A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECEU UN CONCERTO DE VERÁN
O pasado sábado día 21 de agosto, na praza de San Bieito
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo dunha longa tempada sen podela escoitar, por motivos que todos coñecemos, e en todo caso, alleos á vontade das persoas que forman parte desa entidade cultural, e obviamente, de toda á cidadanía, en xeral; por fin, o pasado sábado día 21 de agosto, tivemos oportunidade de escoitar novamente os acordes da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda. Foi ás 20:30 horas, no "auditorio" de San Bieito - cuxas bancadas, por certo, requiren unha intervención municipal para seu axeitado mantemento -, onde de acordo cos protocolos Covid establecidos polas autoridades correspontes, puidemos desfrutar con un concerto que déunos azos para ter confianza, en que todo ha de voltar a ser como noutrora, ainda que tal vez non sexa aventurado decir que o "visitante invisible" viu para quedarse, a escala planetaria.
Dirixida por Víctor Luis Treinta Alonso, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, interpretou as seguintes pezas:
Benicadell (pasodoble).................. J. Enric Canet i Todoli
The Legend of Maracaibo.............. José Alberto Pina
Moment for Morricone................ E. Morricone / J. de Meij
Arsenal March............................... J. Van der Roost
Medley boleros............................. Arr. José Molina Comino
Nino Bravo en concierto............... Arr. Manuel Calero García
Muiñeira de Chantada.................. Tradicional galega
A Pepa (muiñeira)......................... Xosé Oro Val
Martinika...................................... Roxelio Groba
Que rico el mambo...................... Dámaso Pérez Prado
O concerto, a verdade, foi todo un agasallo. Mesmos sóubonos a pouco. De tal xeito que rematado o programa previsto, o respectable pediu outra máis, e certamente a petición foi dilixentemente atendida. Foi así como gozamos coa música de Pérez Prado e súa coñecida obra Que rico el mambo, que os xóvenes músicos - entre os cales tamén están algúns veteranos pais de familia e mesmo avós -, interpretaron de xeito desenfadado, como corresponde nestas ocasións.
E un dato que consideramos moi importante: a banda de música ten preto de medio centenar de compoñentes, dos cales, máis da metade, son mozas. En todo caso, as portas da Agrupación Musical de A Guarda están abertas a todas as persoas que desexen incorporarse. Como fixeron os devanditos pais de familia e avós aos que antes nos referimos e que viven a música con entusiasmo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario