24 de set. de 2022

VIGO

Haberá paros parciais en Bingo Royal se a empresa segue a ignorar as demandas do persoal 

Levan semanas mobilizándose en demanda da readmisión de 3 compañeiras despedidas 


Traballadoras e traballadores de Bingo Royal, do Grupo COMAR, mobilizábanse novamente na tarde do xoves
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Traballadoras e traballadores de Bingo Royal, do Grupo COMAR, mobilizábanse novamente na tarde do xoves, día 22 de setembro, para demandar a readmisión das traballadoras despedidas, as 3 afiliadas da CIG, e unha delas, ademais delegada da seccións sindical. A CIG-Servizos denuncia o acoso laboral que sofren e a persecución sindical á central sindical, que é a única que ten representación, por maioría esmagadora, na empresa.  

 Pedro Pérez, da CIG-Servizos, advirte que non se vai consentir esta situación. Lembra que se presentaron as correspondentes demandas xudiciais para conseguir a readmisión das traballadoras e exixe que remate o acoso laboral. 

 Anuncia ademais, que da empresa manter a súa actitude e seguir sen escoitar as demandas do persoal, veranse abocados a convocar paros parciais, xa que “parece que a única linguaxe que a empresa entende é a do conflito”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario