A obra infantil “Ninja” aposta concienciar sobre o acoso escolar a través do teatro
• A obra representarase o sábado, 31 de xaneiro ás 18:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural abre as portas ao primeiro espectáculo infantil do 2026. Será a obra “Ninja” da compañía de teatro Gazafelhos, que será posta en escea o sábado, 31 de xaneiro ás 18:00 horas. Con entrada de balde e libre ata completar á cabida.
“Ninja” aborda o acoso escolar a través dunha historia chea de humor e reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. Á súa protagonista, encántalle a cultura oriental. O seu soño é ser unha ninja e para conseguilo adestra todos os días para pasar inadvertida.
Nese proceso, descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis para deixar de sufrir acoso. Coa axuda do seu veciño, o señor Edelmiro, conseguirán dar visibilidade ao que está a acontecer e empezar así a mudar as tornas.
Trátase dunha obra lúdica e pedadóxica que reflexiona sobre a tolerancia, o respecto e as diversidades, mostrando o máis importante para resolver un problema: visualizalo. A obra está recomendada a partir dos 5 anos.
A función está organizada polo Concello de A Guarda coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa cultural +Escénicas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario