23 de ago. de 2021

A GUARDA

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECEU UN CONCERTO DE VERÁN

O pasado sábado día 21 de agosto, na praza de San Bieito


A banda de música da Agrupación Musical de A Guarda nun momento do concerto que ofreceu o pasado sábado no auditorio de San Bieito

Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo dunha longa tempada sen podela escoitar, por motivos que todos coñecemos, e en todo caso, alleos á vontade das persoas que forman parte desa entidade cultural, e obviamente, de toda á cidadanía, en xeral; por fin, o pasado sábado día 21 de agosto, tivemos oportunidade de escoitar novamente os acordes da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda. Foi ás 20:30 horas, no "auditorio" de San Bieito - cuxas bancadas, por certo, requiren unha intervención municipal para seu axeitado mantemento -, onde de acordo cos protocolos Covid establecidos polas autoridades correspontes, puidemos desfrutar con un concerto que déunos azos para ter confianza, en que todo ha de voltar a ser como noutrora, ainda que tal vez non sexa aventurado decir que o "visitante invisible" viu para quedarse, a escala planetaria.

 Dirixida por Víctor Luis Treinta Alonso, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretou as seguintes pezas:

Benicadell (pasodoble).................. J. Enric Canet i Todoli 

The Legend of Maracaibo.............. José Alberto Pina 

Moment for  Morricone................ E. Morricone / J. de Meij 

Arsenal March............................... J. Van der Roost

Medley boleros............................. Arr. José Molina Comino 

Nino Bravo en concierto............... Arr. Manuel Calero García 

Muiñeira de Chantada.................. Tradicional galega 

A Pepa (muiñeira)......................... Xosé Oro Val 

Martinika...................................... Roxelio Groba 

Que rico el mambo...................... Dámaso Pérez Prado

 

 O concerto, a verdade, foi todo un agasallo. Mesmos sóubonos a pouco. De tal xeito que rematado o programa previsto, o respectable pediu outra máis, e certamente a petición foi dilixentemente atendida. Foi así como gozamos coa música de Pérez Prado e súa coñecida obra Que rico el mambo, que os xóvenes músicos - entre os cales tamén están algúns veteranos pais de familia e mesmo avós -, interpretaron de xeito desenfadado, como corresponde nestas ocasións. 

 E un dato que consideramos moi importante: a banda de música ten preto de medio centenar de compoñentes, dos cales, máis da metade, son mozas. En todo caso, as portas da Agrupación Musical de A Guarda están abertas a todas as persoas que desexen incorporarse. Como fixeron os devanditos pais de familia e avós aos que antes nos referimos e que viven a música con entusiasmo.

A GUARDA

O Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho celebrou á súa segunda edición  

A Praça Conselheiro Silva Torres (Caminha) e a Praza de Avelino Vicente (A Guarda) foron os escenarios para un evento que contou con actuacións, relatorios e presentacións a ámbolos dous lados da ´raia´


O xornalista caminhense, Luis Almeida, nun momento da súa intervención na apertura oficial do II Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  Vén de celebrarse de xeito simultáneo - en Caminha (Portugal) e na Guarda (Galiza) -, na pasada fin de semana, o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho. Un evento ideado polo xornalista Luis Almeida, editor e director do Jornal Digital Regional Caminh@2000, e preparado conxuntamente polos dous municipios veciños, que unha vez máis constituíuse coma un espazo de achegamento entre as dúas beiras do río Minho a través do mundo da escrita. Narrativa, investigación etnográfica, histórica, social, poesía,..., foron algunhas das temáticas que os visitantes deste evento puideron atopar en diversas publicacións editadas, ao longo da pasada fin de semana nas praza de Avelino Vicente González (A Guarda) e na praça do Terreiro, como lle chama á cidadanía caminhense, e de xeito oficial, praça Conselheiro Silva Torres (Caminha).

 O evento constituíse de dúas partes diferenciadas: dunha banda a exposición e venda  de libros publicados polos concellos do Baixo Miño galaico e do Alto Minho portugués, e doutra banda a realización de actividades como presentacións de libros, recitais de poesía, concertos,… que nos achegaron unha morea de propostas de coñecemento, e mesmo de identidade literaria, nun formato asequible a veciños e visitantes. 


Os libros sairon a rúa, ao encontro dos veciños e visitantes de Caminha e A Guarda

 Na vila de A Guarda, a inauguración oficial do II Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, contou coa intervención do correspondente de prensa e radio, Antón Ferreira Lorenzo, que dixo:

 "Luis Almeida, mantedor do diario dixital Caminha 2000, que o temos aquí entre nós, foi o promotor, o pasado ano, da primeira edición do Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, que contou coas colaboracións da Câmara Municipal de Caminha cuxo presidente, Miguel Alves, non pode estar neste acto, mais está ben representado pola concelleira Liliana Ribeiro; e do concello da Guarda, representado polo alcalde, Antonio Lomba. Temos tamén entre nós ao presidente da União de Freguesías de Caminha e Vilarelho, Miguel Gonçalves. 

 Non cabe dúbida, antes de que os concellos mantivesen estreitas relacións a nivel institucional e o Miño nos separaba máis que nos unía, que foron a música e a cultura en xeral, a ponte que uniu ás dúas ribeiras. E foi, precisamente, a iniciativa privada o alicerce que sustentou as relacións entre Caminha e A Guarda: grupos folclóricos, asociacións culturais, musicais e ambientais, entre outras, promoveron, máis alá de ideoloxías políticas, as relación de veciñanza. Lembremos por citar só dous exemplos o Encontro de Corais das Ribeiras do Miño ou os diferentes Congreso Gallaecia celebrados na Guarda que ampliaron o coñecemento da poesía, da arqueoloxía, da etnografía,…, do Norte de Portugal e de Galicia. 

 Luis Almeida vén continuar e confirmar, con esta cita que nos reúne aquí e na Praza Conselheiro Silva Torres, aquela unión dos nosos pobos precedida no tempo polos habitantes dos castros como o de Santa Trega ou a Cividade de Âncora. Lembremos nesta ocasión os nosos vínculos con Portugal pois durante tres anos, do 22 de novembro de 1665 ao 1 de maio de 1668, A Guarda, nós, fomos portugueses cando vencida a guarnición do castelo de Santa Cruz, co gobernador Jorge de Madureira, os soldados abandonan esta praza con destino a Tui, escoltados polos portugueses que renden honores á valentía demostrada polos galegos, ata que, chegada a paz, na referida data de 1668, os portugueses retíranse do Castelo de Santa Cruz e volve izarse a bandeira española. 

 Permítaseme lembrar outro acontecemento histórico acontecido o 10 de marzo de 1809: Coa colaboración de 600 soldados portugueses, baixo o mando do coronel Serpa, e milicianos da Guarda ás ordes do capitán Juan de Almeida e Sousa, que chegou con 50 soldados, e logo de parlamentar co oficial francés que estaba ó fronte do Castelo de Santa Cruz, son espulsadas as tropas francesas do xeral Merle izándose de novo a bandeira española nesta fortaleza da Guarda, converténdose no primeiro pobo de Galicia en liberarse dos franceses. 

 E remato cun último apuntamento referido a rúa Malteses que se ten como unha das máis antigas da Guarda e cuxa denominación, á marxe da fermosa lenda que conserva, ten que ver cos malteses, mariñeiros portugueses que esperaban no porto da Guarda para seren enrolados, temporalmente, nos barcos locais que precisaban tripulantes.  

 Déixolles coas mellores palabras que hoxe van escoitar neste Encontro dando paso, en primeiro lugar ao promotor deste Encontro, o xornalista Luís Almeida."

 E así foi, Luis Almeida fixo uso da palabra para saudar a continuidade do Encontro do Libro Luso Galaico que el mesmo propiciou en 2020, con motivo da conmemoración do XX aniversario do seu xornal dixital Caminh@2000.

 Trala intervención de Almeida, sería Liliana de Sousa Ribeiro, vereadora (concelleira) de acción social, da Câmara Municipal de Caminha, quen fixo uso da palabra para realizar unha atinada reflexión sobre as múltiples relacións entre as persoas de Caminha e de A Guarda, que veñen de tempos antigos e que é vontade dos ediles dunha e doutra ribeira do Miño, impulsar e potenciar ainda máis, en todos os ámbitos.

 En semellantes termos pronunciouse o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, quen salientou as diferentes áreas (cultura, deporte, mobilidade,...) nas que estáse traballando, tanto en Caminha como na Guarda. 

 O alcalde guardés tamén agradeceu o labor que asumiron tanto a concelleira de Cultura como as persoas dese departamento, para facer posible esta segunda edición do Encontro do Libro Luso Galaico.

 Asemade, como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo, aínda que o Encontro do Libro Luso Galaico estivo organizado polos Concellos de Caminha e de A Guarda, tamén estiveron representados nel os diferentes concellos da contorna: Oia, O Rosal, Tomiño, Tui e Salceda de Caselas, do lado galego, e Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao e Melgaço. 


Compoñentes do grupo Xardín Desordenado
 

 Entre as accións máis destacables, cabe subliñar a actuación interactiva de Nelson Quinteiro titulada xenéricamente “As nosas músicas d’aquí”, que estivo dirixida ao público familiar, e o concerto do grupo Xardín Desordenado, que puxo música (baixo, guitarras e percusión) e voz (as de Santiago Ferragud e Marlene Rodrigues) a poemas de varias autoras como María Victoria Moreno, Iolanda Zúñiga, Xela Arias, Xosé María Álvarez Cáccamo,...


Vista do público asistente ao relatorio impartido pola historia Silvia Cernadas

 Tamén compre salientar a brillante intervención de Silvia Cernadas Martínez, historiadora (licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, con Máster en Historia Medieval pola Universidad de Valladolid), emprendedora (Turismo de Historias) e guía oficial de turismo  (Soutomaior, 1988) que tratou sobre o relatorio titulado “A Construcción da Fronteira Portuguesa”, centrada na ´raia´ miñota.


Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura, presentando aos compoñentes do grupo a Academia de Música Fernandes Fâo

 

 O recital de diferentes poetas portugueses ou o concerto da membros da Academia de Música Fernandes Fâo, completaron a programación na Guarda. 

 Tal e como manifestaron o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves, este evento é unha forma máis de achegamento entre dous pobos irmáns, que cada día tenden lazos e se achegan con accións e actividades en común.

DEPORTES

Éxito de participación no I Torneo de Petanca Concello de A Guarda

O Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición, realizada en colaboración co Clube O Caldeiro.  


O alcalde, a concelleira de Deportes do Concello de A Guarda, e un directivo do Club de Petanca O Caldeiro, no acto de entrega dos trofeos
O alcalde e a concelleira de Deportes con catros dos participantes premiados no I Torneo de Petanca Concello de A Guarda
O concelleiro de servizos - a esq. da imaxe - e a concelleira de deportes - a der. - con varios participantes premiados no torneo
A presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos - a esq. da imxe - con tres participantes premiados no I Torneo de Petanca Concello de A Guarda

Fotos: C.A.G.

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O pasado sábado día 21 de agosto de 2021 o Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición do Torneo de Petanca Concello de A Guarda, un evento deportivo que tivo comezo ás 9:00h e que se estendeu ao longo do día e no que participaron un total de 32 equipos.  

 A entidade anfitrioa - Club de Petanca O Caldeiro -, creada no ano 2018 conta na actualidade cun total de 60 socios e 25 federados, empregando para os seus adestramentos as 16 pistas existentes na actualidade no Parque deportivo do Codesal.  


Vista das instalacións do Parque deportivo Codesal, en Camposancos (A Guarda)

 Tanto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, coma a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, valoraron moi positivamente esta primeira edición dun evento que, sen dúbida, foi deseñado para consolidarse na vila ante o auxe da práctica da petanca no municipio, que conta arestora no Codesal cunhas instalacións que se están a mellorar continuamente e que xa contan cun total de 16 pistas, alumeado, aseos, etc. 

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI na Guarda 

Para os meses de setembro, outubro e novembro 

 



Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público que "o vindeiro mércores día 25 de agosto de 2021 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente aos meses de setembro, outubro e novembro de 2021. 

 A solicitude de novas citas ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o día indicado de xeito preferentemente telefónico no teléfono 986 610 000 de 9:00 a 14:00h., ou presencialmente na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1)."  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es

DEPORTES

O ciclismo volverá rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias  

A proba acollerá a máis dun centenar de deportistas de categorías inferiores o vindeiro sábado 28 de agosto 

O Concello agradece ao Club Ciclista O Rosal “o seu gran traballo polo deporte e a educación en valores” 


A alcaldesa e o concelleiro de Deportes, con directivos do Club Ciclista O Rosal, na presentación da XXIX edición do Trofeo Pistas de As Faias

Foto: C.O. R.

Infogauda / Deportes

 As bicicletas volverán rodar no Rosal na 29ª edición do Trofeo Pista de As Faias, que se levará a cabo o vindeiro sábado 28 de agosto en Tabagón. Máis dun centenar de deportistas das categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, e cadetes, competirán nunha proba federada de “relevancia no Circuíto Galego”, afirma o director deportivo do Club Ciclista O Rosal, Alberto Rodríguez.  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, quere dar “os parabéns” ao Club polo seu “gran traballo polo deporte e a educación en valores”. “Levan moitos anos sendo uns dos principais promotores do deporte no Rosal, inculcando a nenas e a nenos o valor do esforzo, da paixón, da superación… E formando grandes profesionais do ciclismo como Serafín Martínez ou Gustavo Otero”, destaca a rexedora.  

 “O confinamento visualizou o importante que é a actividade física para saúde, e a oportunidade deportiva que dá o Club á veciñanza é unha sorte”, afirmou o concelleiro de Deportes, Germán Fernández. O director deportivo coincide co edil, e engade ademais que durante este ano teñen o dobre de ciclistas no equipo que antes da irrupción da COVID. “Unha moi boa noticia”, conclúe. 

OIA

Os Socialistas de Oia solicitaron un pleno extraordinario 

Celebrarase o vindeiro xoves día 26 de agosto, ás 8:00 da mañá.

Na sesión tratarase "sobre a caótica situación sanitaria no municipio" 


Membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia

Infogauda / Oia

 O vindeiro xoves día 26 de agosto ás 8:00h da mañá a Casa do Concello de Oia acollerá un pleno extraordinario solicitado polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de cara a tratar "a caótica situación sanitaria que se está a vivir dende fai tempo no municipio." 

 Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE referiu que "o Centro de Saúde de Oia, atende a una poboación menor de 15 anos de 341 rapaces e rapazas que non teñen servizo de pediatría, e con unha poboación maior de 50  anos de 1.495 persoas que non teñen médico a maioría dos días. Cando hai sorte, no Centro de Saúde atópase un só médico para atender os dous cupos, habendo días nos que no Centro de Saúde conta coa presenza de ningún médico, xerando atraso na atención necesaria para os pacientes, xerando nestes crispación, molestias e nalgúns casos incluso medo. 

 Nesta situación os aplausos que se daban as 20:00, convertéronse en reproches; de aplausos a insultos, de heroes a viláns. 

 O deterioro innegábel da xestión sanitaria en Galiza é un problema que hai que abordar dende a eficacia e sobre todo dende a responsabilidade, a nosa poboación cun marcado carácter rural, perde de forma galopante calidade asistencial."  

 Deste xeito trataranse na Orde do Día, os seguintes puntos: 

1. Actuacións levadas a cabo por parte da alcaldesa para solucionar o problema sanitario. 

2. Posta en marcha de medidas adecuadas para frear o desprestixio palpábel da relación médico-paciente acrecentado nestes últimos meses. 

3. Garantía de consulta clínica presencial antes das 48 horas tras a demanda dos cidadáns. 

4. O pronunciamento do pleno en favor dunha sanidade pública e de calidade.

OIA

O Concello de Oia contrata a realización dunha ruta de sendeirismo que unirá as parroquias de Burgueira e Loureza  

Terá un percorrido circular de 12,5km, pasando por puntos de interese patrimonial e paisaxístico  


Plano do percorrido do sendeiro entre Loureza e Burgueira
Fonte: Concello de Oia
 

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia vén de contratar a realización dunha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km que unirá diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.  

 O itinerario unirá diversos espazos naturais e de lecer nas inmediacións do río Tamuxe, elementos do patrimonio cultural local e puntos desde os que gozar de vistas ao val do Tamuxe e á desembocadura do río Miño no océano Atlántico. Entre os principais puntos de interese atópanse as pozas de Bugalleira e Loureza, a área de lecer de Pozo do Arco, os núcleos de Loureza, Refoxos e Burgueira, as igrexas de Loureza e Burgueira e diversos elementos etnográficos tales como muíños hidráulicos, pontes e cruceiros.   

 Para o seu trazado aproveitaranse espazos, camiños e pistas xa existentes e en bo estado de mantemento: algúns de titularidade municipal e outros, a través da colaboración coas comunidades veciñais de montes de Loureza e Burgueira, de propiedade comunal.  

 A iniciativa conta cun orzamento total de 24.177,94 euros (IVE incluído). Deste total, 20.000 euros serán financiados a través dun convenio de cooperación entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mentres que a cantidade restante será asumida con fondos propios municipais.  

 Esta actuación incluirá o deseño da ruta, a instalación de diversos elementos de sinalización direccional (que permitirán percorrela de xeito autónomo, sen necesidade de empregar planos ou GPS) e o deseño e colocación de dous paneis interpretativos con información de interese sobre os principais atractivos do sendeiro.  

Aposta pola valorización patrimonial  

 Con esta nova ruta sinalizada o Concello dá continuidade á súa aposta pola valorización do patrimonio natural do municipio, neste caso centrándose especialmente na marxe esquerda do río Tamuxe ao seu paso polas parroquias de Burgueira e Loureza.   

 Nesta liña de posta en valor patrimonial, a Administración local lembra a creación e sinalización de diversas rutas de sendeirismo nos últimos anos (a Ruta do Mosteiro en 2019 e as tres rutas da Valga -Curro da Valga, Montes de Loureza e Muíños do Calán- en 2020) así como a posta en marcha da programación de rutas guiadas “Descubre Oia” desenvolvida a pasada primavera.  

 O Concello de Oia ten a intención de seguir nesta liña de creación de equipamentos e oferta de lecer ao aire libre arredor do patrimonio natural; accións das que pode beneficiarse tanto a veciñanza como os visitantes interesados no contacto coa natureza, a actividade física e o turismo activo.

GOIÁN (TOMIÑO)

Preto de medio centenar de artistas medíronse no 9º Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández   

Un total de 44 participantes presentáronse a concurso, elixindo para pintar diferentes recunchos de Goián e Cerveira  


Membros do xurado e os tres premiados na categoría de adultos
Xurado e gañadores das categorías infantil e xuvenil
Fotos: C.T.


Infogauda / Goián (Tomiño)

 Os premios do 9º Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, celebrado onte en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira (Portugal), estiveron moi disputados.  

 O gañador absoluto do concurso organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño foi este ano Federico Plasencia Chacón, de Cáceres. O segundo premio foi para Julio Herrero Romero, de Vitoria, e o terceiro para Alberto Falcón Sineiro, de Cambados.  

 Na categoría infantil, que se convocaba por segundo ano consecutivo, o primeiro premio foi para Olaia Castro Souto (11 anos. A Coruña), e o segundo, para Nicolás Carbajal (6 anos. Ourense). Mentres, Uxía Soto Costas (13 anos. Vigo) fíxose co primeiro premio na categoría xuvenil, quedando o segundo deserto.  

 Un total de 44 participantes (36 adultos e 8 menores de idade) presentáronse a concurso, elixindo diversos recunchos da vila goianesa e da súa veciña lusa - Vila Nova de Cerveira - para instalar a súa mesa e cabalete. A procedencia dos artistas foi coma sempre, moi variada, presentándose xente da zona, pero tamén doutros puntos de Galicia, España e Portugal. O tempo acompañou, e o ambiente que se creou ao redor das prazas de ambas as vilas fronteirizas, foi realmente auténtico.  


Un momento da intervención da alcaldesa de Tomiño, na Praza Pintor Antonio Fernández, de Goián

 A entrega de premios e exposición dos cadros, fíxose por primeira vez na renovada Praza Pintor Antonio Fernández, sobre as seis e media da tarde. O acto estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou o gran nivel acadado polo certame, tanto no aspecto artístico, coma de participación, así como a constante evolución do certame que considera totalmente consolidado. Acompañaron á rexedora a concelleira da Eurocidade, Fátima Rodríguez, e distintos representantes do mundo da cultura e das artes, dun e doutro lado da fronteira. 

 O xurado estivo presidido tamén pola alcaldesa e formado ademais por artistas de renome da zona, representantes da Bienal de Cerveira, da Asociación Antonio Fernández, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Goián, Consello da Infancia e Adolescencia Voces Novas de Tomiño, concelleiros, etc. 

 Os traballos exporanse dende mañá e até o domingo próximo no Centro Goianés, pasando a semana seguinte á Bienal de Cerveira, onde estarán ao longo de sete días.

TUI

A Xunta de Galicia levará 'A contenda dos labradores de Caldelas' á parroquia de Tui que lle dá nome á peza teatral escrita en 1671  

Este venres día 27 de agosto, no lugar da Ribeira (Caldelas), ás 22,00 h

Con este espectáculo, o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga levan á escena en coprodución a considerada primeira dramaturxia escrita en galego co gallo do seu 350º aniversario


Participantes na rolda de prensa celebgrada hoxe en Caldelas de Tui
Foto: X.G.

Infogauda / Tui

 A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e da Companhia de Teatro de Braga (CTB) A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño chega este venres 27 ao lugar que lle dá nome, a parroquia tudense de Caldelas. O lugar da Ribeira acollerá ás 22,00 h. esta representación histórica da considerada primeira obra teatral escrita en galego, asinada por Gabriel Feixóo de Araúxo e datada en 1671. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director do CDG, Fran Núñez, xunto ao seu homólogo na CTB, Rui Madeira, a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o presidente da Fundación Lois Peña Novo, Xosé González Martínez.

 Na súa intervención, Fran Núñez salientou a importancia desta representación polo seu carácter simbólico, xa que permite “levar á escena o texto fundacional da dramaturxia galega no seu contexto natural, a ribeira do Miño”. O director do CDG destacou tamén a montaxe como “oportunidade de continuar a colaboración con estruturas do país veciño”. “O espectáculo concíbese como unha festa, unha celebración que se encadra arredor do 350º aniversario da peza e que reforza moito o Eixo Atlántico Galicia-Norte de Portugal neste ano no que precisamente Braga é a súa capital cultural”, engadiu.

 Dirixida por Fran Núñez co apoio dramatúrxico do responsable da CTB, Rui Madeira, e cun elenco composto por intérpretes de diversos países de fala lusa e de Galicia, A contenda do río Miño inclúe fragmentos en galego, portugués e castelán, ao igual que o texto orixinal. Como sinalou o director do CDG, a montaxe aborda as fronteiras que unen e separan, así como a loita polos recursos e de clases como temas universais e atemporais, que motivaron tanto o conflito recreado na obra do século XVII coma outros moitos ao longo da historia.

 Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, Antonio Jorge, Grasiela Müller, Aisa Pérez, Solange Sá e Fran Núñez, coa colaboración especial de Paulo Bragança, danlles vida ás personaxes deste espectáculo de gran forza visual. A música e o baile teñen tamén especial protagonismo, coas coreografías de Belén Vázquez e Pilar Peña, do Centro Coreográfico Galego. Os equipos técnicos do Centro Dramático Galego e da Companhia de Teatro de Braga completan a ficha artística nesta unión de esforzos que busca reforzar a identidade común.

 A contenda do río Miño chegará a Caldelas tras a súa estrea o pasado xullo no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, no marco da designación de Portugal como país convidado da 44º edición do Festival Internacional de Teatro Clásico da vila manchega. En Galicia a estrea foi no Festival Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, e houbo tamén funcións na vila portuguesa de Braga.

Dinamización do sector teatral galego

 O espectáculo forma parte da programación do CDG para esta temporada, na que a unidade de produción teatral da Xunta presentou outras tres pezas. Trátase das xa estreadas O charco de Ulises, que volverá aos escenarios a finais de ano nunha xira galega, e Terceiro acto. A elas súmaselles o vindeiro mes Serva me, servabo te, que será espectáculo inaugural na Feira de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño e que estará no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 9 ao 26 de setembro.

 Diversas coproducións e novas iniciativas como o programa Residencias cruzadas ou a Bolsa de dramaturxia e creación completan a intensa actividade desenvolvida polo Centro Dramático Galego a prol da dinamización do sector teatral nos últimos meses.

PONTEVEDRA

A Estación Areeiro recomenda seguir a vixilancia da botrite da viña e advirte do incremento das capturas da avelaíña da mazá 

O persoal do centro dependente da Deputación tamén pon o foco no seguimento do mildio 


 Rebuscos con mildiu 
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras seguir pendentes ante o mildio e a botrite nas viñas e no que advirte así mesmo sobre o incremento das capturas da avelaíña da mazá.  

 No que respecta ao mildio, o persoal da EFA destaca que as condicións meteorolóxicas dos últimos días foron favorables ao seu desenvolvemento e, deste xeito, observouse un avance da presencia de manchas esporuladas nos gromos terminais das viñas que levan tempo sen tratar, e tamén a aparición significativa de rebuscos afectados nestas mesmas parcelas. Non obstante, as previsións da climatoloxía para as vindeiras xornadas, con algunha precipitación feble e posterior estabilización, non deberían, segundo Areeiro, xerar problemas maiores, dada a elevada densidade de vexetación deste ano.  

 En canto á botrite, non se atoparon nas parcelas visitadas síntomas desta enfermidade, aínda que o cambio da meteoroloxía para os próximos días fai máis previsible a instalación do patóxeno, pero si se ten mantido unha boa sanidade da uva non é probable que se produzan danos. De instalarse puntualmente o fungo, pódense eliminar os grans/acios afectados ou ben aplicar un funxicida (salvo nos casos en que as adegas limiten os tratamentos) con moi curto prazo de seguridade.  

 Do mesmo xeito, dende a Estación indican que se observou un incremento da presenza de síntomas do oídio, en especial nas follas e pampos máis tenros das plantas testemuña e naquelas viñas que levan máis tempo desprotexidas. Por esta razón, o persoal de Areeiro sinala que, nalgún caso, poderá será conveniente aplicar un tratamento despois da vendima, non só fronte este patóxeno senón tamén fronte ao mildio.  

 Doutra banda, no que respecta á avelaíña do acio, dende a Estación destacan que nesta semana tamén producíronse poucas capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas, e o número de ovos e penetracións das eirugas foi tamén moi reducido nas viñas visitadas.  

 E no que atinxe aos cicadelidos, volvéronse capturar dous exemplares do mosquito Scaphoideus titanus, mentres que no caso dos demais cicadelidos, o número de insectos mantívose reducido tamén, coma no resto da campaña nas viñas controlada pola EFA. A última referencia ás viñas vén marcada polo incremento da presenza de plantas con síntomas de estrés hídrico debido ás altas temperaturas, así coma da intensidade dos síntomas de patoloxías da madeira nas plantas onde xa apareceran.  

 O aviso fai referencia a outros cultivos e, no caso da maceira, Areeiro advirte que esta semana se produciron as maiores capturas da avelaíña nas trampas instaladas na EFA  (15 machos).  E apunta que é bo momento de instalar as bandas-trampa de cartón nas maceiras para capturar as  eirugas que se retirarán a  invernar; xa que ao retirar e destruír estas bandas antes da primavera, elimínase parte da poboación para a seguinte campaña.  

 Por último, non se observaron eirugas da bolboreta do buxo nas revisións, só se atoparon crisálides e a brotación das plantas é máis xeneralizada.

PONTEVEDRA

As Rutas de Arquitectura da Deputación de Pontevedra ofrecen visitas a pazos, mosteiros, igrexas e castelos de dez concellos da provincia 

Son catro itinerarios, organizados xunto coa Real Academia Galega de Belas Artes, que percorrerán Poio, Pontevedra, Oia, A Guarda, Tomiño, Moraña, Catoira, Meis, Cambados e Ribadumia entre o 18 de setembro e o 9 de outubro 


Porta da Vila, na fortaleza de Santa Cruz, de A Guarda

Foto: Infogauda
  

Infogauda / Pontevedra

 Os pazos, mosteiros, as construcións civís, castrenses e relixiosas da provincia, son os protagonistas das Rutas de Arquitectura cos que a Deputación de Pontevedra pon en marcha para difundir o noso patrimonio en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes. Nesta edición serán catro as andainas previstas, que percorrerán espazos de dez concellos da provincia e que terán lugar os sábados pola mañá do 18 de setembro ao 9 de outubro, cun total de 100 prazas.  

 Cada un dos catro itinerarios, que terán lugar en horario de 10:00 a 13:30 horas, contará con 25 prazas e terá como guías ás doutoras en Arquitectura Estefanía López e Luz Paz. Para participar é precisa a inscrición previa, que xa pode realizarse no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando cal é a ruta escollida, os nomes das persoas participantes (máximo de 4 por reserva) e un teléfono de contacto.   

 Os percorridos arrancarán o 18 de setembro coa ruta por Pontevedra e Poio que tivo que suspenderse o pasado ano por mor da COVID-19, e que conducirá Estefanía López. Nela, as persoas participantes visitarán as ruínas de San Domingos, pazos urbanos e as igrexas da Peregrina e San Bartolomé en Pontevedra, así como o mosteiro de Poio.  

 A segunda das andainas desenvolverase o 25 de setembro na comarca do Baixo Miño, onde tamén Estefanía López guiará este percorrido polo mosteiro de Santa María de Oia; a igrexa de Santa María e a fortaleza de Santa Cruz, no concello da Guarda; e a fortaleza de San Lorenzo, en Goián (Tomiño).  

 Doutra banda, Luz Paz ofrecerá as explicacións da ruta que terá lugar o 2 de outubro pola comarca de Caldas, nos concellos de Moraña e Catoira. Nel visitaranse o santuario dos Milagres de Amil (Moraña), e as Torres do Oeste, a ermida e a carballeira de San Cibrán de Dimo en Catoira. Por último, o 9 de outubro a mesma guía conducirá a ruta por espazos patrimoniais na comarca do Salnés. Partirá do mosteiro da Armenteira (Meis) e continuará pola igrexa de Santa María de Dozo (Cambados) e o pazo Quinteiro da Cruz (Ribadumia).  

 O desenvolvemento destes percorridos estará guiado por un estrito protocolo con todas as medidas de seguridade e garantías sanitarias e será obrigatorio o uso de máscara.

MADRID

Impulso a las zonas de bajas emisiones (ZBE) 

Mitma lanza la primera convocatoria para  repartir entre los ayuntamientos 1.000  millones de euros de los fondos europeos 

· El objetivo de esta línea de ayudas del Plan de Recuperación es  descarbonizar las ciudades, mitigar el ruido y mejorar la calidad  del aire. 

· Las subvenciones están destinadas a municipios de más de 50.000  habitantes y capitales de provincia, incluyendo posibles  actuaciones para municipios de más de 20.000 habitantes que  cumplan determinadas condiciones. 

· Está prevista una segunda convocatoria el próximo año, hasta  completar los 1.500 millones de euros previstos para esta línea.  

Infogauda / Madrid 

 El Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) ha  abierto la primera convocatoria para repartir entre los ayuntamientos 1.000  millones de euros de los fondos europeos del Mecanismo de Recuperación y Resiliencia. El objetivo de este primer programa de ayudas, incluido en  el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), es acelerar  la descarbonización de las ciudades, mejorar la calidad del aire y mitigar el  ruido mediante el impulso de zonas de bajas emisiones (ZBE), la  transformación sostenible del transporte público colectivo y la digitalización  de la movilidad. 

 La convocatoria va dirigida a municipios de más de 50.000 habitantes y a  las capitales de provincia, incluyendo la posibilidad de que los municipios  de entre 20.000 y 50.000 habitantes que dispongan de servicios de  transporte colectivo público puedan optar a las ayudas destinadas a la  digitalización de estos, la renovación sostenible de la flota y el fomento del  cambio modal en entornos urbanos, priorizando la movilidad activa y el  transporte público colectivo.

 Los municipios tienen hasta el 30 de septiembre a las 14.00 horas para solicitar las subvenciones, para lo que se ha habilitado una plataforma web  específica en la sede electrónica de Mitma. 

 En colaboración con la Federación Española de Municipios y Provincias  (FEMP), el Ministerio ofrecerá un webinar para informar a los  Ayuntamientos de los detalles de la convocatoria y del proceso para la  presentación de solicitudes. La jornada informativa tendrá lugar el próximo  8 de septiembre.  

Objetivos y líneas de actuación 

 Los proyectos seleccionados deberán cumplir los objetivos establecidos en  el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia aprobado por la  Comisión Europea, que abarcan desde rigurosos compromisos de plazos  de ejecución, a objetivos relacionados con el impulso de la movilidad activa  (a pie, en bicicleta…) y sostenible. 

 De este modo, deberán contribuir a articular un sistema de transporte  público urbano fiable, atractivo, accesible y asequible con flotas más  modernas, eficientes y sostenibles; con la introducción de un concepto de  movilidad inteligente adaptada a los nuevos hábitos y con el impulso de la  digitalización para planificación, gestión y evaluación. Deberán estar  finalizados el 31 de diciembre de 2024. 

 De esta manera, en la selección de los proyectos se primará la madurez,  la calidad y el impacto de los proyectos presentados por los municipios,  exigiéndose en todo caso la disposición de un Plan de Movilidad Urbana  Sostenible (PMUS) en el momento de presentar su solicitud. 

 El amplio abanico de actuaciones previstas para alcanzar estos objetivos se estructura en cuatro líneas: 

 a) Actuaciones de implementación de zonas de bajas emisiones que  recojan el conjunto de inversiones que requiere su puesta en  funcionamiento. Esta línea incluye, por ejemplo, inversiones en  controles semafóricos, sensores o programas de reconocimiento de  matrículas de residentes, entre otras iniciativas. 

 b) Medidas destinadas al fomento del cambio modal hacia el transporte público e impulso a la movilidad saludable. Recoge  proyectos que faciliten la movilidad activa, como la peatonalización  de las calles o la creación de infraestructura ciclista; que prioricen  la circulación de los modos de transporte colectivo y que fomenten sistemas de transporte a demanda, la intermodalidad con vehículos  cero o bajas emisiones (carsharing, motosharing, patinetes,  bicicletas), la mejora de la eficiencia en la distribución urbana de  mercancías (última milla) o en la habilitación de aparcamientos  disuasorios entre otros. 

 c) Actuaciones de transformación de flotas del transporte público con  el fin de contribuir a la consecución de los objetivos de la Directiva  de Vehículos Limpios, mediante la compra de autobuses eléctricos  o impulsados por hidrógeno y la instalación de puntos de recarga,  entre otros. 

 d) Actuaciones de digitalización de los servicios públicos de transporte  que redunden en una mejora de la experiencia del usuario o de la  accesibilidad en el uso del transporte público colectivo, o bien que  contribuyan a la mayor eficiencia en la gestión del tráfico y del  transporte y gestión de la demanda, así como en el análisis de  información. 

 Las bases publicadas en el BOE y en la web del Ministerio de Transportes,  Movilidad y Agenda Urbana señalan que los ayuntamientos pueden  presentar proyectos que hayan sido licitados después del uno de febrero  de 2020 y recogen rigurosos mecanismos de control para asegurar el  cumplimiento de los hitos y objetivos recogidos en la convocatoria.  

Las ayudas 

 En relación con los proyectos seleccionados, serán financiables hasta un  90% de los costes elegibles, estableciéndose un importe mínimo de  subvención a solicitar en 200.000 euros por cada actuación.  

 En el caso de la adquisición de autobuses o vehículos de limpieza de  propulsión cien por cien eléctrica o de hidrógeno, se fija un importe unitario  de subvención según la categoría de este. 

El Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia 

 Esta primera convocatoria forma parte del programa de zonas de bajas  emisiones y transformación del transporte urbano y metropolitano que, a  su vez, está incluido en el Componente 1 del Plan de Recuperación,  Transformación y Resiliencia (PRTR) aprobado por el Gobierno y la  Comisión Europea para la gestión de los 69.500 millones de euros que  España recibirá en transferencias directas. 

 El programa completo está dotado con unos 2.900 millones de euros por  lo que, además de los 1.000 millones de esta primera convocatoria, Mitma  tiene previsto sacar una segunda en 2022 para distribuir otros 500 millones de euros entre los municipios, transferir a las Comunidades Autónomas  900 millones de euros para financiar iniciativas que contribuyan a la puesta  en funcionamiento de zonas de bajas emisiones y al impulso de la  eficiencia del transporte colectivo, habilitar 400 millones de euros para  transformación de flotas de transporte de viajeros y mercancías de  empresas y 105 millones de euros a proyectos de humanización y calmado  de tráfico en travesías. 

Objetivos del plan de choque 

 El objetivo del componente 1, Plan de choque de movilidad sostenible,  segura y conectada en entornos urbanos y metropolitanos, es promover la  inversión en infraestructuras y servicios de movilidad verde y sostenible  que también sirvan de palanca para la digitalización de la movilidad urbana  y metropolitana, contribuyendo a la mejora de la accesibilidad y la calidad  del transporte público y a una mayor eficiencia en la planificación de la  movilidad. Con los cuatro programas incluidos en este componente, el  Gobierno espera aportar 11.100 millones de euros al PIB y crear 154.000  puestos de trabajo. 

 Además de estos grandes objetivos, el plan de choque contribuirá a la  cohesión social, al incremento de la productividad y a la mejora de la  competitividad.  

 La finalidad última es, por lo tanto, la generación de entornos urbanos más  accesibles e inclusivos, respirables, sostenibles e inteligentes a través del  impulso a la descarbonización y la mejora de la calidad del aire. No en  vano, se estima que en 2019 el sector del transporte fue el responsable del  29% de las emisiones nacionales de gases de efecto invernadero, casi una  tercera parte generadas en el ámbito urbano. 

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador Caminha - A Guarda, e viceversa

Do martes día 24 ao domingo día 29 de agosto de 2021  


Transbordador "Santa Rita de Cássia"
Foto: C.M. C.

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

 No día de hoxe, o Concello de A Guarda vén de facer público que "esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 29 de agosto coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono 986 611 526) no  horario de funcionamento do transbordador. 

 Tamén poden informarse na Oficina de Turismo (Teléfono 986 614 546) de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.  

SEMANA DO MARTES DÍA 24 AO DOMINGO DÍA 29 DE AGOSTO

SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA                                       (Horario peninsular de ESPAÑA)

LUNS 23

Non hai servizo por descanso de persoal

MARTES 24

(non)

(non)

(non)

(non)

15:30

16:30

17:30

18:30

19:30

20:15

MÉRCORES 25

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

16:30

17:30

18:30

19:30

20:15

XOVES 26

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

16:45

17:30

18:30

19:30

20:15

VENRES 27

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

17:30

18:30

19:30

20:15

SÁBADO 28

 

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

18:30

19:30

20:15

DOMINGO 29

 

11:30

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

18:45

19:30

20:15

 

SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA                                      (Horario peninsular de ESPAÑA)

LUNS 23

Non hai servizo por descanso de persoal

MARTES 24

(non)

(non)

(non)

(non)

15:15

16:00

17:00

18:00

19:00

20:00

MÉRCORES 25

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

16:00

17:00

18:00

19:00

20:00

XOVES 26

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

16:30

17:00

18:00

19:00

20:00

VENRES 27

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

17:15

18:00

19:00

20:00

SÁBADO 28

 

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

18:00

19:00

20:00

 

DOMINGO 29

 

11:00

(non)

(non)

(non)

(non)

(non)

18:30

19:00

20:00

 


 Observacións: 

- A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.  

- En amarelo aquelas saídas que modifican o seu horario establecido (atraso ou adianto) para evitar a cancelación pola marea baixa.  

- Saída non asegurada, non se confirma a saída ata o mesmo día segundo o criterio do patrón.