza o pasado 30 de outubro, ao que seguiron a comarca do Morrazo o 6 de novembro; Baixo Miño o 15 de xaneiro; e este pasado xoves 22 de xaneiro celebrouse o da comarca de Caldas de Reis.  

 Nestes encontros, pioneiros en Galicia, déronse cita farmacéuticos das farmacias e dos centros de saúde dos municipios das comarcas, a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Beatriz García, e a xefa da Unidade de Violencia contra a Muller dependente da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María José Rodríguez, responsables dos diversos centros de información á muller, así como   membros do equipo Viogen da Garda Civil e da Policía Nacional segundo as súas competencias.  

 “Con estes encontros pretendemos mellorar a coordinación entre todos os axentes intervenientes en materia de violencia, poñéndonos cara e permitindo que cada profesional coñeza os recursos, protocolos e o traballo que realizan os demais, dando a coñecer ademais a integración da farmacia na rede de puntos violeta para prevención e protección das vítimas de violencia impulsada polo Ministerio de Igualdade”, indicou a presidenta do COF de Pontevedra, Beatriz García. E engade: “Contar coa presenza do subdelegado do Goberno Abel Losada e dos alcaldes e alcaldesas dos municipios que acollen os encontros é importante para nós, xa que indica a relevancia desta iniciativa e o seu valor social”.  

 Pola súa banda, o subdelegado do goberno Abel Losada destacou o importante papel que poden ter os farmacéuticos na detección e axuda a mulleres vítimas, debido á súa proximidade ao paciente, especialmente no caso dos farmacéuticos rurais, onde en moitas ocasións o farmacéutico comunitario é o único profesional sanitario ao que estas mulleres poden acudir en busca dun espazo seguro.  

 Os encontros comarcais continuarán o próximo día 5 de febreiro no Salnés (Vilagarcía de Arorusa).

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE denuncia as excesivas horas extraordinarias que realiza a Policía Local 

 O Concello do Porriño está levando aos plenos, recoñecementos de crédito para aboar as horas extras dos axentes, que nalgún caso chegaron a realizar ate 86 h extraordinarias nun só mes 


Sthela Mª Táboas, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE
Foto: GMS

Agrupación do PSdeG-PSOE / O Porriño 

 A agrupación socialista do Porriño leva, ao primeiro Pleno Ordinario do Concello do Porriño de 2026, unha moción de orde sobre o que está a acontecer na Xefatura da Policía Local, no tocante ás excesivas horas extraordinarias que realizan os axentes. 

 Aínda que os concelleiros socialistas solicitaron en varias ocasións acceso aos cadrantes de traballo da xefatura da policía, así como de outra documentación correspondiente a área de Seguridade, nunca se nos facilitou tal. Pero namentres, nos Plenos aprobábanse Recoñecementos de Crédito para o abono mensual das horas extraordinarias. 

 Aínda así, os Decretos autorizando o pago das horas extraordinarias ou ds nocturnidades, sí que evidencian un elevado número de horas traballadas fora do horario habitual, que non contan coa xustificación adecuada ao estipulado legalmente para a súa realización. 

 Atopamos, entre as xustificacións por necesidade urxente informadas pola Xefatura da Policía Local, a Cabalgata de Reis, Entroido, probas deportivas, festivais, etc. Todos eles, eventos previsibles e programados que nada teñen que ver coas situacións externas, imprevisibles e inevitables -como incendios, avarías ou desastres- que se recollen no Estatuto dos Traballadores. 

 Aínda que dende o Concello de O Porriño non se está a dar acceso a expedientes solicitados pola oposición, dos Decretos de orden de pago das horas extraordinarias asinados polo alcalde de O Porriño, sorprende o elevado número de horas extraordinarias que suman ao ano dende a Xefatura da Policía Local. 

 A concelleira do PSdeG-PSOE, Sthela Mª Táboas, explica que “no ano 2025 a Policía Local realizou un total de 3.975’5 horas extras, que se traduce económicamente en 147.389,64 € que se sumaron a maiores das nóminas correspondentes”. O preocupante desta situación “que carece de xustificación, e que na maior parte dos casos, deberían ser horas de xornada laboral ao darse en servizos totalmente previsibles, é que está a converterse nunha rutina, e tanto o concelleiro se Seguridade coma o alcalde, como máximo responsable da Policía Local, están a consentir estas prácticas mirando cara outro lado”. 

 Ademáis, dende o PSdeG poidemos constatar que “nun so mes, algún axente chegou realizar ate 86 horas extraordinarias a maiores da súa xornada laboral, e 17 nocturnidades. Cándo descansan?” pregúntase a concelleira. 

 Dende a agrupación socialista lamentan que precisamente sexa o delegado sindical, tamén Inspector Xefe Principal da Policía Local, o que máis horas facturou no pasado ano, 499 horas   totais e un mínimo de noites ao mes que oscila entre 14 y 21 días. “Un Concello coma o noso non pode consentir ter un Xefe da Policía Local que sume máis de 4.000 € sobre a súa nómina, cando xa está a cobrar un complemento específico polo seu cargo de Inspector Xefe Pincipal” remata a concelleira socialista, facendo referencia a unha Sentencia ditaminada polo Tribunal Supremo. 

 Deste xeito o PSdeG-PSOE de O Porriño solicita, na moción que defenderá no vindeiro Pleno Ordinario de xaneiro que se celebrará o luns 26, a aprobación das seguintes medidas: 

 - Eliminar a realización de horas extraordinarias que non supoñan excepción ao límite xeral por situacións externas, imprevisibles e inevitables tal como establece o Estatuto dos Traballadores. 

 - Que se establezan un límite anual e mensual máximo, de realización de horas extraordinarias. 

VIGO

A Plataforma SOS Sanidade Pública concentrouse no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Para denunciar a situación de colapso que está a sufrir a sanidade pública da nosa área sanitaria


Imaxes da concentración de integrantes da Plataforma SOS Sanidade Pública e cidadáns de diferentes concellos da provincia, no Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo

Plataforma SOS Sanidade Pública / Vigo

 Hoxe estamos aquí no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na zona 0 dos recortes sanitarios en Galicia, para denunciar a situación de colapso que está a sufrir a sanidade pública da nosa área sanitaria. Unha situación que non é só froito do desleixo, senón que é o síntoma principal das continuas políticas de recortes e privatización da que a nosa área semella ser banco de probas.  

 O que estamos a vivir hoxe son as consecuencias das condicións nas que se fixo a licitación, a construción e a xestión deste hospital. A Plataforma SOS Sanidade Pública e a cidadanía de Vigo demos contestación ao cambio de proxecto denunciando publicamente e mesmo xudicializando ilegalidades detectadas na licitación deste centro. 

 O informe do Consello de Contas reafirma as denuncias que a Plataforma leva facendo desde que se confirmou este cambio de modelo de hospital e cuestiona a legalidade de determinados aspectos da licitación, polo que exiximos responsabilidades políticas. 

 As pasadas semanas este hospital volveu ser noticia polo colapso no servizo de urxencias, que evidenciou problemas non só en urxencias senón na falta de camas, existindo demoras de días para trasladar doentes a plantas. Este problema é recorrente xa que é consecuencia de: 

Ter construído un hospital máis pequeno, que non cubre as necesidades da poboación da área sanitaria, para favorecer o negocio da sanidade privada. 

Non ter reforzado a Atención Primaria, con déficit de persoal en todas as categorías e infraestruturas inaxeitadas; a consecuencia disto son as listas de agarda en Primaria que superan as tres semanas. 

Uns servizos hospitalarios sen o cadro de persoal nin espazos suficientes para dar resposta ás necesidades da cidadanía. Unhas intolerables listas de agarda para consultas, probas complementarias, exploracións e intervencións cirúrxicas. 

Unha carteira de servizos insuficientes para manter o negocio da sanidade privada. 

A sobrecarga de profesionais de enfermería, insuficientes para dar resposta á cronicidade e á dependencia, con retraso no seguimento de patoloxías crónicas e dificultade para garantir unha atención de calidade a persoas dependentes. 

