A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS MERCOU UN MOTOCULTOR E UNHA MÁQUINA DESBROZADORA PROFESIONAL
A presidenta da Entidade Local Menor agradece o traballo feito ata o día de hoxe polos empregados da E.L.M. de Camposancos
A presidenta da E.L.M. de Camposancos e os dous empregados, no motocultor adquirido recentemente
Fotos: E.L.M.
Infogauda / Camposancos
A Entidade Local Menor (E.L.M.) de Camposancos acaba de mercar un motocultor e unha máquina desbrozadora profesional de rodas. A presidenta da ELM, Mª Mercedes Martínez Vázquez mostra a súa satisfación pola adquisición desta maquinaria que vai facilitar tanto o transporte de ferramentas como dos restos dos desbroces aos operarios de entidade.
A presidenta da Entidade Local Menor agradece o traballo feito ata o día de hoxe polos empregados da Entidade e comenta “este traballo fíxose con moitas carencias e utilizando os vehículos dos propios empregados. Con estas novas ferramentas agardamos seguir mellorando a limpeza e os servizos aos nosos veciños e veciñas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario