11 de set. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS MERCOU UN  MOTOCULTOR E UNHA MÁQUINA DESBROZADORA PROFESIONAL 

A presidenta da Entidade Local Menor agradece o traballo feito ata o día de hoxe polos empregados da E.L.M. de Camposancos

A presidenta da E.L.M. de Camposancos e os dous empregados, no motocultor adquirido recentemente
Fotos: E.L.M.


Infogauda / Camposancos

 A Entidade Local Menor (E.L.M.) de Camposancos acaba de mercar un motocultor e unha máquina desbrozadora profesional de rodas. A presidenta da ELM, Mª Mercedes Martínez Vázquez mostra a súa satisfación pola adquisición desta maquinaria que vai facilitar tanto o transporte de ferramentas como dos restos dos desbroces aos operarios de entidade. 

Máquina desbrozadora profesional de rodas


 A presidenta da Entidade Local Menor agradece o traballo feito ata o día de hoxe polos  empregados da Entidade e comenta “este traballo  fíxose con moitas carencias e utilizando os vehículos dos propios empregados. Con estas novas ferramentas agardamos seguir mellorando a limpeza e os servizos aos nosos veciños e veciñas”.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

AGARIMO POLA RECUPERACIÓN DOS NOMES DOS LUGARES

Iso é o que amosou un traballador que está contratado pola Entidade Local Menor de Camposancos


  
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 Con toda probabilidade esa nova non vai sair na primeira páxina de ningún medio de comunicación, nin vai abrir ningún noticiario radiofónico ou televisivo, pero desde este xornal dixital transfronteirizo non podemos pasar por alto o feito. Trátase do labor que de xeito altruista desenvolveu con agarimo Ricardo Videira Barcia, traballador contratado pola Entidade Local Menor de Camposancos para tarefas de limpeza de camiños, que certamente sen menoscabo de ninguén, desenvolve con esmero. Neste caso en concreto, puxo en práctica á sinalización toponímica dalgúns lugares da xurisdicción de Camposancos e dese xeito recuperou do esquecemento algúns topónimos que os maiores ainda lembran, cousa que os máis novos, nalgúns casos, tal vez descoñecían esa riqueza que configuran os nomes dos lugares, algúns dos cales son territorios por onde andan a cotío.


                   Fotos: R.V. B.


 Ese labor totalmente desinteresado que Ricardo Videira Barcia desenvolveu motu propio debera ter o apoio necesario e continuidade a curto ou medio prazo, a fin de rescatar do esquecemento e da súa posible perda co paso do tempo eses nomes que forman parte do patrimonio inmaterial de Camposancos, en particular, e por extensión do noso País.

 Deixamos constancia desa iniciativa  - que mereceu os parabéns e o público agradecemento de Mª Mercedes Martínez Vázquez, presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos -, porque ao igoal que o fixemos oportunamente cando informamos do labor desenvolvida no Monte Santa Trega por iniciativa da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man da parroquia de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez; realmente esa nova merece quedar documentada para coñecemento de toda á cidadanía. E sobor de todo para poñer en valor a toponimia e microtoponimia de noso. Un legado impagable e que non é exclusivo de ninguén, porque pertence a toda á cidadanía.

CANGAS DO MORRAZO

O CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO RECOÑECE O LABOR DESENVOLVIDO POLA ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES

E pola súa delegada en Galicia Jeanne Picard Mahaut 

Jeanne Picard Mahaut, delegada en Galicia da Asociación Stop Accidentes  
Foto: Infogauda 


Infogauda / Cangas do Morrazo

 Dentro da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Cangas do Morrazo vai participar activamente no Día Europeo sen coches. Dese xeito, Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde presidente do concello convida á cidadanía a participar nos actos organizados polo departamento de mobilidade, e que terán lugar o  22 de setembro do ano en curso, de acordo co seguinte programa:

11:00 Recepción de autoridades e participantes.
11:10 Recepción de escolares que camiñan ata o concello.
11:20 Acto de entrega de premios no salón de plenos.
11:45 Peche do acto polo alcalde presidente.
12:00 Inauguración, coa participación activa dos escolares, da aula de mobilidade e do parque móbil con dez novas unidades. 

 Como faise constar nas invitacións, "neste ano 2020, a Xunta de Goberno Local acordou premiar o traballo desenvolvido pola ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES e pola súa delegada en Galicia Dª JEANNE PICARD MAHAUT, destacando o apoio os afectados en sinistros de tráfico e a implicación permanente en materia de seguridade viaria". 

 Asemade, tamén se indica que polas razóns especiais por todos coñecidas, de prevención da saúde pública, o acto será reducido en número de asistentes, cumprindo os protocolos sanitarios, polo que deberán confirmar asistencia por medio do teléfono ou do whatsapp de mobilidade 687 33 51 43.

A GUARDA

Sanidade declara A Guarda zona con especiais restriccións por motivo do Covid-19 

•  O  concello limita o aforo nas praias de Area Grande e Fedorento e suspende o mercadillo do sábado. 

Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 En relación a situación epidemiolóxica na localidade, o Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público o seguinte comunicado:

 "A Consellería de Sanidade estableceu esta mañá medidas restrictivas logo da reunión do subcomité clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. 

 As medidas entrarán en vigor a partir as 00:00h do sábado 12 de setembro. Estas medidas  serán revisadas no prazo máximo dunha semana. As medidas  inclúen a reducción dos aforos a un 50 % en celebracións como bodas e bautizos, este mesmo aforo aplicarase as piscinas públicas e aos establecementos comerciais, de hostelería, etc. No caso das terrazas o aforo será do 75 %. Tamén se establece unha limitación do número de persoas nas xuntanzas, tanto en lugares pechados como na vía pública, a un máximo de 10 persoas. Ademais redúcense os aforos en velorios e lugares de culto. 

 Con motivo destas restriccións o concello da Guarda tomou a decisión de suspender o mercadillo deste sábado 12 de setembro. Así mesmo establece aforos limitados para as praias de 4 m2 por persoa. No caso da Area Grande e Fedorento son os seguintes: Area Grande, marea baixa 438 persoas, marea alta 234 persoas. Praia de Fedorento, marea baixa 98 persoas, marea alta 44 persoas. Estes aforos serán controlados periódicamente pola Policía Local. 

 O concello está valorando cos responsables da área sanitaria de Vigo o aforo para o partido de balonmán do Atlético Guardés que se celebrará este sábado ás 20:30 horas.

 A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de 30. Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comenzo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre".

O ROSAL

SANIDADE ESTABLECE MEDIDAS RESTRICTIVAS NO ROSAL 

Casa do Concello do Rosal
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello do Rosal vén de facer público que a  Consellería  e Sanidade, decidiu na mañá deste venres día 11 de setembro de 2020, establecer medidas restritivas nos concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio, logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia.  

 Entre as medidas que terán que adoptar estes concellos destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.  

 Estas medidas serán publicadas esta tarde no DOG e entrarán en vigor desde ás 00:00 horas desta medianoite. Ademais, apuntou que, a posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado no prazo máximo dunha semana.  

 Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para esta fin de semana.  

 A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus, restrinxindo e regulando determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

O ROSAL

O Concello adxudica a elaboración dun plan de acción para o clima e a enerxía sostible  

Dáse así un paso máis na aposta pola eficiencia enerxética no municipio. O proxecto, cun custe de 6.000 euros, conta cunha subvención da Xunta   

    Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello do Rosal continúa no seu camiño para implantar no municipio un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Despois de realizar unha auditoría enerxética na que se avaliou tanto o consumo da iluminación pública exterior como do conxunto de instalacións municipais, o Concello vén de adxudicar o contrato para a redacción do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). O obxectivo deste documento é identificar oportunidades e ámbitos sobre os que actuar para conseguir unha redución do CO2 no municipio.  

 “Non se trata de facer cousas puntuais, senón de mudar por completo o modelo actual de forma estratéxica e planificada, centrándonos en criterios económicos pero tamén éticos e de compromiso co medio ambiente”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández. Para a rexedora este proxecto é “unha aposta decisiva para ter un plan de futuro que nos sirva para mellorar a eficiencia enerxética do concello”.  

 Para a elaboración deste plan, realizarase un inventario das emisións de C02 equivalentes derivadas dos consumos enerxéticos do municipio que serva para facer unha diagnose do estado actual no que se atopa O Rosal, con medidas implantadas ata a data para a redución de gases de efecto invernadoiro, sectores nos que se debería actuar de xeito máis inmediato e prioridades de actuación. A través do PACES proporanse tamén medidas destinada a mellorar a eficiencia enerxética e a reducir a dependencia dos combustibles fósiles empregando enerxías renovables. 

 O proxecto terá un custe de 6.000 euros que serán financiados pola Consellería de Medio Ambiente a través dunha subvención para a elaboración dos PACES dirixida a concellos adheridos ao ‘Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e a Enerxía’, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O ‘Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas’, ao que está adherido O Rosal, é un movemento que agrupa a milleiros de gobernos locais que se comprometen a afrontar retos coma a sostibilidade enerxética e que pretende garantir unha contorna estable dende o punto de vista económico, social e medioambiental para as xeracións actuais e futuras. 

 As actuacións están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

TOMIÑO

A homenaxe aos heroes e heroínas da crise sanitaria pecha O Alivio 2020  

As festas rematarán este sábado na Praza do Seixo co acto cívico (20h) e co concerto da Banda de Música de Goián (22.30 h)   

Compoñentes da Banda de Música Agrupación Musical de Goián nun dos ensaios recentes
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Alivio chega á súa recta final. Este sábado 12 de setembro a Praza do Seixo acollerá o peche das festas co tradicional acto cívico e cun concerto da Banda de Música Agrupación Musical de Goián. A tarde arrancará ás 20.00 horas cunha sentida homenaxe a todas as persoas que durante a crise sanitaria colaboraron de forma activa na loita contra a Covid-19, a todos os colectivos e a toda a veciñanza que converteron o municipio nun exemplo de unidade e solidariedade durante unha situación excepcional. 

 O acto cívico, que por primeira vez non protagoniza unha persoa individual, centrará o seu recoñecemento no persoal sanitario, que estará representado por Ana María Fonterosa, enfermeira do centro de saúde tomiñés con máis de 32 anos de experiencia.  

 Tras esta homenaxe, chegará a quenda da música. A Agrupación Musical de Goián non faltará á súa cita co Alivio e porá punto e final co seu concerto a unhas festas diferentes e marcadas por todas as medidas de prevención tomadas para que o público puidera desfrutar de música, contos, teatro ou maxia con total seguridade. 

 A Banda de Música da Agrupación Musical de Goián subirase ao escenario ás 22.30 horas. O concerto será de balde, pero será necesario reservar entrada chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

TOMIÑO

O Concello pon en marcha un obradoiro sobre Violencia de Xénero 

Dirixido á Policía Local e a Protección Civil de Tomiño 




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño continúa traballando contra a violencia de xénero. Nesta ocasión será coa posta en marcha dun obradoiro sobre esta temática dirixido á Policía Local e a Protección Civil de Tomiño. Este taller terá lugar no salón de plenos do Concello o martes 15 de setembro de 09.00 a 11.30 horas e o mércores 16 de setembro de 16.00 a 19.30 horas.  

 A actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO, ACOLLEU A PRESENTACIÓN OFICIAL DAS I XORNADAS DE FORMACIÓN EN LGTBIFOBIA, NOS CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE 

Ditas xornadas terán lugar os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda 



A esta presentación asistiron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro da Área de Seguridade, Ismael Torrón, ademaís do presidente da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+
Foto: T.M.

Trans Miño / Tomiño

 Na mañá de hoxe foron presentadas oficialmente, as I Xornadas de Formación en LGTBIfobia no Concello de Tomiño.   

 Tras un breve vídeo onde se explicaba a LGTBIfobia deu comezou o acto, no cal detallouse polo miúdo, o contexto de dita formación, por parte do presidente da Asociación Trans Miño-LGTBIQ+, organizadora destas xornadas.  

 A esta presentación asistiron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro da Área de Seguridade, Ismael Torrón.  

 Ditas xornadas terán lugar os vindeiros días 22, 23 e 24 de setembro nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda.  

 As persoas que se queiran anotar, aínda están a tempo ata o próximo día 14 de setembro, ben nos enlaces de Internet, correo electrónico, enviando unha petición para formar parte das xornadas, a o correo electrónico:  transminho.lgtbi@gmail.com ou vía telefonía chamado 626.420.874 e tamén por WhatsApp no mesmo número.

TOMIÑO

O Concello de Tomiño investiu máis de 60.000 euros en melloras nos centros escolares  

As reformas de maior envergadura realizáronse nas unitarias do CRA Mestre Manuel Garcés 

Área de xogos do CEIP Sobrada
Fotos. C.T.


Infogauda / Tomiño

 Os centros escolares de Tomiño xa están para a volta ao cole. O Concello investiu máis de 60.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria que se levaron a cabo durante os meses de verán. Estas obras foron xestionadas de maneira coordinada pola concelleira de Educación, Cristina Martínez, e o concelleiro de Obras, Alexandre Pérez, e responden a actuacións solicitadas e consensuadas previamente coas direccións de todos os centros escolares. Desde o Equipo de Goberno Municipal que preside á alcaldesa Sandra González, afirman que “estas obras van encamiñadas a colaborar nunha progresiva modernización tecnolóxica das aulas a un maior benestar do alumnado”. 

 CRA VIlachán


 Nesta ocasión, os traballos de maior envergadura realizáronse nas unitarias do CRA Manuel Mestre Garcés, onde se investiron máis de 20.000 euros. Así, en Vilachán arranxouse a Aula de Psicomotricidade, reparouse a estrutura metálica e pintado exterior, reformáronse os baños da planta baixa, pintáronse o interior das aulas e cambiouse a iluminación para seguir camiñando cara un maior aforro enerxético. 

 
Área de xogos do CRA Estás


 Mentras, na unitaria de Barro pintouse o interior, arranxouse o teito da galería de entrada e cambiouse a iluminación; na de Carregal arranxouse o piso de entrada exterior da saída traseira; en Estás arranxouse o parque de xogos; en Figueiró pintouse o interior e cambiouse a iluminación e en Vilameán remodelouse a zona de lecer, co arranxo das instalacións xa existentes e a colocación de novos xogos. Ademais dotuse de deshumidificadores a todas as unitarias do CRA. 

Unha das aulas do CEP Pedro Caselles


 O Concello tamén realizou importantes reformas este verán nos centros de Primaria, como o arranxo de canlóns e cubertas en todos eles, obras nas que se investiron máis de 24.000 euros. No CEP Pedro Caselles arranxáronse chan dos baños do ximnasio e modificouse a altura dos urinarios; amañáronse as tubaxes dos baños, revisáronse billas, duchas,...; instalouse aula de informática, con mobiliario, pintado e cambio de iluminación; mellorouse a aula matinal con armarios, pintado, iluminación, mobiliario e outros; e fixéronse varias reparacións na cuberta e no canlón. 

Área de xogos do CEIP


 Pola súa banda, no CEIP de Barrantes camboiuse o chan na aula de música, en Sobrada instalouse unha zona de xogos e en Tebra arranxáronse os baños do pavillón, pintouse biblioteca e dirección e creouse unha zona de xogos exterior. No CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián cambiáronse as cisternas en Infantil e estanse a levar a cabo os traballos de acondicionamento interior e da ampliación do patio en 1.000 metros, xunto co posterior peche. Con estas obras incorpórase ao patio un fermoso bosque de carballos do que poderán desfrutar os nenos e nenas. 


Vista parcial do interior da Escola Infantil da Galiña Azul de Tomiño 
 

 Os dous centros da Galiña Azul do municipio tamén foros reformados. Ademais da protección de madeira exterior nas dúas escolas, na de Goián reparouse o lavalouzas e instalouse un timbre e na de Tomiño colocáronse andeis de almacén; pintáronse aulas, oficina e portas; colocáronse cadeiras de oficina e para atención ao público; e instaláronse fontanería, desaugadoiros e electricidade para a colocación dunha lavadora e secadora, entre outros traballos. O investimento total en todas estas obras de mellora ascendeu a arredor de 6.000 euros. 

 Por outro lado, o Concello colocou andeis para a ANPA do IES Antón Alonso Ríos.  

 En todos estes centros revisáronse as instalacións de electricidade, fontanería e carpintería; limpáronse e desbrozáronse patios, hortas e areeiros e limpáronse canlóns e cubertas.

TURISMO

Nava Castro toma posesión como directora de Turismo de Galicia  

O vicepresidente primeiro presidiu o acto, no que destacou a importancia de traballar co sector para que Galicia sexa un destino seguro cun turismo de calidade

Nava Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación das estratexias turísticas 
Foto: X.G.
 

Infogauda / Santiago de Compostela

 O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a toma de posesión da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

 O vicepresidente primeiro destacou a importancia de traballar da man do sector co obxectivo de que Galicia siga a ofrecer un turismo de calidade e sexa tamén un destino seguro. Nesa liña, tamén apelou ao Xacobeo 2021 para que sexa un elemento clave na recuperación económica.

 Pola súa banda, Nava Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación das estratexias turísticas e adaptalas á situación derivada da crise sanitaria da covid-19. Do mesmo xeito, asume o reto do Ano Santo para tamén readaptalo ao novo escenario. Na actualidade xa ocupaba o posto de directora de Turismo de Galicia, cargo que vén desempeñando desde o seu nomeamento en 2013.

CULTURA

A Xunta de Galicia coproduce con tres espazos creativos de Vigo as montaxes de ‘Clásicas desfeitas’, ‘Outras miradas’ e ‘Cambio de foco’ 

O novo Nononon.lab, Teatro Ensalle e Sala Ártica levarán a cabo cadanseu espectáculo a través da participación do Centro Dramático Galego

Recoñécese o intenso traballo destes colectivos como polo de difusión escénica para a cidade e a súa ára metropolitana


Os integrantes dos equipos mantiveron hoxe un encontro no Museo do Mar de Galicia cos directores da Agadic e do CDG
Foto: X.G.


Infogauda / Vigo

 O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo, como son Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco.

 Integrantes dos equipos artísticos das tres compañías mantiveron esta mañá no Museo do Mar de Galicia un encontro no que tamén interviron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, e mais o director do CDG, Fran Núñez. Durante a reunión, todos os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar información e experiencias sobre os momentos concretos no que se atopa cada proxecto.

 A posta en común tamén foi un xeito de recoñecerlles publicamente a estes colectivos o intenso labor de promoción teatral que están a levar a cabo en Vigo, xa que coa súa actividade compoñen un eixo de difusión dramática de iniciativa privada con gran repercusión na cidade e en toda a súa área de influencia e con crecente proxección tamén fóra dese ámbito xeográfico.

Traballos abertos e en proceso

 Nononon é un novo espazo de creación e investigación escénica que está a preparar Clásicas desfeitas co traballo de Coti Faro, Xacobo Castro, Laura Iturralde, Lucía Estévez e Montse Piñeiro. A proposta, que se desenvolve a partir dos textos de Prometeo, Fausto e Frankenstein, ten como premisa a experimentación, polo que non se pretende acadar respostas sinxelas sobre as emocións ou o lugar do ser humano no mundo, senón activar a busca por medio da reflexión e do diálogo. Clásicas desfeitas ofreceu xa sesións abertas ao público a pasada semana na sala que rexenta a compañía, e que continuará o proceso de creación con representacións no marco de diferentes galegos e noutros recintos fóra de Vigo.

 Outras miradas é a última montaxe de Teatro Ensalle, un proxecto docu-escénico que consta de tres fases: recompilación de material escrito, plástico ou audiovisual; edición e deseño da exposición dese material e traballo escénico para interactuar coa devandita mostra. Partindo da obra A nosa especie, escrita polo profesor de antropoloxía Marvin Harris, Teatro Ensalle formulou preguntas (sobre política, ecoloxía, economía, educación, existencialismo...) a artistas e cidadáns, entre eles creadores da talle de Carmen Werner, Sergi Fäustino ou Antonio Fernández Lera. As respostas acadadas en diferentes formatos son a fonte da que se nutre o espectáculo asinado e interpretado por Pedro Fresneda, Raquel Hernández e Artur Rei. A estrea será os vindeiros 25, 26 e 27 de setembro no escenario da rúa Chile.

 Pola súa banda, Sala Ártika achega Cambio de foco, un traballo de investigación a cargo de tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público, o que permitirá coñecer como percibe cada espectador as diversas pezas que o compoñen. O único común das tres son a liberdade creativa e o emprego do conto Sapatos de tacão alto, de Mia Couto. Ocúpanse da dirección e dramaturxia Marcos Alonso, Afredo Rodríguez e Rafael Rey; na dirección musical está Anxo Fernández e, no elenco, Rocío Salgado, Martín Maez, Fernanda Barrio, Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Rafael Rey e Mathias Rodríguez. A estrea será o 6 de decembro na propia Sala Ártika.

PONTEVEDRA

A Transición: do discurso pactado e dulcificado á crítica ao consenso imposto  

A Deputación comezou hoxe as II Xornadas de Memoria Histórica. Na Loita contra a Impunidade que este ano levan o título ‘A Transición. Outro discurso é posíbel'

As Xornadas de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra comezaron hoxe no Pazo da Cultura
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 As Xornadas de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra que hoxe comezaron no Pazo da Cultura puxeron sobre a mesa a necesidade de cuestionar o discurso pactado do 78, homoxéneo e acrítico sobre os actores, institucións e organismos implicados na Transición, así como o papel vivido na Galiza no paso da dictadura á democracia.  Desde diferentes perspectivas, os profesores Ángeles Diez e Xulio Prada, así como a impulsora da Xunta Pro Devolución de Meirás Goretti Sanmartín e Xabier Ferreira, autor do informe xurídico para a devolución, falaron da francocracia, da non existencia dunha ‘transición galega', da simbólica victoria sobre a familia Franco, que dará azos para reivindicar máis patrimonio expoliado, para dar paso pola tarde a unha visita á Illa de San Simón reivindicada por Luís Bará como Illa da Memoria. 

  A xornada abriuse coa intervención da deputada provincial María Ortega, que sinalou que é preciso "abrirse aos matices" e a non asumir a "dulcificación e consenso" imposto no relato da Transición. Indicou que a día de hoxe é preciso cuestionar e replantexar actores e insitucións: "Os acontecementos fan que estas xornadas sexan máis precisas ca nunca. Moita xente na sociedade estase a replantexar o papel da Coroa e a necesidade de repensar o discurso para ter unha democracia madura. Hoxe é o inicio de curso para moitas e moitos escolares. A nosa primeira asignatura é a de axudar a medrar a democracia e achegar esa necesaria luz sobre o discurso imperante", afirmou.

  Pola súa parte, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reclamou un relato propio  para Galiza máis aló do relato oficial centralista, un relato galego. "Precisamos voces e miradas propias coas que construír e difundir o noso relato, que dea cabida ao acontecido no noso país, que integre a maior pluralidade de enfoques e sectores posible, e que faga xustiza á semente que todos os mártires da liberdade daquel tempo nos deixaron en herdanza", afirmou, para engadir que como alcalde dunha cidade que leva máis de 20 anos traballando a prol dun relato máis equilibrado e máis fideligno co acontecido naquela altura histórica, "non podo máis que saudar con agrado esta xornada que hoxe comeza".

Francocracia

  O relatorio inaugural foi protagonizado pola doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía da Complutese, Ángeles Diez, quen subliñou que na chamada Transición Española houbo tanto continuidade como novidade, pero nun periodo que significou a consolidación dun réxime que nin sería democrático nin xa franquista, o que ela denomina ‘francocracia', entre o 1966 e o 1986, pero que continúa ata hoxe, e que "supuxo un novo trauma histórico que se engadiu ao trauma previo do golpe de Estado e a guerra de resistencia posterior".

  Diez tamén salientou que a chave dos múltiples relatos sobre a Transición é a necesidade de construír un relato homoxéneo  para destruír unha memoria colectiva e habilitar unha "memoria do presente": "A memoria compartida dos realmente protagonistas e vítimas négase mediante tres tópicos: unha transición pacífica, consensuada, e a única posible", destacou.

  Así mesmo, a profesora tamén aproveitou para falar da emerxencia dun partido fascista como VOX, debullado do tronco do PP, que "visibiliza a continuidade ideolóxica e cultural que nuca abandonou os partidos e as institucións e tamén é síntoma de como se decantan importantes masas de poboación cara a un fascismo social reactivado". "Cada rama nova desta democracia postfranquista, cada liderazgo político, cada escollo xurídico, cada reforma institucional, agromou do mesmo tronco franquista. E non poderá ser doutro xeito mentres non se faga xustiza e se remate coa impunidade dos que de forma sistemática e continuada, foron infrinxindo terribles sufrimentos a este país, mentres non se poña voz aos protagonistas reais da Transición, aos que non se lles recoñeceu a loita, aos que se seguiu tratando como perdedores que debían aceptar o realismo das reformas posibles, ou, dito doutro xeito, dunha continuidade moderna e normalizada", subliñou.

  Máis centrado no acontecido en Galiza, o profesor  Xulio Prada fixo un percorrido polas visións, enfoques e lecturas da Transición en Galiza, facendo a pregunta de se realmente houbo unha Transición galega ou simplemente unha Transición en Galiza, inclinándose pola segunda opción. Prada destacou a necesidade de abordar os acontecementos no país non só desde unha perspectiva política, senón tamén poñendo de relevancia os acontecementos sociais que marcaron a época, cunha explicación complexa. Puxo de relevo, así mesmo, que na Galiza, dende o punto de vista historiográfico bótanse en falta testemuñas, memorias de protagonistas do cambio político, a transición e os inicios da autonomía en contraposición coa proliferación estatal.