Cunha parte da poboación da nosa área sanitaria sendo atendida en POVISA, cun concerto económico sen transparencia, e sen alternativa pública neste momento para poder reverter esta situación. 

 Non pode quedar impune: 

1. Facer que a cidadanía pague 470.469.422 euros de máis á sociedade concesionaria do HAC.  

2. Facer un hospital máis pequeno, que non responde ás necesidades da área sanitaria.  

3. Manter e incluso aumentar o negocio da sanidade privada.   

 Defendemos RECONSTRUÍR as cousas que estaba previsto facer e que, por decisión política, non se fixeron.  

1. Reversión da concesión e rescate do Álvaro Cunqueiro. Exiximos a decisión política de reverter a concesión do hospital, rescatando o Álvaro Cunqueiro para o ámbito do público.  

2. Ampliación e dotación hospitalaria.  

a. Ampliar o HAC co que figuraba no proxecto inicial para garantir 1.265 camas.  

b. Restituír unha Unidade de Coidados Mínimos con 148 Camas, a Unidade de Docencia e Investigación e unha unidade de Rehabilitación.  

c. Poñer a pleno rendemento as camas do Hospital do Meixoeiro (422) e do Hospital Nicolás Peña (117).  

d. Recuperar a poboación de 300.000 persoas usuarias de Pontevedra que antes tiña servizos especializados en Vigo (Cirurxía Torácica, Cardíaca, Hemodinámica, etc.).  

3. A Reordenación asistencial da área de Vigo, reivindicando a construción dun Centro de Alta Resolución (CAR) coas especialidades más demandadas pola poboación, no centro de Vigo, dado que a implantación do Álvaro Cunqueiro no arrabalde da cidade provocou un distanciamento dos recursos hospitalarios.  

4. Recuperación da Atención Primaria  

a. A recuperación da Atención Primaria, con aumento da inversión, analizando as necesidades de recursos, tanto humanos como estruturais, dos centros de saúde e dos Puntos de Atención Continuada (PAC) da nosa área sanitaria.  

b. Para o Morrazo exiximos a construción do novo Centro de Alta Resolución na Rúa coas especialidades máis demandadas, e o PAC de Atención Primaria. 

c. Rematar xa o centro de saúde de Moaña co seu PAC, ampliar o de Cangas (trasladando o PAC ao CAR) e construír o novo Centro de Saúde no Hío, tal e como estaba previsto, para dar cobertura a poboación de Aldán e O Hío.  

d. Dotación do C.S. Olimpia Valencia con persoal propio, mantendo o C.S. Nicolás Peña e garantindo o servizo de pediatría en todos os centros de saúde da área sanitaria. 

 Para que todo isto sexa posible é necesario garantir o incremento da inversión en sanidade pública na área sanitaria de Vigo, e que os cartos públicos se utilicen para reforzar a Atención Hospitalaria e recuperar a Atención Primaria, e non para incrementar o negocio da sanidade privada. 

 Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública facemos un chamamento a cidadanía da Área Sanitaria a participar na manifestación convocada en Santiago o vindeiro 1 de febreiro de 2026 desde a Alameda de Santiago de Compostela ás 12:00 horas, xa que a sanidade pública non se vende, deféndese. 

ARCOS DE VALDEVEZ

FADO E OUTRAS CANÇÕES 


Músicos arcuenses deram voz a temas de fado e outros géneros, proporcionando momentos únicos a todos os presentes
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Casa das Artes acolheu, no passado sábado, um evento de cariz solidário cuja receita reverteu a favor da Associação Humanitária dos Bombeiros Voluntários de Arcos de Valdevez. 

 Músicos arcuenses deram voz a temas de fado e outros géneros, proporcionando momentos únicos a todos os presentes. 

 A iniciativa contou com a presença do presidente da Câmara Municipal, Olegário Gonçalves, que procedeu à entrega do donativo à corporação, representada pelo seu presidente, Germano Amorim. 

 O evento foi recebido com grande entusiasmo pelo público, numa noite marcada pelo espírito solidário. 

 Foi uma noite dedicada ao fado e à solidariedade, onde a cultura se colocou ao serviço de uma causa maior.  

ARCOS DE VALDEVEZ

Escola de Dança Arcuense Dance Fuel terceira classificada na Final Nacional do Portugal a Dançar 2025   


Das 4 coreografias a concurso apresentadas pela ADAV – Dance Fuel, destacou-se a prestação do aluno José Barros, que arrecadou um honroso 3.º lugar com a coreografia Lyrical Jazz "Jealous"

Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A ADAV – Dance Fuel trouxe mais um prémio para Arcos de Valdevez, desta vez no âmbito da Final Nacional do Portugal a Dançar 2025, disputada no sábado, 17 de janeiro no auditório de Lavra, Matosinhos! 

 Das 4 coreografias a concurso apresentadas pela ADAV – Dance Fuel, destacou-se a prestação do aluno José Barros, que arrecadou um honroso 3.º lugar com a coreografia Lyrical Jazz "Jealous". 

 No total estiveram a concurso 26 coreografias nesta Final Nacional! 

 A Final Nacional do Portugal a Dançar 2025 reuniu participantes de todo o país num evento que celebrou a diversidade, a inclusão e o talento da dança nacional. 

 Após um percurso por sete localidades, o Portugal a Dançar voltou a afirmar-se como uma plataforma de democratização do acesso à dança, promovendo a igualdade de oportunidades, a valorização dos talentos emergentes e a aproximação às comunidades locais. 

 A Final Nacional do Portugal a Dançar 2025 encerrou-se num ambiente de grande celebração, emoção e reconhecimento artístico, reafirmando o compromisso da organização com o crescimento da dança em Portugal e com a criação de oportunidades reais para novos talentos em todo o território nacional e internacional. Classificações finais: 

1.º lugar: Estúdio Ballet Gwen Morris - Zephyr 

2.º lugar: Move Cool Dance - Laura Carrilho 

3.º lugar: Dancefuel - José Barros - Jealous  Muitos 

 Parabéns José Barros! 

 Muitos Parabéns Dance Fuel!

ARCOS DE VALDEVEZ

Cozido à Moda dos Arcos é o destaque do “Arcos à Mesa” de 31 de janeiro a 1 de fevereiro 




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Arcos à Mesa está de regresso à ementa dos restaurantes aderentes com o “Cozido à Moda dos Arcos”, no fim de semana de 31 de janeiro e 1 de fevereiro.  

 Para além da possibilidade de degustar este prato típico confecionado com produtos locais, o Município de Arcos de Valdevez oferece uma variedade de eventos e atividades para toda a família.  

 No sábado, a Porta do Mezio está a organizar uma visita guiada ao Parque Biológico (10h30), e a Casa das Artes recebe o filme “Greenland: Um Novo Começo” (22h00).  

 Já no domingo, o destaque vai para o Paço de Giela com a atividade “Personagens da História na Ponta dos Dedos” (10h30), um Showcooking na Esplanada: Cozido à Moda dos Arcos- Criatividade rumo ao Desperdício, com o chef Tiago Fernandes (11h00), e na Porta do Mezio haverá “Cuidar, Criar e Descobrir” (11h00).  

 Um fim de semana repleto de sabor e atividades, para todas as idades, e que dá as boas vindas a fevereiro.  

RESTAURANTES ADERENTES  

A FLORESTA Tel. 258 515 163   

ALTO DA PROVA Tel. 258 455 666  

CHURRASQUEIRA DO MERCADO Tel. 258 516 953 Encerrado ao sábado   

CHURRASQUEIRA O BRASEIRO  Tel. 258 521 506   

CHURRASQUEIRA PONTE NOVA Tel. 258 522 260   

COSTA DO VEZ - GRILL Tel. 258 516 122   

O BARRIGUINHAS Tel. 258 515 800   

O ENCONTRO Tel. 258 515 683    

O LAGAR Tel. 258 516 002   

O POTE Tel. 258 515 245   +

SOLAR DO VEZ Tel. 258 119 385 | 938 119 392  

TABERNA A REGIONAL Tel. 258 515 230 Encerrado ao domingo   

TOCA DO CANHOTO 

RESTAURANTE DA PORTA DO PARQUE DO MEZIO Tel. 922 277 466 Mediante reserva