Éxito de participación no I Torneo de Petanca Concello de A Guarda
• O Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición, realizada en colaboración co Clube O Caldeiro.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Camposancos (A Guarda)
O pasado sábado día 21 de agosto de 2021 o Parque deportivo do Codesal acolleu a primeira edición do Torneo de Petanca Concello de A Guarda, un evento deportivo que tivo comezo ás 9:00h e que se estendeu ao longo do día e no que participaron un total de 32 equipos.
A entidade anfitrioa - Club de Petanca O Caldeiro -, creada no ano 2018 conta na actualidade cun total de 60 socios e 25 federados, empregando para os seus adestramentos as 16 pistas existentes na actualidade no Parque deportivo do Codesal.
Tanto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, coma a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, valoraron moi positivamente esta primeira edición dun evento que, sen dúbida, foi deseñado para consolidarse na vila ante o auxe da práctica da petanca no municipio, que conta arestora no Codesal cunhas instalacións que se están a mellorar continuamente e que xa contan cun total de 16 pistas, alumeado, aseos, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario