23 de xan. de 2026

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE denuncia as excesivas horas extraordinarias que realiza a Policía Local 

 O Concello do Porriño está levando aos plenos, recoñecementos de crédito para aboar as horas extras dos axentes, que nalgún caso chegaron a realizar ate 86 h extraordinarias nun só mes 


Sthela Mª Táboas, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE
Foto: GMS

Agrupación do PSdeG-PSOE / O Porriño 

 A agrupación socialista do Porriño leva, ao primeiro Pleno Ordinario do Concello do Porriño de 2026, unha moción de orde sobre o que está a acontecer na Xefatura da Policía Local, no tocante ás excesivas horas extraordinarias que realizan os axentes. 

 Aínda que os concelleiros socialistas solicitaron en varias ocasións acceso aos cadrantes de traballo da xefatura da policía, así como de outra documentación correspondiente a área de Seguridade, nunca se nos facilitou tal. Pero namentres, nos Plenos aprobábanse Recoñecementos de Crédito para o abono mensual das horas extraordinarias. 

 Aínda así, os Decretos autorizando o pago das horas extraordinarias ou ds nocturnidades, sí que evidencian un elevado número de horas traballadas fora do horario habitual, que non contan coa xustificación adecuada ao estipulado legalmente para a súa realización. 

 Atopamos, entre as xustificacións por necesidade urxente informadas pola Xefatura da Policía Local, a Cabalgata de Reis, Entroido, probas deportivas, festivais, etc. Todos eles, eventos previsibles e programados que nada teñen que ver coas situacións externas, imprevisibles e inevitables -como incendios, avarías ou desastres- que se recollen no Estatuto dos Traballadores. 

 Aínda que dende o Concello de O Porriño non se está a dar acceso a expedientes solicitados pola oposición, dos Decretos de orden de pago das horas extraordinarias asinados polo alcalde de O Porriño, sorprende o elevado número de horas extraordinarias que suman ao ano dende a Xefatura da Policía Local. 

 A concelleira do PSdeG-PSOE, Sthela Mª Táboas, explica que “no ano 2025 a Policía Local realizou un total de 3.975’5 horas extras, que se traduce económicamente en 147.389,64 € que se sumaron a maiores das nóminas correspondentes”. O preocupante desta situación “que carece de xustificación, e que na maior parte dos casos, deberían ser horas de xornada laboral ao darse en servizos totalmente previsibles, é que está a converterse nunha rutina, e tanto o concelleiro se Seguridade coma o alcalde, como máximo responsable da Policía Local, están a consentir estas prácticas mirando cara outro lado”. 

 Ademáis, dende o PSdeG poidemos constatar que “nun so mes, algún axente chegou realizar ate 86 horas extraordinarias a maiores da súa xornada laboral, e 17 nocturnidades. Cándo descansan?” pregúntase a concelleira. 

 Dende a agrupación socialista lamentan que precisamente sexa o delegado sindical, tamén Inspector Xefe Principal da Policía Local, o que máis horas facturou no pasado ano, 499 horas   totais e un mínimo de noites ao mes que oscila entre 14 y 21 días. “Un Concello coma o noso non pode consentir ter un Xefe da Policía Local que sume máis de 4.000 € sobre a súa nómina, cando xa está a cobrar un complemento específico polo seu cargo de Inspector Xefe Pincipal” remata a concelleira socialista, facendo referencia a unha Sentencia ditaminada polo Tribunal Supremo. 

 Deste xeito o PSdeG-PSOE de O Porriño solicita, na moción que defenderá no vindeiro Pleno Ordinario de xaneiro que se celebrará o luns 26, a aprobación das seguintes medidas: 

 - Eliminar a realización de horas extraordinarias que non supoñan excepción ao límite xeral por situacións externas, imprevisibles e inevitables tal como establece o Estatuto dos Traballadores. 

 - Que se establezan un límite anual e mensual máximo, de realización de horas extraordinarias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario