24 de set. de 2022

A GUARDA

A GUARDA E A PÓVOA DE VARZIM, UNIDAS EN IRMANDADE DA CULTURA MARÍTIMA

Hoxe foi asinado na vila guardesa o acordo oficial de irmandamento entre as dúas cidades atlánticas, vencelladas desde tempos antigos



Vista xeral do salíon de plenos do Conclelo de A Guarda na sesión extraordinaria de hoxe

O presidente e o vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim, vereadoras/es e tripulantes da Lancha Poveira do Alto
Membros da Asociación Piueiro e os ex alcaldes Raúl González e José Manuel Domínguez
Aspecto que presentaba o vestíbulo e salón de plenos


Ricardo Rodríguez Vicente (redacción) e Santiago Baz Lomba (reportaxe fotográfica) / A Guarda

 Se hai un día que con certeza, vai quedar na memoria de moitos guardeses - e por suposto na deste cronista -, como unha data feliz, que compensa haber tido que agardar décadas e décadas, ata hoxe; esta vai ser, sen lugar á dubidas, a deste 24 de setembro de 2022. A razón da nosa persoal satisfacción, que coidamos compartida por outras moitas persoas, reside no acordo unánime, adoitado pola corporación municipal guardesa, de aprobar a proposta de irmandamento do concello de A Guarda coa cidade da Póvoa de Varzim.

 O desexo dese irmandamento estaba latente, como antes dixemos, desde fai bastantes anos. Xa no seu día Óscar Fangueiro - natural do Porto, estudoso e investigador nas áreas de Historia, da Xenealogia, da Antroponimia, da Etnografia, da Pesca e da Arqueoloxía - habíao proposto, como tamén o fixera - e o reiterara en varias oportunidades - noso entrañable amigo - natural de Goián (Tomiño), o escritor, etnógrafo e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez. 

 Os vencellos entre as comunidades pescadoras da Póvoa de Varzim e de A Guarda, proveñen desde tempos moi antigos, como está acreditado e documentado histórica e socialmente.  Máis, con todo, estaba pendente que a nivel oficial se levase a bó termo o correspondente acordo de irmandamento.

 Foi - en boa hora - a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, quen por medio do seu secretario Celso Rodríguez Fariñas, presentou no rexistro municipal do concello de A Guarda, a correspondente proposta. A partires de aí, desde a institución municipal comezouse por parte do executivo local a dar os pasos correspondentes facendo partícipes desa proposta a seus homólogos da Póvoa de Varzim. A acollida e a receptividade, quedaron de manifesto de parte a parte, quedando perfectamente clara á sintonía entre ambos os dous executivos, e ao mesmo tempo a disposición e á vontade para levar a bó termo o solicitado pola devandita asociación guardesa, da que todo o pobo está identificado coa súa dinámica de traballo e súa brillante traxectoria.

 Como queira que a primeira parte do acordo de irmanamento xa tivo lugar na Póvoa de Varzim, con ocasión das festas de san Pedro, quedaba pendente o acto a realizar no concello de A Guarda. A data escollida non foi casual, toda vez que á devoción a santa Trega é un dos puntos de coincidencia entre á comunidade poveira e a guardesa. Por iso, ao igual que xa acontecera noutras edicións precedentes, nas que unha representación da Póvoa de Varzim participara activamente na celebración da festividade que ten lugar cada 23 de setembro - agás nos anos 2020 e 2021, por causa da pandemia da cal logramos sobrevivir -; neste 2022, como xa informanos, voltamos a recibir a unha representación municipal e tamén da comunidade pescadora da cidade poveira. 

 E como colofón ao camiño andado ata eiquí, na mañá deste sábado día 24 de setembro, a Casa do Concello de A Guarda acolleu a sesión plenaria extraordinara, na que como antes indicamos, foi aprobada por unanimidade a proposta de irmandamento entre A Guarda e a Póvoa de Varzim.

 A sesión comezou ás 12:00 horas, no salón de plenos, onde ademáis da corporación municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, estaban na parte destinada ao público, a representación da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, encabezada polo presidente Aires Henrique do Couto Pereira;  que contou coa asistencia do vice-presidente Luís Diamantino Carvalho Batista; así como vereadoras/es que forman parte do executivo poveiro.

 Tamén estiveron os tripulantes da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", así como membros da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro.

 Asemade asistiron persoas procedentes da Póvoa de Varzim, e unha representación da veciñanza de A Guarda, vencellada a entidades culturais e sociais da nosa vila.


Un momento da actuación do dúo Pärbo, formado por Begoña Riobó  (Violín, voz e arpa céltica) & Anxo Pintos
Membros da corporación municipal de A Guarda escoitando á actuación musical


 O pleno extraordinario, que contou coa asistencia da secretaria do concello, comezou cunha primeira actuación do dúo Pärbo, formado por Begoña Riobó  (Violín, voz e arpa céltica) & Anxo Pintos (Zanfona e 2º violín).

 Finalizada a interpretación musical, comezou a sesión plenaria, onde o alcalde Antonio Lomba salientou en primeiro lugar, que hoxe é un día importante para os pobos de A Guarda e a Póvoa de Varzim. 

 A continuación deu lectura informou dos orixes da proposta presentada por Piueiro, e anunciou que antes de pasar a votación, intervirían os portavoces de cada grupo municipal. Tamén dixo que tralas intervencións, sería votada a proposta, que consideraba que ía ser aprobada por unanimidade.

 Nas súas respectivas intervencións, Celso Rodríguez Fariñas, do grupo municipal de Converxencia Galega; Anxo Lois Baz Vicente, do grupo municipal do BNG, Roberto José Álvarez Carrero, do grupo municipal do PP e Mª Montserrat Magallanes Álvarez, do grupo municipal do PSdeG-PSOE, expuxeron as moitas razóns para aprobar o irmandamento de A Guarda con Póvoa de Varzim.

 Aplicando unhas das regras básicas (as tres CCC: Claro, conciso e concreto) do xornalismo, a para non extendernos máis do necesario, temos que decir que todos os portavoces fixeron unhas fermosas intervencións, e mesmo nalgúns casos, houbo unha coicidencia en salientar que Óscar Fangueiro, Eliseo Alonso e Manuel Lopes (que foi director da Biblioteca Municipal Rocha Peixoto e impulsor da recuperación da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus"), sempre apoiaron o irmandamento da cidade poveira co concello guardés. 

 En relación co patrimonio etnográfico, e concretamente coas marcas dos pescadores, tamén se mencionou o labor realizado por investigadores guardeses como Antón Ferreira Lorenzo, Ricardo Rodríguez Vicente e Agustín Ferreira Lorenzo.

 Finalmente, o alcalde someteu á votación a proposta de irmandamento, votando todos os concelleiros/as a man alzada, a favor da devandita proposta, de xeito que foi aprobada por unanimidade. O devandito acordo foi correspondido polos aplausos de todos os corporativos e público presente na sala de plenos.

 Sendo ás 12:41 minutos levantouse a sesión.


Logo de asinar o acordo de irmandamento, os alcaldes fan visible súa pública satisfacción

 A continuación o alcalde de A Guarda dixo que seguidamente viña o acto de sinatura do acordo, que foi efectuado en sendos documentos, que rubricaron o presidente da Càmara Municipal da Póvoa de Varzim e o alcalde do concello de A Guarda, respectivamente.


Aires Henrique - á der. -, nun momento da súa intervención, acompañado por Lomba Baz

 Seguidamente, houbo unha intervención de Aires Henrique do Couto Pereira, presidente da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, que lembrou que con 10 anos de idade, viu con seu pai nun automóbil a recoller o mestre Caxineiro, que estaba nun estaleiro de A Guarda e non podía retornar á Póvoa debido ao mal estado do mar.

 Falou tamén da dureza do traballo dos pescadores e relembrou que a primeira singradura da "Fé em Deus" foi ao porto de A Guarda, vindo xunto coa tripulación o inesquecible Manuel Lopes, que onde queira que esté estará orgulloso deste acordo de irmandamento.

 Referiuse tamén as orixes das comunidades poveira e guardesa, que con certeza son idénticas, remarcando que a partires de agora temos que sermos capaces de continuar facendo actividades conxuntamente para que isto non se perda. E puxo como proposta que á mocidade guardesa vaia a Póvoa de Varzim e a poveira veña ata A Guarda, pois hai vencellos culturais, deportivos,..., que deben ser un desafío a levar adiante. "Temos  - dixo - moito traballo por realizar, en moitos ámetos (sustentabilidade, protección do medio ambiente, turismo,...). Podemos facer moito ambos os dous pobos para mellorar o futuro (...)".

 Rematou afirmando: "(...) Os responsables políticos somos os que temos que movernos (...)".


Tito Chirro, vice-presidente de Piueiro, nun momento da súa intervención 


  Logo fixo uso da palabra José Benito Rodríguez González vice-presidente da Asociación Piueiro, facendo unha evocación nostálxica da Ribeira guardesa, cando A Guarda contaba cunha importante frota de volanteiros.

  Na súa intervención, Tito Chirro falou da implicación das Comunidades de Montes en Man Común existentes no noso concello, que xunto coas colaboracións de varias entidades e empresas, fixeron posible a recuperación do volanteiro.

 Botando novamente unha ollada ao pasado século XX, evocou ás figuras de Eliseo Alonso e  de Valentín Paz Andrade, afirmando que estarían encantados deste irmandamento.

 As siglas poveiras da vella porta da ermida de Santa Trega, o labor de persoas como Celso Rodríguez Fariñas, e o do persoal do Museo Municipal de Etnografía e Historia da Póvoa de Varzim, foron tamén evocados por Tito Chirro, que finalmente deulles as grazas aos representantes municipais guardeses e poveiros, afirmando que todo isto nos obrigará a navegar xuntos.

  A continuación fixo uso da palabra Antonio Baz Lomba, tendo unhas verbas para Joaquín Cadilla Castro, presidente de Piueiro, que por motivos de traballo non puido estar presente nesta xornada. 

 O alcalde dirixiu uns saúdos aos representantes da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, así como aos tripulantes da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", así como aos ex alcaldes de A Guarda, Raúl González Puebla e José Manuel Domínguez Freitas, presentes no acto, e por suposto aos membros da Asociación Piueiro.

 O alcalde guardés mencionou os diferentes vencellos que desde tempos inmemoriais existen entre poveiros e guardeses.

 Tamén referiu que Eliseo Alonso, ao que consideramos fillo de A Guarda, como así se acordou vai facer un ano, foi unha persoa que contribuiu a este irmandamento. 

 Finalmente, Antonio Lomba dixo que a imaxe da Lancha Poveira do Alto e o volanteiro Piueiro, fondeados no porto de A Guarda paga a pena.


Momento no que o presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim recibiu o agasallo representando a fachada litoral da Robaleira coas vivendas de pescadores, de mans do alcalde de A Guarda

Momento no que o alcalde de A Guarda recibiu do presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim o agasallo representando a Lancha Poveira do Alto


 Cun intercambio de agasallos - a panorámica das vivendas de pescadores na Robaleira, feita en cerámica esmaltada en vivas cores, nos obradoiros da Asociación Avelaiña e unha representación da Lancha Poveira do Alto - que efectuaron o alcalde Antonio Lomba Baz e seu hómologo Aires Henrique do Couto Pereira, daría paso a unha nova actuación do dúo Pärbo, na que Anxo Pintos e Begoña Riobó interpretaron varios temas musicais entre eles "Fisterra", inspirados na paisaxe a unha e outra beira do Miño, e ao mesmo tempo baseados na tradición musical galega, ou na portuguesa de Terras de Miranda.

 Un canto de berce, un tema do compositor galego Florencio Acebo dos Vilares, e unha xota, entre outras composicións, maxistralmente interpretadas por Anxo Pintos e Begoña Riobó, motivaron que todas as autoridades e público presente no salón de plenos, posto en pé, rubricase con cálidos aplausos unha magnífica actuación.


Momento no que autoridades e público, rubricou con sonoros aplausos á actuación do dío Pärbo
Fotos de familia de representantes municipais, tripulantes da Lancha Poveira do Alto e membros da asociación Piueiro, unha vez rematados os actos na casa do Concello de A Guarda


 Despois viría unha sesión fotográfica coa participación dos representantes municipais da Póvoa de Varzim e de A Guarda, e a continuación cos tripulantes da "Fé em Deus" e do "Piueiro", dando por rematado o acto arredor as 13:40 horas.

 Un xantar de confraternidade nun restaurante do porto de A Guarda, daría continuidade a unha xornada que xa forma parte da historia común entre a cidade poveira e a vila guardesa.

 A delegación municipal poveira, retornou para á Póvoa por estrada, na tarde de hoxe, e nas primeiras horas da mañá deste domingo día 25 de setembro farano por mar os tripulantes da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus". 

 Este foi, un día grande para A Guarda e para a Póvoa de Varzim.

O ROSAL

O Rosal levanta o pano da Aula de Teatro municipal  

Vai dirixida a persoas a partir de 16 anos con clases de outubro a xuño os mércores de 20.30 a 22.00 horas




Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal pon en marcha por primeira vez a Aula de Teatro municipal, unha iniciativa que busca “achegar o teatro á veciñanza e impulsar un punto de encontro no que poidan confluír todas as inquietudes de artes escénicas”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

 Impartida pola Artística, as clases serán eminentemente prácticas para estudar e traballar aspectos e técnicas básicas da creación escénica, como a expresión dramática, a improvisación ou a creación da personaxe. As clases comezarán o vindeiro mes de outubro e impartiranse ata xuño todos os mércores de 20.30 a 22.00 horas na escola de Pancenteo.

 A Aula de Teatro municipal está dirixida a maiores de 16 anos e deberá haber un grupo mínimo de 10 participantes para que se poña en marcha. O prezo da actividade será de 20 euros ao mes, pero non haberá que pagar o mes de outubro.

 As persoas interesadas en participar nesta actividade poden solicitar máis información ou inscribirse xa chamando ao 986 62 50 00.

TOMIÑO

Tomiño prepara un outono de libros  

O Mercado municipal acollerá os venres de outubro a presentación de cinco títulos literarios da man de autoras e autores da comarca




Infogauda / Tomiño 

 O cambio de estación chega a Tomiño cargado de literatura. O Concello organiza o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán ata cinco presentacións de títulos literarios da man dos seus autores e autoras, todas e todos escritores locais e da comarca. “Con este proxecto queremos destacar a importancia que ten a creación literaria en todos os xéneros e a calquera idade e facelo dando tamén a coñecer á veciñanza ás e aos novelistas que teñen ao seu carón”, explica a alcaldesa, Sandra González.  

 As presentacións arrancarán o vindeiro 30 de setembro e prolongaranse todos os venres durante o mes de outubro. Todas serán para todos os público e de balde e celebraranse a partir das 20.00 horas no Mercado de Tomiño. 

 A rosaleira Antía Fernández Martínez, voluntaria durante anos na OMIX de Tomiño, será a encargada de estrear esta actividade. Será o día 30 coa presentación do seu libro ‘Parias, kellys, rebeldes. Mi periplo por una Grecia cansada’, que recolle a historia da autora, moi ligada á historia da propia Grecia e que comezou tras unha viaxe peculiar, absurda ás veces e case profética á illa de Creta. 

 O venres 7 de outubro será a quenda de Francisco Álvarez, Koki, que chega coa súa última creación, ‘Aldea Buxán’, un libro singular escrito por un emigrante que recorda o eido orixinario e a el retorna coa memoria cada pouco. 

 Jorge Cameselle chegará ao Mercado municipal de Tomiño o venres 14 de outubro con ‘El mono poeta. Metamorfosis de un médico e investigador de cáncer de mama’, unha testemuña dirixida ao persoal médico máis novo, ás súas familias e ás súas amizades sobre algunhas das dificultades que tivo que superar durante décadas para compatibilizar o exercicio da medicina clínica coa súa vocación como investigador. Cameselle, que foi médico no centro de saúde de Tomiño, dedicará todo o recadado coas vendas do libro a investigación.  

 O venres 21 de outubro sobre o escenario do Mercado estará Daniel Pino, destacado sociólogo, veciño da parroquia de Forcadela e homenaxeado no Acto Cívico do Alivio no ano 2016. Presentará ‘As casualidades necesarias’, unha novela que sen chegar a ser coral presenta tipos e arquetipos que esconden e delatan unha fonda introspección sociolóxica sobre o presente e o pasado dun pobo cunha ollada sen complexos na que o positivo e o negativo se entrecruzan nunha interminable relación dialéctica.  

 O peche deste ciclo literario será o venres 28 de outubro da man de Emilio Estévez, que achegará ao público a súa primeira novela ‘El báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’, na que a protagonista realiza unha viaxe á histórica cidade de Tui na procura das orixes da súa defunta nai que lle cambiará a vida para sempre. 

CAMINHA

Unidade Móvel está a percorrer as freguesias para apoiar vacinação Gripe/Covid-19


Recorde-se que está em curso, a nível nacional, uma nova campanha de vacinação com vacinas de segunda geração adaptadas à variante Ómicron da Covid-19

Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha 

 A vacinação da população mais idosa contra a Covid-19 e Gripe já está a decorrer no concelho de Caminha. Vile e Argela foram as primeiras freguesias abrangidas, seguindo-se, durante o dia de hoje, a União de Freguesias que envolve as três Argas (de Baixo, de Cima e de São João) e a Freguesia de Dem. Ontem também começou a ser administrada a vacinação em Vila Praia de Âncora. A Unidade de Cuidados na Comunidade (UCC) de Caminha em colaboração com a Câmara Municipal de Caminha, está a mobilizar esforços para garantir vacinação Gripe/Covid-19 outono-inverno 2022/23. 

 A Unidade Móvel está a deslocar-se a quase todas as freguesias do concelho com exceção de Caminha e Vila Praia de Âncora. Nestes casos, a vacinação decorrerá na Unidade de Saúde de Caminha e na Unidade de Saúde Familiar Vale do Âncora. Nesta fase, como referimos, são vacinadas as pessoas com 80 e mais anos no concelho de Caminha, com o objetivo “melhorar a proteção da população mais vulnerável”. 

 Recorde-se que está em curso, a nível nacional, uma nova campanha de vacinação com vacinas de segunda geração adaptadas à variante Ómicron da Covid-19 e que pretende imunizar até dezembro cerca de três milhões de pessoas. Nesta campanha, são elegíveis para serem vacinadas as pessoas com 60 ou mais anos de idade, os residentes e profissionais dos lares de idosos e da rede nacional de cuidados continuados, as pessoas a partir dos 12 anos com doenças de risco, as grávidas com 18 ou mais anos e doenças definidas pela Direção-Geral da Saúde (DGS) e os profissionais de saúde e outros prestadores de cuidados.

VILA NOVA DE CERVEIRA

MUNICÍPIO DE VILA NOVA DE CERVEIRA VAI  AMPLIAR CRECHE DO CENTRO DE APOIO ÀS EMPRESAS  

Candidatura aprovada ao PRR permitirá aumentar a resposta deste equipamento social  com caraterísticas únicas na região e dotá-lo de condições que promovam uma maior eficiência energética.     




Teresa Juncal Pires / Vila Nova de Cerveira

 Dando resposta ao aumento da procura, a Creche do Centro de Apoio às Empresas de Vila Nova de Cerveira vai ser ampliada, permitindo aumentar a atual capacidade de 75 lugares para 90 lugares. A empreitada, que representará um investimento de aproximadamente 170.000€, vai ser financiada em 145.125€ pelo Plano de Recuperação e Resiliência (PRR), resultado da candidatura apresentada, em março de 2022, pelo Município de Vila Nova de Cerveira, ao Aviso dedicado à “Requalificação e Alargamento da Rede de Equipamentos e Respostas Sociais”.     

 Trata-se de uma valência social dirigida à primeira infância que funciona em horário alargado, entre as 05h30 e as 19h00, assegurando o trabalho por turnos praticado nas empresas e potenciando, assim, a efetiva conciliação entre a atividade profissional e a vida pessoal e familiar e a coesão social e territorial. Está localizada junto a dois importantes polos industriais do concelho de Vila Nova de Cerveira, que abrangem 44 indústrias e cerca de 4200 trabalhadores, não só do concelho como dos concelhos limítrofes.     

 Para o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, representa um importante investimento a fazer uma vez que “esta creche apresenta-se como uma resposta social atípica e única na região, uma vez que se trata de um equipamento que tem um funcionamento que possibilita a prestação de um serviço singular, diferenciador e inovador e de âmbito supramunicipal”.      

 A empreita prevê a remodelação dos espaços físicos, em virtude da ampliação, mas também a implementação de medidas de eficiência energética, promovendo a utilização de energias renováveis para autoconsumo e a redução de custos de consumo de energia.     

 O contrato de comparticipação financeira foi assinado, no passado dia 7 de setembro, entre o Município de Vila Nova de Cerveira e o Instituto de Segurança Social, IP, estando agora na fase de preparação dos tramites relativos ao procedimento de contratação pública por concurso público. O arranque das obras está previsto, ainda, para este ano.

VIGO

Haberá paros parciais en Bingo Royal se a empresa segue a ignorar as demandas do persoal 

Levan semanas mobilizándose en demanda da readmisión de 3 compañeiras despedidas 


Traballadoras e traballadores de Bingo Royal, do Grupo COMAR, mobilizábanse novamente na tarde do xoves
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Traballadoras e traballadores de Bingo Royal, do Grupo COMAR, mobilizábanse novamente na tarde do xoves, día 22 de setembro, para demandar a readmisión das traballadoras despedidas, as 3 afiliadas da CIG, e unha delas, ademais delegada da seccións sindical. A CIG-Servizos denuncia o acoso laboral que sofren e a persecución sindical á central sindical, que é a única que ten representación, por maioría esmagadora, na empresa.  

 Pedro Pérez, da CIG-Servizos, advirte que non se vai consentir esta situación. Lembra que se presentaron as correspondentes demandas xudiciais para conseguir a readmisión das traballadoras e exixe que remate o acoso laboral. 

 Anuncia ademais, que da empresa manter a súa actitude e seguir sen escoitar as demandas do persoal, veranse abocados a convocar paros parciais, xa que “parece que a única linguaxe que a empresa entende é a do conflito”.

TURISMO

Un ciclo de concertos cos que maridar música, viño e gastronomía por todo o territorio  

EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño organizan a segunda edición do programa ‘Música e viño no Teu Camiño’ 

A iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsada pola Xunta de Galicia ao abeiro do Xacobeo 21-22


Alcaldesas e alcaldes, na presentación da segunda edición do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’

Infogauda / O Porriño

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quentan motores para celebrar a segunda edición do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre a veciñanza, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano. Unha unión que se realizará dun xeito diferente, con concertos por todo o territorio de EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño nos que o público poderá desfrutar da maridaxe de música, viño e gastronomía ao tempo que se potencia a hostalaría e o comercio local.

 Deste xeito o vindeiro mes de outubro arranca un ciclo de actuacións musicais totalmente gratuítas e ao aire libre que se celebrarán en sesión vermú ás 13.00 horas ou en sesión de tarde a partir das 19.00 horas. Organizaranse en espazos creados para fomentar as experiencias positivas arredor da música e dos produtos de todo o territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos.

 Esta segunda edición arrancará o vindeiro 1 de outubro con sesión dobre pola mañá na Guarda e pola tarde en Nigrán, para continuar o seu percorrido polo territorio con concertos ese mesmo domingo 2 de outubro en Baiona, o sábado 8 no Rosal e Pazos de Borbén e o domingo 9 en Tomiño.  A Mos chegará o venres 14, a Redondela o sábado 15 de outubro e a Soutomaior e Tui o domingo 16. O ciclo rematará a última fin de semana de outubro con concerto no Porriño (venres 21), Oia (sábado 22) e Gondomar (sábado 22).

 Dende EuRural e o Xeodestino anímase a toda a veciñanza dos concellos do noso territorio a achegarse ata os distintos escenarios e desfrutar de mañás e tardes con sabor a música e viño.

REDONDELA

A CIG denuncia o deficiente servizo prestado no SAF de Redondela polo caos organizativo 

A situación empeorou coa entrada da nova empresa adxudicataria hai catro meses

 

Protesta de persoal do concello de Redondela
Foto: CIG

Infogauda / Redondela

 A CIG-Servizos vén de denunciar o caos organizativo do Servizo de Asistencia no fogar (SAF) de Redondela, que está a provocar unha prestación deficiente do servizo. Coa nova empresa adxudicataria, que se fixo coa concesión hai catro meses, a situación empeorou cunha organización caótica que está repercutindo tanto nos horarios como na asignación de usuarios.  

 Pedro Pérez, da executiva de CIG-Servizos, atribúe que esta situación ben ás fallas de coordinación da empresa que, “en lugar de resolver problemas, parece que os crea ou de xeito voluntario” ou ben á “ineptitude de quen organiza”.  

 Segundo explica, transcorridos catro meses desde que chegou a empresa aínda están a avisar diariamente ás auxiliares do SAF para acudir a un domicilio ou outro, sen dar máis datos que o nome do usuario/a e o enderezo do domicilio que “moitas veces non coincide coa realidade”, e que cando se avisa para que se corrixa “a mesma coordinación non o soluciona polo descoñecemento que se ten da praza onde presta o servizo, neste caso do concello de Redondela”.  

 Asegura que desde a CIG, levan tempo traballando para solucionar este problema por todas as vías posíbeis: a empresa, Inspección da Xunta, Inspección de Traballo, Servizos Sociais do concello e directamente coa Alcaldía de Redondela, “sen obter resultados que solucionen os problemas, tanto das persoas usuarias do servizo como os das persoas traballadoras”.  

Conversión de contratos a tempo completo 

 Tras da denuncia presentada pola CIG en Inspección de Traballo, e segundo comunica a empresa, desde o 19 de setembro a empresa converteu 4 contratos de tempo parcial a tempo completo, por ter unha parcialidade superior ao 89%.  

 Situacións de inestabilidade laboral que a CIG vixiará para que se corrixan, así como se deben corrixir o aboamento da quilometraxe, o tempo de traslado entre domicilios, para que se compute como xornada de traballo. Cuestión que, como explica Pérez, “tamén están a crear problemas polo seu incumprimento”.  

 Xunto a isto, advirte que a CIG seguirá a demandar o cumprimento do convenio colectivo en relación ao incremento salarial do 6,5%, “que a día de hoxe se segue incumprindo porque tan só se actualizaron os salarios o 3,1%”. Ademais, a central sindical agarda que a situación caótica en relación a coordinación dos servizos, a organización de horarios da prestación de servizos, da atención dos usuarios/as e incumprimentos varios do convenio colectivo se corrixan de inmediato. En caso contrario, asegura Pérez, “seguiremos coas accións sindicais e mobilizacións até que se arranxe”. 

