O Rosal levanta o pano da Aula de Teatro municipal
Vai dirixida a persoas a partir de 16 anos con clases de outubro a xuño os mércores de 20.30 a 22.00 horas
Infogauda / O Rosal
O
Concello do Rosal pon en marcha por primeira vez a Aula de Teatro municipal,
unha iniciativa que busca “achegar o teatro á veciñanza e impulsar un punto de
encontro no que poidan confluír todas as inquietudes de artes escénicas”,
explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Impartida
pola Artística, as clases serán eminentemente prácticas para estudar e
traballar aspectos e técnicas básicas da creación escénica, como a expresión
dramática, a improvisación ou a creación da personaxe. As clases comezarán o
vindeiro mes de outubro e impartiranse ata xuño todos os mércores de 20.30 a
22.00 horas na escola de Pancenteo.
A
Aula de Teatro municipal está dirixida a maiores de 16 anos e deberá haber un
grupo mínimo de 10 participantes para que se poña en marcha. O prezo da actividade
será de 20 euros ao mes, pero non haberá que pagar o mes de outubro.
As
persoas interesadas en participar nesta actividade poden solicitar máis
información ou inscribirse xa chamando ao 986 62 50 00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario