11 de set. de 2020

CANGAS DO MORRAZO

O CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO RECOÑECE O LABOR DESENVOLVIDO POLA ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES

E pola súa delegada en Galicia Jeanne Picard Mahaut 

Jeanne Picard Mahaut, delegada en Galicia da Asociación Stop Accidentes  
Foto: Infogauda 


Infogauda / Cangas do Morrazo

 Dentro da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Cangas do Morrazo vai participar activamente no Día Europeo sen coches. Dese xeito, Xosé Manuel Pazos Varela, alcalde presidente do concello convida á cidadanía a participar nos actos organizados polo departamento de mobilidade, e que terán lugar o  22 de setembro do ano en curso, de acordo co seguinte programa:

11:00 Recepción de autoridades e participantes.
11:10 Recepción de escolares que camiñan ata o concello.
11:20 Acto de entrega de premios no salón de plenos.
11:45 Peche do acto polo alcalde presidente.
12:00 Inauguración, coa participación activa dos escolares, da aula de mobilidade e do parque móbil con dez novas unidades. 

 Como faise constar nas invitacións, "neste ano 2020, a Xunta de Goberno Local acordou premiar o traballo desenvolvido pola ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES e pola súa delegada en Galicia Dª JEANNE PICARD MAHAUT, destacando o apoio os afectados en sinistros de tráfico e a implicación permanente en materia de seguridade viaria". 

 Asemade, tamén se indica que polas razóns especiais por todos coñecidas, de prevención da saúde pública, o acto será reducido en número de asistentes, cumprindo os protocolos sanitarios, polo que deberán confirmar asistencia por medio do teléfono ou do whatsapp de mobilidade 687 33 51 43.

Ningún comentario:

Publicar un comentario