Meirás

  A xornada da mañá pechouse coa participación de Goretti Sanmartín, impulsora da Xunta Pro Devolución de Meirás dende a Deputación da Coruña, e do autor do informe xurídico sobre o Pazo, Xabier Ferreira. A nacionalista valorou a importancia do éxito da sentenza coñecida nos últimos días, que insta á devolución do pazo ao pobo, baseada nun modelo de traballo colaborativo no que se uniu "a movilización social, a investigación, a divulgación e tamén o compromiso institucional". A ex vicepresidenta da Deputación da Coruña fixo un percorrido no tempo dos pasos dados dende a institución provincial que derivaron na situación actual, sinalando "que era preciso que o organismo provincial, que participara no seu momento na Xunta do Pazo para o Caudillo, dese a volta á situación e se producise unha reparación".

  "A sentenza non é o punto final. Non é firme e sabemos que o proceso será longo, pero é osíxeno, é a primeira vitoria sobre o franquismo e ten o valor de tela feito dende aquí. É o resultado do traballo dun país tras décadas de loita", dixo, para sinalar que dá azos para ir tras outro patrimonio expoliado polos Franco: "Marca un antes e un despois", sublliñou, para criticar a postura de Feijóo, ao que instou a que se quere ser pioneiro "vaia preparando a transferencia do pazo a Galiza cando pase a ser patrimonio público e impida que a Fundación Francisco Franco se encargue da xestión das visitas", finalizou.

  Pola súa banda, Xabier Ferreira, manifestou que a setenza de Meirás é a primeira vez na historia xudicial española que pon en cuestión os negocios xurídicos da ditadura, "froito da coacción, a simulación e a mentira". Indicou que o debate nos vindeiros recursos basearase fundamentalmente no uso que se lle deu ao pazo, xa ben particular pola familia Franco, ou por parte do ditador por ser Xefe do Estado.

  A xornada finalizou pola tarde cunha visita á Illa de San Simón, onde o integrante da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) Matías Rodríguez realizou un percorrido comentado, e onde o deputado  Luís Bará falou das políticas públicas de memoria na Galiza, e da necesidade de declarar a illa como Illa da Memoria fronte á deturpación actual cando se utiliza como "parque de atraccións". Pechou o día de maneira emocional, Enriqueta Otero, presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e filla de Eduardo Otero Molas, preso en San Simón, que falou da loita civil pola memoria das vítimas.

  Mañá sábado estará en Pontevedra a Cristina Fallarás, xornalista crítica co papel dos medios de comunicación no relato da Transición. Tamén Jacinto Lara, Irene Francés e Jana Calero, integrantes da equipa da avogacía da querela arxentina (CeaQua), para dar paso logo a unha homenaxe ao represaliado Chato Galante, que faleceu este ano, sobre o que se emitirá un vídeo conmemorativo.

  Xa pola tarde haberá unha mesa redonda con Tareixa Navaza; Margarita Ledo; Xurxo Souto e Santi Cortegoso e un monólogo de Alberto San Juan titulado ‘Autorretrato de un joven capitalista'.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município de Arcos de Valdevez promove campanhas de apoio a animais de companhia


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez 

 O Município de Arcos de Valdevez, de acordo com a sua estratégia de política de bem-estar animal no combate ao abandono e sobrepopulação de animais errantes, está a promover um Programa Extraordinário de Apoio à esterilização de animais de companhia, cães e gatos, pertencentes a munícipes do Concelho, de 15 de setembro a 23 de novembro.  

 Para aceder a este apoio basta efetuar a candidatura no Gabinete de Ação Social do Município.  

 Para além deste programa de apoio extraordinário, o Município de Arcos de Valdevez, tal como em anos anteriores, retomou a campanha de vacinação antirrábica e de identificação eletrónica de cães.  

 A campanha de vacinação antirrábica e identificação eletrónica decorre, para residentes do concelho, em diferentes locais de Arcos de Valdevez, conforme o calendário estabelecido. 

 A vacinação antirrábica é obrigatória para todos os cães com três meses ou mais de idade, devendo ser vacinados todos os anos, procedendo também ao seu registo na Junta de Freguesia da área de residência.  

 As entradas nos locais de vacinação são sujeitas ao cumprimento das regras impostas pela Direção-Geral da Saúde (DGS), nomeadamente o uso obrigatório de máscara, o cumprimento das regras de etiqueta respiratória e de distanciamento social. Para mais esclarecimentos, os interessados devem contactar o Gabinete da Veterinária Municipal através do número de telefone 258 520 500 ou do email smfalcao@cmav.pt e verificar o calendário do serviço. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Programa de Apoio ao Comércio de Arcos de Valdevez  
 


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez relembra que as candidaturas para o PROCOM - Programa de Apoio ao Comércio de Arcos de Valdevez se encontram abertas até dia 30 de setembro.  O Município pretende apoiar e promover a revitalização do tecido social e económico de Arcos de Valdevez, porque o comércio tem uma grande importância económica e social no concelho. 

 Neste sentido, a Câmara Municipal criou o Programa de Apoio ao Comércio de Arcos de Valdevez, o qual se destina a apoiar a criação, expansão ou modernização de micro e pequenas empresas de comércio no concelho de Arcos de Valdevez, e, através do qual podem beneficiar as micro e pequenas empresas, independentemente da sua forma jurídica. 

 O incentivo financeiro a conceder assume a natureza de incentivo não reembolsável, correspondente a 50 % das despesas elegíveis, até ao limite máximo de 10.000 euros por projeto. 

 Submeta a sua candidatura em https://www.cmav.pt/pages/2265  

 Para mais informações consulte os seguintes canais: Município de Arcos de Valdevez 
Telefone: (+351)258520500 
E-mail: procom@cmav.pt   

ACIAB - Associação Comercial e Industrial de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca 
Telefone: (+351) 258 521 473 E-mail: aciab@aciab.pt

CAMINHA

Boletim da Sessão nº 443 

"Rapsódia em Agosto" de Akira Kurosawa (1991) 

Sexta-feira, 11 de setembro às 21:45 no Auditório do Museu Municipal

Uso de máscara obrigatório. Lotação Limitada. Entrada Gratuita


Locus Cinemae / Caminha

 “Independente de quaisquer outras considerações (…) creio que poderia assistir por um dia inteiro, sem cansar, a interação entre Kane (Sachiko Murase), a vovozinha sobrevivente da bomba atómica jogada em Nagasaki, e seus quatro netos em sua humilde, mas linda casa nos arredores da cidade durante as férias de verão deles, o que ocupa os 50 minutos iniciais do penúltimo filme de Akira Kurosawa, já com 81 anos quando do lançamento em Cannes.  

 É de uma ternura e um naturalismo ímpar que se aproxima muito, mas de forma diferente (contraditório, eu sei, mas faz sentido, eu garanto) do que o diretor conseguiu extrair dos protagonistas no inesquecível Dersu Uzala.  

 Kurosawa, no crepúsculo de sua carreira, cria uma obra simples na superfície, mas impactante e talvez injusta sob um ponto de vista, quando vamos um pouco mais para a profundidade de suas intenções. Na medida em que a narrativa progride, os quatro netos, interessados em visitar o Havaí, para onde seus pais foram conhecer um dos irmãos de Kane, que imigrou bem antes da guerra e tornou-se muito rico com a plantação de abacaxis, vão descortinando o passado traumático da avó e, também, do povo japonês de Nagasaki no dia em que seu mundo foi obliterado por um cogumelo atômico que, dentre centenas de milhares de outros, levou seu avô. (…)”
  
http://www.planocritico.com/critica-rapsodia-em-agosto    

FICHA TÉCNICA:  
Título original: 八月の狂詩曲; Hachi-gatsu no Kyōshikyoku)”, Japão, 1991  
Realização: Akira Kurosawa  
Produção: Hisao Kurosawa, Seikichi Iizumi, Mike Y. Inoue, Toru Okuyama  
Argumento: Akira Kurosawa (baseado em romance de Kiyoko Murata)  
Música: Shinichirō Ikebe  
Fotografía: Takao Saitō, Masaharu Ueda  
Montagem: Akira Kurosawa  
Duração: 98 minutos  
FICHA ARTÍSTICA:  
Sachiko Murase  
Hisashi Igawa  
Narumi Kayashima  
Tomoko Otakara  
Mitsunori Isaki  
Toshie Negishi  
Richard Gere 

https://www.youtube.com/watch?v=342LbwLJh5w
 Trailer de "Rapsódia em Agosto" de Akira Kurosawa 

Programação      
Ciclo Outras Cinematografias    
11 de setembro, “Rapsódia em Agosto”, Akira Kurosawa, Japão, 1991, Sessão 443 (M/12)  
18 de setembro, “Gato Preto, Gato Branco”, Emir Kusturica, Jugoslávia / França / Alemanha / Áustria / Grécia , 1998, Sessão 444 (M/12)  
25 de setembro, “Uzak – Longínquo”, Nuri Bilge Ceylan,  Turquia , 2002, Sessão 445 (s/ classificação)