OPINIÓN

Irán: rebelión de las mujeres contra el asesinato de Masha Amini   




Mujeres de la Unidad Internacional de Trabajadoras y Trabajadores- Cuarta Internacional (UIT-CI)

 La muerte de la joven Mahsa Amini desató una ola de protestas masivas en Irán. Amini sale en imágenes de cámaras de seguridad colapsando en un centro de “reeducación” donde fue tomada por la policía de la moralidad de Irán para recibir “orientación” sobre su vestimenta. Esta policía forma parte de las fuerzas del orden del país y tiene la tarea de hacer cumplir con las estrictas normas patriarcales de República islámica de Irán, incluido su código de vestimenta que obliga a las mujeres a llevar velo o hiyab en público.  

 Luego de la muerte de la joven, cientos de miles de mujeres alrededor de todo el país se cortaron el pelo y se quitaron y quemaron sus hiyabs en las plazas. También surgieron miles de videos de protestas populares de docenas de pueblos y ciudades, desde la capital Teherán hasta bastiones más tradicionalmente conservadores como Mashad.  Mahasa Amini, de 22 años, es de origen kurdo. En al menos doce ciudades de la provincia de Kurdistán iraní, los comercios cerraron después que las organizaciones kurdas de oposición al régimen convocaron a una huelga. El gobierno iraní ha cortado internet para evitar la convocatoria de nuevas movilizaciones.  

 Las imágenes que llegan desde este país muestran a algunas manifestantes coreando: “Mujeres, vida, libertad”. Se puede ver como valientemente se enfrentan a la brutal represión y como se quitan sus velos de la cabeza y los queman, también se han visto imágenes de mujeres que valientemente gritan “muerte al dictador” en contra del gobierno y del líder supremo el ayatolá Ali Khamenei.  

 Desde Mujeres de la UIT-CI nos solidarizamos con las valientes protestas de las mujeres, que en ese país, siguen siendo violentamente oprimidas por el gobierno capitalista y autoritario del presidente Ebrahim Raisi y las fuerzas policiales por el solo hecho de no llevar “bien puesto” un velo. Asimismo, repudiamos a la policía iraní que está reprimiendo ferozmente las protestas y movilizaciones populares donde ya se pueden contabilizar cientos de detenciones de manifestantes y por lo menos cuatro manifestantes fueron muertos por la represión, según la organización Hengaw para los Derechos Humanos. Nos ponemos a disposición y llamamos a organizaciones feministas, políticas, de Derechos Humanos de los países a repudiar estos gravísimos hechos y a realizar acciones unitarias en solidaridad con las mujeres y el pueblo iraní.  

A GUARDA

A GUARDA E A SÚA COMARCA CELEBROU POR TODO O ALTO Á FESTIVIDADE DE SANTA TREGA

Unha delegación de Póvoa de Varzim participou nos actos conmemorativos



Persoas devotas de santa Trega, autoridades de Póvoa de Varzim e de A Guarda, no momento de recollerse a imaxe na súa ermida
Fotos: Ricardo Rodríguez Vicente


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Rematado o tempo de restricións de mobilidade, de limitacións de aforo, e todo iso que tivemos que aturar por causa da pandemia da Covid-19, voltamos en boa hora, neste 2022 aos tempos de prezada libertade. Dese xeito, neste 23 de setembro, festividade de santa Trega, á cidadanía de A Guarda e unha boa representación da veciñanza do seu arciprestado, subiu - en moitos casos camiñando - ata a ermida da discípula de san Pablo e unha das primeiras mártires do cristianismo. 

 Os devotos da Virxe do Trega, mesmo rezaron o vía crucis, como paso previo á visita a capela da santa avogada das doenzas da cabeza, do corazón e do cancro óseo. 

 Entre os centenares de persoas que ata alí se achegaron, estaban Luís Diamantino Carvalho Batista,  vice-presidente da Câmara Municipal da Póvoa de Varzim, os tripulantes da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", e outras persoas que se desprazaron por estrada. desde a fraterna cidade poveira, irmandada co concello de A Guarda.

 Queremos salientar que membros da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro sairon o pasado xoves día 22 deste mes ao encontro da Lancha Poveira do Alto "Fé em Deus", atopándose a altura de Montedor, e desde alí viñeron o volanteiro Piueiro e sua irmá maior á "Fé em Deus", navegando cara o "mar dos galegos", para fondear no porto de A Guarda pouco despois das 22:00 horas. 

Mariñeiros guardeses e poveiros, a carón do monumento a Póvoa de Varzim, no atrio da ermita de santa Trega
 
 Nesta altura, a tripulación da Lancha Poveira do Alto está formada polas seguintes persoas: Agonía (mestre), José Ferreira, Víctor Castro, Carlos Flores, José Manuel da Silva Peixoto, Joâo Manuel Neves Pereira, Ivan Costa, Abrâo Pereira da Cruz, António Brandâo Dias, Carlos Alberto de Sá Oliveira, Carlos Manuel Diegues, Carlos Manuel da Silva Teixeira, Luis Filipe Castro Leite e Paulo Sérgio Gonçalves da Silva. Desa relación viñeron nove homes e no retorno irán dous máis.

 Foi así como con notable puntualidade, á delegación poveira subiu neste 23 de setembro ata á ermida de Santa Trega para participar en perfecta camaradería cos veciños de A Guarda, nesta festividade de tanta tradición no noso pobo.
 
 A xornada - festiva de ámeto local - comezou coas misas rezadas das 8:00 e das 9:00 horas, respectivamente, oficiadas polo padre Avelino Baquero, párroco de San Lourenzo de Salcidos.





 Ás 11:30 horas, daría comezo a solemne eucaristía co-oficiada polo padre Luís López (da congregación dos PP. Somascos), vigairo xeral do arciprestado de A Guarda, e o padre Avelino Baquero, coa participación do diácono permanente José María Fernández Carrera.

 

 
 A ofrenda foi efectuada por José Benito Rodríguez González, vicepresidente da Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Na súa intervención o veterano home de mar Tito Chirro, entre outras cousas dixo: "(...) Cada 23 de setembro lembrámola como Patroa da nosa comunidade. Facémolo nesta capela, onde a humildade maniféstase como expresión extraordinaria de beleza. Un lugar, onde de seguro, Santa Trega síntese na casa,  como extensión no tempo da súa cova, na rexión de Seleucia, onde se retirou  para morar en soidade  na busca da paz interior. Neste recuncho atalaico, monte que a nomea, síguenos acompañando  e guiando a través dos tempos, a través dos mares da vida, coa súa forza  de muller decidida e valente, imperturbable nas súas conviccións de fé.

 Hoxe, derredor dela, festexamos dous pobos a súa unión secular. A devoción a santa Trega  é o cabo que nos conecta, xeración tras xeración, as comunidades de A Guarda e a Póvoa de Varzim. Dúas embarcacións irmáns, dúas tripulacións, que humildemente tentan manter viva a lembranza de singladuras e intercambios oceánicos baixo a protección da Nosa Santa común.

 Lancha [poveira] do Alto e volanteiro, "Fé em Deus" e "Piueiro", xemelgos fondeados aos pes deste maravilloso altar que é o monte Santa Trega, honrándoa, un día como hoxe, como referencia vivas de dous pobos irmáns que se riden xuntos ante a luz da nosa Santa, Santa Trega (...)".

 A solemne eucarístia contou coa participación de Antonio Barros e de Ialma (dúo acústico, piano e voz), que interpretaron varios motetes no decurso da misa solemne, causando unha magnífica impresión entre ás persoas que asistiron a celebración da misa. Ao termo da mesma, sairía a procesión en dirección ao Pico do Facho, para a continuación xirar deica o Pico de San Francisco, e retornar á ermida. Durante o traxecto procesional, o grupo de música tradicional da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), adscrita á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,  interpretou varias marchas procesionais.





 Como é tradicional a imaxe de santa Trega foi portada por varias mulleres devotas, e no itinerario procesional tamén foi amosado o relicario da santa.

 Na procesión, ademais de numerosas persoas devotas de santa Trega, tanto guardesas como poveiras, participaron o vice-presidente da Câmara Municipal de Póvoa de Varzim; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; membros da corporación municipal, e outras representacións cívicas e oficiais, 





 Unha vez rematada a procesión, deu comezo a poxa dos froitos do campo e do mar, diante do púlpito ao aire libre, evento presenciado por centenares de persoas que viron como esa antiga tradición diezmal, proveniente do medievo, subsiste ao longo dos tempos. Froitos desta época (castañas, cebolas, pementos, uvas,...), peixe de coiro, mariscos, viños, sobremesas,..., foron adxudicados aos mellores postores. Tamén foi sorteada a regueifa - contendo unha valiosa sorpresa, sendo agraciado o posuidor da rifa co número 9.642, que xa tocou a unha persoa de A Guarda.

 Entre tanto, na Casa dos Cregos, foi servido un viño galego a delegación poveira e autoridades asistentes a celebración da festividade de santa Trega.

 A xornada festiva continuaría co xantar de grupos familiares e de amigos, e a tardiña deuse por concluída a celebración, coa ledicia xeralizada de todas as persoas participantes que gozaron dun día de excelente climatoloxía, xuntamente no equinocio de outono e do comezo astronómico desta estación, que á vista das témporas, todo semellar indicar que continuaremos coa prolongada seca. Ogallá nos equivoquemos. 
 
 Santa Trega, rogai a Deus por nós. 
 
 Deus ouvide a nós.